Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Northrop Grumman B-2 Spirit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Northrop Grumman B-2 Spirit
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
Características
 Fabricante
 Total producido
21Editar o valor en Wikidata
 Sensores
 Impulsado por
Dimensións
Lonxitude21 mEditar o valor en Wikidata
Envergadura52,4 mEditar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
17 de decembro de 1993Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
17 de xullo de 1989Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/01dvtEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

ONorthrop Grumman B-2 Spirit (tamén coñecido comoStealth Bomber) é un bombardeiro estratéxicoestadounidense, que conta con certas características furtivas, deseñado para penetrar defensas antiaéreas densas; é capaz de lanzar tanto armas convencionais como nucleares. O bombardeiro ten capacidade para dous tripulantes e pode cargar 18 bombas guiadas por GPS JDAM de 230 kg, ou 16 bombas nucleares B83 de 1.100 kg. O B-2 é o único avión que pode levar armasstandoff aire-terra en configuración furtiva.

O seu desenvolvemento orixinal comezou co proxecto "Advanced Technology Bomber" (ATB) durante a administraciónCarter, e o seu rendemento foi un dos motivos da cancelación poloB-1 Lancer. O proxecto ATB continuou durante a administraciónReagan, pero preocupacións polo atraso na súa introdución fixeron que tamén se rehabilitase o programa do B-1. O seu custo elevouse durante a fase de desenvolvemento. Deseñado e fabricado por deNorthrop Grumman coa asistencia deBoeing, o custo de cada exemplar era de 737 millóns de dólares (en1997). Os custos de adquisición de cada avión eleváronse a 929 millóns, o que incluía pezas de reposto, equipamento, reacondicionamento e soporte de software. O custo total do programa, contando desenvolvemento, enxeñería e probas, supuxo 2.100 millóns por unidade en 1997.

Debido ao investimento e aos custos operativos elevados, o proxecto foi controvertido no Congreso e no Estado Maior Conxunto dosEstados Unidos. A desaparición daguerra fría a finais dos anos 80 reduciu dramaticamente a necesidade do avión, que fora deseñado coa intención de penetrar o espazo aéreo soviético e atacar obxectivos de alto valor. Durante os últimos anos dos 80 e os primeiros do 90, o Congreso recortou os plans iniciais para mercar 132 bombardeiros a tan só 21. No ano2008 un B-2 resultou destruído nun accidente pouco despois da súa engalaxe. Un total de 20 B-2 continúan en servizo na USAF.

Aínda que orixinalmente foi deseñado principalmente como bombardeiro nuclear, o B-2 foi usado en combate por vez primeira con armamento convencional enSerbia, durante aguerra de Kosovo en1999, e continuou operando nas guerras deIraq eAfganistán. Os B-2 foron tamén usados durante a guerra civil enLibia do2011.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Northrop_Grumman_B-2_Spirit&oldid=7109031»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp