Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Noise rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2010.)
Noise rock
e
Orixe musicalmúsica noise,punk rock,música de vangarda,no wave,rock psicodélico,jazz de vangarda
Orixe culturalfinais dos 70 nosEstados Unidos,Australia,Inglaterra e oXapón
Instrumentos típicosvoz, guitarra eléctrica, baixo, batería, instrumentos electrónicos
Derivadosgrunge -shoegazing -grindcore -powerviolence -crust punk
Xéneros de fusión
noise pop

Onoise rock (tamén coñecido comanoise punk)[1] describe un estilo dopost-punk que comezou a destacar nos anos 80. O noise rock fai uso da instrumentación tradicional e da iconografía do rock, pero incorpora atonalidade e sobre todo disonancia, e frecuentemente rexeita a convencións habituais á hora de compoñer.[2]

Noise rock é un termo que se ven utilizando para abarcar unha ampla gama de bandas que son partidarias da disonancia, dosfeedbacks esaxerados e das distorsións extremas no contexto da música rock. O noise rock é unha consecuencia dopunk rock, e aínda que hai antecedentes nos anos 60 con bandas deproto-punk comaThe Velvet Underground,The Monks eGodz, o noise rock coma xénero apareceu nos anos 80.

Unha das bandas pioneiras foiSonic Youth, que axudou a que o xénero chegase a unha audiencia máis ampla dentro dorock alternativo cando comearon a incorporar melodías ao seu son ruidoso. Moitas bandas a partir de entón imitaron a Sonic Youth,[3] pero non todos os grupos do xénero os imitan no son; artistas dos 80 comoSwans ouBig Black colleron un enfoque moito máis escuro e ameazante. A finais dos 80 e nos 90 o seloTouch and Go Records converteríase nunha peza importante para o noise rock xurdido nesa época.[3]

Historia

[editar |editar a fonte]

Precursores

[editar |editar a fonte]

As orixes do noise rock están nos primeiros músicos de rock que exploraron as disonancias extremas e a retroalimanteción electrónica. Entre as figuras máis famosas destes comezos destacanJimi Hendrix,The Who eNeil Young. Músicos dounderground comaThe Stooges,The Velvet Underground eMC5 incorporaron elementos dofree jazz e dominimalismo. Artistas máis escuros comaThe Monks,Fifty Foot Hose eLes Rallizes Dénudés tamén incorporaron os efectos da disonancia. As bandas alemás descritas comaKrautrock son unha influencia significativa para os grupos de noise rock posteriores, destacandoCan eFaust. O álbum de1975 deLou ReedMetal Machine Music, que na súa totalidade esquiva as estruturas convencionais en favor dun son minimalista, tamén anticipou e influención o desenvolvemento posterior do noise rock. As bandas clásicas depunk rock (Sex Pistols,The Clash eRamones) evitaron a disonancia extrema, preferindo un son máis tradicional, mais próximo aorock'n'roll. Unha excepción foi a banda dosÁnxelesThe Germs, que facía unpunk rock de xeito máis libre. Os grupos depost-punk posteriores afondaron máis no ruído. A banda deMíchiganDestroy All Monsters está considerada un dos pais do noise rock.

Anos 70

[editar |editar a fonte]

A escena neoiorquina doNo Wave, que contaba con artistas comaMars ouTeenage Jesus and the Jerks, que comezou a coller forma cara1978, foi tamén esencial no desenvolvemento do noise rock. Mentres que o no wave incluía unha gran variedade de tendenciaspost-punk e experimentais (incluso incorporando elementosfree jazz,soul edisco), os grupos máis abrasivos farían as súas innovacións dentro da tradición do noise rock.Chrome, dendeSan Francisco, elaborou o seu propio estilo de punk psicodélico, que tiña algún punto en común cos conxuntosNo Wave.

O noise rock australiano tamén se desenvolveu a finais dos 70.The Birthday Party tivo unha grande influencia dorockabilly, e tamén é unha banda esencial no xénerodeathrock, mentres queThe Scientists anticiparon ogrunge.

Anos 80

[editar |editar a fonte]

Un bo número de bandas de noise rock xurdiron nos anos 80 dende distintas escenas musicais norteamericanas. Entre elas incluenseThe Jesus Lizard eBig Black deChicago;Butthole Surfers eScratch Acid deTexas;Black Flag dosÁnxeles;The Melvins deMontesano, Washington;Sonic Youth,Live Skull,Swans,White Zombie eHelmet deNova York;Pixies eDinosaur Jr. deBoston; eFugazi,Pussy Galore eRoyal Trux deWashington DC entre moitas outras.

The Melvins

Entre as bandas británicas estánThe Birthday Party (que emigraran deAustralia),This Heat,The Fall,Joy Division,Gang of Four,Scritti Politti,The Pop Group,Swell Maps eThe Jesus and Mary Chain.

Moitas destas bandas templaron a ferocidade inicial e aproximáronse un certo grao á historia do rock.Sonic Youth eloxiou aosBeatles,Pussy Galore versionou a (e foi influenciadapor eles)The Rolling Stones,Black Flag inspirouse enBlack Sabbath eThe Butthole Surfers traballaron conJohn Paul Jones e emularon aJimi Hendrix.Nick Cave, o antigo vocalista deThe Birthday Party, continuou o seu traballo co noise rock, pero tamén explorou as baladas e as complexas estruturas ao estilo deLeonard Cohen.The Jesus and Mary Chain foron influenciados en moitos aspectos porThe Beach Boys,T. Rex,The Ramones ePhil Spector, ao igual que o foronThe Velvet Underground, e incorporaron influenciaspower pop. Comezaron como unha banda depower pop ao estilo dosRamones e sentaron un precedente para bandas que mesturaban ese xénero co noise rock, comaThe Primitives,The Mint Chicks,The Clean,The Raveonettes ouCrystal Stilts.

White Zombie estivo influenciado porThe Cramps eAlice Cooper e foron cara aoheavy metal a principios dos 90.Guitar Wolf tamén debuxou a súa música con son dogarage rock dos 60, dosRamones,MC5 eThe Stooges.

Outras bandas de noise rock esforzáronse por distanciarse do rock tradicional. En1986, o grupo británicoNapalm Death creou o "grindcore" mesturando o noise rock deSwans cohardcore punk e odeath metal. Mentres que bandas posteriores degrindcore movéronse cara aodeath metal, grupos estadounidenses comaAnal Cunt continuaron usando disonancias extremas dun xeito máis libre.

Neptune

Unha escena semellante comezou a desenvolverse enOsaka,Xapón, encabezados porHanatarash and theBoredoms, que facían cancións extremadamente curtas e rápidas, que destacaban polos seus ritmos moi marcados (reflectindo a súa influencia dogrindcore), berros e guitarras recargadas. O vocalista dos BoredomsYamantaka Eye tamén traballou coa banda dejazzcore deNova YorkNaked City. The Boredoms finalmente evolucionou cara a un son máis meditabundo, collendo a inspiración doKrautrock.Gore Beyond Necropsy,Ground Zero,Zeni Geva,Guitar Wolf eMelt-Banana expandiron o estilo xaponés do noise rock. Estas bandas tamén reflicten o impacto da escenaJapanoise comezada porMerzbow.

As bandas británias deshoegazing desenvolveron unha forma distinta de noise rock. Collendo influencias dos grupos dedream pop e engadíndolle a agresividade do rock de bandas comaThe Jesus and Mary Chain,The Telescopes eSonic Youth,My Bloody Valentine creou un xénero cálido e feminino, pero tamén disonante, sen formas definidas e psicodélico encaixando coa tradición do noise rock.

Outros grupos de noise rock exploraron patróns irregulares de tempos e experimentaron cos ritmos. Esta corrente é coñecida comamath rock. Algunhas bandas depost-hardcore,screamo eriot grrl tamén colleron influencias do noise rock.

Anos 90

[editar |editar a fonte]
Steve Albini, unha figura clave no noise rock

Os grupos de noise rock dos 80 foron importantes influencias paraNirvana eHole, e como resultado tivo un certo grao de éxito nomainstream durante o apoxeo dogrunge. No álbum deNirvanaIn Utero pode verse claramente esas influencias co nose rock dos 80, sendo ademais producido por un dos iconas do xénero, o líder deBig BlackSteve Albini. Grupos demetal industrial comaMinistry,Nine Inch Nails eWhite Zombie tamén están en débeda co noise rock.

Algunhas banda dehardcore punk da costa leste estadounidense, comaBorn Against, tamén estiveron relacionadas co noise rock e a posterior escenapowerviolence tamén estivo fortemente relacionada co xénero, coa bandaMan Is the Bastard finalmente volcasa a facer desestruturada música noise.The Locust tamén escolleron o camiño de Man Is the Bastard e crearon un sonpowerviolence onde predominaban os sintetizadores, chegando a un conseguir unha sonoridade máis noise no seu último álbumNew Erections. Os seus contemporáneosNeurosis eToday Is the Day comezaron a mesturar o noise cometal extremo. Moitas das innovacións resultantes foron incorporadas polos intérpretes máis experimentais dometalcore, comaConverge,Botch eDillinger Escape Plan.

A mediados dos anos 90Providence converteuse no centro dunha nova fornada de bandas de noise rock, fortemente relacionada coa escena daRISD (Escola de deseño de Rhode Island). Estes grupos eran máis minimalistas e alonxábanse aínda máis das estruturas tradicionais do rock. Entre eles incluense aLightning Bolt,Arab on Radar,Six Finger Satellite,Men's Recovery Project ePink and Brown.Black Dice orixinalmente formou parte desta escena, pero trasladouse aBrooklyn, onde se relacionaron con grupos comaGang Gang Dance. Estas bandas tamén están relacionadas en certa medida coa escena deSan Diego que xurdiu doscreamo, destacando da mesma os gruposThe Locust eWolf Eyes.

O noise rock tamén se estendeu a Suramérica con bandas comaEd Kemper Trio. Fortemente influenciada polo son dos selos SST e Touch and Go, EK3 foi o eixo central do documental do2004People Will Eat Anything.

Mike Patton é tamén unha figura importante na escena do noise rock, co seu seloIpecac Recordings.

Anos 2000

[editar |editar a fonte]
Animal Collective

Despois do ano2000 as bandas do noise rock apareceron por todo o mundo. Entre as máis noables destas novas bandas estánScarling.,These Are Powers,The Death Set,Distressed Infants Society,Mclusky,Oneida,Parts and Labor,Fuck Buttons,Indian Jewelry,Neptune,TWMWK,Fiasco,Aa (Big A Little a),Magik Markers,Mindflayer,Part Chimp,Slicing Grandpa,Japanther,Ex Models eHella. NosÁnxeles,Liars (orixinarios deNova York),No Age,Skeleteen,The Mae Shi eHEALTH practican este estilo.Pre eAction Beat, deLondres,The Intelligence, deSeattle,Dan Deacon,Animal Collective ePonytail, deBaltimore, e Richmond, Virginia's Bermuda Triangles e Amoeba Men do selo CNP Record tamén son bandas de noise rock desta década.

OluthierYuri Landman experimentou cunha gran variedade de técnicas, con instrumentos creados para o beneficio de numerosos grupos do xénero comaSonic Youth,Lightning Bolt,Liars eJad Fair.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Felix 2010, p. 172
  2. Ben Sisario (2004). Spin, ed."The Art of Noise". Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  3. 3,03,1Allmusic (ed.)."Noise rock en Allmusic". Consultado o 23 de marzo de 2016. 

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Noise_rock&oldid=6757655»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp