Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Nome

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome
Imaxe
 Parte de
 Composto por
 Manifestación de
 Estudado por
Identificadores
Freebase/m/015vq3Editar o valor en Wikidata
MeSHD009275Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Oscartuchos indican que osxeróglifos exipcios contidos neles son un nome darealeza.

Onome é a designación ou denominación verbal (as denominacións non verbais son estudadas pola iconoloxía e aiconografía) que se lle dá a unha persoa,animal, cousa, ou concepto tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, para distinguilo doutros. Como signo, en xeral é estudado pola semiótica, e comosigno nunha contorna social, pola semioloxía.

Estudo dos nomes

[editar |editar a fonte]

Substantivos

[editar |editar a fonte]

Dende un punto de vistagramatical, máis exactamente morfosintáctico, os nomes son denominadossubstantivos. Dende un punto de vistaléxico os nomes son clasificados como unidades fraseolóxicas ou títulos, mentres que a semántica, disciplina que estuda só o seusignificado, ocúpase de ver como os nomes se dividen e agrupan en campossemánticos estruturados por relacións de sinonimia, antonimia, hiperonimia, hiponimia,holonimia emeronimia ou porque comparten algúnsema.

Para a semiótica ou ciencia que estuda os signos, por outra banda, os nomes divídense en tres elementos constituíntes segundo oTriángulo de Ogden e Richards:significado,significante e referente.

Os nomes poden ser comúns ou propios: se soncomúns, sinalan obxectos abondosos, semellantes e idénticos, por exemplo, "home"; se sonpropios, polo menos en intención sinalan persoas, animais ou obxectos únicos e individuados, ou que se quere o sexan, por exemplo, "Sócrates"; neste tipo de nomes pérdese ou non importa demasiado dende un punto de vista pragmático o elemento doTriángulo de Ogden e Richards coñecido comosignificado, que por iso se reduce a ser soamente un segmento en que se unen e opoñensignificante e referente.

Os nomes poden vir acuñados xa pola tradición ou ser creados para describir unha nova realidade. Neste segundo caso, adoitan ser compostos e escollidos cos criterios preferentes de brevidade e estrañeza, a fin de que a identificación dapersoa, cousa ouconcepto sexa fácil, rápida e clara. Con frecuencia, iso non é posible, así que se recorre a procedementos deabreviatura como o clipping,acurtamento,sigla ouacrónimo, ou se recorre a unha palabra estranxeira máis ou menos adaptada, o chamadopréstamo léxico.

Aonomástica investiga os nomes propios, os seus significados e a súa orixe histórica, e aetimoloxía a súa orixe e causa. Unha disciplina máis xeral, asimboloxía, coas súas disciplinas asociadas, aiconoloxía e aiconografía, estuda as denominacións non verbais, especialmente as de tipoartístico.

Nomes científicos

[editar |editar a fonte]

As diversas disciplinas científicas necesitan catalogar as realidades que van descubrindo e, para iso, precisan unhataxonomía clara que as provea dunhanomenclatura ou escala onomástica para clasificar nunha orde regular de máis xeral a máis concreto as denominacións comúns. Estas denominacións teñen que ver coas similitudes ou disimilitudes existentes entre as entidades catalogadas e para iso a ciencia debe adoptar uns criterios fixos e obxectivos de denominación. O primeiro intento exitoso neste sentido realizouno abioloxía coas nomenclaturas do gregoAristóteles, do romanoPlinio o Vello e por último deCarl von Linné.

Os animais e plantas son coñecidos por unnome común, o cal pode variar segundo o idioma, a cultura, a xeografía, etc. Porén, para evitar erros, os científicos identifican cada especie co seu nome en latín, é dicir, cunnome científico.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  NomeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nome&oldid=7260444»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp