Osodontocetos (Odontoceti,Flower, 1867) constitúen unha suborde doscetáceos caracterizados por posuíren dentes, a diferenza dasbaleas e especies similares (misticetos) que posúen unhas formacións quitinosas chamadasbarbas, con función filtradora.
O nomeOdontoceti provén dogrego antigo ὀδόντο-odónto-, "dente" e κῆτοςkêtos, "gran monstro mariño".[1]
A característica definitoria dotaxon é a presenza de dentes, polo que as especies de gran tamaño, reciben o nome (impropio) debaleas dentadas oubaleas con dentes. Os dentes son cónicos, ocos e indiferenciados (homodontes) e poden presentarse en número moi variable, desde os 160-240 dogolfiño común ata o dente único donarval.[2] Así mesmo varía a súa disposición, presente nas dúas mandíbulas ou só na inferior (como nos cachalotes ou algúnszifios) ou na superior (narval), e o seu tamaño, que oscila entre uns milímetros natoniña e os dous metros no narval.
Os dentes non teñen función mastigatoria senón que serven para capturar as presas, que engolen enteiras. Aínda así, non sempre cumpren esa función e nalgunhas especies convértense en caracteres dediferenciación sexual, como acontece tipicamente no narval.
Presentan un únicoespiráculo (orificio respiratorio) na parte superior da cabeza e unha fronte avultada debida ás modificacións anatómicas producidas pola presenza domelón, denominación popular do órgano daecolocación.
Todos os odontocetos soncarnívoros.
Os odontocetos clasifícanse dentro da ordeCetacea e distribúense en dez familias (algunhas delas discutidas):
- Delphinidae(Gray, 1821):golfiño,candorca,caldeirón
- Ziphiidae (Gray, 1850):zifio
- Iniidae(Gray, 1846): golfiños de auga doce (algúns inclúena enPlatanistidae)
- Kogiidae(Gill, 1871):cachalote anano (algúns inclúena enPhyseteridae)
- Lipotidae (incluída por algúns enInnidae e por outros enPlatanistidae)
- Monodontidae(Gray, 1821):narval ebeluga
- Phocoenidae(Gray, 1825):toniña
- Physeteridae(Gray, 1821):cachalote
- Platanistidae(Gray, 1846): golfiños de auga doce
- Pontoporiidae (incluída por algúns enInnidae e por outros enPlatanistidae)
Modernamente moitas fontes agrúpannas en seis superfamilias:[3]
- ↑"Dicciomed.es: Odontocetos". Arquivado dendeo orixinal o 01 de abril de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑Reealmente, o narval ten dous dentes na mandíbula superior, aínda que (normalmente) o esquerdo alcanza un desenvolvemento enorme, de ata de máis de 2 m)
- ↑"Paleobiology Database". Arquivado dendeo orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑Inclúe a especiePontoporia blainvillei (golfiño do Prata), antes na familiaIniidae.
- ↑A dosLipotidae é unha familia creada por Zhou, Qian & Li en 1978. Inclúe a especieLipotes vexillifer (golfiño chinés de río), antes na familiaPlatanistidae.
- Carwardine, M. (1995):Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega.ISBN 84-282-1037-3.