Bóla de 200 gramos de opio producido enEspaña, cos envases para a recollida e uneuro de escala
Oopio é unlátex desecado ao ar extraído por incisión transversal dos casulos verdes dos froitos de certas plantas como adurmideira (Papaver somniferum), que contén varios alcaloides, entre os que destaca a morfina por ser un forteanalxésico e por ser a base para a obtención deheroínas[1]; é, polo tanto unhadroga, analxésica, narcótica, de cheiro característico e un sabor amargo. Contén non menos dun 9'5% demorfina. As propiedadesanalxésicas ehipnóticas desteestupefaciente son coñecidos dende hai séculos. Os principais países produtores de opio sonTurquía, oIrán,Iugoslavia e mailaIndia.[2]
O opio preséntas en pans ovais, apalanados, usualmente duns 8 a 15 centímetros dediámetro e de 300 a 500gramos depeso, aínda que os hai de até dous quilos. Os pans de opio son dunha cor acastañada clara que se escurece co tempo, moles, cubertos con follas dedurmideira e froitos deRumex.
O opio extráese realizando incisións superficiais nopericarpo dos casulos dadurmideira. Os talos exsudan unlátex branco e leitoso, que en secándose é transformado nunharesina pegañenta de cor marrón. Esta resina rélase dos casulos obténdose así o opio en bruto.
Despois da extracción, fórmase o chamadopan de opio que é o resultado da unión dos produtos obtidos despois da recolleita. Deste pan extráense os principios activos:
Poucos países autorizan ocultivo legal para a posterior extracción dos principios activos utilizados en farmacia; un deles éEspaña, onde se concentran na parte sur daPenínsula Ibérica.
Pode utilizarse directamente fumado enpipa, bebido eninfusión ou inxerido.
Se se inxerir, acostúmase envolver enpapel de fumar para protexer do desagradábel sabor que ten se se traga, tárdase arredor de media hora, unha hora en comezar a notar os efectos, que poden durar até 6 ou 8 horas, acostuma ir acompañado devómitos. Para protexerse dasnáuseas moitas persoas optan por introducir a bóla de opio con papel de fumar poloano, cousa que produce o mesmo efecto mais reducindo os efectos nocivos que aparecen cando se fai poloestómago.
Fumado pode ser a xeito dunporro decánabo, cun poucotabaco, aínda que así se queima demasiado sen chegar a absorbelo, en pipa ha ser metálica, xa que o opio necesita chegar a ferver ao queimalo.
O máis normal é fumalo en papelde prata, deixando que o opio se transforme en gota ao queimar e corra polo papell, absorbendo o fume con máis papel a xeito de palliña para non se queimar.
Fumando sobe axiña, pódese vomitar e non dura tanto.
Tamén se poden apañar os casulos dedurmideira esmagados e facer unha infusión durante máis de media hora; os mesmos casulos poden servir para máis dunha rolda. O sabor é desagradábel, de xeito que se acostuma a pór un poucomel, outras opinións falan dun sabor fantástico, sempre dependendo dos gustos.
Danse casos nos que o opio prepárase nunha culler coma se fosesheroína e se inxecta envea, cousa que provocador einflamación posterior da vea.
Tamén pode ser utilizado para a elaboración de diferentes preparados coma oláudano.