Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Omán

Coord.:21°N57°L / 21,57
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOmán
سلطنة عُمان (ar)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoNashid as-Salaam as-Sultani(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata

Lema«Mae gan Brydferthwch Gyfeiriad»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 21°N57°L / 21,57
CapitalMascateEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.829.480(2018)Editar o valor en Wikidata (15,6hab./km²)
Lingua oficiallingua árabeEditar o valor en Wikidata
RelixiónislamEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie309.500 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJebel Shams (3.100 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMajlis al Jinn(pt)Traducir (−120 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación23 de xullo de 1970Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absolutaEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Oman(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Sultan of Oman(en)TraducirEditar o valor en WikidataHaitham bin Tarik Al Said(pt)Traducir(2020–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCouncil of Oman(en)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal88.191.977.373 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaRial omanense(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.omEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+968Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia968 e112Editar o valor en Wikidata
Código de paísOMEditar o valor en Wikidata

Sitio weboman.omEditar o valor en Wikidata
Facebook: omanembassyBNE: XX453551Editar o valor en Wikidata

Omán[1][2] é un país situado no extremo oriental daPenínsula da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é aPenínsula de Musandam e mailos territorios veciños, noEstreito de Ormuz, separados do resto de Omán polosEmiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sueste daArabia Saudita. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Omán.
Costa do Sur, Omán.

Limita ao norte cogolfo de Omán (ao outro lado do cal se estenden as costas doIrán); ao leste e sur comar de Arabia; ao oeste coIemen,Arabia Saudita e cosEmiratos Árabes Unidos. A capital do Omán éMascate.

Unha vasta chaira desértica de grava cobre a maior parte do centro de Omán, con cadeas montañosas ao longo do norte (montañasAl Hajar) e a costa sueste, onde tamén se atopan as principais cidades do país: a capitalMuscat,Sohar eSur no norte, eSalalah no sur. O clima de Omán é cálido e seco no interior e húmido ao longo da costa. Durante épocas pasadas Omán estaba cuberto polo océano, demostrado polo gran número de conchas fosilizadas que existen en zonas do deserto lonxe da liña de costa actual.

Rial paisaxe desértica.

A península deMusandam (enclave de Musandem), ten unha situación estratéxica noEstreito de Ormuz, está separada do resto de Omán polosEmiratos Árabes Unidos.[3] A serie de pequenos pobos coñecidos comoDibba son a porta de entrada á península de Musandam por terra e os pobos pesqueiros de Musandam por mar, teñen barcos dispoñibles para alugueiro en Khasab para viaxes á península de Musandam por mar.

Outro enclave de Omán, en territorio dos Emiratos Árabes Unidos, coñecido comoMadha, se atopa a medio camiño entre a península de Musandam e o corpo principal de Omán, forma parte da gobernación de Musandam, cubrindo aproximadamente 75 km². O límite de Madha estableceuse en 1969, coa esquina nordeste de Madha a apenas 10 m. da estrada deFujairah. Dentro do enclave de Madha atópase outro enclave dos UAE chamadoNahwa, que pertence ao emirato de Sharjah, situado a uns 8 km. ao longo dun camiño de terra ao oeste da cidade de Nova Madha, que consta dunhas corenta casas cunha clínica e central telefónica.[4]

O deserto central de Omán é unha fonte importante demeteoritos para a análise científica.[5]

Política

[editar |editar a fonte]

Omán é considerado unhamonarquíaabsoluta. OsultánQaboos bin Said Al Said gobernou o país durante medio século dende1970 até a súa morte en2020. Foi sucedido polo seu curmánHaitham bin Tariq Al Said.[6]

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Omán.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A maioría dos 3.001.583 omanies (datos de 2005) sonárabes, pero existe unha minoríabaluchi. Hai tamén no país un número importante de traballadores estranxeiros, arredor de 600.000, provenientes daIndia, deIrán e dePaquistán, principalmente.

O 50% da poboación vive enMascate e mais enBatina.

Estrutura de idade

[editar |editar a fonte]

0-14 anos: 42.7% (homes 744,265 / mulleres 714,116)

15-64 anos: 54.5% (homes 1,079,511 / mulleres 783,243)

65 anos e máis: 2.8% (homes 55,180 / mulleres 41,770) (2010 est.)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraomaní.
  2. «Omán».Diciopedia do século 213. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1511.ISBN 9788482893600. 
  3. Krogh, Jan S."Oman". 
  4. "United Arab Emirates". 
  5. 4th Swiss Geoscience Meeting, Bern 2006. Meteorite accumulation surfaces in Oman: Main results of. Omani-Swiss meteorite search campaigns, 2001–2006. by Beda Hofmann et al.
  6. "Omán pecha unha era coa morte do sultán Qabus".Faro de Vigo. 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Omán
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación
Control de autoridades
Identificadores

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrexeografía é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Omán&oldid=6590935»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp