Buda é o máis famoso dos que alcanzaron este estado de iluminación. Estatua dun Buda sedente, dadinastía Tang, na provincia deHebei.
Onirvana[1] é o estado que resulta da extinción dos desexos, e da eliminación da conciencia de ser un individuo, que se alcanza mediante a meditación e a iluminación.
Provén do termosánscritonirvāṇa (निर्वाण)[2], que significa literalmente extinción, sopro (dunha lámpada)[3].
O concepto de Nirvana, aínda que hoxe en día adoita situarse nun contexto puramente budista, en realidade probén das tradicións ióguicas Sramanas cuxo orixe se remonta, cando menos, aos primeiros séculos do primeiro milenio antes de Cristo[4].
Noutros idiomas dise:
निर्वाण(nirvāṇa), en escrituradevanágari (do sánscrito);
No contexto relixioso, este termo pasa a aplicarse nas relixións xurdidas naIndia como ohinduísmo,budismo,xainismo, para indicar un estado de cesamento da actividade mental corrente e que significará unha liberación espiritual[5]. Dependendo de cada contexto relixioso, o nirvana ten diferentes implicacións. As dúas relixións máis importantes respecto da súa influencia en Occidente son a hinduísta e a budista (predicada porSiddhārtha Gautama Buda).
En todas estas relixións ten connotacións de quietude, serenidade e paz, e a persoa que experimenta o nirvana compárase a un lume que se apaga ao se extinguir o combustible. En todas elas tamén este combustible sería a falsa idea do Eu, que causa (e é causada por) o desexo, a necesidade, a conciencia, o nacemento, a morte, a cobiza, o odio, a confusión, a ignorancia. Entón o nirvana non sería un sitio nin un estado, senón unha verdade absoluta que debe ser experimentada.
Como non se pode definir o nirvana con palabras, adóitase delimitar polo que non é:
Non é a existencia común á que está suxeito o ser humano.
Non é ningún tipo de desenvolvemento ou conversión.
Non ten principio nin fin (non se atopa dentro do tempo medible).
Non se pode xerar ou fabricar.
Non ten dualidade, polo que non pode ser descrito con palabras.
Non ten partes ou etapas que se poidan distinguir unhas doutras.
Non é un estado subxectivo de conciencia.
Non está condicionado a nada ou por nada.
SegundoErwin Schroedinger, Premio Nobel de Física no ano 1933,"O Nirvana é un estado de puro coñecemento beatífico... Non ten nada que ver co individuo, o ego, ou a súa ficticia separación"[6].
O nirvana (en sánscrito, extinción), é o estado transcendente libre de sufrimento e da existencia fenoménica individual; é a experiencia relixiosa máis identificada co budismo. A palabra procede dun verbo que significa arrefriarse ou apagarse, como o final dunhacandea. A connotación é que só no nirvana están extinguidas as chamas da luxuria, o odio, a cobiza e a ignorancia. En estado de nirvana rompe o ciclo da transmigración[7], que doutro xeito sería eterno. A súa natureza foi moi debatida polo pensamento occidental, no que algúns dos seus investigadores sosteñen que implica unha total aniquilación aínda que outros o interpretan como beatitude eterna. Ambos os puntos de vista son problemáticos, xa que o nirvana é indescritible e só pode coñecerse desde a súa experiencia.
No hinduísmo fálase da unión co absoluto (Brahman), aínda que o nirvana apunta a un mesmo suceso de paz interior, non se debe considerar exactamente coas mesmas consecuencias que no budismo, xa que de feito o budismo redefiniu o concepto de nirvana segundo os seus propios postulados. Cada unha xa que logo ten o seu propio marco relixioso[8].
O hinduísmo utiliza o termo nirvana no seu contexto deMoksha (liberación dosamsara ou do ciclo de nacementos e mortes repetidos), no que a alma ouātmān fundirase coa divindade ou o absoluto[9]. Esta liberación é xa que logo unha fusión da alma coa divindade.
Á súa vez dentro do hinduísmo este concepto de liberación é concibido de xeito diferente polas distintas escolas(dárśanas)hindús.[10] Osvaishnavas (vishnuítas, ou devotos do deusVishnu) consideran quemoksha non implica a fusión monista da alma dentro de Deus, senón a aceptación da alma para servilo. Por iso no vaishnavismo non se desexa realmente abandonar a reencarnación, senón servir a Deus, aínda que sexa sufrindo neste mundo lonxe del. Noxainismo moksha é o mesmo que nirvana.[11][12]
OBuda redefiniu a consecución do nirvana presente no hinduísmo mediante un proceso de meditación no que se analiza o corpo e a mente como carentes dunha individualidade intrínseca. Nese proceso existe unha baleiro de individualidade(sunyata) de todo o presente no corpo e mente do suxeito. Esta falta dunha individualidade é tamén común en todos os fenómenos do universo.
Do mesmo xeito que no hinduísmo, a realización do nirvana budista implica a liberación definitiva do sufrimento de existir ou dos diferentes estados de reencarnación aos que todos os seres están suxeitos. Pero no budismo esta idea será levada ata as súas últimas consecuencias. A diferenza no contexto hinduísta é que isto ocorre pola unión a un absoluto (Brahman) a semellanza do que expón a mística das relixiónsteístas occidentais.
A afirmación de que o budismo considera o nirvana como o oposto aosamsara (o mundo tal como o vivimos agora) non é doutrinalmente correcta, tendo en conta que deuses e homes están suxeitos aokarma e Buda expresou a liberación final de deuses e homes no medio do mundo dos fenómenos. Polo tanto, distanciouse dese estado de absorción na divindade ou unión a un absoluto como vía de liberación definitiva tal como estaba presente no hinduísmo.?unyata é xa que logo a natureza final da realidade segundo o budismo e que Buda aplicou a calquera estado de conciencia e existencia concibibles. No budismo tamén aparece a idea deparinirvāṇa ou extinción definitiva tras a morte[13].
O budismomahāyāna de Asia Oriental entende o nirvana non como un obxectivo externo senón como o encontro coa natureza máis profunda dun mesmo, que só necesita ser recoñecida. Refírense a el como irmandade budista, condición intrínseca, e baleiro.