Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ocre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ocres naturais de diversas cores no «carreiro dos ocres» de Rousillon,Francia. Este lugar é unha antiga canteira de ocres.
Colección de ocres de varios tons.
Pigmento ocre, ocre dourado e ocre avermellado.

Ocre (dolatínojra, e este dogrego ὤχρα,ojra, de ὠχρός,ojros, ‘amarelo’) é o nome da coramarela escura ou amarela tirando avermella típica daarxila da cor doóxido de ferro[1] e de distintas tonalidades que adoita adoita ser amarelada, alaranxada ou avermellada.[2]

«Ocre» é tamén a denominación da cor dos minerais terrosos amarelados produto daoxidación de menas metalíferas onde non intervén o ferro, como o ocre deantimonio, debismuto ou deníquel.[3]

O ocre tense empregado tradicionalmente como pigmento parapintura artística[2] e para pintura corporal, e o seu uso remóntase áPrehistoria.

Composición e características

[editar |editar a fonte]
Pequeno regato portador de ocre, enPolonia.

Xeoloxicamente, os ocres son depósitos secundarios que poden aparecer constituíndo o solo, ou como camadas superficiais e altamente oxidadas de menas dalgún mineral impregnadas cunha substancia pigmentada daquel; polo xeral esas substancias sonóxidos ouhidróxidos de ferro. O miúdo tamaño das partículas pigmentadas do ocre permite pulverizalo até un grao moi fino sen que perda a súa cor.[3]

Dentro dos ocres naturais, os vermellos conteñenhematita, mentres que os amarelos ou «limonitas» conteñengoethita ou minerais do grupo da xarosita. Polo común preséntanse mesturados concuarzo, arxilas,xeso,micas,feldespatos etc., aínda que tamén os hai sumamente puros.[3]

O óxido e o hidróxido de ferro están presentes na maioría dos ocres asociados a menas de ferro e decobre, que constitúen depósitos primarios. Os depósitos secundarios, que son os solos ricos en óxido e hidróxido de ferro, poden cubrir grandes extensións, pero o ocre que conteñen adoita ser menos puro. Tamén as augas subterráneas ricas en ferro poden dar lugar á formación de ocre ao se filtraren cara azonas húmidas, brañas, lagos e cursos de auga efémeros.[3]

[[Ficheiro:{{{foto2}}}|260px|]]
Mina subterránea de hematita terrosa no termo municipal deXaén.

Nun sentido amplo, os solos ricos en óxidos de ferro son tamén ocres, e poden ser utilizados como fonte do pigmento.[3]

Ocres non ferrosos

[editar |editar a fonte]

Desde o punto de vista da clasificación dos pigmentos, os ocres son xeralmente os de óxidos de ferro, pois os de óxido de manganeso considéranse parte do grupo das terras de Siena e sombras naturais. Os ocres que resultan da oxidación doutras menas metalíferas tamén son tecnicamente ocres, pero teñen pouca aplicación como pigmento e son menos frecuentes.[3]

Propiedades

[editar |editar a fonte]

Os ocres teñen excelentes propiedades como pigmentos: son estábeis e resistentes á luz, á humidade e álixivia, aínda que vulnerábeis aosácidos.[4] Non son tóxicos.[5]

Localización

[editar |editar a fonte]

Os pigmentos que entran na denominación de «ocres» atópanse en numerosas localidades de todo o mundo. Algúns dos países que salientan pola súa produción de ocres sonFrancia,España,Chipre,Irán,Italia,Australia e osEstados Unidos.[3]

Ocre
Coordenadas de cor
OrixeSen fonte

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraOcre.
  2. 2,02,1Gallego; Sanz.Diccionario Akal del color. Akal.ISBN 978-84-460-1083-8. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,6Eastaugh; Walsh; Chaplin; Siddall.Pigment Compendium: A Dictionary of Historical Pigments(en inglés). Oxford; Burlington: Elsevier / Butterworth Heinemann.ISBN 0-7506-57499. 
  4. Doerner; Hoppe.Los materiales de pintura y su empleo en el arte. Reverté.ISBN 978-84-291-1423-2. 
  5. "Naturaleza y propiedades de los colores". Atelier Saint André. Consultado o 12 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ocre&oldid=5814677»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp