Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

OTAN

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:50°52′46″N4°25′34″L / 50.87931,4.42611
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaOTAN
Imaxe
(2021)

Lema«Animus in consulendo liber(pt)Traducir»Editar o valor en Wikidata
EpónimoTratado do Atlântico Norte(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 50°52′46″N4°25′34″L / 50.87931,4.42611
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesaEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorPaul-Henri Spaak,Lester Bowles Pearson,Gustav Rasmussen(pt)Traducir,Robert Schuman,Bjarni Benediktsson,Carlo Sforza,Joseph Bech,Dirk Stikker,Halvard Lange,José Caeiro da Mata,Ernest Bevin eDean Gooderham Acheson(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Creación4 de abril de 1949Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivel.natoEditar o valor en Wikidata

Sitio webnato.intEditar o valor en Wikidata
Facebook: NATOTwitter: NATOInstagram: natoLinkedIn: natoYoutube: UCHlEaKbepQ_S9iIoZPKVQewFlickr: 53299569@N03BNE: XX93263Editar o valor en Wikidata

AOrganización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (eninglésNorth Atlantic Treaty Organization,NATO e enfrancésOrganisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominadaAlianza do Atlántico,Alianza do Atlántico Norte ouAlianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o4 de abril de1949 da que forman parte países deEuropa eAmérica. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas deEuropa do leste, que se agruparon no chamadoPacto de Varsovia, e tras acaída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.España que xa era membro da OTAN dende1982 confirmou a súa permaneza no referendo do1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.

Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.

O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.

Historia

[editar |editar a fonte]

Otratado de Dunkerque foi asinado o 4 de marzo de 1947 porFrancia e oReino Unido durante aposguerra da segunda guerra mundial e tras oinicio da guerra fría, como unTratado de Alianza e Asistencia Mutua no caso de posibles ataques por parte deAlemaña ou daUnión Soviética. En marzo de 1948, esta alianza foi ampliada noTratado de Bruxelas para incluír os países doBenelux, formando a Organización do Tratado de Bruxelas, comunmente coñecida comoWestern Union (Unión Occidental).[1] As conversacións para unha alianza militar máis ampla, que podería incluírAmérica do Norte, tamén comezaron ese mes nosEstados Unidos, onde a súa política exterior baixo aDoutrina Truman promoveu a solidariedade internacional contra as accións que consideraban como agresións comunistas, como ogolpe de estado de febreiro de 1948 en Checoslovaquia. Estas conversacións resultaron na sinatura doTratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949 polos estados membros da Unión Occidental máis os Estados Unidos, Canadá, Portugal, Italia, Noruega, Dinamarca e Islandia.[2] O apoio popular ao Tratado non foi unánime, e así en Islandia producíronse disturbios en marzo de 1949. O diplomático canadenseLester B. Pearson foi un autor clave e redactor do tratado.[3][4][5]

Unha longa sala rectangular con varias filas de individuos sentados a cada lado, e bandeiras colgadas no extremo.
Alemaña Occidental uniuse á OTAN en 1955, o que levou á formación do rivalPacto de Varsovia durante aguerra fría.

O Tratado do Atlántico Norte estivo en gran parte latente ata aGuerra de Corea (1950-1954) feito que dou iniciou o establecemento da OTAN para implementala cunha estrutura militar integrada. Isto incluíu a formación doCuartel Xeral das Potencias Aliadas de Europa (Supreme Headquarters Allied Powers Europe, SHAPE) en 1951, que adoptou moitas das estruturas e plans militares da Western Union.,[6] incluíndo os seus acordossobre a estandarización de equipos esobre o estacionamento de forzas militares estranxeiras nos países europeos. En 1952 estableceuse o cargo deSecretario Xeral da OTAN cargo que ocuparia o xeneral británicoHastings Lionel Ismay (1952-1957) como xefe civil da organización. Ese ano tamén levouse a cabo o primeiro gran exercicio militar da OTAN, oExercicio Mainbrace, e a adhesión deGrecia eTurquía á organización.[7][8] Tras asConferencias de Londres e París, permitiuse áAlemaña Occidental rearmarse militarmente, e a ingresar na OTAN en maio de 1955, o que foi, á súa vez, un factor importante na creación doPacto de Varsovia, dominado polos soviéticos, que delimitou os dous bandos enfrontados daguerra fría.[9]

A construción doMuro de Berlín en 1961 marcou un momento álxido nas tensións da guerra fría, cando 400.000 soldados estadounidenses destinados en Europa.[10] As dúbidas sobre a solidez da relación entre os estados europeos e os Estados Unidos con altibaixos, xunto coas dúbidas sobre a credibilidade da defensa da OTAN fronte a unha posible invasiónsoviética, levaron ao desenvolvemento dearmas nucleares por parte de Francia e á retirada desta da estrutura militar da OTAN en 1966.[11][12] En 1982, a España recentemente democrática incorporouse á alianza.[13]

Asrevolucións de 1989 en Europa conduciron a unha reevaluación estratéxica do propósito, da natureza, das tarefas e do enfoque da OTAN no continente. En outubro de 1990, aAlemaña do Lestepasou a formar parte da República Federal de Alemaña e polo tanto tamén da alianza. En novembro de 1990, a alianza asinou en París coa Unión Soviética oTratado das Forzas Armadas Convencionais en Europa (CFE). O tratado obrigaba reducións militares específicas en todo o continente, que continuaron tras o colapso doPacto de Varsovia en febreiro de 1991 e adisolución da Unión Soviética en decembro, que eliminou aos principais adversariosde facto da OTAN.[14] Isto deu paso a unha redución do gasto e do equipamento militar en Europa. O tratado CFE permitiu aos asinantes retirar 52.000 pezas de armamento convencional nos seguintes dezaseis anos,[15] e permitiu que o gasto militar dos membros europeos da OTAN diminuíse nun 28 por cento entre 1990 e 2015.[16] En 1990 varios líderes occidentais deron garantías aMikhail Gorbachev de que a OTAN non se expandiría máis ao leste, como revelaron os memorandos de conversacións privadas.[17][18][19][20] Con todo, o texto final dotratado sobre o acordo final con respecto a Alemaña, asinado ese mesmo ano, non facía ningunha mención á cuestión da expansión cara ao leste.

Dúas seccións altas de formigón do muro nun xardin con céspede diante dun edificio curvo con fiestras de cristal azul.
ACaída do muro de Berlín en 1989 marcou un punto de inflexión no papel da OTAN en Europa, e esta sección do muro está agora exposta fóra da sede da OTAN.

Na década de 1990, a organización estendeu as súas actividades a situacións políticas e humanitarias que antes non eran preocupacións da OTAN.[21] Durante adisolución de Iugoslavia, a organización realizou as súas primeirasintervencións militares enBosnia de 1992 a 1995 e máis tarde no 1999 nobombardeo de Iugoslavia.[22] Estes conflitos motivaron unha importante reestruturación militar posterior á guerra fría. A estrutura militar da OTAN foi recortada e reorganizada, con novas forzas, como oCorpo de Reacción Rápida do Cuartel Xeral do Comando Aliado en Europa.

Politicamente, a organización buscou mellores relacións cos novos estados autónomos daEuropa Central e Oriental, e creáronse foros diplomáticos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños durante este período de posguerra fría, incluíndo aAsociación para a Paz e a iniciativaDiálogo Mediterráneo en 1994, oConsello de Asociación Euroatlántica en 1997 e oConsello Conxunto Permanente OTAN-Rusia en 1998. Nocume de Washington de 1999,Hungría,Polonia e aRepública Checa adheríronse oficialmente á OTAN, e a organización tamén publicou novas directrices para a adhesión, cun sistema individualizado para a "ampliación da OTAN". Estes plans regularon a incorporación de novos membros da alianza:Bulgaria,Estonia,Letonia,Lituania,Romanía,Eslovaquia eEslovenia en 2004,Albania eCroacia en 2009,Montenegro en 2017 eMacedonia do Norte en 2020.[23] A elección do presidente francésNicolas Sarkozy en 2007 levou a unha importante reforma da posición militar de Francia, que culminou co regreso á súa condición de membro de pleno dereito o 4 de abril de 2009, e que tamén incluíu a reincorporación de Francia áestrutura do mando militar da OTAN, mantendo un elemento disuasorio nuclear independente.[12][24][25]

Oartigo 5 do Tratado do Atlántico Norte, esixe aos estados membros que acudan en auxilio de calquera estado membro suxeito a un ataque armado, e foi invocada por primeira e única vez ata o momento despois dosataques do 11 de setembro.,[26] despois do cal se despregaron tropas enAfganistán baixo aForza Internacional de Asistencia para a Seguridade (International Security Assistance Force, ISAF) dirixida pola OTAN. A organización exerceu unha serie de funcións adicionais desde entón, incluíndo o envío deadestradores militares a Iraq, a asistencia nas operacións de loita contra apiratería,[27] e en 2011 impoñendo unhazona de exclusión aéreasobre Libia de acordo coaResolución 1973 do Consello de Seguridade da ONU.

Aanexión de Crimea por parte de Rusia levou a unha forte condena por parte de todos os membros da OTAN,[28] e foi unha das sete veces que foi invocado oartigo 4, que pide consultas entre os membros da OTAN. En ocasións anteriores, foi invocado durante aguerra de Iraq e aguerra civil siria.[29] Nocume de Gales de2014, os líderes dos estados membros da OTAN comprometéronse formalmente por primeira vez a gastar o equivalente de polo menos o dous por cento do seuproduto interior bruto en defensa para 2024 feito que antes era só unha pauta informal.[30] Nocume de Varsovia de 2016, os países da OTAN acordaron a creación dapresenza avanzada mellorada da OTAN, que despregou catro grupos de combate multinacionais do tamaño dun batallón en Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.[31] Antes e durante ainvasión rusa de Ucraína en 2022, varios países da OTAN enviaron tropas terrestres, buques de guerra e avións de combate para reforzar o flanco oriental da alianza, e varios países volveron invocar o artigo 4.[32][33][34] En marzo de 2022, os líderes da OTAN reuníronse en Bruxelas nuncumio extraordinario no que tamén participaron os líderes doGrupo dos Sete e daUnión Europea.[35] Os estados membros da OTAN acordaron establecer catro grupos de batalla adicionais en Bulgaria, Hungría, Romanía e Eslovaquia,[31] e elementos daForza de Resposta da OTAN foron activados por primeira vez na historia da OTAN.[36]

En xuño de 2022, a OTAN despregou 40.000 soldados ao longo do seu flanco oriental de 2.500 quilómetros de lonxitude para disuadir a agresión rusa. Máis da metade deste número despregouse en Bulgaria, Romanía, Hungría, Eslovaquia e Polonia, cinco países que reúnen unha considerable forza combinada ex-OTAN de 259.000 efectivos. Para complementar á Forza Aérea de Bulgaria, España enviouEurofighter Typhoons, os Países Baixos enviaron oito avións de ataqueF-35, e tamén chegaron avións de ataque franceses e estadounidenses adicionais.[37]

A OTAN goza de apoio público nos seus estados membros.[38]

Operacións militares

[editar |editar a fonte]

Primeiras operacións

[editar |editar a fonte]

A OTAN non levou a cabo ningunha operación militar durante aguerra fría. Tras o final da guerra fría, as primeiras operacións,Anchor Guard en 1990 eAce Guard en 1991, foron impulsadas polainvasión iraquí de Kuwait. Enviáronse avións de alerta temperá para cubrir o sueste deTurquía e, posteriormente, despregouse na zona unha forza de reacción rápida.[39]

Intervención en Bosnia e Herzegovina

[editar |editar a fonte]
Un avión de combate co AV marcado na cola despega dunha pista de montaña.
Avións da OTAN que participan en bombardeos aéreos durante aOperación Forza Deliberada despois domasacre de Srebrenica

Aguerra de Bosnia comezou en 1992, como consecuencia dadisolución de Iugoslavia. A deterioración da situación levou áResolución 816 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, do 9 de outubro de 1992, pola que se ordenaba unhazona de exclusión aérea sobre o centro de Bosnia-Herzegovina, que a OTAN comezou a aplicar o 12 de abril de 1993 coaOperación Deny Flight. Desde xuño do 1993 ata outubro de 1996, aOperación Sharp Guard engadiu a aplicación marítima doembargo de armas e assancións económicas contra aRepública Federativa de Iugoslavia. O 28 de febreiro de 1994, a OTAN emprendeu a súa primeira acción bélica coderribo de catro avións serbobosnios que violaban a zona de exclusión aérea.[40]

Os días 10 e 11 de abril de 1994, aForza de Protección das Nacións Unidas solicitou ataques aéreos para protexer a zona segura deGoražde, o que deu como resultado no bombardeo dun posto de mando militar serbobosnio preto de Goražde por dous avións estadounidensesF-16 que actuaban baixo a dirección da OTAN.[41] En represalia, os serbios tomaron como reféns a 150 membros do persoal da ONU o 14 de abril.[42][43] O 16 de abril unSea Harrier británico foi derrubado sobre Goražde polas forzas serbias.[44]

En agosto de 1995, comezou unha campaña de bombardeos da OTAN de dúas semanas de duración,Operación Forza Deliberada, contra oExército da República Srpska, tras aXenocidio de Srebrenica.[45] Outros ataques aéreos da OTAN contribuíron a poñer fin ásguerras iugoslavas, o que deu lugar aoacordo de Dayton en novembro de 1995.[45] Como parte deste acordo, a OTAN despregou unha forza de mantemento da paz baixo mandato da ONU, no marco da Operación Endeavor Conxunto, denominadaIFOR. Case 60.000 soldados da OTAN uníronse a forzas de países non pertencentes á OTAN nesta misión de mantemento da paz. Esta misión deu paso áSFOR, máis pequena, que comezou con 32.000 efectivos inicialmente e funcionou desde decembro do 1996 ata decembro de 2004, cando as operacións pasaron áForza Althea da Unión Europea.[46] Seguindo o exemplo dos seus Estados membros, a OTAN comezou a conceder unha medalla de servizo, aMedalla OTAN, para estas operacións.[47]

Intervención de Kosovo

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Forza de Kosovo.
Tres camións de soldados parados nunha estrada rural fronte a árbores e casas de tellados vermellos. O camión traseiro leva pintada a KFOR.
Soldados alemáns daKFOR patrullando no sur de Kosovo en 1999
KFOR- patrullas deCarabinieri daMSU fronte á ponte de Ibar enMitrovica, Kosovo, 2019

Nun esforzo por deter a represión liderada porSlobodan Milošević (Serbia) contra os separatistas doUCK e os civís albaneses en Kosovo, oConsello de Seguridade das Nacións Unidas aprobou aResolución 1199 o 23 de setembro de 1998 para esixir un alto o fogo. As negociacións baixo o mandato do enviado especial estadounidenseRichard Holbrooke fracasaron o 23 de marzo de 1999, e el entregou o asunto á OTAN,[48] que iniciou unha campaña de bombardeos que duraron 78 días.[49] A operación Forza Aliada tiña como obxectivo as posibilidades militares do que era entón aRepública Federal de Iugoslavia. Durante a crise, a OTAN tamén despregou unha das súas forzas de reacción internacional, aACE Mobile Force (Land) enAlbania como a Forza de Albania (AFOR), para entregar axuda humanitaria aos refuxiados de Kosovo.[50]

A campaña foi criticada pola súa falta de lexitimidade e poras súas vítimas civís, incluído o bombardeo daembaixada chinesa en Belgrado. Milošević aceptou finalmente, o 3 de xuño de 1999, os termos dun plan de paz internacional poñendo fin águerra de Kosovo. O 11 de xuño, Milošević aceptou ademais aresolución 1244 da ONU, baixo cuxo mandato a OTAN axudou a establecer aKFOR de mantemento da paz. Case un millón de refuxiados fuxiran de Kosovo, e parte do mandato da KFOR consistía en protexer as misións humanitarias, ademais de disuadir da violencia.[51] En agosto-setembro de 2001, a alianza tamén organizou aOperation Essential Harvest, unha misión para desarmar ás milicias de etnia albanesa na República de Macedonia.[52] A partir de 2023, uns 4.500 soldados da KFOR, que representan a 27 países, seguen operando na zona.[53]

Estados Unidos, o Reino Unido e a maioría dos demais países da OTAN opuxéronse a que o Consello de Seguridade da ONU aprobase os ataques militares da OTAN, como a acción contra Serbia en 1999, mentres que Francia e algúns outros afirmaron que a alianza necesitaba a aprobación da ONU.[54] A parte estadounidense e británica alegou que isto socavaría a autoridade da alianza, e sinalou que Rusia e China exercerían os seus vetos no Consello de Seguridade para bloquear o ataque aIugoslavia, e poderían facer o mesmo en futuros conflitos nos que fose necesaria a intervención da OTAN, anulando así toda a potencia e o propósito da organización. Recoñecendo a contorna militar posterior águerra fría, a OTAN adoptou o Concepto Estratéxico da Alianza durante ocumio de Washington en abril de 1999, que facía fincapé na prevención de conflitos e a xestión de crises.[55]

Guerra en Afganistán

[editar |editar a fonte]
Unha monumental estatua de cobre verde dunha muller cun facho álzase nunha illa fronte a terra firme onde unha enorme columna de fume gris ondea entre rañaceos
Osatentados do 11 de setembro en Estados Unidos fixeron que a OTAN invocase por primeira vez o seu artigo de defensa colectiva.

. Osatentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos fixeron que a OTAN invocase oArtigo 5 da Carta da OTAN por primeira vez na historia da organización.[56] O artigo establece que un ataque contra calquera membro considerarase un ataque contra todos. A invocación foi confirmada o 4 de outubro de 2001, cando a OTAN determinou que os ataques eran efectivamente admisibles en virtude dos termos do Tratado do Atlántico Norte.[57] As oito accións oficiais emprendidas pola OTAN en resposta aos atentados incluíron aOperación Eagle Assist e aOperación Active Endeavour, unha operación naval nomar Mediterráneo destinada a impedir o movemento de terroristas ou armas de destrución masiva, e a mellorar a seguridade da navegación en xeral, que comezou o 4 de outubro de 2001.[58]

A alianza demostrou unidade: o 16 de abril de 2003, a OTAN acordou asumir o mando daForza Internacional de Asistencia para a Seguridade (ISAF), que incluía tropas de 42 países. A decisión tomouse a petición de Alemaña e Holanda, os dous países que dirixían a ISAF no momento do acordo, e os dezanove embaixadores da OTAN aprobárona por unanimidade. O traspaso do control á OTAN tivo lugar o 11 de agosto, e supuxo a primeira vez na historia da Alianza que esta facíase cargo dunha misión fóra da zona do Atlántico Norte.[59]

O xeneralAustin S. Miller (dereita) converteuse en comandante das forzas estadounidenses e daOTAN en Afganistán en setembro de 2018 e supervisou aretirada até xullo de 2021.Lloyd Austin, o 28ºSecretario de Defensa dos Estados Unidos, está á esquerda.

Nun principio, a ISAF encargouse de protexerCabul e as zonas circundantes dostalibán,Al Qaeda e os señores da guerra, para permitir o establecemento daadministración de transición afgá encabezada porHamid Karzai. En outubro de 2003, o Consello de Seguridade da ONU autorizou a ampliación da misión da ISAF a todo Afganistán.,[60] e a ISAF ampliou posteriormente a misión en catro fases principais por todo o país.[61]

O 31 de xullo de 2006, a ISAF tamén se fixo cargo dasoperacións militares antiterrorista no sur de Afganistán asumidas por unha coalición liderada polos Estados Unidos.[62] Debido á intensidade dos combates no sur, en 2011 Francia permitiu o traslado dun escuadrón de avións de combate/ataqueMirage 2000 á zona, deKandahar, para reforzar os esforzos da alianza.[63] Durante acume de Chicago de 2012, a OTAN aprobou un plan para pór fin á guerra de Afganistán e retirar as forzas da ISAF dirixidas pola OTAN a finais de decembro de 2014.[64] A ISAF disolveuse en decembro de 2014 e foi substituída polamisión de apoio decidido co obxectivo de axudar, adestrar e asesorar ás forzas de seguridade daRepública Islámica de Afganistán.[65]

O 14 de abril de 2021, o secretario xeral da OTAN,Jens Stoltenberg, declarou que a alianza acordara iniciar aretirada das súas tropas de Afganistán antes do 1 de maio.[66] Pouco despois de iniciarse a retirada das tropas da OTAN, os talibán lanzaron unhaofensiva contra o goberno afgán, avanzando rapidamente fronte ao colapso dasForzas Armadas Afgás.[67] O 15 de agosto de 2021, os talibán controlaban a maior parte de Afganistán e rodearan a capital,Cabul.[68] Algúns políticos dos Estados membros da OTAN describiron a caótica retirada das tropas occidentais de Afganistán e acolapso do goberno afgán como o maior desastre que sufriu a OTAN desde a súa fundación.[69][70]

Misión de adestramento en Iraq

[editar |editar a fonte]
O xeneral de división italiano Giovanni Armentani, comandante adxunto da Misión de Adestramento da OTAN, reúnese cunha brigada estadounidense de asesoramento e asistencia.

En agosto de 2004, durante aGuerra de Iraq, a OTAN creou amisión de adestramento da OTAN en Iraq, unha misión de adestramento para axudar ás forzas de seguridade iraquís en colaboración coaMNF-I liderada polos Estados Unidos.[71] A Misión de Adestramento da OTAN en Iraq (NTM-I) creouse a petición dogoberno provisional iraquí en virtude do disposto naResolución 1546 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. O obxectivo da NTM-I era axudar a desenvolver as estruturas e institucións de adestramento das forzas de seguridade iraquís para que Iraq puidese crear unha capacidade eficaz e sostible que respondese as necesidades do país. A NTM-I non era unha misión de combate, senón unha misión distinta, baixo o control político do Consello do Atlántico Norte. A súa énfase operativa centrábase na formación e a tutoría. As actividades da misión coordinábanse coas autoridades iraquís e co subcomandante xeneral asesor e de formación, dirixido polos Estados Unidos, que tamén exercía a función de comandante da NTM-I. A misión concluíu oficialmente o 17 de decembro de 2011..[72]

Turquía invocou as primeiras reunións do artigo 4 en 2003, ao comezo daguerra de Iraq. Turquía tamén invocou este artigo dúas veces en 2012 durante aguerra civil siria, tras oderribo dun avión de recoñecemento turcoF-4 non armado e despois de que se disparase un morteiro contra Turquía desde Siria.[73] e de novo en 2015 tras as ameazas doestado islámico de Iraq e o Levante á súa integridade territorial.[74]

Loita contra a pirataría no golfo de Adén

[editar |editar a fonte]
Unha columna de fume negro elévase sobre as augas azuis do océano xunto a un gran buque de guerra gris e unha pequena embarcación neumática negra.
OUSS Farragut destruíndo un esquife pirata somalí en marzo de 2010

No 2008, oSecretario xeral das Nacións Unidas pediu aos estados membros que protexesen os buques daOperación Provedor Aliado, que estaba a distribuír axuda como parte da misión doPrograma Mundial de Alimentos enSomalia.[75]

OConsello do Atlántico Norte e outros países, entre eles Rusia, China e Corea do Sur,[76][77] formaron aOperación Escudo do Océano. A operación tiña como obxectivo disuadir e interromper os ataques piratas, protexer os buques e aumentar o nivel xeral de seguridade na rexión.[78]A partir do 17 de agosto de 2009, a OTAN despregou buques de guerra nunha operación para protexer o tráfico marítimo nogolfo de Adén e no océano Índico dospiratas somalíes, e axudar a reforzar as armadas e gardacostas dos Estados da rexión..[79]

Países participantes

[editar |editar a fonte]
Mapa de afiliacións da OTAN en EuropaMapa de asociacións da OTAN no mundo
A map of Europe with countries in blue, cyan, orange, and yellow based on their NATO affiliation.A world map with countries in blue, cyan, orange, yellow, purple, and green, based on their NATO affiliation.
     Membros da OTAN      Plan de Acción de Membros      Plan de Acción Individual de Asociación      Asociación para a Paz      Diálogo Mediterráneo      Iniciativa de Cooperación Istambul      Socios globais
Albania
AlemañaAlemaña
BélxicaBélxica
BulgariaBulgaria
Canadá
CroaciaCroacia
DinamarcaDinamarca
EslovaquiaEslovaquia
EsloveniaEslovenia
EspañaEspaña
EUA
EstoniaEstonia
FranciaFrancia
GreciaGrecia
HungríaHungría
IslandiaIslandia
ItaliaItalia
Letonia
LituaniaLituania
LuxemburgoLuxemburgo
Noruega
Países BaixosPaíses Baixos
PoloniaPolonia
PortugalPortugal
Reino Unido
República ChecaR. Checa
RomaníaRomanía
Turquía
Bosnia e HercegovinaBosnia e Hercegovina
Macedonia do NorteMacedonia do Norte
Montenegro
Armenia
AzerbaidjánAzerbaidján
Bosnia e HercegovinaBosnia e Hercegovina
Kazakhstán
Moldova
Montenegro
UcraínaUcraína
Xeorxia
Armenia
AzerbaidjánAzerbaidján
AustriaAustria
BelarúsBelarús
Bosnia e HercegovinaBosnia e Hercegovina
Kazakhstán
FinlandiaFinlandia
Irlanda
KirguizistánKirguizistán
Macedonia do NorteMacedonia do Norte
Malta
Moldova
Montenegro
Rusia
Serbia
Suecia
SuízaSuíza
Tadjiikistán
Turkmenistán
UcraínaUcraína
UzbekistánUzbekistán
Xeorxia
AlxeriaAlxeria
ExiptoExipto
Israel
Marrocos
Mauritania
TunisiaTunisia
Xordania
BahrainBahrain
Emiratos Árabes UnidosEmiratos Árabes Unidos
KuwaitKuwait
QatarQatar
Afganistán
AustraliaAustralia
Colombia
Corea do Sur
Iraq
Mongolia
Nova Zelandia
PaquistánPaquistán
Xapón

Membros

[editar |editar a fonte]
Expansión da OTAN dende a súa fundación.
Expansión da OTAN en Europa.

A continuación amósase unha listaxe dos estados membros co seu ano de ingreso na OTAN:

Consello da OTAN

[editar |editar a fonte]
Listaxe deSecretarios Xerais da OTAN[80]
#NomePaísPeríodo
1Hastings Lionel IsmayReino Unido4 de abril de 1952 – 16 de maio de 1957
2Paul-Henri SpaakBélxicaBélxica16 de maio de 1957 – 21 de abril de 1961
3Dirk StikkerPaíses BaixosPaíses Baixos21 de abril de 1961 – 1 de agosto de 1964
4Manlio BrosioItaliaItalia1 de agosto de 1964 – 1 de outubro de 1971
5Joseph LunsPaíses BaixosPaíses Baixos1 de outubro de 1971 – 25 de xuño de 1984
6Peter CaringtonReino Unido25 de xuño de 1984 – 1 de xullo de 1988
7Manfred WörnerRepública Federal AlemáRFA1 de xullo de 1988 – 13 de agosto de 1994
Sergio BalanzinoItaliaItalia13 de agosto de 1994 – 17 de outubro de 1994
8Willy ClaesBélxicaBélxica17 de outubro de 1994 – 20 de outubro de 1995
Sergio BalanzinoItaliaItalia20 de outubro de 1995 – 5 de decembro de 1995
9Javier SolanaEspañaEspaña5 de decembro de 1995 – 6 de outubro de 1999
10George RobertsonReino Unido14 de outubro de 1999 – 17 de decembro de 2003
Alessandro Minuto-RizzoItaliaItalia17 de decembro de 2003 – 1 de xaneiro de 2004
11Jaap de Hoop SchefferPaíses BaixosPaíses Baixos1 de xaneiro de 2004 – 1 de agosto de 2009
12Anders Fogh RasmussenDinamarcaDinamarca1 de agosto de 2009 – 30 de setembro de 2014
13Jens StoltenbergNoruega1 de outubro de 2014 — 30 de setembro de 2024
14Mark RuttePaíses BaixosPaíses Baixos1 de outubro de 2024 — no cargo
Listaxe de Secretarios Xerais Delegados da OTAN[81]
#NomePaísPeríodo
1Jonkheer van VredenburchPaíses BaixosPaíses Baixos1952–1956
2Baron Adolph BentinckPaíses BaixosPaíses Baixos1956–1958
3Alberico CasardiItaliaItalia1958–1962
4Guido Colonna di PalianoItaliaItalia1962–1964
5James A. RobertsCanadá1964–1968
6Osman OlcayTurquía1969–1971
7Paolo Pansa CedronioItaliaItalia1971–1978
8Rinaldo PetrignaniItaliaItalia1978–1981
9Eric da RinItaliaItalia1981–1985
10Marcello GuidiItaliaItalia1985–1989
11Amedeo de FranchisItaliaItalia1989–1994
12Sergio BalanzinoItaliaItalia1994–2001
13Alessandro Minuto RizzoItaliaItalia2001–2007
14Claudio BisognieroItaliaItalia2007–2012
15Alexander VershbowEstados Unidos2012– no cargo
Función de Secretario Xeral

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The origins of WEU: Western Union".University of Luxembourg. decembro de 2009. Arquivado dendeo orixinal o 21 de xuño de 2018. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  2. "A short history of NATO". NATO. Arquivado dendeo orixinal o 26 de marzo de 2017. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  3. "Canada and NATO - 1949". 
  4. Findley, Paul (2011).Speaking Out: A Congressman's Lifelong Fight Against Bigotry, Famine, and War - Paul Findley - Google Books.ISBN 9781569768914. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  5. The McGraw-Hill Encyclopedia of World Biography: An International Reference Work - Google Books. McGraw-Hill. 1973.ISBN 9780070796331. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  6. Hastings, Ismay (4 de setembro de 2001)."NATO the first five years 1949–1954". NATO. Arquivado dendeo orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  7. Baldwin, Hanson (28 de setembro de 1952)."Navies Meet the Test in Operation Mainbrace".New York Times. p. E7. Arquivado dendeo orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  8. "NATO: The Man with the Oilcan".Time. 24 de marzo de 1952. Arquivado dendeo orixinal o 8 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  9. Glass, Andrew (14 de maio de2014)."Soviet Union establishes Warsaw Pact, May 14, 1955".Poltico. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  10. Olmsted, Dan (setembro de 2020)."Should the United States Keep Troops in Germany?".National WW2 Museum. Arquivado dendeo orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  11. van der Eyden 2003, pp. 104–106.
  12. 12,012,1Cody, Edward (12 de marzo de 2009)."After 43 Years, France to Rejoin NATO as Full Member".The Washington Post. Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  13. "Spain and NATO".countrystudies.us. Source: U.S. Library of Congress. Arquivado dendeo orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  14. Harding, Luke (14 de xullo de 2007)."Kremlin tears up arms pact with Nato".The Observer. Arquivado dendeo orixinal o 31 de agosto de 2013. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  15. Kimball, Daryl (agosto de 2017)."The Conventional Armed Forces in Europe (CFE) Treaty and the Adapted CFE Treaty at a Glance".Arms Control Association. Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  16. Techau, Jan (2 de setembro de 2015)."The Politics of 2 Percent: NATO and the Security Vacuum in Europe".Carnegie Europe. Arquivado dendeo orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  17. Eichler, Jan (2021).NATO's Expansion After the Cold War: Geopolitics and Impacts for International Security. Springer Nature. pp. 34, 35.ISBN 9783030666415. 
  18. "Declassified documents show security assurances against NATO expansion to Soviet leaders from Baker, Bush, Genscher, Kohl, Gates, Mitterrand, Thatcher, Hurd, Major, and Woerner". National Security Archive. 12 de decembro de 2017. Arquivado dendeo orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  19. Wiegrefe, Klaus (18 de febreiro de 2022)."Neuer Aktenfund von 1991 stützt russischen Vorwurf".Der Spiegel. Arquivado dendeo orixinal o 3 de marzo de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  20. Baker, Peter (9 de xaneiro de 2022)."In Ukraine Conflict, Putin Relies on a Promise That Ultimately Wasn't".The New York Times. Arquivado dendeo orixinal o 1 de marzo de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  21. "NATO Announces Special 70th Anniversary Summit In London In December".Radio Free Europe/Radio Liberty. 6 de febreiro de 2019. Arquivado dendeo orixinal o 6 de abril de 2019. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  22. Jing Ke (2008)."Did the US Media Reflect the Reality of the Kosovo War in an Objective Manner? A Case Study of The Washington Post and The Washington Times"(PDF).University of Rhode Island. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de marzo de 2019. 
  23. NATO."Relations with the Republic of North Macedonia (Archived)".NATO(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  24. Stratton, Allegra (17 de xuño de 2008)."Sarkozy military plan unveiled".The Guardian (UK). Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2016. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  25. "Defence Planning Committee (DPC) (Archived)". NATO. 11 de novembro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  26. "Invocation of Article 5 confirmed". North Atlantic Treaty Organization. 3 de outubro de 2001. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de2012. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  27. "Counter-piracy operations".North Atlantic Treaty Organization. Arquivado dendeo orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  28. "Statement by the North Atlantic Council following meeting under article 4 of the Washington Treaty".NATO Newsroom. 4 de marzo de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  29. "The consultation process and Article 4".NATO. 24 de febreiro de 2022. Arquivado dendeo orixinal o 2 de abril de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  30. Techau, Jan (2 de setembro de 2015)."The Politics of 2 Percent: NATO and the Security Vacuum in Europe".Carnegie Europe. Arquivado dendeo orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 25 de outubro do 2022.A month before [the alliance's summit in Riga in 2006], Victoria Nuland, then the U.S. ambassador to NATO, called the 2 percent metric the "unofficial floor" on defence spending in NATO. But never had all governments of NATO's 28 nations officially embraced it at the highest possible political level – a summit declaration. 
  31. 31,031,1"NATO's military presence in the east of the Alliance".NATO. 28 de marzo de 2022. Arquivado dendeo orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  32. McLeary, Paul; Toosi, Nahal (11 de febreiro de 2022)."U.S. sending 3,000 more troops to Poland amid fresh Ukraine invasion warnings".Politico. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  33. "Spain sends warships to Black Sea, considers sending warplanes".Reuters. 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  34. "Spain will send four fighter jets and 130 troops to Bulgaria".Reuters. 9 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  35. "NATO, G7, EU leaders display unity, avoid confrontation with Russia".Deutsche Welle. 25 de marzo de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  36. Gonzalez, Oriana (26 de febreiro de 2022)."NATO Response Force deploys for first time".Axios. Arquivado dendeo orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  37. "NATO BOOSTS FORCES IN EAST TO DETER RUSSIAN MENACE".BIRN (Balkan Insight). Balkan Investigative Reporting Network. 14 de xuño de 2022. 
  38. "NATO Seen Favorably Across Member States". pewresearch.org. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de outubro do 2022. 
  39. "NATO's Operations 1949–Present"(PDF). NATO. 2009. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 1 de marzo de 2013. Consultado o 12 de febreiro do 2023. 
  40. Zenko 2010, pp. 133–134.
  41. Zenko 2010, p. 134.
  42. "NATO Handbook: Evolution of the Conflict". NATO. Arquivado dendeo orixinal o 7 de novembro de 2001. 
  43. UN DocumentA/54/549, Report of the Secretary-General pursuant to General Assembly resolution 53/35: The fall of Srebrenica, un.org,Arquivado 12 September 2009 enWayback Machine., acceso 4 de abril do 2023.
  44. Bethlehem & Weller 1997, p. liiv.
  45. 45,045,1Zenko 2010, pp. 137–138
  46. Clausson 2006, pp. 94–97.
  47. Tice, Jim (22 de febreiro de 2009)."Thousands more now eligible for NATO Medal".Army Times. Arquivado dendeo orixinal o 7 de setembro de 2012. Consultado o 19 de xuño do 2023. 
  48. "Nato to strike Yugoslavia".BBC News. 24 de marzo de 1999. Arquivado dendeo orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 29 de agosto do 2023. 
  49. Thorpe, Nick (24 March 2004)."UN Kosovo mission walks a tightrope".BBC News. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 29 de agosto do 2023. 
  50. "The Kosovo refugee crisis"(PDF).United Nations High Commissioner for Refugees. 19 de decembro de 2005. Consultado o 29 de agosto do 2023. 
  51. "Kosovo Report Card".International Crisis Group. 28 August 2000. Arquivado dendeo orixinal o 4 de marzo de 2012. Consultado o 4 de novembro do 2023. 
  52. Helm, Toby (27 de setembro de 2001)."Macedonia mission a success, says Nato".The Daily Telegraph. Arquivado dendeo orixinal o 5 de setembro de 2012. Consultado o 4 de novembro do 2023. 
  53. "NATO's role in Kosovo". NATO. 10 de xullo de 2023. Consultado o 4 de novembro do 2023. 
  54. "NATO reaffirms power to take action without UN approval".CNN. 24 de abril de 1999. Arquivado dendeo orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de novembro do 2023. 
  55. "Allied Command Atlantic".NATO Handbook. NATO. Arquivado dendeo orixinal o 13 de agosto de 2008. Consultado o 19 de novembro do 2023. 
  56. Münch, Philipp (2021). "Creating common sense: Getting NATO to Afghanistan".Journal of Transatlantic Studies19 (2). pp. 138–166.doi:10.1057/s42738-021-00067-0. 
  57. "NATO Update: Invocation of Article 5 confirmed". Nato.int. 2 de outubro de 2001. Arquivado dendeo orixinal o 25 de agosto de 2010. Consultado o 24 de novembro do 2023. 
  58. "NATO's Operations 1949–Present"(PDF). NATO. 22 de xaneiro de 2010. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de maio de 2013. Consultado o 24 de novembro do 2023. 
  59. "NATO takes historic step into Afghanistan".Al Jazeera. Reuters. 11 de agosto de 2003. Arquivado dendeo orixinal o 23 de xullo de 2023. Consultado o 21 de xullo do 2024. 
  60. "UNSC Resolution 1510, October 13, 2003"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de outubro de 2010. Consultado o 29 de outubro do 2024. 
  61. "ISAF Chronology". NATO. Arquivado dendeo orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 29 de outubro do 2024. 
  62. Morales, Alex (5 de outubro de 2006)."NATO Takes Control of East Afghanistan From U.S.-Led Coalition".Bloomberg L.P. Arquivado dendeo orixinal o 24 July 2014. Consultado o 26 de decembro do 2024. 
  63. "La France et l'OTAN".Le Monde(enfrancés). Francia. Arquivado dendeo orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 26 de decembro do 2024. 
  64. "NATO sets "irreversible" but risky course to end Afghan war".Reuters. Reuters. 21 de maio de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 26 de decembro do 2024. 
  65. Rasmussen, Sune Engel (28 de decembro de 2014)."Nato ends combat operations in Afghanistan".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Arquivado dendeo orixinal o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 26 de decembro do 2024. 
  66. "NATO to Cut Forces in Afghanistan, Match US Withdrawal".VOA News. 14 de abril de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 1 de xaneiro do 2025. 
  67. "Afghanistan stunned by scale and speed of security forces' collapse".The Guardian. 13 de xullo de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2021. Consultado o 1 de xaneiro do 2025. 
  68. "Taliban surge in Afghanistan: EU and NATO in state of shock".Deutsche Welle. 16 de agosto de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 1 de xaneiro do 2025. 
  69. "Afghanistan takeover sparks concern from NATO allies".Deutsche Welle. 16 de agosto de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 19 de agosto 2021. Consultado o 1 de xaneiro do 2025. 
  70. "Migration fears complicate Europe's response to Afghanistan crisis".Politico. 16 de agosto de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 1 de xaneiro do 2025. 
  71. "Official Website".Jfcnaples.nato.int. Arquivado dendeo orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio do 2025. 
  72. El Gamal, Rania (17 de decembro de 2011)."NATO closes up training mission in Iraq".Reuters. Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio do 2025. 
  73. Croft, Adrian (3 de outubro de 2012)."NATO demands halt to Syria aggression against Turkey".Reuters. Arquivado dendeo orixinal o 4 de outubro de 2012. Consultado o 18 de xuño do 2025. 
  74. Ford, Dana (26 de xullod e 2015)."Turkey calls for rare NATO talks after attacks along Syrian border".Cnn.com (CNN). Arquivado dendeo orixinal o 27 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xuño do 2025. 
  75. "Operation Allied Provider".Cuartel Xeral Supremo das Potencias Aliadas en Europa. 30 de setembro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 14 de xullo do 2025. 
  76. "Operation Ocean Shield". NATO. Arquivado dendeo orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 14 de xullo do 2025. 
  77. "2009 Operation Ocean Shield News Articles". NATO. outubro de 2010. Arquivado dendeo orixinal o 29 de abril de 2011. Consultado o 14 de xullo do 2025. 
  78. "Operation Ocean Shield purpose". 12 de xullo de 2016. Arquivado dendeo orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 14 de xullo do 2025. 
  79. "Counter-piracy operations (2008-2016)".NATO. Arquivado dendeo orixinal o 12 de xullo de 2024. Consultado o 14 de xullo do 2025. 
  80. nato.int (ed.)."Le Secrétaire général de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016. 
  81. nato.int (ed.)."Le secrétaire général délégué de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  OTANModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=OTAN&oldid=7125416»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp