Optus é unha serie desatélites de comunicaciónsAustralianos.[1]
Os satélites Optus pertencen á empresaOptus Communications Pty., Ltd., de Australia, formada a través da privatización da empresa nacional de satélitesAUSSAT, que en 1982 seleccionou aHughes Communications International para desenvolver o primeiro programa de satélites de comunicacións do país. Os primeiros satélites comezaron a lanzarse en 1985 e a día de hoxe os seus sucesores están destinados a dar servizo de comunicacións, datos e voz ao territorio australiano.[1]
Os primeiros tres satélites Optus lanzáronse baixo a denominaciónAUSSAT entre 1985 e 1987. Usaban o busHS-376 e estabilizábanse mediante xiro. Tiñan formacilíndrica, con 2 metros dediámetro e 6,9 m de longo, cunhaantena cun mecanismo de antirrotación nunha das bases para poder apuntar continuamente áTerra. Levaban 15transpondedores enbanda Ku. A alimentación eléctrica corría a cargo decélulas solares recubrindo a superficie do satélite. Optus A1 e A2 foron lanzados polos transbordadores espaciaisDiscovery eAtlantis respectivamente, o 27 de agosto de 1985 e o 27 de novembro dese mesmo ano, mentres que Optus A3 foi lanzado mediante unAriane 3 o 16 de setembro de 1987.[2]
Os tres seguintes satélites Optus eran satélites estabilizados nos tres eixos e usaban o busHS-601 de Hughes. Foron lanzados entre 1992 e 1994, os tres a bordo de foguetesCZ-2E e con Optus B2 sendo destruído durante o lanzamento debido ao colapso dacofia pero cos seus restos chegando aórbita. Levaban a bordo 15 transpondedores en banda Ku cada un, un transpondedor enbanda L, unha baliza enbanda K e un retrorreflectorláser. Cada un tiña unha masa de 2858 kg con propelente (1659 kg en baleiro).[3]
Optus C1, tamén coñecido comoOptus and Defence C1, foi lanzado para proporcionar servizo de comunicacións comerciais e militares. Para o servizo comercial, destinado ao seu uso poloDepartamento de Defensa de Australia, usa transpondedores en banda Ku, mentres que para o servizo militar usaUHF e as bandas X e Ka. Usa o busSSL-1300, con douspaneis solares e unha masa de 4725 kg. Foi lanzado o 11 de xuño de 2003 mediante un fogueteAriane 5.[4]
Os satélites Optus da serie D levan a bordo 24 transpondedores en banda Ku con 8 canais de respaldo adicionais. Están baseados no busStar-2.4 e teñen unha masa duns 2400 kg, cun par de paneis solares que xeran ata 4kW depotencia eléctrica. Foron lanzados entre 2006 e 2009, todos mediante foguetes Ariane 5.[5][6]
Optus 10 foi lanzado o 11 de setembro de 2014 a bordo dun Ariane 5. Ten unha masa de 3270 kg usando o busSSL-1300LL e levando 24 transpondedores en banda Ku.[7]
Misión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
Optus A1 (AUSSAT A1) | 27 de agosto de 1985 | Transbordador Discovery | Éxito |
Optus A2 (AUSSAT A2) | 27 de novembro de 1985 | Transbordador Atlantis | Éxito |
Optus A3 (AUSSAT A3) | 16 de setembro de 1987 | Ariane 3 | Éxito |
Optus B1 | 13 de agosto de 1992 | CZ-2E | Éxito |
Optus B2 | 21 de decembro de 1992 | CZ-2E | Fallo |
Optus B3 | 27 de agosto de 1994 | CZ-2E | Éxito |
Optus C1 | 11 de xuño de 2003 | Ariane 5 | Éxito |
Optus D1 | 13 de outubro de 2006 | Ariane 5 | Éxito |
Optus D2 | 5 de outubro de 2007 | Ariane 5 | Éxito |
Optus D3 | 21 de agosto de 2009 | Ariane 5 | Éxito |
Optus 10 | 11 de setembro de 2014 | Ariane 5 | Éxito |