Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

O Ciprianillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ciprianillo
Título orixinalLivro de São Cipriano e Libro de San Cipriano
Lingualingua castelá elingua portuguesa
Xénero(s)grimório
editar datos en Wikidata ]
   El Libro Magno
de
San Cipriano
TESORO DEL HECHICERO
≈≈≈≈≈≈≈≈
LEIPZIG
Centro Editorial Políglota

O Ciprianillo é o nome dunlibro máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que osmouros agocharon en covas, castelos oucastros. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar odemo, combater omal de ollo, adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.

Non se pode falar, realmente, dunLibro de San Cibrán senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter deauténtico, overdadeiro, oúnico, sen base ningunha que xustifique tal mérito.

Historia

[editar |editar a fonte]

Xosé María Álvarez Blázquez,Vicente Risco e outros autores investigaron sobre o posible autor e data orixinal de publicación, sen chegaren a ningunha conclusión definitiva. Parece haber certo consenso en situar o nacemento do libro ó redor dos séculosXVI eXVII, se ben Bernardo Barreiro asegura que "debe ser cousa do presente século XIX ou pouco anterior en anos", ó non detectar ningunha mención ó libro nos autos de fe que consultou, relativos áInquisición en Galicia durante os séculos XVI e XVII, sendo lóxico que, de existir naquelas datas, sería un obxectivo prioritario para os inquisidores. En realidade, o propio Bernardo Barreiro cita algúns casos de presuntos bruxos posuidores de libros de maxia, coma o caso seguido contra o frade franciscano Juan de la Vega en1602 acusado de pauto co demo porque unha testemuña asegurara que o frade posuía un libro, procedente dun convento deOurense, co cal podía facer que aparecesen ante si os demos; ou o de Juan Gómez, doTameirón (A Gudiña), xulgado tamén en 1602, que tiña un libro de astroloxía ou maxia; ou o do catedrático irlandés Patricio Sinot, xulgado en Santiago en1622 porque en certa ocasiónsacó un libro que hablaba de los 'sinos'. Non consta en ningún dos procesos ningunha indicación que permita relacionar tales libro coCiprianillo e, no terceiro caso, o enxuizado asegurou que os únicos libros que tiña eran de medicina e astroloxía (iso si, eran de autores xudeus).

Álvarez Blázquez afirma que xa no século XVII circulaba en Galicia un libro de esconxuros atribuído aSan Cibrán, do que pode derivar o nome deCiprianillo, que sería unha tradución do francés. Risco cre que se publicaría xa entrado oXVIII.

Un meigo consultando un grimorio.

TaménAntón Fraguas estudou a historia do libro, e cita os seguintes títulos cos que se publicou, en España e noutros países:Libro de San Cipriano,Libro magno de San Cipriano. Tesoro del hechicero ouGrande livro de San Cipriano, ou o tesouro do feiticeiro (este en portugués). Fala tamén doutras edicións enLeipzig,Madrid ou anónimas (sen data nin lugar de impresión[1]) e suxire que as diferenzas observadas entre as diferentes edicións (a lista de lugares onde se atopan os tesouros é moi variable e mesmo falta nalgunhas edicións) pode explicarse por tratarse de diferentes autores.

NaEnciclopedia Galega Universal afírmase que a primeira edición podería ser a de Leipzig, redactado no XVI ou XVII, e que o libro foi condenado polaInquisición e agochado baixo cadeas enSantiago de Compostela.[2] O libro estaría composto por dúas partes: a primeira, coa relación dos tesouros existentes en Galicia, e a segunda formada por remedios para curar enfermidades e agoiros para axotar o mal. Aquela primeira parte suponse que sería de autoría galega, porque a toponimia empregada e a tradición que recolle reflicte un coñecemento dofolclore galego. A segunda parte sería unha tradución de textos máxicos publicados en Francia no XVIII, como oGrand Grimoire avec la Clavicule de Salomón et la Magie Noire ou oForces Infernales du Grand Agrippa.

A primeira publicación coñecida enGalicia débese aBernardo Barreiro (1850-1904), que publicouBrujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano (A Coruña, 1885[3]), reeditado en Madrid en 1973 porAkal[4]. A intención de Bernardo Barreiro ó publicar este libro máxico non foi outra que a de desprestixialo e contribuír a desterrar a crenza popular no seu valor máxico e misterioso. Así queda explicado polo propio autor noscomentarios que preceden ó propio libro:[5]

"En tanto que as autoridades non estean do noso lado, hemos de procurar por algún medio, quizais o máis acertado e o máis sinxelo, dar o golpe de morte a estes necios pero insistentes e porfiados soños do vulgo. Despexada do misterio e do aparello e do sixilo, toda crenza perece. Á luz do claro día foxen e non intimidan as pantasmas. Publicado, vulgarizado, regalado de balde o grande e inestimable 'Libro de San Cibrán', cuxas copias ocultas tanto diñeiro e traballo costa adquirir, acabará a súa historia coa deshonra nestas páxinas, que tratan de bruxos e de embusteiros".

A primeira edición en galego fíxoa Álvarez Blázquez na colecciónO Moucho, en1974. No prólogo sostén a tese de que o libro fora escrito en Santiago a finais do XVIII ou principios do XIX, atendendo a referencias a feitos históricos datados nese período, posiblemente por un afrancesado que buscaba escribir un texto humorístico baseado nas supersticións da época.

San Cibrán de Antioquía

[editar |editar a fonte]
San Cibrán e santa Xustina.

As raíces doCiprianillo remóntanse ós primeiros séculos da nosa era, cando entraron en España, e en Galicia, algúns cultos relacionados con Oriente. Cóntase que sanCibrán de Antioquía[6] foi consagrado ó demo polos seus pais, nada máis nacer, e creceu practicando a maxia negra. De mozo, namorouse da santaXustina e quixo conquistala coa axuda do demo, pero este non foi quen de gañala porque Xustina se defendera facendo o sinal da cruz. Asombrado da forza da cruz, Cibrán rompeu o pauto co demo de fíxose cristianizar polo bispo de Antioquía, dedicando o resto da súa vida a predicar a fe cristiá, ata ser martirizado e decapitado xunto con Xustina. Non obstante, a lenda conta que, trala súa conversión, recolleu nun libro todo o que aprendera do demo. Este libro sería a fonte do actualCiprianillo.

Imaxe de santa Comba en Bértola.

Como san Cibrán, taménsanta Comba foi meiga antes de ser bautizada, e por tal razón son considerados bos esconxuradores e invocados para curar diversas enfermidades estrañas. Na capela de San Cibrán deTomeza (Pontevedra) e a igrexa deSanta Comba de Bértola (Vilaboa), celébranse rituais máxicos para protexerse do mal de ollo. O refraneiro di que "O que vai a Santa Comba e non vai a San Cibrán, fai a viaxe en van".Mariño Ferro recolleu varios ensalmos contra o mal de ollo que remataban rezando tresnosopais a san Cibrán e tres salves a santa Comba.

Na publicación de Berbardo Barreiro dise o seguinte sobre a posible autoría:

"O estilo en que está escrito o chamado libro de San Cibrán non é moi moderno, sinxelo e de pluma vulgar e indouta, pero de innegables talentos para este xénero de literatura popular: Nas oracións e no método descóbrese ben a man dun crego, acostumado sen dúbida a escribir novenas, cuxo uso é tamén recentísimo. O autor, en fin, toma un pseudónimo de rabino femia: chámase Beniciana Kabina, e noutro exemplar manuscrito antepón o nome de Antonio. Un larapeteiro consumado que puido facerse rico baixo este anónimo".

Ostesouros dos mouros

[editar |editar a fonte]

Conta a lenda que cando osmouros foron expulsados poloscristiáns,[7] agocharon tódolos seus tesouros baixo terra, pero deixando nota do lugar exacto para recuperalos cando regresaran algún día ás súas terras. Estas localizacións, imprecisas en calquera caso, foron recollidas e publicadas noCiprianillo e, segundo Bernardo Barreiro, parece ser que foron seguidas por moita xente que perdeu todo o seu capital, e mesmo a razón, nunha busca infrutuosa. Estesbuscadores de tesouros recibían o alcume deciprianillos ouciprianistas.

Dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo), restos dunhamámoa espoliada.

Pero tamén puido ser a base da apertura e destrución demámoas e castros, como a realizada sistematicamente no século XVII polo LicenciadoPedro Vázquez de Orxás, baixo a licenza concedida pola Coroa española, claro exemplo da crenza popular de que agochaban grandes tesouros. Vázquez de Orxás foi un crego que en 1609 conseguiu do reiFilipe III unha Real Cédula que o autorizaba a abrir tódalas mámoas da zona deCaldas de Reis aPadrón e quedar co ouro que atopase, sempre que non fose en sagrado e entregando ó Rei parte do tesouro atopado. Non se sabe o que el escavou pero si que, seis meses despois, denunciou ante a xustiza que outras mans levaban abertas unhas 300 a 400 mámoas en terras de Lugo sen que ninguén controlase o que se sacaba delas[8]. Séculos despois continuaba a acción destrutiva destes buscadores de tesouros nos castros, castelos e cantas ruínas históricas puidesen agochar, presuntamente, algo de valor:Carré Aldao escribiu na súaGeografía del Reino de Galicia que nun castro deChaián (Trazo) "se han encontrado por unos ciprianillos, en el año 1883, veinticuatro molinos de mano y siete hornos, y dentro de una galería romana veinticuatro picas de bronce, armas y herramientas".

NoCiprianillo cóntase como foi que Vitor Siderol, un labrego preguiceiro que vivía cerca de París, vendeu ó demo a súa alma e a dos fillos que tivese, a cambio de coñecer o futuro e dispoñer da riqueza suficiente para vivir sen traballar. O demo manifestoulle unha relación de 174 lugares en Galicia onde podía atopar ouro, prata e moedas dos romanos e dos mouros, pero demorou revelarlle o ensalmo necesario para poder acceder a estes tesouros ata o momento no que chegase aló, así que o labrego colleu camiño cara Santiago, acompañando ós peregrinos franceses, ata chegar óval da Limia. E enAbavides (Trasmiras), o demo permitiulle entrar nunha cova chea de moedas de ouro, das que colleu un caixón ben acugulado e así, xa rico, comprou casa e casou enDamil (Xinzo de Limia). Finalmente, a muller levouno a un crego para que desencantase ó home e puideron vivir felices cos seus fillos ata morrer centenarios.

A modo de exemplo, algúns dos tesouros agochados en terras galegas que se poden atopar grazas ás instrucións doCiprianillo, serían os seguintes:

  • Nas encrucillada de Lobios, a trinta e dous pasos ó nacente, baixo un regato de pouca corrente, quedou unha pía de pedra cunha gran cantidade de ouro.
  • En Lagoares, baixo a ponte entre os pasais de pedra, hai un tinteiro de prata macizo.
  • No outeiro de Fraga atoparás un xugo de bois feito de ouro e adornado con alfaias.
  • No Pico da Portela, nun foxo estreito, 243marabedís de ouro labrados en Toledo.

E así ata 174 tesouros diferentes esperando ser recuperados.

Curros Enríquez.

En 2006,Calros Solla publicou unha recompilación das 17 referencias doCiprianillo noConcello de Cerdedo, aumentada con achegas propias recollidas na tradición oral.

Curros Enríquez denunciou nun poema comprendido no libroAires da miña terra e titulado precisamente "O Ciprianillo" as desventuras dun galego arquetípico, Xan de Deza, que vendeu casa e terras para reunir o diñeiro necesario para mercar o libro sen que logo puidese atopar nada de valor e quedar a andar polas portas, e reclamaba da igrexa e do goberno que o prohibisen inmediatamente:


Conta, conta, Xan de Deza,
Cómo foy o te ir quedando
Tan esquío,
O perder tanta riqueza,
Adiquirida sudando
Fío á fio.
Cóntame, Xan, qué che pasa
Pra, despois d' haber mercado
Casa e hortas,
Vender hortas, vender casa
Y-andar oxe atravesado
Pol-as portas?
Hay quen dí que non sey cándo,
Non sey quén falóuche á orella
¡Cousa estrana!
D'un libro de contrabando,
Escrito n'a fala vella
Castellana.
Entre as follas, revesgadas
Dése libro, dánse señas
De tesouros
E riquezas enterradas
Pe d'os rios e d'as brañas,
Pol-os mouros.
Quen as busque, tras de lél-o,
Moedas topa conservadas
D'os reis d'antes,
Pentes d'ouro pr'o cabelo
Y-arcas fondas, cuguladas
De diamantes.
Ó saberes tal notiza,
Maxinache d'o praneta

