Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Omphalodes nitida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Omphalodes nitida
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Lamiales
Familia:Boraginaceae
Subfamilia:Boraginoideae
Xénero:Omphalodes
Especie:''O. nitida''
Nome binomial
'Omphalodes nitida'
Hoffmanns. &Link

Omphalodes nitida é unhaespecie deplanta perenne pertencente áfamilia dasBoraginaceae.

Descrición

[editar |editar a fonte]

É unhaherba que alcanza un tamaño de até de 80 cm de altura, perenne, rizomatosa, esparcidamente setosa, conindumento formado por pelos ríxidos no envés das follas, pedicelos e cálices, ± verdosa. Talos erectos, ramificados. Follas agudas ou acuminadas, con marxe ciliada; as inferiores até de 33 × 3,2 cm, oblanceoladas; as medias e superiores até de 15 × 2,3 cm, lanceoladas. Inflorescencia con poucas cimas, até de 60 cm na fructificación. Flores ebracteadas ou a inferior de cada cima bracteada; brácteas lanceoladas, semellantes ás follas superiores; pedicelos en flor até de 16 mm, en froito até de 40 mm, de patentes a deflexos. Cáliz en flor de 2,7-4,3 mm, densamente peloso por ambas as caras, en froito de 5,5-8,5 mm; lóbulos en flor de 1-1,7 mm de anchura, ± lanceolados, en froito de 2,2-3,4 mm de anchura, anchamente lanceolados. Corola de 7-12 mm de diámetro, azul; tubo c. 2 mm, pardo; garganta con escamas de c. 1 mm, oblongas; lóbulos (2,5)3-4 × 3-4,5 mm, oblongos. Estames insertos á mesma altura, na parte superior do tubo da corola; anteras 0,9-1 mm, amareladas. Ovario co estilo máis curto que o tubo da corola. Núculas 2,3-3,3 × (1,5)1,9-2,7 mm, cilíndrico- truncadas, ± seríceas, dun pardo claro a pardas, coa marxe alada da cara dorsal plana, incurva e regularmente lobada.[1]

Distribución e hábitat

[editar |editar a fonte]

Atópase en pradarías e noiros húmidos e umbríos, marxes de cursos de auga, en substrato arenoso ou pizarroso; a unha altitude de 90-1600metros no noroeste daPenínsula Ibérica.

Un estudo de 2011 atopou que oADN do seu parente máis próximo éMyosotidium hortensium a pesar de que se produce só nasIllas Chatham, o que suxire a dispersión a extremadamente longa distancia das sementes aladas. Os dous xéneros diverxeron entre 3.64 e 22.45 Ma. As dúas secuencias xenéticas difiren nun 5,3%.[2]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Omphalodes nitida foi descrita porHoffmanns eLink e publicada enFlore portugaise ou description de toutes lles ... 1: 194, t. 25. 1811.[3]

Sinonimia
  • Picotia nitida Roem. & Schult.[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Omphalodes nitida en Flora Vascular
  2. Heenan, P. B., et al. (2010).Late-Cenozoic origin and diversification of Chatham Islands endemic plant species revealed by analyses of DNA sequence data.New Zealand Journal of Botany 48: 83–136.
  3. "Omphalodes nitida".Tropicos.org.Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de setembro de 2013. 
  4. Omphalodes nitida en PlantList
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Omphalodes_nitida&oldid=6615783»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp