Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Nova Dramaturxia Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo non posúe unha introdución axeitada
Aintrodución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.

O concepto deNova Dramaturxia Galega é un concepto complexo, posto que a súa adscrición temporal varía segundo o autor ao que esteamos a seguir e a época en que dito autor desenvolveu o seu traballo. A nomenclatura Nova Dramaturxia aparece por primeira vez en1979, no libroO Teatro Galego, deManuel Lourenzo eFrancisco Pillado Mayor. Para estes dous estudosos, a etapa da Nova Dramaturxia estaba comprendida entre1882 (ano da estrea d'A fonte do xuramento, deFrancisco María de la Iglesia) e1903 (data da aparición daEscola Rexional de Declamación). O motivo disto radica en que, a partir de1882, xorde por primeira vez a necesidade de crear un teatro galego diferente do teatro popular dominante ata aquela data.

Porén, en1996 (e sobre todo a partir de1998),Manuel Vieites revisará este termo, dándolle unha significación diferente e situándoo nun espazo de tempo distinto. Así, na opinión de Vieites, a etapa da Nova Dramaturxia estaría comprendida entre1969 e1999. O seu comezo en1969 responde á aparición daAgrupación Cultural Abrente, arredor da cal xurdirán as famosasMostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980). O seu final, coincide coa chegada do novo milenio. Segundo este autor, a Nova Dramaturxia preséntase como un axente renovador do teatro galego, con presupostos non moi distantes daNova Narrativa Galega ou do movemento renovador da poesía galega producido a comezos e mediados da década de 1970, a través de grupo comoLoia,Grupo Rompente,Cravo Fondo,...

Seguindo con Manuel Vieites, na opinión deste autor a Nova Dramaturxia podería dividirse en tres fases, as cales esquematizamos seguir:

  1. Ogrupo de Ribadavia (1969-1977): fase de formación.
  2. Apromoción dos oitenta (1977-1985): fase de desenvolvemento.
  3. Apromoción dos noventa (1985-1999): fase de consolidación.

A primeira das etapas, xa que logo, é a do “grupo de Ribadavia”, colectivo de autores que este autor compara coa xeración “simbolista” do teatro español, posto que ambas as dúas utilizarán a escena como un medio de loita contra o franquismo.

Ve o seu comezo esta “fase de formación” da Nova Dramaturxia en 1969, concretamente o día 8 de novembro dese ano, cando nace aAgrupación Cultural Abrente deRibadavia. Lembremos que neste período estamos de cheo somerxidos no momento doteatro independente en Galicia, o cal non exime que existisen tendencias contrarias a este.De facto, na segunda edición do Concurso Abrente de Obras Teatrais en Galego (1974) (o premio das Mostras Abrente) xurdiu a máis que vella polémica que confrontaba a liña do teatro costumista coa dun teatro innovador e independente. Evidentemente, a segunda delas foi a que mellor sorte gozou.

Serían dramaturgos destacados deste período:Manuel Lourenzo,Euloxio R. Ruibal,Roberto Vidal Bolaño,Xosé Agrelo Hermo,Xosé Manuel Carballo Ferreiro,Xosé Vázquez Pintor,Teodoro Piñeiro eMillán Picouto.

Séguelle a este grupo deRibadavia a promoción dos oitenta, cuxa etapa abarca desde1977 ata1985. Esta comeza coa obtención deCamilo Valdeorras do Premio Abrente de Teatro na súa quinta edición, coa pezaProgreso e Andrómena do Antroido, publicada en1978 por Edicións do Rueiro. Serán non obstante, segundo Vieites,Camilo Valdeorras eManuel Guede, xunto con autores comoConstantino Rábade Castiñeira,Pazos Varela ouAlberto Avendaño, os escritores dramáticos que funcionen de ponte entre Abrente e as últimas promocións.

A promoción dos oitenta, segundo Vieites, está integrada por:Xesús Pisón,Camilo Valdeorras,Manuel Guede,Pazos Varela,Constantino Rábade Castiñeira,Xosé María Álvarez Cáccamo,Andrés Álvarez Vila,Xosé Cid Cabido,Alberto Avendaño,Antón Reixa,Anxo Rey Ballesteros,João Guisam Seixas,Xosé Luís Martínez Pereiro,Miguel Anxo Fernán-Vello,Luísa Villalta,Paulino Pereiro,Antón Rey Castro,Joel Rodríguez Gómez,Ramón Blanco Rey,Suso de Toro eAntón Cortizas.

Ve o seu final a etapa desta promoción dos oitenta en1985, cando, como sinala Manuel Vieites, A. Souto gaña unha mención no IV Concurso de Teatro Breve daEscola Dramática Galega (EDG). Vai ser este o acontecemento que suporá o comezo da actividade da promoción dos noventa, formada polos autores dramáticos que se dan a coñecer entre1985 e1999, entre os que figuran:Cándido Pazó,Quico Cadaval,Miguel Anxo Murado,Roberto Salgueiro,Xosé Sendón,Manuel Núñez Singala,Xavier Picallo,Gustavo Pernas,Camilo Pardo,Lino Braxe,Imma António Souto,Raúl Dans,Xavier Lama,Miguel Sande,Ana Vallés,Hernán Naval,Marcos Orsi,Francisco Souto, Antonio Blanco eMaría Cajigal.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nova_Dramaturxia_Galega&oldid=7043596»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp