Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lingua occitana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Occitano»)
Lingua occitana
OccitanEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Occitan (oc)
lenga d'òc (oc)
occitan (oc)Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Practicado por
Propiedades
 Número de falantes
30000 (2030)
542000 (2020)
110000 (2012)
526000 (2002)Editar o valor en Wikidata
 Xénero gramatical
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Localización
Identificadores
Freebase/m/05l0rEditar o valor en Wikidata
ISO 639-1ocEditar o valor en Wikidata
ISO 639-2ociEditar o valor en Wikidata
ISO 639-3ociEditar o valor en Wikidata
ISO 639-5ociEditar o valor en Wikidata
IETFocEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Occitania (occitano)

Ooccitano[1] é a lingua falada dende aIdade Media no sur da actualFrancia, denominadaOccitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. EnCataluña, ademais de ser oficial noVal de Arán (coa denominación dearanés), é oficial en todo o país dende o9 de agosto de2006, coa entrada en vigor do novo estatuto de autonomía. O occitano está clasificado como en perigo severo poloLibro Vermello das Linguas Ameazadas daUNESCO.[2]

Nome

[editar |editar a fonte]

Na literatura científica, e en xeral nos usos cultos, emprégase na actualidade a denominaciónoccitano, e con menos frecuencialenga d'òc. Esas formas apareceron no cabo doséculo XIII derivadas doadverbio afirmativoòc (si), seguindo os usos empregados naIdade Media para distinguila dalingua del sì ouitaliano e dalangue d'oïl oufrancés.

A formaprovenzal designou en diversas épocas, como nos séculosXIII eXIX e en boa parte doXX, todo o dominio lingüístico. Dende osanos 1960 pasou a designar tan só o dialecto occitano que se fala naProvenza.

Historicamente tamén se empregaron outros sinónimos de occitano, comolemosino no século XIII (que mesmo designou tamén ocatalán nos séculos XVIII e XIX pola súa filiación co occitano medieval, e que hoxe designa o dialecto occitano da rexiónLimoges), egascón nos séculos XVI, XVII e XVIII[3] que na actualidade designa o dialecto occitano deGascuña eBearn.

Variantes

[editar |editar a fonte]

O occitano divídese fundamentalmente en tres dialectos ou variantes:

Historia

[editar |editar a fonte]

Os primeiros documentos en Occitano datan do século X. O primeiro de todos é unrefrán vencellado a un poema latino doséculo X. Mais non foi ata o século XI cando se escriben os primeiros textos literarios, acadando unha grande época de esplendor. Así, xente na nobreza coma o rei Pedro I de Aragón ouRicardo Corazón de León escribiron poemas en occitano,[4] eDante, quen coñeceu a lingua, empregouna nalgúns dos seus textos. Tamén figurou en documentos xurídicos.

A anexión á coroa francesa non mudou esta situación, e seguiu a ser a lingua empregada pola maioría da poboación. Porén, diversas leis e edictos comezaron a minguar o prestixio do Occitano. O rei Francisco I, no edicto de Villers-Cotterêts (1539), remarcou a supremacía do francés sobre o occitano, e cualificou despectivamente de "patois" o occitano e outros idiomas locais. Neste documento prohibiuse empregar o Occitano coma lingua administrativa e xurídica.[4]Coa creación da imprenta real en 1543 multiplicáronse os escritos en francés, e o primeiro dicionario francés da Academia Francesa, aparecido en 1694, cualificaba os idiomas locais de maneira despectiva.[4]

Porén, foi aRevolución francesa a que definiu o francés coma idioma de liberdade e unidade en toda Francia. Así, en 1802 prohibiuse a ensinanza do occitano nas escolas, e agravouse esta prohibición nos anos seguintes.[4]A mediados do século XIX fundouse o movementoFélibrige, que procuraba a renovación literaria.Aprimeira guerra mundial representou un novo declive no emprego do occitano. Por un lado moitos soldadosoccitanos morreron na contenda e diversos fluxos migratorios internos e externos provocaron o abandono progresivo da lingua.[4]En1945 creouse oInstitut d'Estudis Occitans, que procuraba a reconquista da cultura occitana. Porén, a chegada da televisión, predominantemente francófona, acelerou o proceso de abandono. A finais do século XX viviuse unha progresiva toma de conciencia na utilización do occitano, e impulsouse a creación literaria, musical e teatral. Ademais, fundáronse ascalandretes, escolas bilingües existentes en todas as grandes vilas.[4]

Literatura

[editar |editar a fonte]

A literatura occitana foi a máis rica (só por diante dogalego) na Europa da época medieval. Dos séculosXII aoXIV foi lingua literaria, especialmente no xénero lírico, enFrancia,Italia e norte daPenínsula Ibérica, e a lingua dos trobadores medievais desa área. Pódese considerar que na etapa medieval as diversas variantes de occitano, ocatalán e mailoaragonés constituían unha soa lingua que comezou a se dividir nos séculosXIII-XIV.

Noséculo XVI e noséculo XVII produciuse unha revitalización, con autores comoLouis Bellaud de la Bellaudière,Guilhem Ader,Pèire Godolin,Glaudi Brueis eFrancés de Corteta.

Durante oséculo XIX fixéronse importantes esforzos por revitalizala como lingua poética e literaria polo grupoFélibrige, que encabezaronFrédéric Mistral,Fèlix Castan ouJoseph Roumanille. Con todo, non acadaron repercusión suficiente e hoxe emprégase en menos ocasións cófrancés como forma literaria.

Actualmente as figuras máis salientábeis en occitano sonIves Roqueta ou os poetasMax Felip Delarouet eJoan Larzac.

Falantes

[editar |editar a fonte]
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Suroeste deEuropa entre as que aparece ooccitano

En1992 as cifras achegadas eran de 750.000 falantes activos naProvenza e entre 1 e 1,5 millóns que entendían a lingua. Un ano antes, unha sondaxe realizada entre 939 persoas entrevistadas en catro departamentos deLanguedoc (Aude,Hérault,Lozère eGard, cun total de 1.751.178 habitantes) amosaba un 48% de cidadáns que entendía a lingua e un 28% que a falaba, mais tan só o 9% o facía a diario.

Aínda que no século XX seguía a ser unha lingua de uso diario para a maioría da poboación rural do sur deFrancia, agora é falada por unhas 100.000 persoas en Francia segundo estimacións de2012.[5]

Táboa de vocabulario

[editar |editar a fonte]

Esta táboa presenta unha comparativa do occitano con outraslinguas romances.

latínFrancésItalianoEspañolOccitano (linguadociano)Catalán (Central)GalegoPortuguésRomanés
claveclefchiavellaveclauclauchavechavecheie
noctemnuitnottenochenuèit/nuèchnitnoitenoitenoapte
cantarechantercantarecantarcantarcantarcantarcantarcânta
caprachèvrecapracabracabracabracabracabracapră
lingualanguelingualengualengallengualingualíngualimbă
plateaplacepiazzaplazaplaçaplaçaprazapraçapiaţă
ponspontpontepuentepòntpontpontepontepunte/pod
ecclesiaéglisechiesaiglesiaglèisaesglésiaigrexaigrejabiserică
hospitalishôpitalospedalehospitalespitalhospitalhospitalhospitalspital
caseus (Latín vulgarformaticum)fromageformaggioquesoformatgeformatgequeixoqueijocas;

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraoccitano.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre."Atlas of the world's languages in danger".unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Boyer Henri, & Gardy Philippe (2001) (dir.)Dix siècles d’usages et d’images de l’occitan: des troubadours à l’Internet, coll. Sociolinguistique, París: L’Harmattan
  4. 12345678Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed.Francia, País Cátaro.ISBN 978-84-7584-591-3. 
  5. Bernissan, Fabrice (2012). "Combien l'occitan compte de locuteurs en 2012?".Revue de Linguistique Romane(en French)76: 467–512. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Existe unha versión daWikipedia enLingua occitana

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Iberorrománicas
Galego-portugués
Asturleonés
Castelán
Outras
Occitanorrománicas
Catalán
Occitano
Galorrománicas
Linguas de oïl
Outras
Galoitálicas
Galoitálicas
Outras
Retorrománicas
Italodálmatas
Centrais
Meridionais
Outras
Sardo
Orientais
Romanés
Outras
Norte de África
  • As linguas encursiva son linguas extintas
  • As linguas entre paréntese sonvariedades da lingua da súa esquerda.
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_occitana&oldid=7172920»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp