Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Oleaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleaceae

Oliveira (Olea europaea) con froitos verdes.
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Asteridae
Orde:Lamiales
Familia:Oleaceae
Tribos

Fontanesieae
Forsythieae
Jasmineae
Myxopyreae
Oleeae[1]

Sinonimia
  • Bolivaraceae
  • Forestieraceae
  • Fraxinaceae
  • Jasminiaceae
  • Ligustraceae
  • Nyctanthaceae
  • Schreberaceae
  • Syringaceae[2]

Oleaceae, asOleáceas, son unhafamilia deplantas pertencente áordeLamiales. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídosarbustos,árbores erubideiras. Caracterízase polasfollas opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúencáliz ecorola con catro lóbulos.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Sonárbores,arbustos ourubideiras leñosas; plantashermafroditas,andromonoicas oudioicas. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, senestípulas.Inflorescencias terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, floresactinomorfas; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unhadrupa,baga, cápsula ousámara, a miúdo cunha semente.[3]

Usos

[editar |editar a fonte]

Moios dos membros desta familia son economicamente importantes, como aoliveira, polos seus froitos (as olivas) e oaceite que se extrae deles. Osfreixos (árbores do xéneroFraxinus) son valiosos pola súa madeira e asForsythias,lilas,xasmíns eChionanthus valóranse coma plantas paisaxísticas.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Oleaceae foi descrita porHoffmanns. &Link e publicado enFlore portugaise ou description de toutes les ... 1: 62. 1809.[3] Oxénero tipo é:Olea L.

Xéneros

[editar |editar a fonte]

Lista de xéneros e sinónimos relacionados por orde alfabética segundo APWeb:[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Oleaceae Hoffmanns. & Link, nom. cons.".Germplasm Resources Information Network.United States Department of Agriculture. 17-01-2003. Arquivado dendeo orixinal o 06-05-2009. Consultado o 10-04-2009. 
  2. Listado de sinónimos de Oleaceae.[1].
  3. 3,03,1"Oleaceae".Tropicos.org.Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de decembro de 2012. 
  4. Oleaceae en APWeb consultado o 19 de maio de 2011

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  OleaceaeModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Oleaceae

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. Fl. Mesoamer. 4(1): 1–855.
  • Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Oleaceae&oldid=5880542»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp