Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Olivina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olivina
Olivina con cristais verdes de diferentes tonalidades
Información xeral
ClaseSilicatos
SubclaseNesosilicatos
Sistema cristalinoRómbico
Propiedades físicas
CorVerde, parda, vermella
BrilloVítreo
Dureza6,5-7
ExfoliaciónMoi imperfecta
FracturaConcoidea
Densidade3,2-4,2 g/cm3
Propiedades ópticas
Clasificación
Nickel–Strunz1317-71-1
Outros datos
Referencias

Aolivina[1][2] (tamén chamadaperidoto) é unmineral da clase dossilicatos cuxafórmula química é(Mg,Fe,Mn)2·SiO4 (chamadaforsterita se é demagnesio,fayalita se é deferro etefroíta se é demanganeso).

Aspecto

[editar |editar a fonte]

A olivina ten unha cor verde característica e acostuma estar asociada a rochas volcánicas de cores escuras como adunita.

Variedades da olivina

[editar |editar a fonte]

Existen 6 clases de olivina segundo a concentración deferro na súa composición formando unha serieisomorfa que vai dende a forsterita (ausencia deferro) ata a fayalita (olivina deferro).

Estas son as seguintes:

  • Forsterita, demagnesio e cunha baixa concentración deferro (0-10% deferro, Mg2SiO4).
  • Crisolito, se contén un 10-30% deferro.
  • Hyalosiderita, se contén un 30-50% deferro.
  • Hortonolita, se contén un 50-70% deferro.
  • Ferrohortolita, se contén un 70-90% deferro.
  • Fayalita, cunha concentración deferro elevada (90-100% deferro, Fe2SiO4).
Diferentes variedades da olivina segundo a concentración demagnesio,ferro emanganeso na súa composición

Do mesmo xeito existe outra serieisomorfa da olivina que vai dende a fayalita ata atefroíta (olivina demanganeso). Na imaxe da esquerda pódese observar as diferentes variedades de olivina segundo a aparición ou ausencia demagnesio,ferro emanganeso na súa composición, dando lugar a unha ampla variedade de olivina de diferentes tonalidades verdosas.

Outras variedades da olivina

[editar |editar a fonte]

Existen tamén outros tipos de olivina moito máis escasos como aknebelita (cun 10% deóxido dezinc na súa composición), atalasskita (cun 10% deóxido deferro), atitanolivina (onde otitanio substitúe osilicio), amonticelita (olivina demagnesio ecalcio) e akirschteinita (olivina deferro ecalcio).

Lugares onde se atopa

[editar |editar a fonte]

Como mineral de orixe volcánica que é, aparece frecuentemente en zonas de forte actividadebasáltica, engabros ediabases. Se se encontra de forma masiva e en grandes extensións de terreo forma a rochadunita.

EnEspaña podemos atopar olivina nasCanarias, polos arredores das zonas da antiga actividade volcánica característica destas illas, e enCataluña, formando parte dasdunitas.

Atópanse tamén cristais de olivina en meteoritos que proveñen do espazo e en rochas procedentes daLúa e deMarte.

Usos da olivina

[editar |editar a fonte]

Pódese empregar con fins ornamentais e como fundente na fabricación doaceiro.

Outros silicatos

[editar |editar a fonte]

Ocuarzo, ofeldespato e amica son outrossilicatos importantes.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraolivina.
  2. "olivina".TERGAL. Consultado o 05/07/2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Olivina&oldid=6126134»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp