O Gran Gatsby é unha novela enlingua inglesa escrita polo estadounidenseF. Scott Fitzgerald, publicada por vez primeira en 1925 co título orixinal deThe Great Gatsby. A trama desenvólvese enNova York eLong Island na década de 1920. O libro foi descrito como o reflexo da era dojazz naliteratura estadounidense. Foi traducido ao galego porLaura Rodríguez Gómez, e publicado en 2002 porIr Indo Edicións.
O narrador é Nick Carraway. A obra comeza cun consello do seu pai, que di que non se debe criticar as demais persoas. Nick presenta a súa curmá Daisy Buchanan, o agresivo esposo desta, Tom Buchanan, e a súa amiga Jordan Baker, coa que comeza unha relación amorosa. Tom leva a Nick a Nova York para presentarlle a súa amante, Myrtle Wilson, que á súa vez está casada con George, un home pasivo que ten un taller mecánico e que non sabe da infidelidade da súa muller.
Mentres que os Buchanan viven en East Egg, unha vila moi de moda por aquel entón, Nick vive en West Egg, menos elitista pero tamén elegante, á outra beira da baía de East Egg. O seu veciño é Jay Gatsby, un home rico e misterioso que ten unha mansión enorme e que adoita pasar as tardes mirando unha luz verde ao outro lado da baía desde o seu xardín. Gatsby organiza grandes festas os sábados pola noite, ás que acode unha gran multitude. Gatsby convida a Tom a unha desas festas, e nela a xente rumorea sobre como Gatsby chegou a ser tan rico. Aos poucos, os dous veciños comezan a ser amigos. Gatsby cóntalle que é orfo e que herdou unha fortuna, e que estivo no exército naprimeira guerra mundial e estudou naUniversidade de Oxford. Porén, Nick descobre o verdadeiro pasado de Gatsby: procede dunha familia moi pobre, e que o que aprendeu da vida foi grazas a Dan Cody, un home rico e vello. Finalmente sábese que Gatsby é uncontrabandista de alcohol durante a época daLei seca dos Estados Unidos.
Gatsby preséntalle ao seu socio, Meyer Wolfshiem. Despois confésalle, a través de Jordan, que tivera unha relación con Daisy antes da guerra e antes de que casase con Tom. Gatsby quere volver estar con Daisy, e intenta conseguilo a través de Nick. Este organiza unha cita e Daisy e Gatsby volven ter unha relación. En Nova York Tom e Gatsby discuten sobre quen pode estar con Daisy. Ao pouco, o coche de Gatsby conducido por Daisy atropela e mata a Myrtle, a amante de Tom. Gatsby dille a Nick que el asumirá a culpa. Tom condena a Gatsby, dicíndolle a George Wilson onde pode atopar o home que matou a súa esposa. George Wilson pégalle un tiro a Gatsby e despoissuicídase.
Daisy e Tom deixan a súa relación. Nick, farto de todo, rompe con Jordan dun xeito algo brusco. El é o único que pode manexar os asuntos de Gatsby e organizar o funeral, ao cal non foi ningunha das persoas que asistían ás festas agás un home peculiar. Nick coñece entón o pai de Gatsby. Finalmente, no xardín de Gatsby, mirando a luz verde, Nick conclúe que a nostalxia, o desexo de replicar o pasado, é o que nos leva a el constantemente.
- Nicholas "Nick" Carraway: O narrador da novela, enprimeira persoa. Orixinario do Medio Oeste, veterano daprimeira guerra mundial e graduado naUniversidade Yale. Ao comezo da historia, con 29 anos, chega ao West Egg. Ocasionalmente sarcástico, optimista e tolerante.
- Jay Gatsby (nado como James Gatz). Un rapaz millonario orixinario deDakota do Norte, misterioso, metido en negocios de contrabando de ron durante aLei seca. Está obsesionado con Daisy Buchanan, á que coñeceu como oficial durante a primeira guerra mundial. O personaxe baséase en Cedric Max Gerlach. Estudou un tempo no Trinity College de Oxford logo de combater en Europa. Refírese a Nick como "camarada".
- Daisy Buchanan (Daisy Fay). Rapaza atractiva, identificada a si mesma como unhaflapper. Curmá segunda de Nick e muller de Tom Buchanan, relacionada con Gatsby antes de coñecer o seu home. O personaxe está lixeiramente baseado en Ginevra King, unha moza de Fitzgerald durante a súa mocidade.
A novela non foi unbest-séller, se ben logrou vender preto de 24.000 exemplares antes da morte do autor. Durante aGran Depresión e asegunda guerra mundial caeu no esquecemento, se ben foi reeditado na década de 1950, con grande éxito de público, ao ser estudado no ensino secundario e universitario. Parte da crítica considéraa non só a mellor novela de Fitzgerald, senón unha das novelas máis importantes da literatura norteamericana do século XX.
Foi traducida a numerosos idiomas. A tradución ao galego deLaura Rodríguez Gómez foi publicada porIr Indo Edicións. Amais, fixéronse cinco adaptacións cinematográficas:
- The Great Gatsby (Herbert Brenon, 1926), película muda da que non se conservan copias, agás escenas soltas.
- The Great Gatsby (Elliott Nugent, 1949), protagonizada porAlan Ladd eBetty Field.
- The Great Gatsby (Jack Clayton, 1974), protagonizada porRobert Redford eMia Farrow.
- The Great Gatsby (Robert Markowitz, 2000), protagonizada porToby Stephens eMira Sorvino.
- The Great Gatsby (Baz Luhrmann, 2013), protagonizada porLeonardo DiCaprio eCarey Mulligan.