Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Occitania

Coord.:44°18′N2°53′L / 44.3,2.88
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é sobre a rexión histórica e lingüística, para a rexión administrativa véxase:Occitania
Modelo:Xeografía políticaOccitania
Occitània (oc)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 44°18′N2°53′L / 44.3,2.88
CapitalTolosaEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.922.045Editar o valor en Wikidata (85,42hab./km²)
Lingua usadalingua occitanaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie198.113 km²Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

BNE: XX4799619

Occitania (enoccitanoOccitània) é a área histórica de dominio dalingua occitana. Comprende boa parte do terzo sur doestado francés, oVal de Arán (noPrincipado de Cataluña), osVales Occitanos (dePiemonte, enItalia) eMónaco.

Esta designación non está extenta de polémicas e non é aceptada por todas as persoas por razóns políticas, aducindo a relativa falta de antecedentes históricos como suxeito político único. En cambio, o adxectivooccitan (occitano), como definición identitaria, ten gozado de certa normalidade de emprego en todo o seu ámbito lingüístico e tamén no resto do estado francés.

A inmensa maioría do territorio de Occitania está dividido en varias rexións administrativas francesas (o restante, uns poucos vales, nos estados español e francés). Nos tres Estados en que a lingua occitana é falada, ten graos de oficialidade moi variábeis. A fragmentación administrativa, xunto coa fraca protección legal para a lingua, explican en parte que as organizaciónsnacionalistas occitanas sexan aínda hoxe minoritarios, malia que acuestión occitana estea a arraigar na mentalidade da xente e na sociedade francesa. Exemplo disto son o éxito dasmanifestacións en defensa do occitano enCarcassona (entre 8.000 e 12.000 manifestantes o22 de outubro de2005) eBesiers (reunindo a máis de 20.000 persoas o17 de marzo de2007).

A lingua occitana só está recoñecida como oficial, protexida, ensinada e promovida noVal de Arán. No estado italiano ten o status de lingua protexida e no estado francés tan só goza dunha certa aceptación no sistema educativo, pero carece de recoñecemento legal. Cabe mencionar que, pese á súa precaria posición social, o occitano foi unha das linguas oficiais dosXogos Olímpicos de Turín. Tamén hai un sistema privado de escolarización en lingua occitana, similar ásikastolas vascas, denominadoCalandretas.

A bandeira de Occitania é a dos condes deTolosa: cruz amarela sobre fondo vermello. A cruz occitana aparece nas bandeiras oficiais da cidade deTolosa e das rexións francesas deMediodía-Pireneos; a carón do escudo catalán na da rexión deLanguedoc-Rosellón, así como no escudo do departamento dosHauts Alps (Altos Alpes). Tense implantado con éxito nos vales occitanos dePiemonte e tamén no Val de Arán, onde agora está integrada na bandeira aranesa (que só ostentaba antes achave aranesa).

Historia de Occitania

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Occitania.
Condados de Occitania na data da batalla de Muret.

Occitania, por mor da súa posición xeográfica, tense atopado decote nun cruzamento estratéxico entre toda clase de correntes (esencialmente gregos e latinos, orientais, nórdicos e evidentemente mediterráneos). Herdeira da cultura latina e de certos elementosceltas, chegou a converterse nun dos centros neurálxicos da cultura románica a partir doséculo IX. Foi o occitano unha das linguas que primeiro substituíu o latín en moitos actos, documentos, obras literarias e obras científicas. Así, as primeiras gramáticas anteriores á deNebrija son occitanas (como por exemplo asLeys d'Amors doséculo XIV).

Os séculos XI, XII e XIII foron a época de maior esplendor da cultura e política occitanas. O modelo de occitano escrito, grazas á súa cultura refinada e brillante, sitúase como unha lingua vehicular en toda Europa: culturalmente, grazas aos trobadores, politicamente, a través da elaboración dos Foros dos territorios aragoneses e navarros, sen esquecer obviamente a influencia que exerceu sobre a literatura en lingua catalá grazas aAusiàs March.

Foron aqueles séculos a época de ouro da literatura occitana, co nacemento da literaturatrobadoresca e a súa extensión pola maior parte de Europa Occidental. Politicamente tamén o foi, debido áindependencia de facto e á prosperidade de moitos dos territorios occitanos(véxaseCondado de Tolosa,Condado de Foix,Vicecondado de Carcassona,Ducado de Aquitania eCondado da Provenza). Ora ben, esta época dourada sería truncada axiña, pois a unidade dos territorios occitanos era de feito unha unidade cultural e lingüística, pero non política.

A invasión francesa

[editar |editar a fonte]

Coa escusa de loita contra a herexía cátara, o rei de FranciaFilipe II, aliado co PapaInocencio III, comezou acruzada albixense contra os señoresoccitanos. O exército francés, liderado porSimón de Montfort, atacou e saqueou as principais cidades de Occitania, invadindo así as terras do Conde de TolosaRamón VI de Tolosa. O conde reuniu os seus aliados, entre elesPedro II de Aragón, para loitar contra os franceses. ABatalla de Muret (13 de setembro de1213) significou a fin da idade de ouro da cultura occitana coa morte do rei aragonés por un lado e, sobre todo, pola derrota das tropas occitano-catalano-aragonesas, o que representou a fin da expansión daCoroa de Aragón. Lengadòc pasaba así a ser unha dependencia da coroa francesa. Entre mediados doséculo XIII e comezos doséculo XVII todos os territorios occitanos foron incorporados á coroa francesa.

Provincias tradicionais ou rexións de Occitania

[editar |editar a fonte]
Provincias tradicionais da Occitania
Occitania (oc)

División administrativa

[editar |editar a fonte]

Actualmente, o territorio lingüístico occitano está dividido entre oestado francés (contendo practicamente a totalidade da área occitana),Italia (osVales Occitanos), oestado español (oVal de Arán) eMónaco. O territorio baixo administración francesa está dividido en sete rexións administrativas:

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrexeografía é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Occitania&oldid=6966012»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp