Conta cuns 16.000 estudantes degraos universitarios e case 8.000 estudantes de posgrao.
Northeastern ten un programa de educación cooperativa que integra o estudo na aula coa experiencia profesional en todo o mundo. No curso2012-2013 participaron no programaco-op 7.968 alumnos. Northeastern University ten máis de 275,000 exalumnos vivos en máis de 180 países de todo o mundo.[1]
O YMCA de Huntington Avenue arredor de1920, sede do "Evening Institute for Younger Men"
Fundado en1898 como o "Evening Institute for Younger Men" no YMCA de Huntington Avenue, a primeira clase nocturna celebrouse o 3 de outubro de 1898. A primeira facultade de dereito foi creada ese ano coa axuda dunComité Asesor, coa Facultade de Dereito da Universidade deHarvard e a Facultade de Dereito daUniversidade de Boston, e o xuíz James R. Dunbar. En1916, o Northeastern College incorporouse legalmente ao sistema universitario. En marzo de1922, o nome da universidade cambiou deNortheastern College aNortheastern University.
Despois daSegunda guerra mundial, Northeastern comezou a admitir mulleres. A principios dos anos 80, tiña case 60.000 estudantes. A comezos dadécada dos 90 reducíronse a uns 2.800 alumnos. Actualmente conta con máis de 20.000
Northeastern está categorizada como RU/H Research University (alta actividade de investigación) polaCarnegie Classification of Institutions of Higher Education. En2011, Northeastern abriu o Instituto de Investigación George J. Kostas para a Seguridade Nacional. O seu orzamento é de 616,6 millóns de dólares.[2]