Seres dono,
E roido d'a cubiza
Dende enton nin paz compreta
Tés, nin sono.
Pra c'o libro te fagueres,
Travallache cal ferido
D'unha espora;
Fuche rico antes de o léres;
Mais agora que o tés lido,
¿Que és, agora?.....
¡Probe Xan, que desengano!
Cantas terras rexistrache
C'os teus ollos,
Rexistráchel-as en vano:
¡O tesouro que topache
Foy de piollos!
Non a tí; d'o que che pasa
Culpo ó fisco, ó ruin goberno,
Xan de Deza;
Ése lobo que t'arrasa,
Que te fay meter n'o inferno
De cabeza.
Mais os fados teus adversos
Outros foran, sí o mitrado,
Por seu brillo,
Como condena os meus versos,
Condenara o condanado
Ciprianillo.
Olla, Xan: pra esas tristuras
Que t'afogan, pra eses doores,
Hay recetas.
D'os magos deixa as leuturas;

Lee os gallegos escritores
E poetas.
Non máis soñes, bon labrego,
Non máis soñes montes d'ouro
Nin moreas.
Teu millor libro é o gallego,
Teu gran tesouro o tesouro
D'as ideas.
Cando consultes Murguía,
Paz, Pondal, Añon e Lamas,
E n'o bico
As canciós de Rosalía
Teñas sempre, que tanto amas,
¡Serás rico!
Serás rico, Xan de Deza,
Mal que pese á gorxa rouca
D'algun frade;
Que n'o mundo a mor riqueza
E' a virtude c'unha pouca
Libertade.
Si eses nomes soletreas,
Recobrar podrás d'un tombo
Casas y-hortas,
E de pan tuas tullas cheas,
Non irás c'un fol ó lombo
Pol-as portas.
Eses nomes tén virtude:
Son estrelas de fagueiro
Doce brillo,
Que dan bés e dan saúde:
¡Son a Pátria O verdadeiro
Ciprianillo.

Outros ensalmos e feitizos

[editar |editar a fonte]

Pero, como xa se dixo, as diferentes versións doCiprianillo conteñen tamén numerosos ensalmos, receitas e feitizos para alcanzar os poderes máxicos máis diversos.

Conta Risco que mesmo os frades doMosteiro de Samos recorreron ós poderes máxicos que proporcionaba oCiprianillo. Segundo unha lenda, foi o propio demo quen carrexaba polas noites toda a pedra que necesitaron para construír o mosteiro.[9]

Segundo relata o libro, se un mozo quere gañar o amor dunha moza, debe ir cortar ás doce en punto danoite de San Xoán unha póla deacivro e logo levala ó mar a pasala baixo trece ondas mentres reza un credo de cada vez. Deste xeito, con estepau de aciviño, conseguirá namorar a moza que desexe con só tocala co pau.

Tamén explica, por exemplo, como e cando cortar unha vara deabeleira para obter a clamadavara fulminante, coa que se podía invocar os tronantes e conseguir que chovese nun sitio ou nun momento determinado ou, pola contra, axotar as treboadas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Este libro, tituladoLibro de San Cipriano. Libro completo de verdadera magia, o sea tesoro del hechicero, está asinado por un talJonás Sufurino que, na introdución, asegura editalo nomosteiro de Broken o ano 1001.
  2. Bernardo Barreiro describía así esta lenda: "Na gran biblioteca da Universidade de Santiago, na sección reservada e nun estante apartado, suxeito con dúas grosas cadeas, e resgardado por unha reixa de ferro, está un exemplar deste famoso libro dos tesouros... Pero o certo é que o libro, falso ou verdadeiro, tampouco está, como conta o vulgo, na biblioteca compostelá, nin atado nin solto. O vulgo todavía é tan necio como quen está encargado de ensinarlle" (Bernardo Barreiro:Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, ed. Maxtor 2012 (edición facsilimar da publicada na Coruña en 1885), px. 122-123; tradución do orixinal, en castelán).
  3. Couceiro Freijomil cita unha edición en Santiago en 1885 e outra, posterior, na Coruña, sen data. Clodio González nega a existencia desa edición de Santiago e confirma que a da Coruña si que está datada, en 1885.
  4. Aeditorial Toxosoutos publicouno en galego en novembro de 2008, nunha edición ó coidado de Clodio González Pérez, que prologa o libro. Clodio González afirma que o autor "non escolleu unha versión completa e boa, de seguro por non ter coñecemento doutra ou por non haber quen lla deixase, xa que non dá nin un resumo da relación dos tesouros de Galicia, que figura en varias edicións" (px. 10).
  5. Bernardo Barreiro:Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, ed. Maxtor 2012 (edición facsilimar da publicada na Coruña en 1885), px. 125 (tradución do orixinal, en castelán).
  6. Non confundir con sanCibrán de Cartago, bispo de Cartago e alcumado oPapa Negro, aínda que a biografía de ámbolos dous sexa semellante.
  7. Cómpre lembrar que estesmouros non se deben identificar cos musulmáns expulsados por cristiáns, senón que se trata de pobos prerromanos. O historiadorCarlos Alonso del Real ("La raíces de Galicia", enGrial 24, 1969, 163-172) escribiu o seguinte: "El pueblo suele atribuir las cosas antiguas a 'os mouros', más raramente a los romanos o al demonio, a veces a unos genéricos 'antigos' pero en general, aquí como en casi toda la península excepto la parte norte de Euzkadi, el 'moro' ha venido a ser el poblador por esencia del paisaje mítico y el autor de todos los monumentos antiguos. Si pensamos que los buscadores de metal de la primera Edad del bronce que hicieron los monumentos megalíticos y los petroglifos más antiguos, serían pequeños, morenos y hablarían algo así como bereber, venían del Sur (desde Almería y Huelva) armados con puñales de Almería etc., no parece tan equivocado considerarlos 'moros'. Si pensamos que los indígenas submegalíticos, que copiaban mejor o peor aquello, pertenecían al tipo del 'eterno campesino' (que también tenía afinidades mediterráneas y quizá hablase una lengua euroafricana o camiteña), tampoco es ninguna barbaridad seguir pensando en 'moros'. Si los identificamos con los moros históricos de la Reconquista o con los mercenarios de la guerra civil, claro que nos equivocamos. Pero el fondo racial y lingüístico, más o menos, sería sustancialmente 'moro'".
  8. MARTÍNEZ SALAZAR, Andrés: "Sobre apertura de mámoas á principios del siglo XVII", noBoletín de la Real Academia Gallega 1909-1910.
  9. "O demo en Gatín", artigo deAntonio Reigosa na webGalicia encantada.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Historia mítica de Galicia
Deuses
Reis e heroes
Estatua de Breogán, de Xosé Cid, preto da torre de Hércules.
Razas míticas
Personaxes lendarios
Personaxes
aparentemente humanos
Animais
Alicorno · Balea xigante de San Cibrao · Basilisco · Becerra con cans · Biosbardo · Boi Bruón · Boi de Sandomedio · Boi Louro · Bois de Gures · Boi Vidal · Butre · Cabalo da fiaña · Cabalo da luz · Cabalo do pensamento · Cabalo do vento · Cabalo pantasma · Cabra con pernas de muller · Cabra do aire · Cabra que fala · Cacharreira · Cadela peregrina · Can branco · Cancérbero · Can doente · Caranguexo coa pinza de ouro · Carbunco · Chasco · Cobra con ás · Cobra de sete cabezas · Coca · Cozocha · Cozorello · Dragón · Formigas de Belén · Galiña dos pitos de ouro · Galiña dos ovos de ouro · Galo negro · Gata branca · Gatipedro · Gran besta · Home lagarto · Home vaca · Loberno · Lobo branco · Malvís · Monstro da lagoa · Paxaro do demo · Pega negra · Princesa ra · Princesiña troita · Príncipe carneiro · Raposa do aire · Saavedra · Serpe do bosque de Cons · Serpe mariña · Serpe negra · Serpe xigante do Castelo · Urco · Vákner · Zarrouco
Seres relacionados
coa morte
Lugares
Eventos
Fontes
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Ciprianillo&oldid=6977973»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp