Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ojén

Coord.:36°33′54″N4°51′09″O / 36.5651,-4.8524
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOjén
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 36°33′54″N4°51′09″O / 36.5651,-4.8524
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de MálagaEditar o valor en Wikidata
CapitalOjénEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.682(2024)Editar o valor en Wikidata (54,44hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie86 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude309 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónDionisio o AeropaxitaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataJosé Antonio Gómez SánchezEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29610Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE29076Editar o valor en Wikidata

Sitio webojen.esEditar o valor en Wikidata

Ojén é un concello español daprovincia de Málaga,Andalucía. É lindeiro conMijas ao leste, conMarbella ao sur, conIstán ao oeste e conMonda eCoín ao norte.

Dentro do termo municipal de Ojén destacan dous núcleos:

  • O centro urbano de Ojén
  • As urbanizacións da Mairena e El Vicario, no sueste do termo municipal.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Ojén atópase a oito quilómetros ao nordeste deMarbella sobre o camiño do interior que a enlazaba conMálaga. Está situado xunto ao arroio de Almadán, nun lugar moi apracible e rico en auga, rodeado polas serrasBlanca, propiedade do IARA, e Alpujata, de gran riqueza en minerais deferro,níquel,chumbo,talco edunita. A mina de ferro do Peñoncillo foi explotada por unha compañía inglesa e deu traballo a numerosas persoas de Ojén eMarbella. A proximidade do mar fai que Ojén teña un clima tépedo, a pesar de ser un típico pobo de montaña.

Os habitantes recibían outrora o apelativo xocoso de "churrucos" polos habitantes dos lugares veciños.

Natureza

[editar |editar a fonte]

Os montes de Ojén posúen un gran bosque mediterráneo deQuercus faginea, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, pitas e chumbeiras, que chegan até o bordo da estrada.

En canto á fauna que habita estes bosques hai que destacar acabra montesa, especie protexida e que está practicamente en extinción, e aaguia real. Tamén habitan asxenetas, amangosta exipcia,touróns e multitude de pequenos mamíferos, paxaros e insectos de variadas especies. Ademais, son variadas as plantas de uso medicinal, comosalvia,romeu,tomiño,Thymus moroderi,fiúncho oucamomila. Na matogueira do sotobosque abundan ostoxos,xestas,xaras esemprevivas. Tamén hai que destacar pola súa rareza a presenza dunha colonia deabetos españois.

No río Almadán e en lugares como El Charco Las Viñas non é raro atopar tartarugas, ras ou cobras. Flores como asorquídeas abundan polas paraxes da Serra de Ojén, onde habita obufo real, ave en perigo de extinción que é moi difícil de localizar actualmente.

Historia

[editar |editar a fonte]
Vista de Ojén.

Xa noPaleolítico medio esta zona estaba habitada polohome de Neandertal, que vivía en grupos nómades, e noNeolítico existiu unha poboación asentada, como o demostra a cova de Pecho Redondo. Durante o baixoImperio Romano a costa estivo moi habitada e especúlase con que na zona de Ojén houbese algún poboado que explotaba a agricultura e a gandaría.

A primeira vez que se cita Ojén é na "Crónica das fazañas dos emires cordobeses". Segundo esta crónica,Abd al-Rahman III iniciou unha batalla para someter a rebelión dosmozárabes (cristiáns que vivían nas terras musulmás) e os muladís malagueños. Sábese que unha das batallas entre os rebeldes e o exército foi diante das murallas do castelo de Ojén. A sublevación dos mozárabes provocou a existencia dun reinado efémero con capital en Bobastro; no ano 921 Abd al-Rahman liberou Ojén e a súa igrexa foi convertida en mesquita. En 1485 os musulmáns capitularon ante o reiFernando o Católico e entrouse de cheo na Idade Moderna. Naquela época, Ojén enviaba a Marbella para exportar a África, pasas, figos secos, améndoas, sedas, cera e mel das súas colmeas. Os musulmáns mudéxares pasaron a ser vasalos de Castela e en 1492 osReis Católicos tomaron totalmente oReino de Granada, finalizando a Reconquista.

