No cerro da Mola levántase o castelo que foi a orixe de Novelda, situado no corredor de ligazón que atravesa as serras subbéticas valencianas, polo que o río discorre no seu tramo medio.
O clima de Novelda émediterráneo seco, pero as súas temperaturas ao longo de todo o ano son constantes e agradábeis. En inverno fai relativo frío, sendo a temperatura media 8 °C, pero no verán a calor tamén se mantén con temperaturas medias de 24 °C. O núcleo principal está á dereita dorío Vinalopó, que atravesa o termo municipal. Ten unha extensión de 75,7 km². Atópase a 241 metros de altura e a 24 km deAlacant.
Aagricultura noveldense xira en torno ao monocultivo dauva de mesa dentro das súas dúas variedades principais: Aledo e Ideal. A actividade industrial máis importante é a fabricación e elaboración demármore e de pedra natural. Outra actividade industrial representada no municipio é a agroalimentaria, especializada no envasado e comercialización deespecias,condimentos e infusións.
Entre o 18 e o 25 de xullo teñen lugar as festas de Mouros e Cristiáns e Patronais. O 22 de xullo celébrase a festividade de Santa María Madalena, patroa da cidade. O 21 e o 23 teñen lugar os desfiles deMouros e Cristiáns.
Outra festa propia da cidade é a "procesión das 40 horas" que se celebra todos os martes deEntroido. Neste acto sácase a Sacra Forma polas rúas do centro da cidade. Chama a atención que nun día pagán como o Entroido se celebre un acto relixioso. A orixe veu por unha peste que azoutou á cidade e, desde entón, foille concedida á cidade este privilexio papal para liquidar a pena.