Noel Thomas David Gallagher, nado o29 de maio de1967 enManchester, é un músico, cantante, guitarrista e compositor inglés. Foi o principal guitarrista e compositor, ademais de co-vocalista da banda de rockOasis. Gallagher comzou a tocar a guitarra as trece anos, e despois de distintos traballos na construción traballou para a banda de ManchesterInspiral Carpets comoroadie e técnico en1988. Mentres estaba de xira con eles tivo coñecemento de que o seu irmán,Liam Gallagher, formara a súa propia banda, coñecida comoThe Rain, e que finalmente se convertería en Oasis. Despois de que Gallagher regresase aInglaterra foi convidado polo seu irmán a unirse ao grupo como compositor e guitarrista.
O álbum de estrea de Oasis,Definitely Maybe (1994), marcou o comezo do ascenso da banda cara a fama como parte do movementobritpop. O seu seguindo traball,(What's the Story) Morning Glory? (1995), acadou a cima das listas de álbums en moitos países, e o seu terceiro disco,Be Here Now (1997), foi o disco coas vendas máis rápidas da historia doReino Unido. O britpop finlmente perdeu popularidade e os dous seguintes álbums de Oasis non conseguiron revivilo. Porén, os dous últimos traballos do grupo,Don't Believe the Truth (2005) eDig Out Your Soul (2008), conseguiron un éxito renovado. O28 de agosto de2009, tras un altercado con Liam antes dun concerto enParís, Noel Gallagher anunciou que deixaba Oasis e o23 de outubro dese ano confirmaba que comezaría unha carreira en solitario.[1] Gallagher pasaría a formarNoel Gallagher's High Flying Birds.
A carreira de Gallagher con Oasis foi turbulenta, especialmente durante o pico do britpop, ao estar envolto en varias disputas con Liam, e a loita dos irmáns e as súas salvaxes vidas foron regularmente portada nos tabloides británicos. Gallagher (xunto con Oasis) tamén compartíu unha rivalidade persoal coa bandaBlur. Porén, a miúdo foi considerado como a punta de lanza do movemento britpop, e a revistaNME chegou a designar a un feixe de bandas deste estilo (comoKula Shaker,Ocean Colour Scene eCast) como "Noelrock", citando a influencia de Gallagher no seu éxito.[2] Moitos eloxiaron as composicións de Gallagher, dicindoGeorge Martin que se trataba do "mellor compositor da súa xeración".