Norovirus é unxénero devirus de ARN monocatenario sen envoltura diversos xeneticamente da familiaCaliciviridae.[1] Os virus coñecidos deste xénero considéranse todos cepas dunha soa especie chamadavirus Norwalk. Estes virus transmítense polaruta fecal-oral por medio de alimentos ou auga contaminados; polo contacto persoa a persoa;[2] e por medio daaerosolización do virus e a conseguinte contaminación das superficies.[3] Os Norovirus son a causa máis común degastroenterite viral nos humanos, e afectan a persoas de todas as idades.[4]
A infección por Norovirus caracterízase por producir náuseas, vómitos, diarrea acuosa, e dor abdominal, e nalgúns casos, perda do gusto. Pode producir tamén fatiga xeral, debilidade, dor muscular, dor de cabeza, tose, e febre baixa. O virus tende a causar vómitos e a espallarse máis facilmente en época invernal.[5] A enfermidade é xeralmente autolimitada, e os casos de enfermidade grave son raros. O virus afecta arredor de 267 millóns de persoas e causa unhas 200.000 mortes ao ano no mundo; estas mortes prodúcense normalmente nos países subdesenvolvidos e entre os nenos pequenos, os vellos e osinmunosuprimidos.[6]
Despois dainfección, ainmunidade que xera o norovirus é xeralmente incompleta e temporal[7] e algún estudo chega á conclusión de que a inmunidade protectora contra a mesma cepa de norovirus dura seis meses.[8] Os estalidos epidémicos de infeccións por norovirus adoitan ocorrer en comunidades pechadas ou semipechadas, como as de persoas que están en instalacións de coidados médicos a longo prazo, campamentos de verán, hospitais, prisións, dormitorios, e buques cruceiros, onde a infección se estende moi rapidamente de persoa a persoa ou por comida contaminada.[9] Comprobouse que moitos estalidos de infeccións por norovirus procedían de alimentos que foran manexados por persoas infectadas.[10]
Os norovirus son inactivados rapidamente ao aplicarlles unha calor suficiente ou por desinfectantes clorados, pero o virus é menos susceptible aos alcohois e deterxentes, xa que non ten unha envolturalipídica.[11]
O nome do xéneroNorovirus deriva dovirus Norwalk, que é a única especie dese xénero. A especie causa aproximadamente o 90% dos estalidosepidémicos non bacterianos degastroenterite en todo o mundo,[12][13][14]
A diagnose específica dos norovirus faise rotinariamente por medio dareacción en cadea da polimerase (PCR) ouPCR cuantitativa, que dá resultados en poucas horas. Estas probas de PCR son moi sensibles e poden detectar cantidades tan pequenas de virus como 10 partículas víricas.[15]
As probas deELISA que utilizananticorpos contra unha mestura de cepas de norovirus están dispoñibles comercialmente, pero carecen de especificidade e sensibilidade.[16]
Os norovirus transmítense directamente de persoa a persoa e indirectamente por medio de auga e alimentos contaminados co virus. Son extremadamente contaxiosos, e tan só 20 partículas de virus son dabondo para producir unha infección[4] (e algunhas investigacións indican que só 5).[8] A transmisión do virus pode producirse tamén cando este formaaerosois (vai en pequenas gotiñas que flotan no aire) orixinados cando unha persoa infectada vomita, ou no cuarto de baño cando hai vómitos e diarrea; a infección pode producirse ao comer alimentos ou respirar o aire que hai nunha zona en que se vomitou, mesmo se foi debidamente limpada.[17] O virus continúa espallándose despois de que os síntomas desapareceran e ata moitas semanas despois da infección.[18]
Os vómitos transmiten a infección de xeito especialmente eficaz. Comprobouse nun restaurante que foran infectadas moitas persoas simplemente porque unha persoa tivera alí vómitos, a pesar de que o lugar fora limpado rapidamente. A causa non foi inmediatamente identificada, pero os investigadores atoparon que máis do 90% das persoas que estiveran na mesma mesa da persoa que vomitou caeron tamén enfermas, e había unha correlación entre a proximidade das outras mesas á mesa en cuestión e a incidencia que tivo a infección (desde o 75% en mesas próximas ata o 25% en mesas afastadas).[17]
As medidas hixiénicas cando hai casos de gastroenterite diminúen o risco de novas infeccións, pero non o eliminan totalmente.[19] Un estudo doCDC dos Estados Unidos sobre 11 estalidos epidémicos no estado deNova York atopou en 7 deses episodios transmisión de persoa a persoa, en 2 transmisión polos alimentos, en 1 pola auga, e en 1 por causas descoñecidas. A transmisión pola auga pode ser por auga da traída municipal, pozos, lagos recreativos, piscinas e máquinas de xeados.[20]
Osmariscos e os ingredientes das ensaladas son os alimentos implicados con máis frecuencia nas transmisións de norovirus.[21] Outros alimentos poden ser tamén contaminados por persoas infectadas que os manipularon ou cociñaron.[22]
Os norovirus son un grupo xeneticamente diverso de virus de ARN monocatenario sen envoltura da familiaCaliciviridae.[23] Segundo oComité Internacional de Taxonomía de Virus, o xéneroNorovirus ten unha soa especie, denominada virus Norwalk (Norwalk virus).[1] Os seusserotipos, cepas e illados inclúen os seguintes:[24]
En total, os norovirus poden ser clasificados xeneticamente en 5 xenogrupos (GI, GII, GIII, GIV, e GV), os cales poden subdividirse en agrupacións xenéticas ouxenotipos. Por exemplo, o xenogrupo II, que é o máis frecuente en humanos, actualmente comprende 19 xenotipos. Os xenogrupos I, II e IV infectan ahumanos, mentres que o xenogrupo III infecta abovinos, e o xenogrupo V foi illado recentemente enratos.[25]
Os norovirus que se illan en casos de gastroenterite aguda humana pertencen xeralmente a dous xenogrupos. Estes xenogrupos comúns son: o xenogrupo I (GI) inclúe o virus Norwalk, virus Escudo do Deserto e virus Southampton; e o II (GII), inclúe o virus Bristol, virus Lordsdale, virus Toronto, virus México, virus Hawai e virus Snow Mountain.[23][26]Os norovirus do xenogrupo II, xenotipo 4 (abreviados como GII.4) son responsables da maioría dos estalidos epidémicos degastroenterite en adultos e a miúdo estenden a infección por todo o mundo.[27]Exemplos recentes son a cepa US95/96-US, que estivo asociada cunha epidemia mundial na segunda metade da década de 1990; o virusFarmington Hills asociado con epidemias enEuropa e osEstados Unidos de América en 2002 e 2004; e o virus Hunter, asociado con epidemias en Europa,Xapón eAustralasia. En 2006, houbo outro grande incremento da incidencia dos norovirus por todo o globo.[28]
Algúns informes atoparon unha ligazón entre a expresión dosantíxenos dos grupos histo-sanguíneos humanos (HBGAs) e a susceptibilidade á infección por norovirus. Certas cepas necesitan certos antíxenos para comezar a infección. Os estudos suxiren que acápside viral dos norovirus puido ter evolucionado polapresión selectiva dos HBGAs humanos. Aínda que non está claro se os HBGAs actúan como receptores primarios do virus ou só potencian a súa infectividade, son importantes factores para determinar a especificidade de tecido e o risco de transmisión.[29]
Un estudo de 2008 indicou que a proteínaMDA-5 pode ser o sensor inmunitario primario para detectar a presenza de norovirus no corpo.[30] Algunhas persoas teñen variacións comúns doxene MDA-5 que poderían facelos máis susceptibles á infección por norovirus.[31]
Un estudo de 2010 atopou que unha versión xenética específica dos norovirus (que non sería distinguible doutros tipos do virus utilizando as probas de anticorpos estándar) interacciona cunha mutación específica no xeneATG16L1 e isto axuda a causar o inicio daenfermidade de Crohn sintomática nos ratos que foron sometidos a un composto químico que orixina danos intestinais similares aos do Crohn en humanos. Non obstante, este único estudo non proba que o norovirus cause a enfermidade de Crohn en humanos, xa que nela inflúen varios factores.
Estrutura de cristalografía de raios X da cápside do virus Norwalk.
Os norovirus conteñen unxenoma deARN monocatenario desentido positivo de aproximadamente 7,5kbp, que codifica unha proteína estrutural principal (VP1) de aproximadamente 58~60kDa e unha proteína menor dacápside (VP2).[32] As partículas do virus teñen unha estrutura superficial amorfa cando se visualizan conmicroscopio electrónico e teñen un tamaño de 27-38nm.[33]A rexión máis variable da cápside viral é o dominio P2, que contén sitios depresentación de antíxenos e rexións de unión a receptores carbohidratos.[34][35][36][37]
Ataxa de mutación estimada (de 1.21 x 10−2 a 1.41 x 10−2 substitucións por sitio e ano) neste virus é alta mesmo comparada con outrosvirus de ARN.[38]
Cando unha persoa se infecta con norovirus, o virus empeza a replicarse no seuintestino delgado. Pasados uns dous ou tres días, poden aparecer os síntomas da infección. O síntoma principal é unhagastroenterite aguda, que se desenvolve entre 24 e 48 horas despois da exposición, e dura de 24–60 horas.[14] A doenza é xeralmente autolimitada, e caracterízase por producir náuseas, vómitos, diarrea acuosa, e dor abdominal, e nalgúns casos perda do gusto. Tamén se poden presentar fatiga xeral, debilidade, dores musculares e de cabeza, tose, e febre baixa.
Os casos graves son raros, e aínda que a doenza pode requirir un tratamento de urxencia, raramente require hospitalización. As mortes por causa dos norovirus prodúcense xeralmente entre os nenos pequenos, as persoas vellas e as que teñen o seu sistema inmunitario debilitado. Os síntomas poden chegar a ameazar a vida nestes grupos da poboación cando se produce unha forte deshidratación e esta é ignorada e non tratada.[2]
O virus é moi contaxioso e difícil de eliminar por completo. Un método efectivo para reducir a transmisión dos norovirus é lavar as mans con auga e xabón. Poden usarse tamén ademais frotacións con alcohol (≥62%etanol), pero isto é menos efectivo que o lavado das mans, xa que os norovirus carecen deenvoltura viral lipídica.[11] As superficies nas que pode haber partículas de norovirus poden ser desinfectadas cunha solución de 1,5% ao 7,5% delixivia en auga, ou outros desinfectantes efectivos contra os norovirus.[39][40][41]
Nas instalacións sanitarias, a prevención deinfeccións nosocomiais implica a limpeza de rotina e de control de infeccións. Os sistemas de limpeza con vapor de alcohol non inflamable en CO2 son uns dos utilizados en instalacións hospitalarias cando os aparatos médicos electrónicos se poderían ver afectados polo uso de desinfectantes clorados en aerosol ou compostos cáusticos.[42]
En canto ásvacinas contra os norovirus, actualmente non hai ningunha en uso. A compañíaLigocyte (posteriormente absorbida porTakeda) anunciou en 2007 que estaba traballando na obtención dunha vacina da que se iniciaran ensaios en fase I.[43][44] En 2011, unha vacina monovalente nasal completara os ensaios en fase I/II, mentres que as vacinas bivalentes muscular e nasal estaban aínda nas fases iniciais do seu desenvolvemento.[45] As dúas vacinas utilizan unha partícula similar ao virus que está formada por proteínas da cápside deNorovirus para imitar a estrutura externa do virus. Como non hai ARN dentro desas partículas, estas son incapaces de reproducirse e non poden causar infección.[43]
Os norovirus poden sobrevivir durante longos períodos de tempo fóra do corpo humano dependendo das condicións da superficie e temperatura nas que se atopen: poden permanecer semanas en superficies duras[46], e ata 12 días en tecidos contaminados, e poden sobrevivir meses, e talvez anos, en augas tranquilas contaminadas.[47] Un estudo feito en 2006 encontrou que o virus persistía 7 días en varias superficies utilizadas para a preparación de alimentos despois da contaminación.[48]
Nalgúns países empréganse protocolos para detectar norovirus (ARN de norovirus) enameixas eostras por medio da reacción en cadea da polimerase con reversotranscrición (RT-PCR).[49]
Nas persoas que teñen unhamutación que produce unhafucosiltransferase FUT2 non funcional, comprobouse que esta alteración proporciona unha alta protección contra os norovirus máis comúns GII.4.[50] A fucosiltransferase FUT2 funcional transfire unhafucosa (azucre) ao extremo do precursor do antíxeno do grupo histo-sanguíneo ABO(H) en células gastrointestinais e dasglándulas salivares. O antíxeno ABH producido crese que podería actuar como receptor para os norovirus humanos. Os portadoreshomocigotos de calqueramutación sen sentido no xene FUT2 denomínanse non secretores, xa que non producen os antíxenos H tipo 1 ou o Lewis b nas súas céluals intestinais[51]. Os non secretores son máis resistentes (aínda que non teñen unha protección absoluta) ante o norovirus GII.4.[52] Os non secretores poden de todos modos producir antíxenos ABH nos seuseritrocitos, xa que o precursor o forma o xene FUT1.[51] Algúns xenotipos de norovirus (GI.3) poden infectar a non secretores.[53]
Entre as persoas que son secretores positivos, os que son dogrupo sanguíneo O teñen unha maior probabilidade de ser infectados e os do grupo B teñen menos.[54][55][56]
O norovirus foi chamado orixinalmente "axente Norwalk" pola localidade deNorwalk, Ohio, nos Estados Unidos, onde ocorreu un estalido epidémico de gastroenterite aguda en nenos dunha escola en 1968. En 1972, os exames de microscopía electrónica de mostras defeces almacenadas identificaron un virus, ao que se lle deu o nome de "virus Norwalk". Desde entón informouse doutros episodios epidémicos con síntomas similares. Aclonación esecuenciación do xenoma do virus Norwalk mostrou que eses virus tiñan unha organización xenómica que os facía membros da familiaCaliciviridae.[57] O nome foi acurtado a "norovirus" despois de que se identificaran en varios estalidos epidémicos en buques cruceiros. O nomeNorovirus para o xénero foi aprobado poloICTV en 2002.[58] Porén, en 2011, o ICTV publicou nunha nota e boletín informativo[59] no que recomendaba o uso do nome "virus Norwalk" en vez de "Norovirus" para falar das epidemias dese virus, para evitar asociacións negativas no Xapón co apelido Noro de moitas familias.[59]
Outros nomes que recibiron estes virus inicialmente, ademais de "axente Norwalk" e "virus Norwalk", foron "virus de tipo Norwalk", "virus estruturados redondos pequenos" (SRSVs), e "virus Snow Mountain".[60]
↑1,01,1Eric B. Carstens; King, Andrew; Elliot Lefkowitz; Adams, Michael Ian (2011).Virus Taxonomy: Ninth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Amsterdam: Elsevier. pp. 981–982.ISBN0-12-384684-6.
↑Parashar UD, Monroe SS (2001). ""Norwalk-like viruses" as a cause of foodborne disease outbreaks".Rev. Med. Virol.11 (4): 243–52.PMID11479930.doi:10.1002/rmv.321.
↑Noel J, Fankhauser RL, Ando T, Monroe SS, Glass RI (2000). "Identification of a distinct common strain of "Norwalk-like viruses" having a global distribution".J. Infect. Dis.179 (6): 1334–44.PMID10228052.doi:10.1086/314783.
↑d'Souza, D. H.; Sair, A.; Williams, K.; Papafragkou, E.; Jean, J.; Moore, C.; Jaykus, L. (2006). "Persistence of caliciviruses on environmental surfaces and their transfer to food". International Journal of Food Microbiology 108 (1): 84–91. doi:10.1016/j.ijfoodmicro.2005.10.024.PMID 16473426.
↑Carlsson B, Kindberg E, Buesa J, Rydell GE, Lidón MF, Montava R, Abu Mallouh R, Grahn A, Rodríguez-Díaz J, Bellido J, Arnedo A, Larson G, Svensson L. (2009). "The G428A Nonsense Mutation in FUT2 Provides Strong but Not Absolute Protection against Symptomatic GII.4 Norovirus Infection".PLOS ONE.PMID19440360.doi:10.1371/journal.pone.0005593.
↑51,051,1Shirato H (2011). "Norovirus and histo-blood group antigens".Jpn. J. Infect. Dis.64 (2): 95–103.PMID21519121.
↑Rydell GE, Kindberg E, Larson G, Svensson L (2011). "Susceptibility to winter vomiting disease: a sweet matter".Rev. Med. Virol.21 (6): 370–82.PMID22025362.doi:10.1002/rmv.704.
↑Nordgren J, Kindberg E, Lindgren PE, Matussek A, Svensson L (2010). "Norovirus gastroenteritis outbreak with a secretor-independent susceptibility pattern, Sweden".Emerg. Infect. Dis16 (1): 81–7.PMID20031047.doi:10.3201/eid1601.090633.
↑Kapikian AZ (1996). "Overview of viral gastroenteritis".Arch. Virol. Suppl.12: 7–19.PMID9015097.
↑ICTVdB Management (2006). 00.012.0.03. Norovirus. In: ICTVdB — The Universal Virus Database, version 4. Büchen-Osmond, C. (Ed), Columbia University, New York, USA