Ojén constituíuse en «concello» e realizouse o deslinde do termo. Ojén depende de Marbella, que nomeaba un rexedor con xurisdición civil e criminal. Os reis non permitiron a presenza de musulmáns a menos dunha legua da costa e moitos habitantes de Marbella establecéronse en Ojén; a medida tomouse para evitar a colaboración musulmá cos piratas turcos e berberiscos. Había entón en Ojén 114 veciños, catro deles cristiáns vellos. En 1505, por orde do arcebispo de Sevilla, Diego de Deza, fíxose a erección canónica da actual parroquia da nosa Señora da Encarnación. En 1568, durante o reinado deFilipe II produciuse a rebelión dos mouriscos de Istán, e en 1569 uníronselles os mouriscos de Ojén, que fuxiron coas súas familias e aveños ás serras próximas abandonando as terras despois de matar os seus veciños cristiáns vellos e incendiar a igrexa, casas e cultivos. Filipe II nomeou oDuque de Medina Sidonia e o Duque de Arcos para pacificaren aSerranía de Ronda e acabar coa rebelión. En 1570 finalizou a guerra e Ojén foi repoboado por cristiáns vellos. O problema mourisco continuou en España ata que en 1609 o reiFilipe III expulsou os mouriscos.

En 1772 o cronista británico Francis Carter describiu Ojén como "un lugar de xente afable, sinxela, que descoñece o té e o café, pero goza do leite de cabra nas súas cuncas de barro". En 1807,Carlos IV concedeu a Ojén a independencia da xurisdición de Marbella. En 1905, Pedro Fernández mandou construír a Fonte dos Chorros, a cal foi restaurada en 2006 por Enrique Salvo Rabasco e o seu equipo de restauradores.

En 1906, o Marqués de Larios levantou o Palacio de Juanar como refuxio de caza, onde nunha ocasión foi convidado o reiAfonso XIII. O Palacio de Juanar foi habilitado como Parador Nacional en 1965 e desde 1984 explótao unha cooperativa de traballadores de Ojén.

Na noite do 30 ao 31 de agosto de 2012, o municipio ao completo tivo que ser evacuado ao declararse na zona de Barranco Blanco (Coín) un enorme incendio que afectou non só a Ojén, senón a varios lugares veciños como Monda, Coín,Alhaurín el Grande, Marbella e Mijas.

Política e administración

[editar |editar a fonte]

A administración política do municipio realízase a través dun concello de xestióndemocrática cuxos compoñentes se elixen cada catro anos porsufraxio universal. O censo electoral está composto por todos os residentes empadroados en Ojén maiores de 18 anos e nacionais deEspaña e dos restantes estados membros daUnión Europea. Segundo o disposto na Lei do Réxime Electoral Xeral, que establece o número de concelleiros elixibles en función da poboación do concello, a Corporación Municipal de Ojén está formada por 11concelleiros.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General".B.O.E. Arquivado dendeo orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • MEGINO COLLADO, Luis J. - SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "La memoria oral y escrita en el movimiento obrero español: el folleto de rasgos autobiográficos de José Mairena Parra (1918)", en <IX Jornadas de Castilla - La Mancha sobre Investigación en Archivos: "El Trabajo y la Memoria obrera">. Guadalajara, 27-30 de abril de 2009 (en prensa).
  • MEGINO COLLADO, Luis J. - SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Oligarquía y resistencia social en la zona minera de Ojén - Marbella (Málaga): Contexto social, personal y político de la memoria de José Mairena Parra, 1869-1919", en <IX Jornadas de Castilla - La Mancha sobre Investigación en Archivos: "El Trabajo y la Memoria obrera">. Guadalajara, 27-30 de abril de 2009 (en prensa).
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Catálogo de documentos sobre la Guerra Civil Española (1936-1939) en el Archivo Municipal de Ojén (Málaga)", en <España entre Repúblicas. 1868-1939>. Guadalajara: ANABAD Castilla-La Mancha, 2007, vol. II, pp. 955-972.
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Catálogo de documentos sobre la I y la II Repúblicas en el Archivo Municipal de Ojén (Málaga)", en <España entre Repúblicas. 1868-1939>. Guadalajara: ANABAD Castilla-La Mancha, 2007, vol. II, pp. 973-990.
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Aparato defensivo y repoblación del reino de Granada. El castillo de Ojén en el siglo XVI", <Castillos de España>, nº 121-122, Madrid, 2001, pp. 2-20.
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Fortificaciones altomedievales de la Tierra de Marbella (Málaga)", <Castillos de España>, nº 134-135, Madrid, 2004 (Ejemplar dedicado a las fortalezas de Málaga), pp. 15-28.
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Fuentes documentales y archivos de la Administración de Justicia y de la Fe Pública en la costa del sol. Partidos Judiciales de Marbella y Estepona", en <II Jornadas de Patrimonio Histórico Local>. Marbella (Málaga): Fundación J. Banús Masdeu y P. Calvo y Sánchez de León, 2002; pp. 71-149.
  • SÁNCHEZ MAIRENA, Alfonso: "Socioeconomía de una población morisca. Ojén, finales del siglo XVI y principios del XVI", <1492. En el umbral de la modernidad : el Mediterráneo europeo y las ciudades en el tránsito de los siglos XV-XVI> / coord. por Jesús Pradells Nadal, José Ramón Hinojosa Montalvo, Vol. 2, 1994,ISBN 84-7890-997-4, pp. 577-584.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Web da Reserva da Biosfera Serra das Neves creada pola Mancomunidade de Municipios da Serra das Neves.[1]
Alameda  · Alcaucín  · Alfarnate  · Alfarnatejo  · Algarrobo  · Algatocín  · Alhaurín de la Torre  · Alhaurín el Grande  · Almáchar  · Almargen  · Almogía  · Álora  · Alozaina  · Alpandeire  · Antequera  · Árchez  · Archidona  · Ardales  · Arenas  · Arriate  · Atajate  · Benadalid  · Benahavís  · Benalauría  · Benalmádena  · Benamargosa  · Benamocarra  · Benaoján  · Benarrabá  · Campillos  · Canillas de Aceituno  · Canillas de Albaida  · Cañete la Real  · Carratraca  · Cartajima  · Cártama  · Casabermeja  · Casarabonela  · Casares  · Coín  · Colmenar  · Comares  · Cómpeta  · Cortes de la Frontera  · Cuevas Bajas  · Cuevas de San Marcos  · Cuevas del Becerro  · Cútar  · El Borge  · El Burgo  · Estepona  · Faraján  · Frigiliana  · Fuengirola  · Fuente de Piedra  · Gaucín  · Genalguacil  · Guaro  · Humilladero  · Igualeja  · Istán  · Iznate  · Jimera de Líbar  · Jubrique  · Júzcar  · Macharaviaya  · Málaga  · Manilva  · Marbella  · Mijas  · Moclinejo  · Mollina  · Monda  · Montejaque  · Nerja  · Ojén  · Parauta  · Periana  · Pizarra  · Pujerra  · Rincón de la Victoria  · Riogordo  · Ronda  · Salares  · Sayalonga  · Sedella  · Sierra de Yeguas  · Teba  · Tolox  · Torremolinos  · Torrox  · Totalán  · Valle de Abdalajís  · Vélez-Málaga  · Villanueva de Algaidas  · Villanueva de la Concepción  · Villanueva de Tapia  · Villanueva del Rosario  · Villanueva del Trabuco  · Viñuela  · Yunquera
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ojén&oldid=6585820»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp