Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Non-violencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mahatma Gandhi empregou con éxito as estratexias da non-violencia e adesobediencia civil contra oImperio Británico naIndia.

Anon-violencia[1] é unhafilosofía eestratexia para ocambio social que rexeita o uso daviolencia.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Como tal, a non-violencia é unha alternativa á aceptación pasiva daopresión e áloita armada contra ela. As persoas que practican a non-violencia poden usar varios métodos nas súas campañas para o cambiosocial, incluíndo as formasesenciais daeducación e a persuasión, adesobediencia civil e aacción directa non-violenta, e acomunicación realizada a través dos medios de comunicación.

A non-violencia está moitas veces ligada copacifismo mais son fundamentalmente diferentes. O pacifismo rexeita o uso daviolencia como unha decisiónpersoal porrazónsmorais ouespirituais, mais non implica unha inclinación cara ao cambiosociopolítico. A non-violencia, por outra banda, supón a intención de (mais non se limita ao) cambio social ou político como unha razón para o rexeitamento da violencia.

Unha persoa pode defender a non-violencia nuncontexto específico, mentres defende a violencia noutros contextos.

Historia recente

[editar |editar a fonte]

Nos tempos modernos, a non-violencia foi unha poderosa ferramenta para a protesta social.[2][3][4] Hai moitos exemplos do seu uso naresistencia non-violenta e a revolución non-violenta.

Algúns exemplos sonMahatma Gandhi, líder de décadas de loita non violenta contra o longodominio británico na India, que, finalmente, axudou aIndia a gañar a súa independencia en1947,Martin Luther King, adoptou os métodos non violentos na loita para gañar osdereitos civís dos afroamericanos ou as campañas de César Chávez na década de1960 para protestar contra o tratamento dos traballadores agrícolas enCalifornia.[5] En1989, a "Revolución de Veludo" enChecoslovaquia, que levou á caída dogobernocomunista,[6] é considerada unha das máis importantesrevolucións non-violentas dunha gran parte de1989.[7]

Máis recentemente, campañas, non-violentas deLeymah Gbowee e asmulleres deLiberia foron quen de acadar apaz despois de 14 anos deguerra civil.[8]

Seguidores

[editar |editar a fonte]

No estudo "Porque a resistenciacivil funciona", sobre o éxito dos métodos violentos e non-violentos, os primeiros conseguen unha cuarta parte dos obxectivos en comparación cos non-violentos que obteñen o éxito na metade dos casos.[9]

Críticos, detractores e adversarios

[editar |editar a fonte]

Lev Trotski,Frantz Fanon,Reinhold Niebuhr,Subhash Chandra Bose,George Orwell,Ward Churchill[10] eMalcolm X foron algúns críticos fervorosos da non-violencia, argumentando de varias formas que a non-violencia e o pacifismo son un intento de impoñer a moral daburguesía sobre oproletariado, que a violencia é unha necesario acompañamento á mudanza revolucionaria, ou que o dereito álexítima defensa é fundamental.

No medio darepresión violenta de radicais afroamericanos nos Estados Unidos durante a década de 1960, o membro dosPanteras Negras George Jackson dixo das tácticas de non-violencia deMartin Luther King:

O concepto da non-violencia é un falso ideal. Supón a existencia de compaixón e un sentido de xustiza por parte do adversario. Cando o adversario o pode perder todo e non ten nada que gañar co exercicio da xustiza e a compaixón, a súa reacción só pode ser negativa.[11][12]

Malcolm X tamén se enfrontou cos líderes dos dereitos civís sobre o tema da non-violencia, argumentando que a violencia non é unha opción para descartar:

Eu creo que é un crime para calquera persoa continuar a aceptar a brutalidade sen facer nada para defenderse.[13]

No seu libroHow Nonviolence Protects the State (Como a non-violencia protexe o estado), o anarquistaPedro Gelderloos critica a non-violencia como ineficaz,racista, estadista,patriarcal, cunha táctica e estratexia inferior aoactivismo militante, e errónea.[14] Gelderloos afirma que astradicionais eedulcoradas historias do impacto da non-violencia ignoran a participación de membros dosmovementos como oMovemento de independencia da India e oMovemento afroamericano polos dereitos civís e falsamente amosan Gandhi e King como os activistas de máis éxito nestes respectivos movementos.[15] Ademais, argumenta que a non-violencia é xeralmente defendida polosbrancos conprivilexios que esperan que "os pobos oprimidos, moitos dos cales son as persoas de cor, sufran con paciencia a violencia inconcibíbel, ata o momento en que o 'Gran Pai Branco' sexa influído polas demandas do movemento ou dos pacifistas cando eles acaden amasa críticalendaria" (o número suficiente de persoas).[16]

Aeficacia da non-violencia tamén foi cuestionada por algúns manifestantesanti-capitalistas defendendo unha "diversidade de tácticas" durante as manifestacións na rúa en toda Europa e os Estados Unidos de América despois das protestas contra a Organización Mundial do Comercio realizadas enSeattle e enWashington en1999.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paranon-violencia.
  2. Ronald Brian Adler, Neil Towne,Looking Out/Looking In: Interpersonal Communication, 9th ed. Harcourt Brace College Publishers, p. 416, 1999. "In the twentieth century, nonviolence proved to be a powerful tool for political change."
  3. Lester R. Kurtz, Jennifer E. Turpin,Encyclopedia of Violence, Peace, and Conflict, p.557, 1999. "In the West, nonviolence is well recognized for its tactical, strategic, or political aspects. It is seen as a powerful tool for redressing social inequality."
  4. Kurlansky, M.,Nonviolence: The History of a Dangerous Idea, Foreward byLama Dalai Lama,p. 5-6, Modern Library (8 de abril de 2008),ISBN 0812974476 "Advocates of nonviolence — dangerous people — have been there throughout history, questioning the greatness of Caesar and Napoleon and the Founding Fathers and Roosevelt and Churchill."
  5. Stanley M. Burstein and Richard Shek:"World History Ancient Civilizations ", páxina 154. Holt, Rinhart and Winston, 2005. As Chavez once explained, "Nonviolence is not inaction. It is not for the timid or the weak. It is hard work, it is the patience to win."
  6. "RP's History Online - Velvet Revolution". Arquivado dendeo orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 07 de febreiro de 2018. 
  7. Ives, Susan. «No FearArquivado 20 de xullo de 2008 enWayback Machine.», 19-10-2001. [Consulta: 17 maig 2009].
  8. Chris Graham,Peacebuilding alum talks practical app of nonviolenceArquivado 28 de outubro de 2009 enWayback Machine., Augusta Free Press, 26 de outubro de 2009.
  9. Stephan, Maria J.;Chenoweth, E.: «Why Civil Resistance Works».International Security, 3; 1 2008, páx. 7-44.
  10. Churchill, Ward et al.Pacifism as Pathology. Arbeiter Ring, 1998.
  11. Jackson, George. Soledad Brother: The Prison Letters of George Jackson. Lawrence Hill Books, 1994.ISBN 1-55652-230-4
  12. Walters, Wendy W. At Home in Diaspora. U of Minnesota Press, 2005.ISBN 0-8166-4491-8
  13. X, Malcolm and Alex Haley:"The Autobiography of Malcolm X", páxina 366. Grove Press, 1964
  14. Gelderloos, Peter.How Nonviolence Protects the State. Boston: South End Press, 2007.
  15. Ibid., p.7-12.
  16. Ibid., p.23.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Es
Es
Es
Es
Es
Es
Es
Es
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Non-violencia&oldid=6304927»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp