Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Noam Chomsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2016.)
Modelo:BiografíaNoam Chomsky

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Avram Noam ChomskyEditar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1928Editar o valor en Wikidata (96 anos)
East Oak Lane, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Catedrático
1955 –Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLexington(pt)Traducir(1965–)
Allston(en)Traducir(1951–1965)
East Oak Lane
TucsonEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAsquenacíEditar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarcosindicalismo,socialismo libertario eantimilitarismoEditar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard-lingüística (1951–1955)
Universidade de Pensilvania-mestría en artes (1949–1951)
Universidade de Pensilvania-grao en Artes (1945–1949)
Central High School(en)Traducir (–1945)
Oak Lane Day School(en)Traducir
Instituto de Tecnoloxía de MassachusettsEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística,filosofía da linguaxe,psicoloxía,gramática xenerativa,teoría da comunicación,ciencia cognitiva,filosofía da mente,Ética epolíticaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoPensilvania
Tucson
Cambridge
MassachusettsEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, media critic(en)Traducir, educador, escritor, informático teórico, xornalista de opinión, historiador, Activista polos dereitos humanos, psicólogo, lingüista, antropólogo, escritor político, profesor universitario, filólogoEditar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporáneaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts,catedrático(1955–2002)Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo,Nova Esquerda(pt)Traducir,movemento antibélico eAnarcosindicalismoEditar o valor en Wikidata
ProfesoresZellig Harris(pt)Traducir,Nelson Goodman eRoman JakobsonEditar o valor en Wikidata
Participou en
25 de maio de 2023International endorsement letter. Barcelona leads the way(en)Traducir
18 de maio de 2019Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau(pt)Traducir
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona en ComúEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoBarbara Partee(pt)Traducir,Tania Reinhart,John R. Ross(en)Traducir,Ray Jackendoff,Mark Baker(en)Traducir,Howard Lasnik(en)Traducir,Alec Marantz(pt)Traducir,David Pesetsky(en)Traducir,Janet Dean Fodor(pt)Traducir,Joan Bresnan(pt)Traducir,Robert C. Berwick,Charles Yang(en)Traducir,S.-Y. Kuroda(en)Traducir,Tom Wasow(pt)Traducir,Leonard Harold Haines(en)Traducir,Ivan Andrew Sag(en)Traducir,Amy Sara Weinberg(en)Traducir,Ken Hiraiwa(en)Traducir,Anoop K. Mahajan(en)Traducir,James D. McCawley(pt)Traducir eMario MontalbettiEditar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeValéria Wasserman Chomsky(2014–)
Carol Chomsky(1949–2008),morte do cónxuxeEditar o valor en Wikidata
FillosAviva Chomsky
 ()Carol ChomskyEditar o valor en Wikidata
PaiWilliam ChomskyEditar o valor en Wikidata
ParentesJudith Chomsky,brother's wifeEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1975Debate Chomsky-Piaget(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хомский Ноам)
Encyclopedia of Global Justice(en)Traducir, (sec:Chomsky, Noam)
Enciclopedia soviética armeniaEditar o valor en Wikidata
Sitio webchomsky.infoEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0159008Allmovie: p284408
Facebook: 294468630182BNE: XX849732Bitraga: 274Dialnet: 269259Spotify: 5NEnjDZdPKESN9J7NoPmdziTunes: 3813952Last fm: Noam+ChomskyMusicbrainz: 7d83b9be-b7a4-40f3-b682-a83934a0e8abSongkick: 319246Discogs: 239968Allmusic: mn0000409967WikiTree: Chomsky-10Deezer: 79748Editar o valor en Wikidata

Avram Noam Chomsky, nado enFiladelfia,Pensilvania, o7 de decembro de1928 é unlingüista,filósofo,activistaestadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna".[1][2] Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo dafilosofía analítica.[3] Foi profesoremérito delingüística noInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas dalingüística doséculo XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística eciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica docapitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como unanarquista[4][5] ousocialista libertario.[6] Foi sinalado poloNew York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".[7] A nova do seu posíbel pasamento o18 de xuño de2024 enSão Paulo,Brasil foi tendencia na rede social Twitter e outros medios, e desmendida no mesmo día.[8][9]

Propuxo agramática xenerativa, disciplina que situou asintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunhagramática universal. Opúxose con dureza aoempirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor doracionalismocartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados.[10]

Destaca a súa contribución ao establecemento dasciencias cognitivas a partir da súa crítica docondutismo deSkinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver aHarman e aFodor). É o creador daxerarquía de Chomsky, unha clasificación delinguaxes formais de grande importancia enteoría da computación.

É tamén coñecido polo seuactivismo político e polas súascríticas á política exterior dos Estados Unidos e doutros países, comoIsrael. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante doanarcosindicalismo (é membro do sindicatoIWW) habendo tamén quen o asocia aoanarco comunismo ou aocomunismo de consellos.[11][12][13] Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Chomsky é o fillo do erudito hebreo William (Zev) Chomsky (estudoso dalingua hebrea e un dos seus máis distinguidosgramáticos), orixinario dunha vila daUcraína, e de Elsie Simonofsky, mestra de hebreo, tamén xudía e procedente da actualBelarús, pero a diferenza do seu marido, ela creceu nosEstados Unidos polo que falaba o inglés ordinario deNova York. A súa primeira lingua foi oyiddish, pero Chomsky di que entre a súa familia era "tabú" o feito de falalo. Ao describir a súa familia fala dunha especie degueto xudeu, dividido por un lado en "yiddish" e polo outro en "hebreo", e aliña máis a súa familia con este último, dicindo que creceu "inmerso na literatura e cultura hebrea". Temeu coa expansión dofascismo desde moi novo e influenciado pola experiencia do seu pai e polaguerra civil española adoptou ideasanarquistas.

Á idade de oito ou nove anos, Chomsky pasaba todas as noites dos venres lendo literatura hebrea. Moitos anos despois sería el quen daría clases de hebreo. Con todo, e a pesar do seu traballo lingüístico que levou a cabo durante a súa carreira, Chomsky asegura que "a única lingua que falo e escribo con competencia é oinglés".

Chomsky recorda que o seu primeiro artigo escribiuno aos dez anos de idade e que trataba sobre a expansión do fascismo despois dacaída de Barcelona durante aguerra civil española.[14] Aos doce ou trece anos identificariase máis plenamente coa política anarquista.

En1945 iniciou estudos defilosofía,lingüística ematemáticas naUniversidade de Pensilvania, aprendendo do filósofoC.West Churchman e do lingüistaZellig Harris (tamén inmigrante xudeu-ucraiano, fundador do primeiro departamento especializado en lingüística enNorteamérica); tanto Harris como a súa nai Elsie influíron, máis que o seu pai Zev, na formación da súa ideoloxía política. Tamén por influencia de Zellig Harris, Chomsky comezou a tomar clases de matemáticas e filosofía. Un dos seus mestres foi o filósofo Nelson Goodman, quen máis tarde os presentaría na Society of Fellows de Harvard.

En1949, Chomsky casou coa lingüista Carol Schatz, quen morreu o 20 de decembro de 2008.[15] Tiveron dúas fillas, Aviva (1957) e Diane (1960), e un fillo, Harry (1967).

Chomsky recibiu o seu doutoramento en lingüística da Universidade de Pensilvania en1955. Conduciu moita da súa investigación doutoral durante catro anos naUniversidade Harvard comoHarvard Junior Fellow. Na súa tese de doutoramento, comezou a desenvolver algunhas das súas ideas sobre lingüística, e elaboralas no seu libroSyntactic Structures de1957, quizais a súa obra máis coñecida no campo da lingüística.

Chomsky pasou a formar parte doMassachusetts Institute of Technology (MIT) en 1955 e en1961 foi designado profesor no Departamento de Linguas Modernas e Lingüística (agora é o Departamento de Lingüística e Filosofía). Desde 1966 ata 1976 levou o profesorado de Linguas Modernas e Lingüística Ferrari P. Ward. En1976 foi designadoInstitute Profesor. Chomsky vén dando clases no MIT de forma continuada desde hai 50 anos.

Foi durante este tempo que Chomsky foi máis afín á política: foi un dos líderes opositores águerra de Vietnam coa publicación do seu ensaioA Responsabilidade dos Intelectuais ("The Responsibility of Intellectuals",1967) noThe New York Review of Books en1967. Desde entón, Chomsky foi ben coñecido polas súas posturas políticas, facendo charlas sobre política para todo o mundo, e escribindo numerosos libros. A súa influente crítica á política exterior dos Estados Unidos e a lexitimidade do poder dos Estados Unidos, fixo del unha figura controvertida. Aínda que os sectores da esquerda séguenlle con devoción, ten crecentes críticas do sectorliberal así como da dereita, particularmente logo da súa postura tralosatentados do 11 de setembro de 2001. Os alicerces das súas ideas lingüísticas aparecen na súa tese, que vería a luz ampliada en1957 co títuloEstruturas Sintácticas (Syntactic Structures).

Desde entón é unha figura de referencia na crítica á lexitimidade das actuacións estadounidenses no estranxeiro, que inclúen os feitos relacionados co ataque do11 de setembro de2001. Por outra parte, Chomsky é, posibelmente, o pensador vivo máis citado na actualidade na área dashumanidades.

Chomsky tamén ten recibido crédito de grupos culturais. O grupo musicalRage Against the Machine leva os seus libros nas súas xiras. A banda degrungePearl Jam tocou pedazos de discursos de Chomsky mesturadas coas súas músicas. O grupo derock and rollR.E.M. convidou ó lingüista para conferenciar antes dos seus concertos, ó que Chomsky recusou. Discursos de Chomsky teñen aparecido noslados B dos álbums da bandaChumbawamba e outros grupos.

Contribucións á lingüística

[editar |editar a fonte]

En 1957, con tan só 29 anos, Chomsky revolucionou o campo da lingüística teórica coa publicación da obraSyntactic Structures (en galegoEstruturas sintácticas), baseada na súa tese doutoral -Logical Structure of Linguistic Theory1955 (en galegoEstrutura lóxica da teoría lingüística)-, que non sería publicada ata 1975. O efecto que produciu sobre as teorías lingüísticas e psicolóxicas entón en voga foi demoledor, xa que atacaba os orzamentos centrais tanto doestruturalismo como dapsicoloxía condutista. Ata entón, críase que a adquisición da linguaxe, como calquera outra destreza humana, producíase por medio da aprendizaxe e da asociación. Con todo, Chomsky postulaba a existencia dun dispositivo cerebral innato (o "órgano da linguaxe"), que permite aprender e utilizar a linguaxe de forma case instintiva. Comprobou ademais que os principios xerais abstractos da gramática son universais na especie humana e postulou a existencia dunhaGramática Universal.

Chomsky denominougramática xenerativa ao conxunto de regras innatas que permite traducir combinacións de ideas a combinacións dun código. Fundamentó a hipótese, xa existente, de que a gramática é un sistema combinatorio discreto que permite construír infinitas frases a partir dun número finito de elementos mediante regras diversas que poden formalizarse. A nova teoría consideraba que as expresións (secuencias de palabras) teñen unhasintaxe que pode ser caracterizada (globalmente) por unhagramática formal; en particular, unha gramática estendida por normas de transformación. Supónselles aos nenos un coñecemento innato da gramática elemental común a todas as linguas humanas (o que supón que toda lingua existente é unha clase de restrición). Sostense que a modelización do coñecemento da lingua a través dunha gramática formal explica a "produtividade" da lingua: a partir dun conxunto reducido de regras gramaticais e un conxunto finito de vocábulos, os seres humanos somos capaces de producir un número infinito de oracións, incluídas oracións que ninguén dixera antes. A capacidade para estruturar a nosa produción desta maneira é innata, parte dopatrimonio xenético dos seres humanos e chámasegramática Universal.

The Principles and Parameters approach (P&P) (Aproximación aos principios e parámetros), desenvolvida nasConferencias de Pisa (1979), publicada máis tarde baixo o títuloLectures on Government and Binding (LGB) retoma moito da gramática universal: os principios gramaticais nos que se basean as linguas son innatos e fixos; pódense caracterizar as diferenzas entre as distintas linguas no mundo en termos de parámetros programados no cerebro (como oparámetro de elisión,pro drop param, que indica cando un tema explícito é sempre requirido, como en inglés, ou se este pode elidirse, como no galego) a miúdo comparados a interruptores (de aí o termo deprincipios e parámetros utilizado para cualificar este enfoque). Segundo esta teoría, un neno que aprende unha lingua ten soamente necesidade de adquirir os elementosléxicos básicos (palabras,morfemas gramaticais erefráns) e fixar os valores convenientes nos parámetros, o que pode efectuarse sobre algúns exemplos clave.

Os partidarios desta concepción poñen como exemplo que a velocidade coa cal os nenos aprenden linguas é inexplicablemente rápida, algo non posible a menos que os nenos teñan unha capacidade innata para aprendelas. A similitude das etapas que seguen todos os nenos a través do mundo cando aprenden unha lingua, e o feito de que os nenos cometan erros característicos cando adquiren a súa primeira lingua, mentres que outros tipos de erro ao parecer lóxicos non se producen nunca (e, segundo Chomsky, estes deberían darse se o mecanismo de aprendizaxe utilizada fose xeral máis que específico dunha lingua), postúlanse tamén como un argumento a favor de devanditoinnatismo.

As ideas de Chomsky sobre a aadquisición da linguaxe deron orixe á corrente coñecida como de "código cognitivo", que desbaratou as presuposicións dobehaviourismo oucondutismo e tiveron unha grande influencia napsicoloxía cognitiva. EnLingüística cartesiana (Cartesian Linguistics, 1966), Chomsky asegura que a mente é "cognitiva", isto é, que posúe estados mentais, crenzas, dúbidas etc. e non a relación simpleestímulo-resposta dePavlovski ouSkinner. Ademais, unha parte considerábel do que pode facer unha mente adulta é "innato". Por exemplo, se ben ningún neno nace sabendo falar, todos nacen coa capacidade de aprender a falar, que lles permite adquirir unha lingua ou máis en poucos anos. Por último, a mente componse de subsistemas especializados que interactúan limitadamente, isto é, a mente é "modular".

NoLogical Structure of Linguistic Theory, Chomsky introduce asgramáticas transformacionais, se ben a obra de referencia continúa a serSyntactic Structures. As frases, unidades de fala ou enunciacións (utterances, en inglés) corresponden aestruturas de superficie (surface structures) que derivan deestruturas profundas (deep structures) máis abstractas. Asregras transformacionais, xunto coas regras da estrutura da frase e outros principios estruturais gobernan tanto a creación como a interpretación das frases.

Máis recentemente, no seuPrograma minimalista (1995), conservando ao mesmo tempo o concepto central de «principios e parámetros», Chomsky intenta unha revisión importante das máquinas lingüísticas implicadas no modelo de LGB, desposuíndoos de todo excepto dos elementos estritamente necesarios, preconizando ao mesmo tempo un enfoque xeral da arquitectura da facultade da lingua humana que destaca os principios da economía e a concepción óptima, volvendo de novo ao enfoquederivacional da xeración, en oposición coa maior parte do enfoquerepresentativo clásico do P&P.

Chomsky caracterizou a tarefa do lingüista moito mellor que ningún dos seus predecesores e fixou con todo rigor o campo para o estudo científico da linguaxe. O seu obxectivo nunca foi establecer unha teoría especulativa máis sobre a linguaxe, senón unha explicación rigorosa da súa complexidade. A intención era xa que logo pasar dunha pre-ciencia soamente descritiva a unha ciencia con poder explicativo e predictivo falsable e con construcións abstractas que permitisen un rigoroso sistema axiomático. Nada foi igual desde entón no campo do estudo da linguaxe e, por extensión, da mente humana. A gramática xenerativa de Chomsky foi a primeira evidencia sólida de que a intelixencia humana está baseada en dispositivos cerebrais especializados e innatos e iso permitiu o agrupamento das ciencias cognitivas. Tamén provocou unha enorme escisión epistemolóxica que aínda se mantén fronte a quen rexeitan a concepción modular e innata da mente e seguen sendo partidarios dun modelo de cerebro comotáboa rasa, por exemplo os psicólogos que traballan con procesos deemerxencia ou as teoríasconexionistas, que consideran a lingua como un caso particular dos procesos xerais do cerebro.

Teoría de principios e parámetros

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Principios e parámetros e Rección e ligamento.

Chomsky ocúpase daslinguas naturais partindo dunhagramática universal propia de todos os seres humanos, de raíz biolóxica, da cal derivan as distintas linguas das diversas culturas que existiron na historia do home e que aínda existen.

A diferenza entre a gramática universal (GU) e as distintas gramáticas particulares (GGPP) radica en que a primeira se relaciona coa disposición dun conxunto de principios ―como o «principio de proxección», o «principio de dependencia da estrutura», o «principio de ligamento», a «teoría do caso», o «criterio temático» e algúns outros―, mentres que as GGPP se vinculan ás múltiples variacións que poden facer as linguas dos parámetros deses principios. Un exemplo desta variación dase no «parámetro dos suxeitos nulos», que engalego se pode presentar mentres que eninglés non o fai como se mostra no seguinte exemplo:

  • En galego: «camiñou moito e está moi canso». Nesta oración o suxeito está implícito ou é de suxeito nulo.
  • En inglés: «he walked a lot and he is very tired». O suxeito nulo non se permite en inglés e é necesario que o suxeito («he») apareza explicitado dúas veces na oración.

Así, as GGPP non son máis que combinacións de elementos finitos que poden dar lugar a múltiples linguas e idiomas que nesta teoría son chamadaslingua-I.

O sistema encargado de articular estes principios e variar os parámetros é ocerebro humano coa súa capacidade desintaxe, que no seu sentido amplo adquire a forma dunsistema computacional que opera en módulos. Os módulos responden a unha estrutura matriz con tres compoñentes, dentro dos cales actúan osprincipios e parámetros definidos coma unha serie de teorías da linguaxe, conectadas con catro módulos centrais: aestrutura-P, aestrutura-S, aforma fonolóxica (FF) e aforma lóxica (FL). A estrutura-P conecta as oracións con principios, mentres que a estrutura-S apela ás transformacións ou variabilidades que poden presentar ditas conexións; ademais, a FF vincúlase coas entonacións e sons das expresións lingüísticas oufonoloxía e a FL encárgase dasemántica destas expresións en relación á súa interpretación de sentido e significado.

Naestrutura-P encóntranse as primeiras relacións entreléxico esintaxe, como as relaciónssintagmáticas que establecen que ésintagma verbal,sintagma nominal,sintagma adxetival ousintagma preposicional, entre outras relacións categoriais.

Aestrutura-S sinala accións transformacionais ou de parámetro, non só de principio como na estrutura-P. Un exemplo disto é a operaciónmóvase α, na que un elemento se move na oración a outra posición. A estrutura-S tamén serve como conector entre dous módulos que non se relacionan directamente, o primeiro é aforma fonolóxica (FF) que é aquela encargada de articular sons con formas léxicas a partir de fonemas definidos, como tamén establecer as entonacións dunha pregunta ou unha afirmación, unha suposición entre outras accións ligadas ao mesmo.

Por último, a forma lóxica, que é quizais a máis complexa de todas, conéctase co exercicio semántico deinterpretación esignificado nosentido dunha oración na que se encontran a nivelléxico as redes temáticas e as seleccións S como modos de organizar a oración segundo papeis temáticos (comaaxente,tema,experimentante oubenefactivo) ecategorías gramaticais (comaanimado ouhumano) respectivamente, para despois debuxar a estrutura morfolóxica da oración a nivel sintáctico.

Estes catro módulos entregan unha saída (output) que serve como entrada (input) do seguinte módulo ata entregar unha realizaciónlingüística ou oración nun acto comunicativo.[16]

Visión política

[editar |editar a fonte]
Noam Chomsky en 2015

Chomsky é unha figura coñecida daesquerda estadounidense. Auto-defínese como un crítico antixerárquico e alíñase coas posicións doanarcosindicalismo, se ben non se opón á política electoral. Un dos seus temas preferidos, e o que lle deu notoriedade pública nun principio, foi o papel dos Estados Unidos no mundo. Acusa a superpotencia de tentar organizar o mundo arredor de si mesma por medios militares e económicos. Foi por esta razón pola que interveu militarmente noVietnam eIndochina así como enCentroamérica eSuramérica: para evitar que se afastasen do seu sistema económico. Tamén por iso apoia aIsrael,Arabia Saudita ouTurquía. Afirma que a política exterior está guiada pola "ameaza do bo exemplo", tamén coñecida comoteoría do dominó: que un país poida desenvolverse independentemente da esfera de influencia norteamericana e se converta en modelo para outros.

É tamén un crítico do poder dosmedios de comunicación de masas, aos que acusa de seren como "a porra dos sistemas totalitarios". A súa visión política esténdese dende as relacións internacionais á xestión ecolóxica do planeta.[17]

Publicacións

[editar |editar a fonte]

Lingüística

[editar |editar a fonte]
  • Logical Structure of Linguistic Theory, 1955.
  • Estruturas sintácticas (Syntactic Structures,1957)
  • Aspectos da teoría da sintaxe (Aspects of the Theory of Syntax,1965)
  • Lingüística cartesiana (Cartesian Linguistics,1966)
  • O programa minimalista (The Minimalist Program,1995)

Política

[editar |editar a fonte]
  • O poder dos Estados Unidos e os novos mandaríns (American Power and the New Mandarins,1969)
  • Prioridade radicais (Radical Priorities,1981)
  • Piratas e emperadores: O terrorismo internacional e o mundo real (Pirates and Emperors: International Terrorism and the Real World,1986)
  • Ilusións necesarias (Necessary Illusions,1969)
  • O Que o Tío Sam realmente quere (What Uncle Sam Really Wants,1992)
  • Os estados errados (Failed States,2006)

Artigos en liña

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Fox, Margalit (decembro 5, 1998). New York Times, ed."A Changed Noam Chomsky Simplifies"(eninglés). Consultado o 27 de novembro do 2015.Mr. Chomsky...is the father of modern linguistics and remains the field's most influential practitioner. 
  2. Thomas Tymoczko, Jim Henle, James M. Henle,Sweet Reason: A Field Guide to Modern Logic, Birkhäuser, 2000, p. 101.
  3. "Noam Chomsky"Arquivado 13 de febreiro de 2015 enWayback Machine., by Zoltán Gendler Szabó, inDictionary of Modern American Philosophers, 1860–1960, ed. Ernest Lepore (2004). "Chomsky's intellectual life had been divided between his work in linguistics and his political activism, philosophy coming as a distant third. Nonetheless, his influence among analytic philosophers has been enormous because of three factors. First, Chomsky contributed substantially to a major methodological shift in the human sciences, turning away from the prevailing empiricism of the middle of the twentieth century: behaviorism in psychology, structuralism in linguistics and positivism in philosophy. Second, his groundbreaking books on syntax (Chomsky (1957, 1965)) laid a conceptual foundation for a new, cognitivist approach to linguistics and provided philosophers with a new framework for thinking about human language and the mind. And finally, he has persistently defended his views against all takers, engaging in important debates with many of the major figures in analytic philosophy..."
  4. Noam Chomsky,Chomsky on Anarchism (2005),AK Press, pg. 5
  5. Barsky, Robert F. (2005). "1: A "Literary Political Salon"".Noam Chomsky: A Life of Dissent(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 28 de maio de 2020. (eninglés)
  6. Edgley, Alison (1999)."Chomsky's Libertarian Socialism"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27/06/2009. Consultado o 31/10/2013. 
  7. The Chomsky Problem (en inglés). The New York Times (25-2-1979).
  8. "Fálase de Morre aos 95 ano...".Praza Pública. 2024-06-18. Arquivado dendeo orixinal o 18 de xuño de 2024. Consultado o2024-06-18. 
  9. O seu pasamento foi sinalado por coautores de libros seus, comoIgnacio Ramonet na rede socialX.com, e desmentido por un verificador deABC News, que afirmou ter falado coa súa dona Valéria, e outros medios [https://www.tercerainformacion.es/articulo/internacional/18/06/2024/desmienten-la-muerte-del-filosofo-noam-chomsky/ ]
  10. Sáenz, Mauricio (decembro de 2006)."Noam Chomsky".Arcadia(en español) (15). Consultado o 13 de xuño de 2011. , citando aBarsky, Robert F (2005).Noam Chomsky, una vida de discrepancia(encastelán). Península.ISBN 9788483076767. 
  11. Chomsky on Anarchism by Noam Chomsky (resenha). Por Richard Alexander.
  12. Vídeo:On Anarchism. Conferência de Noam Chomsky noMIT.
  13. The relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter Jay libcom.org
  14. Lyons 1978, p. xv;Barsky 1997, pp. 15–17;Sperlich 2006, p. 13;McGilvray 2014, p. 3.
  15. Carol Chomsky, 78, Linguist and Educator, Dies
  16. Fernández Lagunilla, Marina; Anula Rebollo, Alberto (2004).Sintaxis y cognición: introducción a la gramática generativa(encastelán). Madrid: Síntesis.ISBN 84-9756-170-8. 
  17. Re-Conexion."Noam Chomsky Creando consumidores que aceptan ser controlados". Consultado o2019-01-17. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Noam ChomskyModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Noam Chomsky

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Noam_Chomsky&oldid=6886283»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp