Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

OKK Beograd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OKK Beograd
Información xeral
NomeOmladinski košarkaški klub Beograd
LigaKLS
AlcumeKlonferi
Fundación1945
HistoriaKK Metalac (1945–1950)
KK BSK (1950–1958)
Cores         Azul,branco
Presidente Aleksa Milošević
Adestrador Vule Avdalović
Localización
CidadeBelgrado,Serbia
PavillónSportski centar Šumice
Capacidade2 000
Inauguración1974
Campionatos
Liga4 (1958, 1960, 1963, 1964)
Copa3 (1960, 1962, 1993)
okkbeograd.org.rs

OOmladinski košarkaški klub Beograd (enserbiocirílico: Омладински кошаркашки клуб Београд,Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado), máis coñecido comoOKK Beograd, é un club profesional debaloncestoserbio con sede na cidade deBelgrado. Actualmente xoga naKošarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio. Fundando en1945, o equipo xoga os seus partidos como local no Sportski centar Šumice, un pavillón inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores. Entre os seus títulos destacan catroLigas e tres Copas deIugoslavia.

Historia

[editar |editar a fonte]

O Omladinski košarkaški klub Beograd, é dicir, o Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado, nace en 1945, pouco despois de finalizar asegunda guerra mundial. Ese mesmo ano comezaron o seu camiño outros dous clubs de prestixio da cidade de Belgrado: oCrvena zvezda (Estrela Vermella) e oPartizan. O club, que nace co nome de KK Metalac, xorde por iniciativa do Sindicato de Traballadores do Metal de Iugoslavia (Klonfera). En 1946, na súa primeira participación naLiga iugoslava, lograron a sexta posición.[1]

En 1950 o club mudou o seu nome a KK BSK (Belgrado Sports Club), apelativo que manteñen até 1958 cando xa adquiriron a súa actual denominación. Estes anos foron o momentos máis difíciles do club, xa que non contaban con recursos e tiñan que xogar ao aire libre. Porén, en 1958 comeza a "era dourada" do club cunha xeración de xogadores entre os que estabanRadivoj Korać,Slobodan Gordić,Bogomir Rajković,Trajko Rajković,Miodrag Nikolić ouMilorad Erkić, dirixidos desde o banco porBorislav Stanković eAleksandar Nikolić. En menos dunha década, o OKK Belgrado conseguiu catroligas de Iugoslavia (1958, 1960, 1963 e 1964), así como dous trofeos de Copa (1960 e 1962). Nese mesmo período de tempo o club conseguiu chegar ás semifinais daCopa de Europa en tres ocasións, mais viron cortado o seu camiño á final en 1959 poloAcademic Sofia, en 1964 poloSpartak Brno e en 1965 poloReal Madrid.

Pasados os anos gloriosos, os seus resultados caeron en picado. Porén, atinxiron a final daCopa Korać en 1972, na que perderon antre outro equipo iugoslavo, oKK Cibona, coñecido entón como KK Lokomotiva. Tiveron que pasar vinte e un anos até conseguir un novo triunfo, a copa de 1993.[1] Desde o ano 2006 o OKK Beograd compite regularmente naliga serbia. O14 de xuño de2018, o club asinou un acordo de cooperación coMega Basket.[2]

Pavillón

[editar |editar a fonte]

Desde o ano 2016 o OKK Beograd posúe un pavillón propio. Situado no barrio de Palilula, ao norte de Belgrado, recibe o nome de Hala Radivoj Korać Hall. Con todo, segue a xogar os seus partidos de Liga no Sportski centar Šumice, recinto inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores.

Títulos

[editar |editar a fonte]

Liga de Iugoslavia

  • Campións (4): 1958, 1960, 1963, 1964
  • Subcampións (1): 1962

Copa de Iugoslavia

  • Campións (3): 1960, 1962, 1993
  • Subcampións (1): 1959

Xogadores

[editar |editar a fonte]

Destacados

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"Историјат".okkbeograd.org.rs. Arquivado dendeo orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  2. "Mega i OKK Beograd potpisali ugovor o saradnji".b92.net. Consultado o27 July 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=OKK_Beograd&oldid=6728521»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp