Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Novo Brunswick

Coord.:46°36′N66°00′O / 46.6,-66
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2024.)
Modelo:Xeografía políticaNovo Brunswick
New Brunswick (en)
Nouveau-Brunswick (fr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Spem reduxit»Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialAbies balsamea (arboreal emblem(en)Traducir)
Viola cucullata (flor nacional)
Poecile atricapillus (paxaro nacional)
Holmesville Soil Series(en)Traducir (provincial soil(en)Traducir)Editar o valor en Wikidata
EpónimoDucado de Brunsvique-Luneburgo(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 46°36′N66°00′O / 46.6,-66
EstadoCanadáEditar o valor en Wikidata
CapitalFredericton(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deNova Scotia(en)Traducir(1784)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación775.610(2021)Editar o valor en Wikidata (10,64hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie72.908 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de San Lourenzo,Baía de Fundy eEstreito de Northumberland(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Carleton(en)Traducir (817 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBaía de Fundy (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1867Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernodemocracia parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• MonarcaEditar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of New Brunswick(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Premier of New Brunswick(en)TraducirEditar o valor en WikidataSusan Holt(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislature of New Brunswick(en)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
Francofonía(1977–)Editar o valor en Wikidata
PIB nominal37.555.000.000 C$ (2020)Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadenseEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalEEditar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2CA-NBEditar o valor en Wikidata

Sitio webgnb.caEditar o valor en Wikidata
Facebook: GovNBTwitter: Gov_NBInstagram: gnbcaYoutube: UCZ6xKbZ7qnUplkzACsDyu6gEnciclopedia Galega Universal: 156838Flickr: 148091582@N07BNE: XX5382140Editar o valor en Wikidata

Novo Brunswick[1] (eninglés:New Brunswick; enfrancés:Nouveau-Brunswick) é unha das dezprovincias doCanadá, parte dasProvincias Marítimas e dasProvincias Atlánticas. Novo Brunswick, é a única provincia canadense que posúe o inglés e o francés como linguas oficiais.[2]

A maior parte de Novo Brunswick está cuberto porbosques. Asilvicultura é unha das principais fontes de renda da provincia. Novo Brunswick é unha das maiores produtoras demadeira do Canadá, así como a maior produtora de papel de periódico do país. As fontes de renda máis importantes de Novo Brunswick son amanufactura, oturismo, a silvicultura, aminería e apesca.

Novo Brunswick foi orixinalmente colonizada polosfranceses, e formou parte da colonia francesa deAcadia, parte deNova Francia. En1763, baixo os termos doTratado de París, os franceses cederon a rexión da actual Novo Brunswick aosbritánicos. Estes puxeron á rexión o seu nome actual, en homenaxe ao reiXurxo III do Reino Unido —descendente da familia real británicaBrunswick-Lüneburg. Novo Brunswick estaba entón relativamente pouco poboada por colonos europeos —principalmente franceses— ata finais da década de 1770. ARevolución americana de 1776 fixo que preto de 14 mil habitantes dasTrece Colonias, leais á coroa británica —e por isto, denominadosloyalists (lealistas)—, emigraran á rexión, dando a Novo Brunswick o alcume deThe Loyalist Province (A Provincia Lealista).

O1 de xullo de1867, Novo Brunswick, xuntamente conNova Escocia e a provincia do Canadá (actuais provincias deOntario eQuebec), independizouse do Reino Unido. Xuntamente con Nova Escocia, Ontario e Quebec, Novo Brunswick é unha das catro provincias orixinais daConfederación Canadense.

Historia

[editar |editar a fonte]

Ata 1763

[editar |editar a fonte]

Osnativos americanos que vivían na rexión que actualmente constitúe Novo Brunswick, antes da chegada dos primeiros exploradoreseuropeos á rexión, eran as tribosmicmac,maliseet e ospassamaquoddy. Os micmac habitaban principalmente a rexión leste da actual Novo Brunswick, mentres os Maliseet habitaban a rexión noroeste e os Passamaquoddy vivían no suroeste, ao redor da baía de Passamaquoddy.

O primeiro explorador europeo en explorar a actual Novo Brunswick foi ofrancésJacques Cartier, en1534, que descubriu e deu nome áBaie des Chaleurs entre o norte de Novo Brunswick e a península de Gaspé do actualQuebec. A seguinte expedición francesa á rexión non ocorrería ata1604, cando un grupo de franceses, liderados por Pierre Dugua eSamuel de Champlain navegaron pola baía de Passamaquoddy, e estableceron un pequeno asentamento de inverno na illa Saint *Croix (actualmente pertencente aMaine), onde os exploradores instaláronse. Ao final do inverno, 36 dos 87 membros da expedición morreron a causa doescorbuto. Despois do inverno, en1605, o resto da expedición trasladouse ábaía de Fundy, instalándose onde actualmente está localizadoPort Royal, actualNova Escocia.

Gradualmente, outros asentamentos franceses fundáronse ao longo dorío Saint John e na rexión da baía de Fundy, así como na marxe norte de Novo Brunswick, ao longo doséculo XVII. Estes asentamentos incluíanFort la Tour (actual Saint John), vilas nos vales dos ríosMemramcook ePetitcodiac, eSt. Pierre, actualBathurst. Toda a rexión de Novo Brunswick, así como as rexións que compoñen actualmente aIlla do Príncipe Eduardo, Nova Escocia e partes deMaine, foron reivindicadas polos franceses, como parte da colonia deAcadia (parte deNova Francia). Os franceses mantiveron boas relacións cos nativos americanos da rexión. A principal fonte de renda dos franceses en Novo Brunswick era o comercio de peles cos nativos americanos da rexión.

Inglaterra reivindicou por primeira vez a rexión de Novo Brunswick en1621, cando o reiXaime I de Inglaterra cedeu a William Alexander toda a rexión que constituía entón Acadia. Esta rexión sería denominada, segundo os británicos,Nova Scotia, o significado enlatín de "Nova Escocia". Naturalmente os franceses non aceptaron as reivindicacións da rexión por parte dos ingleses. Os franceses, con todo, perderon gradualmente o control de Acadia, en favor dosbritánicos, nunha serie de guerras durante oséculo XVIII.

En1713, baixo os termos doTratado de Utrecht —que terminou oficialmente coaGuerra de Sucesión Española— os franceses cederon a parte peninsular de Nova Escocia aos británicos. A rexión de Novo Brunswick, así como aÎle St-Jean (Illa do Príncipe Eduardo), e aÎle Royale (actualilla de Cabo Bretón) continuarían baixo dominio francés.

Acadia (1754).

A maior parte da poboación acadiana da época, con todo, vivían na parte peninsular de Nova Escocia, que pasara a control británico. O resto de Acadia, incluíndo a rexión de Novo Brunswick, estaba escasamente poboada, con asentamentos primarios acadianos en Novo Brunswick existentes só nas rexións de Tantramar, Memramcook e o río Petitcodiac, así comoFort la Tour eFort Anne (actualFredericton).

Durante aGuerra Franco-Indíxena (1756-1763), os británicos conquistaron toda Novo Brunswick.Fort Beausejour, próximo á actual cidade de Sackville, foi capturado inmediatamente ao comezo da guerra, en1755. Os acadianos das rexións próximas, Beaubassin e Petitcodiac, foron expulsados da rexión, como os británicos fixeran cos acadianos de Nova Escocia, a principios daquel mesmo ano. Outros conflitos e batallas sucedéronse tras a captura de Sackville, eFort St. Anne foi capturado polos británicos en1759. Logo disto, toda a rexión da actual Novo Brunswick pasou a dominio británico. Francia perdería eventualmente o control do seu imperio en América do Norte, logo da Batalla das Planicies de Abraham nacidade do Quebec, en1759. Baixo os termos doTratado de París (1763), os franceses cedían oficialmente Novo Brunswick aos británicos.

1763 - 1867

[editar |editar a fonte]

Despois do fin da Guerra Franco-Indíxena, a rexión que constitúe actualmente Novo Brunswick (máis parte deMaine) foron incorporados ao Condado de Sunbury, na colonia británica de Nova Escocia. A localización de Novo Brunswick, relativamente lonxe do litoral doocéano Atlántico, impediu que os británicos poboasen intensivamente a rexión inmediatamente despois do fin da guerra. Das tentativas de poboar a rexión inmediatamente despois do período posguerra, destácanse a fundación deThe Bend —actualmenteMoncton— en1766 por colonos dePensilvania, patrocinados pola Compañía de Terras de Filadelfia. Outros asentamentos fundados por colonos provenientes dasTrece Colonias serían establecidas na rexión, principalmente na rexión sur da antiga Acadia (Maine e o sur de Novo Brunswick) —sobre todo ao redor da actualSackville, e en torno ao estuario do río Saint John. Pouco antes da revolución americana de 1776, colonosingleses, provenientes deYorkshire, tamén se asentaron na rexión de Sackville.

Con todo, o gran crecemento de poboación non ocorrería ata1775, cando a revolución americana de 1776 deu comezo nas Trece Colonias británicas. Estas posuían gran número de colonos, chamadosloyalists (lealistas), que eran leais á coroa británica. Os británicos ofreceron aos lealistas das Trece Colonias lotes de terra de balde en Novo Brunswick. Con todo, débese observar que a maioría da poboación de Novo Brunswick que xa estaba instalada na rexión antes da Revolución apoiaba aos rebeldes americanos, e algúns cren que Novo Brunswick, se estivese un pouco máis organizado politicamente, podería ser considerada a "décimo cuarta" colonia británica. En particular, Johnathan Eddy, ao mando dunha milicia, atacou varias veces un posto militar británico enFort Cumberland —actual Fort Beausejour— durante o inicio da revolución.

Os lealistas instaláronse en gran número en Novo Brunswick —foron no total preto de 14 mil, ao final da revolución, en1783. Boa parte destes lealistas instaláronse soamente unha vez en 1783, logo despois do fin da revolución nos Estados Unidos, sendo expulsados do novo país polos americanos. Os lealistas desta última onda de migración instaláronse enParrtown —actualSaint John. Co súbito crecemento de poboación da rexión, fíxose clara e crítica a necesidade de organizar politicamente o territorio. A capital da colonia da cal Novo Brunswick formaba parte por entón —Halifax, capital deNova Escocia— atopábase localizaba tan lonxe da rexión, que a coroa británica decidiu que a provincia colonial de Nova Escocia debería ser dividida. A provincia colonial de Novo Brunswick foi oficialmente fundada porThomas Carleton o16 de agosto de1784.

O nome de Novo Brunswick foi en homenaxe ao entón monarca británico, o reiXurxo III, que era descendente da familia deBrunswick-Lüneburg. Pola súa bandaFredericton, a capital provincial, foi nomeada en homenaxe ao segundo fillo do rei Xurxo III,Federico, duque de York e Albany.

A elección de Fredericton como a capital de Novo Brunswick ofendeu a moitos habitantes deParrtown —posteriormente renomeada Saint John. Parrtown posuía unha poboación significativamente maior que Fredericton. A razón principal da elección de Fredericton como capital de Novo Brunswick era a súa localización no interior da provincia —o que a facía menos vulnerable a posibles ataques americanos (ou outros inimigos) que Parrtown, situada no litoral. Parrtown, con todo, converteríase na primeira cidade incorporada do Canadá.

Algúns dos acadianos que foran expulsados de Nova Escocia volveron á rexión da antiga Acadia a finais doséculo XVIII e principios doXIX. Estes acadianos instaláronse principalmente nas rexións costeiras do leste e do norte da nova colonia de Novo Brunswick. Alí, estes acadianos viviron relativamente illados (illamento dun certo xeito imposto voluntariamente por eles mesmos), na medida en que eles loitaron para manter vivas as súas tradicións.

AGuerra Anglo-Estadounidense de 1812 tivo pouco efecto en Novo Brunswick. Construíronse fortes como oCarleton Martello Tower en Saint John e oSt. Andrew's Blockhouse na baía de Passamaquoddy, pero os americanos non atacaron a rexión, e ningunha batalla ou conflitos armados de calquera xénero ocorreron en Novo Brunswick. Os habitantes da provincia tiñan boas relacións cos americanos do estado veciño de Maine —así como co resto deNova Inglaterra. Ata durante a guerra a cidade de St. Stephen forneceu munición aos americanos deCalais (ambas as cidades separadas por un río), nas celebracións do4 de xullo,día da independencia dos Estados Unidos.

Con todo, un tramo da fronteira entre Maine e Novo Brunswick estaba en disputa entre os americanos e os británicos. Oficiais enLondres e enWashington, D.C. loitaban pola rexión, pero á maioría dos habitantes da zona disputada non lle importaba, tanto permanecer baixo dominio británico como ser anexionado polos Estados Unidos. A disputa da fronteira, coñecida como Guerra Arrostook, foi solucionada en1842.

A principios do século XIX, gran número deescoceses e ingleses instaláronse en Novo Brunswick. En1845, un gran número deirlandeses, fuxindo daGran fame negra irlandesa. Moitos destes irlandeses instaláronse en Saint John ou en Chatham (esta última autodenominadaCapital irlandesa do Canadá). Os irlandeses, principalmentecatólicos, frecuentemente tiñan rozamentos co resto da poboación de Novo Brunswick, na súa gran maioríaprotestantes. En1849, o maior destes conflitos ocorreu en Saint John, cando protestantes e católicos encerelláronse nun tiroteo.

Ao longo do século XIX, asilvicultura e a construción de navíos —tanto na baía de Fundy como en Miramichi— foron as principais fontes de renda de Novo Brunswick. Outras fontes de renda importantes da provincia eran aagricultura e apesca.

1867 - Tempos actuais

[editar |editar a fonte]

En1864, oficiais dasProvincias Marítimas —Novo Brunswick, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo— realizaron un encontro enCharlottetown, onde discutiron a formación dunha posible fusión das tres colonias provinciais. Inicialmente a Conferencia de Charlottetown realizábase con este obxectivo, pero o goberno da provincia do Canadá —actuaisOntario eQuebec— interesouse na idea dunha posible unión, e representantes da provincia do Canadá incorporáronse ao encontro. Representantes das catro provincias atoparíanse novamente enQuebec. O1 de xullo de1867, aConfederación do Canadá foi creada oficialmente, e oCanadá fíxose independente do Reino Unido. Novo Brunswick foi unha das provincias orixinais da Confederación, xunto con Nova Escocia, Ontario e Quebec.

Moitos residentes das Provincias Marítimas non querían formar parte da Confederación, temendo que as necesidades da rexión serían pouco valoradas fronte as necesidades do resto do país. Como consecuencia, moitos dos "Pais da Confederación" das Provincias Marítimas perderon os seus postos nos gobernos das súas respectivas provincias, nas eleccións posteriores.

Logo da formación da Confederación, Novo Brunswick continuou crecendo economicamente, apoiándose na pesca, a minería e a silvicultura. Pero o crecente uso de navíos a vapor no Canadá e nos Estados Unidos fixo que a forte industria naval de Novo Brunswick —que producía embarcacións de madeira a vela— colapsara. A recesión económica veríase agravada polo grande incendio de 1877 en Saint John. Moitos traballadores expertos trasladáronse en dirección ao oeste, rumbo a outras rexións do Canadá, ou ao sur, cara aosEstados Unidos. Durante a década de 1890, diversas vías ferroviarias uniron Novo Brunswick co resto do país. Os ferrocarrís transportaban principalmente produtos producidos no interior do Canadá aportos das Provincias Marítimas.Halifax (en Nova Escocia) e Saint John convertéronse en grandes centros portuarios. Con todo, a competencia de produtos industrializados a prezos máis baratos, producidos enOntario ou noQuebec, creou unha recesión xeral na industria de manufactura de Novo Brunswick.

A economía da provincia recuperaríase a principios doséculo XX. A industria de manufactura gañou forza, especialmente a produción de mobles de madeira. O período de maior crecemento económico de Novo Brunswick durante o inicio do século foron os anos daprimeira guerra mundial. Logo, rematada a guerra, a caída da demanda de produtos industrializados xerou novamente unha gran recesión na industria de manufactura de Novo Brunswick, para recuperarse de novo a partir de1924.

Novo Brunswick sufriu coaGran Depresión da década de 1930, pero significativamente menos que o resto do Canadá. Isto porque a caída da demanda de papel —especialmente papel de xornal e produtos de madeira— non foi drástica, como ocorreu noutros sectores da economía do país en xeral. A Gran Depresión terminou co inicio dasegunda guerra mundial. Dúas familias influentes, K. C. Irving e McCain Foods, emerxeron da depresión, para iniciar a modernización da economía da provincia. A industria de manufactura gañou gran forza de novo.

Grandes depósitos dechumbo,cobre,prata ecinc foron descubertos na rexión deBathurst-Newcastle en1953. En1957, construíronse unha serie decentrais hidroeléctricas en Novo Brunswick. En1960, a maiorrefinaría do Canadá ata entón foi construída na provincia. En1962, iniciouse un proxecto de desenvolvemento das áreas onde foron descubertos grandes depósitos. O mesmo ano, iniciouse a extracción destes recursos minerais. En1968, inaugurouse a central hidroeléctrica Matmaquac, para fornecerelectricidade ás compañías que operaban nas minas de Bathurst-Newcastle.

Os acadianos, que habitaran as rexións norte e leste da provincia, vivían relativamente illados do resto da provincia, onde a maior parte dos habitantes falabaninglés. Os servizos gobernamentais con frecuencia non estaban dispoñibles en francés, e as infraestruturas en áreas predominantementefrancófonas estaban significativamente menos evolucionadas que no resto da provincia. Isto cambiou coa elección comopremier deLouis Robichaud en1960. Creou un ambicioso programa, chamadoEqual Opportunity (Igualdade de Oportunidades), onde aeducación, o mantemento deestradas rurais e os servizos de saúde pasarían a ser administrados directamente pola provincia. Insistiu na cobertura igualitaria destes servizos en todas as partes da provincia —tanto nas cidades canto no campo. Os consellos administrativos dos condados de Novo Brunswick foron abolidos, e todas as áreas rurais fóra de cidades e vilas pasaron a ser directamente administrados pola provincia. En1969, Novo Brunswick aprobou aLei de Linguas Oficiais, que fixo do francés unha lingua oficial da provincia, xuntamente co inglés, que xa era lingua oficial de Novo Brunswick. Nesta lei, todas as cidades de Novo Brunswick estarían obrigadas a fornecer servizos e carteis en francés, no caso de que os francófonos constituísen polo menos o 10% da poboación da cidade.

Tensións lingüísticas entre anglófonos e francófonos creceron en ambos os lados, co militante Partido Acadiano tendo por un curto período de tempo popularidade entre os francófonos de Novo Brunswick, durante a década de 1970, e grupos anglófonos apremando pola abolición das reformas lingüísticas realizadas por Robichaud, durante a década de 1980. As tensións a causa da lingua, con todo, decaeron gradualmente co pasar do tempo, e desapareceran por completo durante o inicio da década de 1990.

Mentres tanto a industria de fabricación de navíos desenvolveuse considerablemente durante a década de 1970. Diversas fábricas foron inauguradas en Saint John. En1982, púxose en marcha a primeiracentral nuclear nas Provincias Marítimas. En1997, inaugurouse a Ponte da Confederación, que conecta Novo Brunswick coa provincia veciña da Illa do Príncipe Eduardo.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Novo Brunswick limita ao norte conQuebec e ogolfo de San Lourenzo (que separa Novo Brunswick daIlla do Príncipe Eduardo), ao leste conNova Escocia e coabaía de Fundy, e ao sur e ao oeste coestado norteamericano deMaine.

Olitoral de Novo Brunswick posúe 2.269 quilómetros de extensión. O litoral da provincia está cortado por grandesbaías e entrantes. A maior destas baías é a de Fundy. Esta baía posúe as maiores variacións demarea do mundo, de máis de dez metros. O principalrío de Novo Brunswick é orío Saint John, que posúe 674 quilómetros de lonxitude na provincia. Outro río importante é o río St. Croix, que forma a fronteira de Novo Brunswick con Maine. Afervenza máis alta de Novo Brunswick —que posúe unha caída libre de 23 metros— localízase próxima a Grand Falls. Osbosques cobren cerca do 85% da provincia.

Novo Brunswick pode ser dividido en dúas rexións xeográficas distintas:

  • ARexión dosApalaches ocupa as rexións oeste, norte e sur de Novo Brunswick. É unha rexión moi accidentada, con moitas serras e vales profundos. As montañas das serras localizadas no norte desta rexión frecuentemente posúen máis de 600 metros de altitude. O punto máis alto da provincia,Monte Carleton, cos seus 820 metros de altitude, está localizado nesta rexión. Os picos das serras localizadas ao longo do litoral, pola súa banda, raramente superan os 300 metros de altitude. Os bosques cobren a maior parte da rexión dos Apalaches.
  • AsChairas Costeiras cobren a rexión céntrica e o nordeste de Novo Brunswick. Caracterízase polo seu terreo pouco accidentado e de baixa altitude —non máis de 150 metros sobre o nivel do mar. A maior parte das granxas da provincia están localizadas nesta rexión, aínda que os bosques tamén ocupan boa parte da rexión.

Clima

[editar |editar a fonte]
Vista do interior da provincia durante o inverno.

Novo Brunswick posúe unclima tépedo. As rexións localizadas ao longo do litoral posúentemperaturas máis amenas e un clima máis inestable que o do interior da provincia. Durante o inverno, as temperaturas de Novo Brunswick en xeral aumentan a medida en que se viaxa en dirección ao sur. No verán, as maiores temperaturas medias danse na rexión centro-oeste da provincia.

Eninverno, o sur de Novo Brunswick posúe unha temperatura media de -8 °C, cunha media das mínimas de -14 °C, e unha media das máximas de -3 °C. O interior do norte da provincia posúe unha temperatura media de -13 °C. A media das mínimas é de -18 °C, e a media as máximas, de -7 °C. O litoral do nordeste da provincia posúe temperaturas intermedias. A temperatura máis baixa rexistrada en Novo Brunswick foi de -47 °C, rexistrada en Sisson Dam o 1 de febreiro de1955.

Enverán, a rexión centro-oeste de Novo Brunswick posúe unha temperatura media de 20 °C. A media das mínimas é de 13 °C, e a media das máximas, de 26 °C. O interior do norte da provincia posúe unha temperatura media de 16 °C, coa media das mínimas de 10 °C, e a media das máximas, de 25 °C. A temperatura máis alta rexistrada en Novo Brunswick foi de 39 °C, rexistrada o 18 de agosto de1935, en Nepisiguilt Falls e Woodstock, e o 19 de agosto de 1935, en Rexton.

As taxas deprecipitación media anual dechoiva de Novo Brunswick é de 108 centímetros, aumentando a medida en que se viaxa en dirección ao sur. O sur rexistra unha media de 110 centímetros de precipitación anual, e a maior parte da rexión centro-norte, menos de 90 centímetros anuais. A taxa de precipitación media anual deneve de Novo Brunswick é de 314 centímetros.

Política

[editar |editar a fonte]
Mapa de Novo Brunswick.

OTenente Gobernador representa áraíña Isabel II como xefe de estado de Novo Brunswick. O xefe do goberno, e, na práctica, maior oficial doPoder Executivo da provincia, é oPremier ou primeiro ministro, a persoa que lidera opartido político con máis escanos na Asemblea Lexislativa da provincia. Opremier de Novo Brunswick preside un Consello Executivo, que é o Gabinete da provincia. O gabinete está formado por preto de 25 ministros diferentes, que administran os distintos departamentos (economía, educación etc). Tanto o primeiro ministro como os membros do gabinete renuncian se perden o soporte da maioría dos membros do poder lexislativo de Novo Brunswick.

OPoder Lexislativo de Novo Brunswick é a Asemblea Lexislativa, que está composta por 55 membros. Novo Brunswick está dividido en 55 distritos electorais diferentes. A poboación de cada un destes distritos escolle un membro que actuará como representante do distrito na Asemblea, para mandatos de ata cinco anos de duración. Se o tenente gobernador disolve a Asemblea antes destes cinco anos, a petición do primeiro ministro, todos necesitan presentarse á eleccións de novo. Non hai límite no número de mandatos que unha persoa poida exercer.

O maior tribunal doPoder Xudicial de Novo Brunswick é oCourt of Appeal of New Brunswick. Está composto por un xuíz-xefe e outros 12 cincoxuíces. OCourt of Queens's Bench é o segundo maior tribunal da provincia, e está composto por 61 xuíces. O Tribunal Provincial de Novo Brunswick é o terceiro tribunal en importancia da provincia, e está composto por 109 xuíces. Todos os xuíces doCourt of Appeal e doCourt of Queen's Bench son escollidos polo primeiro ministro de Novo Brunswick e aprobados simbolicamente polo tenente gobernador. Os xuíces continúan exercendo os seus cargos ata os 75 anos de idade, aínda que poden xubilarse con 65 anos de idade.

O goberno de Novo Brunswick é o responsable da prestación dos servizos de educación e de saúde, e do mantemento de estradas en xeral. Todas as cidades e vilas da provincia son administradas por un alcalde e por un consello, que son elixidos para mandatos de ata tres anos de duración. Osimpostos son responsables de preto da metade da composición do orzamento do goberno de Novo Brunswick. O resto provén de orzamentos recibidos do goberno federal e de préstamos.

Politicamente, Novo Brunswick estivo dominada igualmente polosliberais e polosconservadores. Desde o 18 de setembro de 2006, os liberais teñen a maioría na Asemblea, con 29 dos 55 escanos, e con Shawn Graham como primeiro ministro.[3]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Crecemento da poboación de Novo Brunswick
AnoHabitantes
1871285.594
1881321.233
1891321.263
1901321.120
1911351.889
1921387.876
1931408.219
1941457.401
1951515.697
1961597.936
AnoHabitantes
1966616.788
1971634.557
1976667.250
1981696.403
1986710.422
1991723.900
1996738.133
2001729.498
2006729.997
2007750.851

Ocenso de poboación canadense de2006 fixou a poboación de Novo Brunswick en 729.997 habitantes, un crecemento do 0,1% en relación á poboación da provincia en2001, de 729.498 habitantes.[4]

A poboación de Novo Brunswick é maioritariamenteanglófona, pero a provincia posúe unha poboaciónfrancófona de tamaño considerable. Os anglófonos constitúen un 64,36% da poboación de Novo Brunswick, fronte ao 32,37% de francófonos.[5] Estes francófonos denomínaselles xeralmente "acadianos" —nome proveniente deAcadia, o antigo nome de Novo Brunswick, durante a época en que a rexión estaba controlada polos franceses. Novo Brunswick é a única provincia oficialmente bilingüe do Canadá.[2]

As principais áreas urbanas de Novo Brunswick son a rexión metropolitana de Saint John (Saint John, Quispamsis e Rothesay) e a rexión metropolitana de Moncton (Moncton, Riverview e Dieppe). As rexións metropolitanas de Saint John e Moncton posúen cada unha entre preto de 120 e 130 mil habitantes. A rexión metropolitana de Fredericton, a capital provincial, posúe preto de 85 mil habitantes.

Razas e etnias

[editar |editar a fonte]

Composición racial da poboación de Novo Brunswick:

  • 96,4% Brancos
  • 2,3 Nativos americanos
  • 0,5% Afro-canadenses
  • 0,8% Outras razas

Relixión

[editar |editar a fonte]

Porcentaxe de poboación de Novo Brunswick por afiliación relixiosa:[6]

Novo Brunswick é unha das dúas únicas provincias canadenses onde oscatólicos son maioría na provincia, xunto conQuebec. Isto débese á gran poboación de orixefrancesa eirlandesa —que son na súa maioría católicos. As tres maiores afiliaciónsprotestantes de Novo Brunswick son a Igrexa Unida do Canadá, aIgrexa Baptista e aIgrexa Anglicana.

Principais cidades

[editar |editar a fonte]
Saint John.
Fredericton.
Municipio20011996
Saint John69.66172.494
Moncton61.04659.313
Fredericton47.56046.507
Miramichi18.50819.241
Edmundston17.37317.876
Riverview17.01016.684

Saint John é a maior cidade de Novo Brunswick. É unha cidade portuaria, cunha forte industria demanufactura. Os principais produtos industrializados procesados e producidos na cidade sonmadeira,papel epetróleo. A maior parte das grandes fábricas de produción masiva da cidade son propiedade daK. C. Irving. A familia Irving tamén controla boa parte da economía da provincia, así como tres dos catroxornais anglófonos publicados en Novo Brunswick. Saint John non debe ser confundida conSaint John's, a capital deTerra Nova e Labrador.

Moncton é a segunda cidade máis poboada de Novo Brunswick, e a súa área urbana posúe as maiores taxas de crecemento de poboación da provincia. É principalmente un centro detransportes, distribución e comercial. Moncton posúe unha gran poboaciónfrancófona —preto do 35% da poboación da cidade. Está considerada polos acadianos, con carácter non oficial, como a capital de Acadia.

Fredericton é a capital e a terceira cidade máis poboada. É o principalcentro universitario da provincia, así como un gran centro cultural, sede da Galería de Artes Beaverbrook, o Teatro de Novo Brunswick e oNew Brunswick Sports Hall of Fame.

Economía

[editar |editar a fonte]

OProduto Interior Bruto de Novo Brunswick é de preto de 15,7 mil millóns dedólares canadenses por ano. Arenda per cápita da provincia é de 20.833 dólares canadenses.

Osector primario supón un 5% doPIB de Novo Brunswick. Aagricultura e agandería responden xuntas polo 2% do PIB da provincia, e empregan aproximadamente a 6,1 mil persoas. Novo Brunswick posúe preto de 3,4 mil granxas que cobren o 5% da provincia. Os principais produtos do sector primario en Novo Brunswick son aspatacas, asflores ornamentais e a carne e oleitebovina. Asilvicultura achega un 2% do PIB da provincia, empregando a preto de 7 mil persoas. Apesca supón cerca do 1% do PIB, e emprega a preto de 3 mil persoas. O valor anual da pesca capturada na provincia é de aproximadamente 175 millóns de dólares canadenses.

Osector secundario achega o 25% do PIB de Novo Brunswick. A industria demanufactura achega o 14% do PIB da provincia e emprega aproximadamente a 41 mil persoas. O sector da construción supón o 5% do PIB da provincia e emprega a preto de 19,6 mil persoas. Aminería achega o 2% do PIB e emprega aproximadamente a 3 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos en Novo Brunswick son ochumbo, ocobre, aprata, ocinc, ocadmio, obismuto, oouro e ocarbón.

Osector terciario supón o por 70% do PIB de Novo Brunswick. Os servizos supón o 22% do PIB da provincia e empregan a preto de 127,3 mil persoas. Os servizos financeiros e inmobiliarios empregan aproximadamente a 12,7 mil persoas e supón máis do 22% do PIB de Novo Brunswick. O comercio por xunto e polo miúdo responde por un 11% do PIB da provincia e emprega aproximadamente a 55,1 mil persoas.Transportes etelecomunicacións supón o por 10% do PIB e empregan aproximadamente a 32,2 mil persoas e os servizos gobernamentais o 10% do PIB da provincia, empregando aproximadamente a 22,9 mil persoas. Os servizos públicos responden polo 4% do PIB da provincia e empregan aproximadamente a 4,3 mil persoas.

Cerca do 30% daelectricidade xerada en Novo Brunswick está producida polacentral nuclear de Point Lepreau, o 35% é xerada encentrais termoeléctricas acarbón ou apetróleo, e o 15% encentrais hidroeléctricas. O outro 20% xérase en centrais localizadas fóra de Novo Brunswick, pero administradas pola provincia. Preto da metade da electricidade xerada en Point Lapreau é exportada ósEstados Unidos. Novo Brunswick tamén exporta electricidade áIlla do Príncipe Eduardo.

Educación

[editar |editar a fonte]

Durante oséculo XVIII, a educación impartíase nos fogares ou enescolas privadas. En1816, Novo Brunswick creou un sistema de escolas públicas, onde existiría polo menos unha escola en cada condado da entón colonia británica. Con todo, orzamentos insuficientes por parte do goberno de Novo Brunswick forzaron a moitas destas escolas a cobrar pola prestación da educación. Foi en1871 cando a provincia implantou o sistema de distritos escolares, dando a estas divisións administrativas o poder de cobrarimpostos con fins educativos. En1967, Novo Brunswick pasou a achegar tódolos orzamentos necesarios para o seu sistema escolar público. Os distritos escolares, con todo, non foron extinguidos, perdendo soamente o seu poder de cobrar impostos.

Actualmente, é o Ministerio de Educación de Novo Brunswick o responsable de ditar regras e patróns das escolas da provincia. Non existen xa os distritos escolares en Novo Brunswick e as escolas son administradas directamente pola provincia. A atención escolar é obrigatoria para todos os nenos eadolescentes con máis de sete anos de idade, ata a conclusión doensino secundario ou ata os dezaoito anos de idade.

Durante o curso 2004/2005, as escolas públicas da provincia atenderon a 117.205 estudantes, empregando a 7.509profesores. O sistema de escolas públicas da provincia investiu 1.013,6 millóns de dólares canadenses, e o gasto das escolas públicas por estudante foi de 8.653 dólares canadenses.[7]

Novo Brunswick posúe actualmente cinco sistemas debibliotecas públicas. A biblioteca provincial, localizada en Fredericton, fornece parte dos orzamentos necesarios para o mantemento destas bibliotecas públicas. A primeira institución de ensino superior de Novo Brunswick, a Universidade de Novo Brunswick, en Fredericton, foi fundada en1785.

Transportes

[editar |editar a fonte]

Novo Brunswick posúe preto de mil quilómetros devías férreas e 955 quilómetros devías públicas. Saint John é o principal centro de transportes en xeral de Novo Brunswick, e un gran centro portuario, aeroportuario e ferroviario canadense. É un dos poucos centros portuarios do leste canadense que opera todo o ano.

Medios de comunicación

[editar |editar a fonte]

Os primeirosxornais publicados en Novo Brunswick foron oThe Royal Gazette e oThe New Brunswick Advertiser, que foron publicados en1785. Actualmente publícanse na provincia preto de 25 xornais, dos cales cinco son diarios.

A primeira estación deradio de Novo Brunswick foi fundada en1923, en Fredericton. A primeira estación detelevisión da provincia foi fundada en1954, en Saint John. Actualmente, Novo Brunswick posúe 31 estacións de radio —das cales 11 estacións son de radio AM e 20 estacións son de FM— e tres estacións de televisión.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Por exemplo enIGADI, ed. (2006)."Unha nación para Quebec".Dossier Exterior (21). Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 07 de novembro de 2014. 
  2. 2,02,1A sección 16 da Carta Canadense de Dereitos e Liberdades (Charte canadienne des droits et libertés /Canadian Charter of Rights and Freedoms), baixo a rúbrica "Linguas oficiais do Canadá", establece:"16.2 O francés e o inglés son as linguas oficiais de Novo Brunswick; estas teñen un estatuto de dereitos e privilexios iguais en canto ao seu uso nas institucións da Lexislatura e do goberno de Novo Brunswick".
  3. Canadian Broadcasting Corporation (2006)."Liberals topple Lord's Tories in New Brunswick". Arquivado dendeo orixinal o 29/08/2007. Consultado o 13/03/2008. 
  4. Statistics Canada."Population and dwelling counts, for Canada, provinces and territories, 2006 and 2001 censuses". Arquivado dendeo orixinal o 13/02/2008. Consultado o 14/03/2008. 
  5. Statistics Canada."Population by mother tongue and age groups, 2006 counts". Arquivado dendeo orixinal o 12/03/2009. Consultado o 14/03/2008. 
  6. Statistics Canada."Selected Religions, for Canada, Provinces and Territories (2001 Census)". Arquivado dendeo orixinal o 08/08/2009. Consultado o 14/03/2008. 
  7. Statistics Canada:Public School Indicators for the Provinces and Territories, 1998-1999 to 2004-2005Arquivado 27 de decembro de 2007 enWayback Machine.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Novo BrunswickModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Provincias
Bandeira do Canadá
Territorios
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Novo_Brunswick&oldid=7210757»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp