Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Odón II do Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2015.)
Modelo:BiografíaOdón II do Sacro Imperio Romano Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento955Editar o valor en Wikidata
Ducado da Saxônia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 983(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortemalariaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanasEditar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
7 de maio de 973 – 7 de decembro de 983Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemperador, escritorEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuqueEditar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía SaxoaEditar o valor en Wikidata
CónxuxeTeofânia de BizâncioEditar o valor en Wikidata
FillosAdelaide I, Sophia I, Matilda of Germany, Countess Palatine of Lotharingia, Otão III, Sacro Imperador Romano-GermânicoEditar o valor en Wikidata
PaisOdón I do Sacro Imperio Romano XermánicoEditar o valor en Wikidata  e Adelaida de ItaliaEditar o valor en Wikidata
IrmánsEma da Itália
Liutgarde
Matilda, Abbess of Quedlinburg
Liudolf
Guillerme de MagunciaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Soviética Armenia
Grande Enciclopedia Yuzhakov
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
BNE: XX947897WikiTree: Ottonian-3

Odón II,[1] nado en955 e finado enRoma o7 de decembro de983, foi o segundoEmperador do Sacro Imperio Romano e terceiro gobernante xermánico dadinastía otoniana, ouCasa de Saxonia. Era fillo deOdón o Grande eAdelaida da Italia.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Educación e primeiros anos do reinado

[editar |editar a fonte]

Odón recibiu unha boa educación baixo os coidados do seu tio,Bruno, arcebispo de Colonia, e o seu medio-irmán ilexítimo,Guillerme, arcebispo de Mainz. Inicialmente correinou co seu pai,Odón I mais foi escollido como o rei alemán en Worms no ano961, sendo coroado naCatedral de Aachen o26 de maio dese mesmo ano. O25 de decembro de967, Odón I foi coroado coemperador enRoma polopapaXoán XIII.

Casou coa princesa gregaTheofano, sobriña do emperador romano de orienteXoán I Tzimisces, o14 de abril de972. Logo de participar nas campañas do seu pai naPenínsula Itálica, volveu aAlemaña e converteuse no único emperador sen ningún tipo de oposición trala morte de seu pai enmaio de973.

Odón proseguiu a política do seu pai no sentido de fortalecer o dominio imperial na Xermania, ademais de estendela de xeito máis profundo na Península Itálica.

Alemaña

[editar |editar a fonte]
Odón II

Logo de sufocar unha rebelión enLorena, xurdiron dificultades no sur de Alemaña, probablemente debido a que Odón refusou entregar oducado da Suábia aHenrique II de Baviera. En974 a nai de Henrique, Judite, iniciou unha conspiración contra o emperador, a cal incluíu Henrique, o bispoAbraham de Freising,duques de Bohemia ePolonia, e varios membros do clero e da nobreza que estaban descontentos coa política do emperador. Entre tanto, o plan foi descuberto e facilmente suprimido. No mesmo ano, as forzas de Odón conseguiron acabar cunha tentativa deHarald I de Dinamarca de liberase do dominio alemán; así e todo, a súa expedición contra osbohemios en975 foi un fracaso parcial debido ao inicio de máis problemas enBaviera. Ao ano seguinte restabeleceu a orde unha segunda vez enLorena e forzou a Henrique II a fuxir deRegensburg a Bohemia.Baviera foi entregada ao seu parenteOdón de Baviera. En977, o rei realizou unha expedición a Bohemia, onde o reiBoleslaus II prometeu volver á súa alianza anterior.Mieszko I de Polonia tamén foi subxugado.

Tras acabar con outra tentativa de Henrique por recuperar Baviera por parte de Odón II, o reiLotario de Francia invadiuLorena cun exército de 20 000 homes e ocupou a capitalAachen durante cinco días. Odón inicialmente fuxiu aColonia e logo aSaxonia. A súa nai, de orixefrancesa, estivo do lado de Lotario e se mudou aBorgoña. Ensetembro de978, con 30 000 homes, Odón invadiu Francia. Encontrou pouca resistencia, mais as enfermidades das súas tropas obrigárono a levantar o cerco deParís e na viaxe de volta, a retagarda do seu exército foi destruída, e os bens que transportaban tomados polos franceses. A unha expedición contra os polacos seguiulle unha paz con Francia: Lotario renunciou a Lorena (980), e en cambio, Odón recoñeceu os dereitos do fillo de Lotario,Luís V.

Italia

[editar |editar a fonte]

Odón sentiuse entón libre para marchar sobre aItália. O goberno de Alemaña foi deixado nas mans do arqui-chancelerWilligis e do duqueBernardo I de Saxonia. El foi acompañado da súa dona, o seu fillo, Otto de Baviera, dos bispos deWorms,Metz eMerseburg e outros condes e baróns. Cruzando osAlpes a través do que hoxe éSuíza, reconciliouse coa súa nai enPavia e celebrou o Nadal de980 enRávena.

OBieito VI, electo polo seupai, fora encadeado polos romanos noCastelo Sant'Angelo, onde morreu en974. O seu sucesor,Bonifacio VII fuxiu aConstantinopla eBieito VII,bispo de Sutri, converteuse en papa. Precedido por Bieito, Odón entrou cerimoniosamente en Roma naPascua de981.

Odón II eTheofano: Placa bizantina (Museo de Cluny)

Odón tivo nesta cidade unha corte espléndida, frecuentada por príncipes e nobres de tódalas partes deEuropa Occidental. Entón solicitouse que combatera os ataquessarracenos en Itália e, sobre todo, a política agresiva do emir sicilianoAbu al-Qasim, cuxa frota estaba atacandoApúlia e cuxas tropas invadiranCalabria. Ensetembro de981, Odón marchou cara ao sur de Italia. Inicialmente viuse cercado polos conflitos entre os príncipeslombardos locais, que dividiran a área trala morte dePandolfo. Odón fracasou no cerco deManso I de Amalfi enSalerno, mais por fin obtivo o recoñecemento da súa autoridade por parte de tódolos principados lombardos. En xaneiro de982, as tropas alemás marcharon en dirección a Apúlia bizantina para anexar esta rexión ao Imperio Occidental.

Cando Odón saíu deTaranto, sufriu unha grande derrota preto deStilo enxullo de982 (na cal, entre outros, al-Qasim morreu). Sen revelar a súa identidade, o emperador escapou nun navío grego ataRossano. Volveu a Roma o12 de novembro de982.

Nun xantar enVerona en xuño de983, no medio de diversos príncipes alemáns e italianos, o seu filloOdón III foi confirmado como rei de Alemaña. Foi entón cando se preparou para outra campaña contra os sarracenos. Tamén obtivo un acordo coaRepública de Venecia, cuxo auxilio era moi necesario trala derrota en Stilo. Marchando cara Roma, Odón conseguiu garantir a elección dePedro de Pávia comoPapa Xoán XIV.

Cando chegaron noticias dun alzamento das tribos eslavas na fronteira oriental de Alemaña, morreu no seu palacio en Roma o día7 de decembro de983. Deixou ao futuro emperadorOdón III e tres fillas. Foi enterrado no adro daBasílica de San Pedro e, cando a igrexa foi reconstruída, os seus restos mortais foron levados á cripta.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.):Guía de nomes galegos A Coruña:Real Academia Galega.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Imperio Carolinxio
(800–888)
Brasón do Emperador do Sacro Imperio
Sacro Imperio
Romano Xermánico

(800/962–1806)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Odón_II_do_Sacro_Imperio_Romano_Xermánico&oldid=6944001»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp