Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Océano Pacífico

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:0°N160°O / 0,-160
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2017.)
Modelo:Xeografía físicaOcéano Pacífico
Imaxe
TipoocéanoEditar o valor en Wikidata
Parte deocéano mundialEditar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTerraEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativamar a fóraEditar o valor en Wikidata
Mapa
 0°N160°O / 0,-160
Comparte fronteira conocéano ÍndicoEditar o valor en Wikidata
Composto por
33
Características
Altitude0 mEditar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 11.034 m
media: 4.280 mEditar o valor en Wikidata
Dimensións19.800 (ancho) km
Punto máis baixoabismo ChallengerEditar o valor en Wikidata  (−11.022 mEditar o valor en Wikidata )
Superficie161.760.000 km²Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico660.000.000 km³Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450845

Oocéano Pacífico é ocorpo de auga maior e máis profundo das divisóns doocéano global terrestre. Esténdese desde oocéano Ártico no norte ata oocéano Austral (ou, segundo a definición, ata aAntártida) no sur e está limitado poloscontinentes deAsia eAustralia no oeste eAmérica no leste. Esténdese uns 15.500  km desde omar de Bering, o norte doÁrtico, ata as marxes xeadas daAntártida (omar de Ross ) no sur, alcanzado a súa máxima amplitude E-O aproximadamente a 5 graos delatitude norte, onde se estende por uns 19.800 km, desdeIndonesia ata a costa deColombia (Colombia e Indonesia son de feito paísesantípodas entre si). O límite occidental do océano sitúase a miúdo noestreito de Malaca. Cunha área de 179,7 millóns de km² esteocéano cobre unha terceira parte da superficie terrestre que corresponde a case a metade da superficie e do volume oceánico.[1] O punto de maior profundidade da superficie terrestre, afoxa das Marianas, está situado no Pacífico.

Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).[2]

O Pacífico contén aproximadamente25 000 illas (máis que todos os demais océanos do mundo xuntos), case todas as cales están situadas ao sur daliña ecuatorial. Cobre unha área de 155 557 000 km².[3]

O océano Pacífico só comunícase coocéano Atlántico a través de catro conexións: os pasos naturais no extremo austral americano, oestreito de Magalláns, ocanal de Beagle e omar de Hoces, así como unha conexión artificial, acanle de Panamá.

O primeiro europeo en ver o océano Pacífico desde a beira americana foi ofidalgo eexplorador españolAndrés Contero da expedición deVasco Núñez de Balboa, quen, tras cruzar oistmo de Panamá, tomou posesión das súas augas en nome dosreis de España o día 25 de setembro de 1513, e outorgoulle o nome demar do Sur.[4]

Uns anos máis tarde, o navegante de orixe portuguesaFernão de Magalhães durante a súacircunnavegación da Terra ao servizo daCoroa de España, deulle o nome dePacífico por atoparse augas tranquilas durante a maior parte da súa viaxe tras cruzar oestreito de Magalláns. Con todo, o Pacífico non sempre fai honra ao seu nome, pois a miúdo os tifones, os furacáns, e a actividade sísmica e volcánica golpean as illas desteocéano e os litorais continentais. No océano Pacífico Sur entre os 176° e 80°lonxitude oeste, e entre os 27° e 60°latitude sur non existenillas ou terra emerxida.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A principios do século XVI, o explorador españolVasco Núñez de Balboa cruzou oIstmo de Panamá en 1513 e avistou o gran «Mar do Sur», ao que chamouMar del Sur. (en castelán). Posteriormente, o nome actual do océano foi acuñado polo explorador portuguésFernão de Magalhães durante acircunnavegación española o mundo de 1521, ao atopar ventos favorables ao chegar ao océano. ChamounoMar Pacífico, nome que permanecería e quedaria para a historia.[5][6]

Delimitación

[editar |editar a fonte]
Praia en San Francisco, situada no Pacífico Norte

Na 3ª edición (1953) deLímites de océanos e mares daOrganización Hidrográfica Internacional, máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, o Pacífico áchase dividido en Pacífico Norte e Pacífico Sur e delimitado da forma seguinte:[7]

Pacífico Norte
Pacífico Sur

Esta definición exclúe todos os mares marxinais que son definidos separadamente pola OHI (como ogolfo de Alasca ou omar do Coral), aínda que estes adoitan considerarse usualmente parte do océano Pacífico.

No ano 2000 a OHI redefiniu o Pacífico, situando entón, o seu límite meridional aoparalelo 60 sur, de forma que as augas ao sur da liña quedan definidas comoocéano Antártico. Esta nova definición non foi aínda ratificada (pois unha reserva foi presentada porAustralia[8]) a pesar diso está en uso pola OHI e outros. Cando sexa adoptada, a definición do 2000 será publicada na 4ª edición deLímites dos océanos e os mares e restaurará o océano Antártico como era orixinalmente definido na segunda edición e posteriormente omitido na terceira edición.

Características

[editar |editar a fonte]

A súa forma circular está delimitada por marxes continentais activas (que corresponde aocirco de fogo do Pacífico) baixo as cales se afunde unhacodia oceánica en rápida expansión.

Descuberto[9] polos europeos no1513 (Vasco Núñez de Balboa) e transposto pola primeira vez en1520 (Fernão de Magalhães), o Pacífico asistiu a un crecemento da súa importancia como vía de ligazón entre algunhas das rexións de maior dinamismo económico da actualidade (Extremo Oriente e costa occidental daAmérica do Norte).

Mares do océano Pacífico

[editar |editar a fonte]
Fotografía do océano Pacífico, tomada desde o espazo pola naveGOES-18 en setembro de 2023.

Os mares máis grandes do Pacífico:[10]

Fondo oceánico

[editar |editar a fonte]
Imaxe do fondo do océano Pacífico. As características máis notables son asfosas situadas no lado occidental e as grandes chairas que se estenden polo lado oriental.

O fondo do océano á conca do Pacífico é relativamente uniforme, cunha profundidade media duns 4270 metros. As irregularidades maiores da área son picos submarinos de pendentes moi pronunciadas e cimas planas, coñecidas en inglés comoseamounts. A parte oeste do chan consiste en arcos montañosos que se alzan sobre o mar como grupos de illas, como asIllas Salomón eNova Zelandia, e fosas profundas, como a dasMarianas, ou deFilipinas, e a deTonga. A maioría das fosas profundas son adxacentes ás marxes exteriores da ampla plataforma continental occidental.

Ao longo do límite leste dacunca Pacífica está a cordilleira Pacífica leste, que é unha parte da cordilleira oceánica central. Cunha anchura duns 3000 km, ten unha altura duns 3 km sobre o chan mariño adxacente.

Debido a que unha área relativamente pequena drena ao Pacífico, e debido ao tamaño inmenso do océano, a maioría dos sedimentos sonautixénicos oupeláxicos na súa orixe. Os sedimentos autixénicos inclúenmontmorillonita efilipsita. En cambio os sedimentos peláxicos derivados da auga do mar inclúen arxilas vermellas peláxicas e restos calcarios de vida mariña. Os sedimentos terríxenos están confinados en marxes estreitas marxinais preto de terra.

Morfoestrutura do fondo oceánico

[editar |editar a fonte]

Flanqueado por cadeas montañosas recentes, con intensa actividade volcánica, o Pacífico está percorrido por un vasto sistema de dorsais. A dorsal Sueste-Pacífica constitúe un prolongamento, a través dadorsal Pacífico-Antártica, das dorsais doocéano Índico (dorsal Antártico-Autraliana). Na súa porción setentrional atinxe as latitudes do litoral mexicano, desaparecendo ao penetrar nogolfo de California. Trátase dunha dorsal en rápida expansión (entre 8,8 e 16,1 cm por ano), sen fosa axial. As zonas de fracturas que a segmentan son numerosas, con desprazamento pronunciado. Esa dorsal emerxe na latitude dailla de Pascua, uníndose ádorsal de Chile, que enlaza coa costa meridional de América, e na latitude dasillas Galápagos, uníndose á dorsal deIllas Cocos ou dasGalápagos. Esas dorsais dividen o Pacífico en tres conxuntos. Os fondos oceánicos situados ao leste da dorsal Sueste-Pacífica pertence a placa litosférica da Antártida (que corresponde á bacía Pacífico-Antártica e á planicie abisal de Bellingshausen), á placa de Nazca (bacías Peruana e Chilena, separadas pola dorsal deNazca) e á placa de Cocos (limitada pola dorsal de Cocos).

Todo o inmenso conxunto de fondos oceánicos situados ao oeste da dorsal sueste-pacífica están sustentados pola placa litosférica Pacífica, que no oeste de América do Norte presenta grandes zonas de fracturas, con relevos monumentais, aliñados por millares de quilómetros ao longo de antigas fallas de transformación. Máis ao oeste, o centro do océano Pacífico é entrecortado por cadeas submarinas e grandes edificios volcánicos, ora emerxendo en forma de illas (Hawai,Marquesas,Marshall,Carolinas), frecuentemente coroadas por formacións coralíneas (atois). As bacías oceanicas que as rodean (Medio-Pacífica, Melanesia, Nordés, Noroeste) teñen unha fina cobertura sedimentaria sobre a codia basáltica. A presenza das fosas oceánicas periféricas, ao longo dosarcos insulares (Aleutas,Kuriles, oXapón,Marianas,Filipinas,Salomón,Tonga,Kermadec) e da costa occidental de América (Chile, oPerú,América Central) explícase por corresponder a zonas de subdución da costa oceánica, en que está mergulla baixo as placas litosféricas Americana, ao leste, e Eurasiática e Indo-Australiana, ao Oeste. Son áreas de intensa actividade sísmica e volcánica, suxeitas á ocorrencia de maremotos.

Características da auga

[editar |editar a fonte]

A conformación das cuncas do Pacífico explica a relativa simplicidade das correntes mariñas que aí inciden. As temperaturas das augas de superficie no Pacífico dispóñense en zonas, aumentando dos polos cara aos trópicos, estas varían desde o punto de conxelación preto dos polos a uns29º Celsius preto doecuador. A circulación superficial das augas do Pacífico é xeralmente no sentido dos punteiros do reloxo nohemisferio norte e no contrario nosur. As correntes norte-ecuatorial e sur-ecuatorial móvense de leste para oeste, determinando a existencia de correntes quentes ao longo das fachadas orientais dos continentes, compensadas por correntes frías que descenden para oecuador ao longo das fachadas occidentais. Nas latitudes medias, as correntes quentes atópanse coas augas frías provenientes das rexións polares. Tal fenómeno é particularmente claro nohemisferio norte occidental, onde acorrente ecuatorial do norte, circula cara ao oeste na latitude de 15º N polosventos alisios, xira cara ao norte preto de Filipinas para converterse na cálidacorrente de Kuroshio, quente, que se encóntra coacorrente de Oyashio, fría, ao longo da costa oriental doXapón formando acorrente do Pacífico Norte. Virando cara ao leste a uns 45º N, a corrente do Pacífico Norte divídese e algunhas augas móvense cara ao norte como acorrente das Aleutianas, mentres que o resto móvense cara ao sur para reunirse co corrente ecuatorial do norte. A corrente das Aleutianas divídese ao aproximarse a Norteamérica e forma a base dun xiro en contra dos punteiros do reloxo nomar de Bering. O seu brazo sur convértese na lenta corrente de California, que flúe para o sur.

Acorrente ecuatorial do sur, que flúe cara ao oeste ao longo do ecuador, xira cara á o sur, ao leste de Nova Guinea, despois vira ao leste a uns 50 graos de latitude sur, e únese á corrente de circulación principal cara ao oeste do Pacífico Sur, que inclúe acorrente circumpolar antártica que dá a volta á Terra. Ao aproximarse á costa de Chile, a corrente ecuatorial do sur divídese; unha rama flúe ao redor do Cabo de Fornos e a outra xira ao norte para formar acorrente de Humboldt.

A calor das augas da zona intertropical permite a proliferación dos corais, que forman illas (atois) ou barreiras (arrecifes) nas beiras continentais.As augas máis ricas en pesca sitúanse nas latitudes temperadas, onde o revolver das correntes garante unha excelente osixenación.

Salinidade das augas

[editar |editar a fonte]

De xeito xeral, a salinidade das augas é pouco elevada, pois os valores máximos xamais superaron 365 por mil. A salinidade tamén varía coa latitude. A auga que se atopa preto do ecuador é menos salina que a das latitudes medias debido á precipitación ecuatorial abundante ao longo do ano. Cara aos polos, a salinidade, o igual que a temperatura, tamén é baixa, xa que existe pouca evaporación de auga do mar nestas áreas.

A cunca do Pacífico

[editar |editar a fonte]

O Pacífico é acunca oceánica máis antiga de todas as existentes. As súas rochas sedimentarias son as máis antigas teñen unha idade aproximada de 200 millóns de anos. As principais características da cunca oceánica están relacionadas coa tectónica de placas e o vulcanismo. Aínda que o fondo oceánico na zona central do Pacífico é moi regular, os denominados "guyots", unhas elevacións submarinas coa cima plana e forma de columna, si constitúen irregularidades destacadas. Na parte occidental do océano Pacífico, emerxenarcos de illas por encima do nivel do mar, con profundos sistemas de fosas nos seus bordos, así como ao longo da costa asiática. A zona oriental do Pacífico caracterízase pola presenza da dorsal do Pacífico oriental, unha parte do sistema de dorsais oceánicas que rodea o planeta. Os depósitos sedimentarios do océano Pacífico compóñense maioritariamente de partículas de orixe local (depósitos organóxenos), por exemplo, os esqueletos de pequenos animais mariños. Só se atopan depósitos minerais de partículas procedentes os continentes circundantes nas zonas costeiras e nas estreitas plataformas continentais.

Países e territorios costeiros

[editar |editar a fonte]
Zonas económicas exclusivas dos países costeiros do Pacífico e do sueste Asiático.
Aprécianse as extensas zonas económicas que proporcionan a EE. UU., Francia, Nova Zelandia e Australia, as aínda numerosas colonias en Oceanía.

Status disputado

[editar |editar a fonte]

Clima

[editar |editar a fonte]
Nubes de treboadacumulonimbus incus sucando un atardecer visto desde aEstación Espacial Internacional

Tan só os interiores das grandes masas deAustralia,Nova Guinea, eNova Zelandia escapan da influencia climática do Pacífico. Na área do Pacífico, existen cinco zonas ou rexións climáticas diferenciadas: as latitudes medias, os trópicos, a rexión do monzón, a dos furacáns, e o ecuador (zona de calma). Os ventos contra-alisios teñen lugar nas latitudes medias, ao norte e ao sur do ecuador, e levan cambios estacionais marcados nas latitudes norte e sur. Máis cerca do ecuador, onde están a maioría das illas, os ventos constantes alisios portan temperaturas relativamente constantes ao longo de todo o ano de 21-27 graos Celsius.

A rexión domonzón está lonxe, no Pacífico oeste, entre o Xapón e Australia. As características desta rexión climática son ventos que sopran desde o interior continental cara ao océano no inverno e na dirección oposta no verán. En consecuencia, ten lugar unha marcada estación de nubes e choiva. Osfuracáns causan a miúdo danos extensos ao oeste e ao suroeste do Pacífico. A maior frecuencia de furacáns dáse nun triángulo que vai do sur do Xapón ata asFilipinas centrais, naMicronesia oriental.

Xeoloxía

[editar |editar a fonte]
Volcán en erupción enPapúa-Nova Guinea. O océano Pacífico é o de maior actividade volcánica do mundo, e son moi coñecidos os seus terremotos nas súas costas. As súas beiras son chamadas oAnel de lume.

A liña deAndesita é a distinción rexional máis significativa do Pacífico. Separa a parte máis profunda, de rochas ígneas básicas, das áreas continentais parcialmente mergulladas de rochas ígneas ácidas das marxes. A liña de andesita segue o límite oeste das illas de California e pasa ao sur das illas Aleutianas, ao longo do límite leste dapenínsula de Kamchatka, asillas Kuriles, Xapón, asMarianas, asSalomón e Nova Zelandia.

A descontinuidade segue cara ao nordeste ao longo do extremo oeste dacordilleira Albatros ao longo deSuramérica cara aMéxico, volvendo ás illas deCalifornia.Indonesia, asFilipinas, Xapón, Nova Guinea, eNova Zelandia son extensións cara ao leste dos bloques continentais deAustralia eAsia e están fóra da liña de Andesita. No círculo pechado da liña de Andesita están a maioría de fosas profundas, montañas volcánicas mergulladas, e illas volcánicas oceánicas que caracterizan acunca Pacífica Central. Aquí é onde as lavasbasálticas flúen lentamente para formar grandes montañas volcánicas en forma de cúpula, as cimas erosionadas das cales forman arcos de illas, cadeas, e arquipélagos. Fóra da liña de Andesita, o vulcanismo é do tipo explosivo, e o chamadoanel de lume do Pacífico que é a zona máis volcánica do planeta.

Masas de terra

[editar |editar a fonte]
Imaxe satelital deOceanía

A masa maior do océano Pacífico é o país deAustralia, situado no continente deOceanía. A uns 3200 km ao sueste atópase o gran grupo de illas deNova Zelandia. Case todas as illas menores do Pacífico están entre os 30ºN e 30ºS, estendéndose do sueste asiático á illa de Pascua; o resto da cunca Pacífica non ten practicamente illas. O gran triángulo daPolinesia, que conectaHawai, ailla de Pascua, eNova Zelandia, inclúe os arquipélagos dasillas Cook,illas Marquesas,illas Samoa,illas da Sociedade,Tokelau,Tonga, eTuamotu. Ao norte do ecuador e ao oeste daliña internacional de cambio de data hai numerosas illas pequenas daMicronesia, incluíndo asillas Carolinas, asillas Marshall e asMarianas.

Historia

[editar |editar a fonte]
Maris Pacifici deOrtelius (1589). Un dos primeiros mapas impresos que mostran o océano Pacífico; ver tamén oUniversalis Cosmographia, o mapa deWaldseemüller (1507[11])

Prehistoria

[editar |editar a fonte]

Nos continentes deAsia,Australia e asAméricas, máis de 25 000 illas, grandes e pequenas, elévanse sobre a superficie do océano Pacífico. Moitas illas eran os cumes de antigosvolcáns activos que permaneceron inactivos durante miles de anos. Cerca doecuador, sen vastas áreas de océano azul, hai un punto deatols que se formaron ao longo do tempo pormontes submarinos como resultado de diminutas illas de coral ensartadas nun anel dentro dos arredores dunhalagoa central.

As primeiras migracións

[editar |editar a fonte]

Migracións humanas importantes teverón lugar no Pacífico en tempos prehistóricos, notablemente naPolinesia desdeTahití ataHawai eNova Zelandia.

Exploración europea

[editar |editar a fonte]

O océano foi por primeira vez divisado por europeos a principios doséculo XVI, primeiro porVasco Núñez de Balboa (1513) quen o chamoumar do Sur porque desde o istmo de Panamá o mar atopábase ao sur. Ao norte estaba oocéano Atlántico ao que tamén se lle chamou "mar do Norte" (ata principios do século XIX). O océano Pacífico foi sucado porFernão de Magalhães, descubridor doestreito que leva o seu nome, e que chegou a Filipinas en 1521, e porJuan Sebastián Elcano que completou a primeiracircunnavegación do mundo en 1522. Ese mesmo ano,Gil González Dávila realizou a primeira expedición polo mar do Sur desdeTerra Firme, alcanzando territoriosnicaraguanos ecostarriquenses, en procura de ouro.

Durante o resto doséculo XVI e principios doXIX, a influencia española foi absoluta. O Pacífico chegou a denominarse o "lago español" por tantas expedicións españolas que o cruzaron e exploraron.Galeóns españois sucaron as augas do Pacífico entre América eFilipinas con escala enGuam nasIllas Marianas durante séculos e diferentes expedicións chegaron ásCarolinas ePalau, que tamén formaron parte daCapitanía xeneral de Filipinas. En 1545 a expedición deIñigo Ortiz de Retez chegou aNova Guinea e bautizouna con ese nome pola semellanza do aspecto dos seus nativos cos deGuinea en África. Unha vez descubertos novos territorios, os esforzos hispanos de cristianización e colonización déronse por primeira vez enGuam seguido polasMarianas,Palau eYap, para intentalo finalmente nasillas Carolinas Orientais.

A ruta española doGaleón de Manila operou durante dous séculos e medio a través do Pacífico, unindo os portos deAcapulco eManila entre 1565 e 1815. En 1568 o naveganteÁlvaro de Mendaña descubriu asIllas Tuvalu e asIllas Salomón, e nunha segunda expedición en 1595 descubriu asillas Marquesas. En 1606, a expedición española deQuirós descubriu asIllas Pitcairn, asNovas Hébridas (hoxeVanuatu) e visitou as Salomón. Quirós desembarcou na illa principal dasNovas Hébridas bautizándoa La Austrialia doEspírito Santo, crendo que chegara áTerra Australis, o continente australiano. Malia atoparse nas Novas Hébridas, o nome Australia acabou substituíndo o de Terra Australis, e perdurou ata os nosos días. Durante oséculo XVII os holandeses, navegando desde Europa polo sur deÁfrica tamén chegaron ao Pacífico Sur, comerciando e descubrindo novos territorios.Abel Janszoon Tasman descubriuTasmania en1642 eNova Zelandia. Noséculo XVIII os rusos exploraron parte de Alasca e asillas Aleutianas. Varias expedicións españolas intentaron reafirmar a soberanía española no extremo norte de Norteamérica o final do século XVIII, tamén alcanzando o Canadá e Alasca. Entre elas, a expedición deJuan Francisco da Bodega y Quadra estableceu un asentamento español enNutka, na illa de Vancouver (orixinalmente Quadra e Vancouver) e chegou ata a illa deKodiak en Alasca. Os franceses á súa vez exploraron a Polinesia, e os británicos nos tres viaxes deJames Cook: ao Pacífico Sur eAustralia,Hawai, e o noroeste americano do Pacífico.

As numerosas chegadas de españois ás illas daMicronesia non supuxo un cambio drástico na cultura e os seus costumes. O que non significa que os habitantes deses lugares se visen dalgún xeito, ameazados e impresionados, polos novos inventos que os españois trouxeron consigo, como eran os enormes barcos, enxeños de guerra ou ata as súas roupas. Ademais diso, a confusión roldaba as súas cabezas debido a que tal como explicaba o cronista oficialAntonio de Pigafetta, estas civilizacións crían ser as únicas que habitaban a Terra.

Oimperialismo doséculo XIX deu como resultado a ocupación do Pacífico polas potencias occidentais. Fixéronse contribucións significativas ao coñecemento oceanográfico nas viaxes doHMS Beagle nos anos 1830, conCharles Darwin a bordo; na doH.M.S. Challenger durante a década de 1870; na doO.S.S. Tuscarora (1873-76); e no alemánGazelle (1874-76). Aínda que os Estados Unidos tomaron asFilipinas en1898, oXapón controlaba o Pacífico oeste en1914, e ocupou moitas outras illas durante asegunda guerra mundial. No final desta guerra, a frota do Pacífico americana era o amo virtual do océano.

Hai dezasete estados independentes no Pacífico:Australia,Fiji, oXapón,Kiribati,Illas Marshall,Estados Federados de Micronesia,Nauru,Nova Zelandia,Palau,Papúa-Nova Guinea,Filipinas,Samoa,Illas Salomón,República da China (Taiwán),Tonga,Tuvalu, eVanuatu. Once destas nacións lograron a súa total independencia a partir dosanos 1960. AsIllas Marianas do Norte autogobérnanse, sendo a política exterior xestionada polos Estados Unidos; asIllas Cook eNiue teñen en relacións similares con Nova Zelandia. Tamén no Pacífico está o estado americano deHawai e diversos territorios e posesións deAustralia,Chile,Colombia,Costa Rica,Ecuador,Francia, oXapón,México,Nova Zelandia, doReino Unido e dosEstados Unidos.

Economía

[editar |editar a fonte]

A explotación da riqueza mineral do Pacífico está temperada polas grandes profundidades oceánicas. En augas pouco profundas lonxe das costas de Australia e Nova Zelandia, extráese petróleo e gas natural e cultívanseperlas nas costas deAustralia, oXapón,Papúa-Nova Guinea,Nicaragua,Panamá e enFilipinas, aínda que cada vez menos. A maior riqueza do Pacífico é apesca. As augas costeiras dos continentes e as illas máis temperadas críanbacallau,salmón,sardiña,peixe espada, eatún.

En1986, as nacións membro doFórum Pacífico Sur declararon a área como zona libre nuclear nun esforzo de parar asprobas nucleares e previr a vertedura deresiduos nucleares.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Pacific Ocean".Britannica Concise. 2006. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc.
  2. Tana Oshima. El mundo .es, ed."Un robot alcanza el punto más profundo del océano"(encastelán). Consultado o 8 de abril do 2017. 
  3. CIA."Océano Pacífico - Geografía - Libro Mundial de Hechos". Consultado o 29 de decembro do 2024. 
  4. "Andrés Contero | Real Academia de la Historia".dbe.rah.es. Consultado o 29 de decembro do 2024. 
  5. Unha ou máis das frases anteriores incorpora texto dunha publicación agora no dominio público : Herbermann, Charles, ed. (1913). " Ferdinand Magallanes ". Enciclopedia Católica . Nova York: Robert Appleton Company.
  6. Evan Andrews (17 de outubro de 2023)."10 Surprising Facts About Magellan's Circumnavigation of the Globe".history.com.A&E Networks. Consultado o 29 de decembro do 2024. 
  7. 7,07,1International Hydrographic Organization (1953)."Limits of Oceans and Seas, 3rd edition"(PDF). Monte Carlo, Monaco: International Hydrographic Organization. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15 de outubro de 2010. Consultado o 12 de xuño de 2010. 
  8. Darby, Andrew (22 de decembro de 2003)."Canberra all at sea over position of Southern Ocean". The Age. Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  9. Aínda que por suposto os europeos non foron os primeiros descubridores dese océano, de feito case todos as illas estaban habitadas, si foron os primeiros en rexistrar as súas exploracións dun xeito perdurable. Oskar Hermann Khristian Spate,El lago español. Casa Asia, 2006, páxina 34.
  10. "The Marginal Seas of the Pacific Ocean". World Atlas. 23 November 2018. Consultado o8 April 2022. 
  11. "Library Acquires Copy of 1507 Waldseemüller World Map - The Library Today (Library of Congress)". 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Océano Pacífico

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Barkley, R. A.,Oceanographic Atlas of the Pacific Ocean (1969)
  • Cameron, I.,Lost Paradise (1987)
  • Couper, A.,Development in the Pacific Islands (1988)
  • Crump, D. J., ed.,Blue Horizons (1980)
  • Gilbert, John,Charting the Vast Pacific (1971)
  • Lower, J. Arthur,Ocean of Destiny: A Concise History of the North Pacific, 1500-1978 (1978)
  • Oliver, D. L.,The Pacific Islands, 3d ed. (1989)
  • Ridgell, R.,Pacific Nations and Territories, 2d ed. (1988)
  • Soule, Gardner,The Greatest Depths (1970)
  • Spate, O. H.,Paradise Found and Lost (1988)
  • Stanley, David, Moon HandbooksSouth Pacific (2004)
  • Terrell, J. E.,Prehistory in the Pacific Islands (1986).
  • Chaflan, H. R.,Pacific Ocean? Where is it? (2003)
  • Rodao, Florentino,Islas del Pacífico: El legado español. Madrid: Lunwerg, 1998, pp. 27-35

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Os cincoocéanos

Atlántico

Ártico

Índico

Pacífico

Antártico
Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Océano_Pacífico&oldid=6980294»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp