Ora maritima (engalego:A costa do mar) é unpoema escrito noséculo IV porRufo Festo Avieno dedicado ao seu amigo ocónsulSexto Petronio Probo. Consiste nunperiplo poetizado que relata a viaxe pola costa dende aPunta de Raz,Bretaña ataMassalia (Marsella), collendo préstamos doPeriplo massaliota[1][2] doséculo VI a.C. no que hipoteticamente se relataría o mesmo traxecto.
Só se conserva un fragmento do primeiro capítulo (dos que puideron ser dous) composto de 703trímetros iámbicos. Consérvase aeditio princeps publicada enVenecia en1488.[3]
Esta obra é moi relevante por ofrecernos información sobre aPenínsula Ibérica de hai un milenio, época na que hai falta de fontes. De tódalas maneiras este poema deu lugar a un relato anacrónico e mitificado das rexións costeiras descritas.
Ora maritima foi unha obra feita para o lector máis que para o viaxeiro, onde a actualidade do século IV introdúcese na mención de cidades na época xa abandonadas.[4] Os estudosos máis recentes emendaron a credulidade do seu editor, o historiador-arqueólogoAdolf Schulten, na precisión de Avieno.[5]
Un dos editores do manuscrito,André Berthelot, demostrou que as medidas terrestres de Avieno derivaban dos itinerarios romanos pero que invertía algunhas secuencias. Tamén comentou que Avieno busca documentos arcaicos e fai mestura coas súas impresións como poeta doséculo IV.
O mesmo Avieno afirma, ao comezo da súa narración, que utilizou textos deHecateo de Mileto,Helánico de Mitilene,Filemón de Atenas,Escílaxe de Carianda,Pausímaco de Samos,Damastes de Sixeo,Bacoris de Rodas,Euctemón de Atenas,Cleón de Sicilia,Heródoto de Turios e o atenienseTucídides.
Outro texto principal antigo citado por Avieno é oPeriplo deHimilcón, a descrición dunha expedición púnica polas costas de Europa occidental que tivo lugar ao mesmo tempo da circunnavegación de África relatada noPeriplo de Hannón (c.500 a.C.).[6]
NaGaliza Avieno menciona aVeneris (descoñécese a que se refire pero é probable que se sexa aestaca de Bares),insulas duas (dúas illas inidentificadas, Avieno resalta que son inhóspitas polo seu tamaño) e oAryium (que probablemente sexa ocabo Silleiro,Baiona).
Á Península Ibérica chámalleOfiusa, antigo nome grego que significa "terra das serpes",óphis "serpe" engrego.
Inclúe referencias ás illas deIerne eAlbion, (Irlanda eGran Bretaña),[7] cuxos habitantes presuntamente comerciaban cosoestrimnios daBretaña.[2]
Tamén menciona a presuntamente mítica cidade deCypsela na costacatalana.