One Direction (tamén coñecidos como1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa depop establecida en Londres, composta porNiall Horan,Liam Payne,Harry Styles eLouis Tomlinson; o antigo membro,Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico deSimon CowellSyco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programaThe X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercadoUp All Night (2011),Take Me Home (2012),Midnight Memories (2013),Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl". Dende xaneiro de 2016, a banda iniciou un hiato indefinido e cada un dos membros continuou unha carreira en solitario.[2][3]