O Espinar[1] (en castelán,El Espinar) é un municipio daprovincia de Segovia,Castela e León, pertencente ácomarca de Segovia cunha poboación de 9.217 habitantes segundo os datos dopadrón correspondentes ao ano2008. A extensión do municipio é de 205,10 km² polo que a densidade de poboación é de 44,93 hab./km².
Situada ao pé daSerra de Guadarrama e atravesada pola estrada nacionalN-VI e a autoestradaAP-6 que unenMadrid conA Coruña a vila del Espinar ocupa a transición entre a serra e a meseta castelá. No seu territorio xurdiron outros dous núcleos urbanos que conforman, xunto co orixinario, o actual concello do Espinar, estes son: La Estación e San Rafael, no seu termo está a urbanización deLos Ángeles de San Rafael. O Espinar é coñecido comoa porta de Castela e León.
O xentilicio xenérico é o deespinariegos e o apelativo «ahumao» ou «bolluyo», aínda que o feito de que o municipio estea formado por varios núcleos de poboación fai que algún destes teña o seu propio, como é o caso de San Rafael, cuxo xentilicio ésanrafaeleños e o apelativo de «fondilleros».