Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Noja

Coord.:43°28′53″N3°31′07″O / 43.481388888889,-3.5186111111111
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNoja
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 43°28′53″N3°31′07″O / 43.481388888889,-3.5186111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabriaEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalNoja(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.700(2024)Editar o valor en Wikidata (293,48hab./km²)
Xeografía
Superficie9,2 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar CantábricoEditar o valor en Wikidata
Altitude10 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal39180Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39047Editar o valor en Wikidata

Sitio webayuntamientodenoja.comEditar o valor en Wikidata

Noja é unconcello dacomunidade autónoma deCantabria, situado na comarca deTrasmiera. Limita polo norte coMar Cantábrico, polo oeste e o sur conArnuero, polo sur conArgoños e polo leste conSantoña. O municipio de Noja non se organiza en localidades, senón que consta só de varios barrios, sendo sede do consistorio o barrio de Palacio.

Historia

[editar |editar a fonte]

Noja pertenceu desde oséculo IX até1834 áJunta de Siete Villas, unha das cinco xuntas que compoñían o Meiriñado de Trasmiera. Un feito destacable da historia local é que en1644 Noja recibiu deFilipe IV o título devila, o que lle permitiu ser independente desta xunta e capacitada para nomear os seus propios alcaldes.

Desde finais doséculo XIX Noja é famosa como destino turístico e actualmente, o turismo é a principal actividade económica, que multiplica a poboación municipal até chegar aos 100.000 habitantes no verán grazas aos visitantes chegados principalmente doPaís Vasco,A Rioxa,Madrid eCastela e León. A explicación á chegada de tantos turistas débese ás praias do municipio e á masiva construción de novas vivendas, que fóra de tempada fican deshabitadas.

Vista da praia de Trengandín, con Helgueras e El Brusco ao fondo.
Vista de Noja desde a praia de Tregandín.

Barrios

[editar |editar a fonte]

Noja constitúese nunha soa localidade homónima, que á súa vez se divide en diversos barrios, que son:

  • El Arco.
  • Helgueras.
  • El Brusco.
  • Cabanzo.
  • Ris.
  • Trengandín.
  • Castrejón.
  • Fonegra.
  • La Rota.
  • Palacio.
  • Pedroso.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Ten catro bens de interese cultural, todos con categoría de monumento:

  • Torre dos Velasco.
  • Casa para Obdulia Bonifaz (Palacio do Marqués de Albaicín).
  • Casa palacio de Zilla.
  • Muíño de Victoria, na marisma de Victoria, que serviu para xerar enerxía coas augas das marismas.

Ademais, son bens inventariados:

  • Casona de Assas.
  • Chalé para Manuel Morales.
  • Casa-palacio de Venero, onde viviuFrancisco de Venero Cabanzo, construída noséculo XVII.
  • Ermida de San Xoán.
  • Ermida de San Nicolás.
  • Ermida de San Pedro.

Tamén cabe destacar:

  • Palacio Torre do Carme.
    Vista portalada do Palacio Torre do Carme, entre Fonegra e Cabanzo; claramente deteriorado.

Recursos naturais

[editar |editar a fonte]

As Marismas de Santoña, Victoria e Joyel, situada cada unha nun extremo do municipio, son un grande atractivo como reserva natural e para as aves, que tamén recalan nas marismas deSantoña nas súasmigracións.

Economía

[editar |editar a fonte]

Un 3,3 % da poboación do municipio emprégase nosector primario, un 33 % naconstrución, un 11,5 % naindustria e un 52,2 % nosector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 51,7 % e a taxa de paro é do 17 %, cando a media enCantabria é de 52,5 % e 14,2 % respectivamente.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
6556417869409839801.0581.1701.2731.6092.0192.425

Fonte:INE

Administración

[editar |editar a fonte]

As seguintes táboas mostran os resultados daseleccións municipais celebradas en2003 e2007.

Eleccións municipais,25 de maio de2003
PartidoVotos%Concelleiros
PP69243,66 %5
PRC31419,81 %2
PSOE26716,85 %2
UCn1479,27 %1
AJN1398,77 %1
  • Alcalde electo: Jesús Díaz Gómez (PP).
Eleccións municipais,27 de maio de2007
PartidoVotos%Concelleiros
PP70743,53 %6
DICAN25515,70 %2
PSOE24815,27 %2
PRC23214,29 %1
  • Alcalde electo: Jesús Díaz Gómez (PP).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Noja
Alfoz de Lloredo  · Ampuero  · Anievas  · Arenas de Iguña  · Argoños  · Arnuero  · Arredondo  · El Astillero  · Bárcena de Cicero  · Bárcena de Pie de Concha  · Bareyo  · Cabezón de la Sal  · Cabezón de Liébana  · Cabuérniga  · Camaleño  · Camargo  · Campoo de Enmedio  · Campoo de Yuso  · Cartes  · Castañeda  · Castro Urdiales  · Cieza  · Cillorigo de Liébana  · Colindres  · Comillas  · Los Corrales de Buelna  · Corvera de Toranzo  · Entrambasaguas  · Escalante  · Guriezo  · Hazas de Cesto  · Hermandad de Campoo de Suso  · Herrerías  · Lamasón  · Laredo  · Liendo  · Liérganes  · Limpias  · Luena  · Marina de Cudeyo  · Mazcuerras  · Medio Cudeyo  · Meruelo  · Miengo  · Miera  · Molledo  · Noja  · Penagos  · Peñarrubia  · Pesaguero  · Pesquera  · Piélagos  · Polaciones  · Polanco  · Potes  · Puente Viesgo  · Ramales de la Victoria  · Rasines  · Reinosa  · Reocín  · Ribamontán al Mar  · Ribamontán al Monte  · Rionansa  · Riotuerto  · Las Rozas de Valdearroyo  · Ruente  · Ruesga  · Ruiloba  · San Felices de Buelna  · San Miguel de Aguayo  · San Pedro del Romeral  · San Roque de Riomiera  · San Vicente de la Barquera  · Santa Cruz de Bezana  · Santa María de Cayón  · Santander  · Santillana del Mar  · Santiurde de Reinosa  · Santiurde de Toranzo  · Santoña  · Saro  · Selaya  · Soba  · Solórzano  · Suances  · Los Tojos  · Torrelavega  · Tresviso  · Tudanca  · Udías  · Val de San Vicente  · Valdáliga  · Valdeolea  · Valdeprado del Río  · Valderredible  · Valle de Villaverde  · Vega de Liébana  · Vega de Pas  · Villacarriedo  · Villaescusa  · Villafufre  · Voto
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Noja&oldid=6559786»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp