Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Nine Inch Nails

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nine Inch Nails
Concerto de NIN en 2005
OrixeCleveland, Ohio,Estados Unidos
Período1988 - presente
Xénero(s)rock industrial,rock alternativo,metal industrial,rock electrónico
Selo(s) discográfico(s)The Null Corporation,Interscope,Nothing Records,TVT,Island,Rykodisc
MembrosTrent Reznor
Alessandro Cortini
Robin Finck
Ilan Rubin
Adrian Belew
Josh Eustis
Artistas relacionadosExotic Birds,Filter,How to Destroy Angels,Marilyn Manson,Gary Numan,A Perfect Circle,Pigface,Tapeworm
Na rede
www.nin.com
IMDB: nm0961129Facebook: ninofficialTwitter: nineinchnailsInstagram: nineinchnailsTumblr: nineinchnailsMySpace: ninYoutube: UC4a5d57ZAWl999-YXw0C1VgVimeo: ninofficialTikTok: nineinchnailsSouncloud: nineinchnailsSpotify: 0X380XXQSNBYuleKzav5UOiTunes: 107917Last fm: Nine Inch NailsMusicbrainz: b7ffd2af-418f-4be2-bdd1-22f8b48613daSongkick: 241755Discogs: 3857Allmusic: mn0000351733Deezer: 407Genius: Nine-inch-nailsEditar o valor en Wikidata

Nine Inch Nails (abreviado comoNIN e escrito comoNIИ) é unha banda derock industrial estadounidense formada enCleveland,Ohio en1988 porTrent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.

O público dounderground recibiu calorosamente a música de Nine Inch Nails nos seus primeiros anos. Na década dos 90 a banda realizou varios influentes traballos que acadaron un certo grao de popularidade no público máis xeral, e moitos temas da banda convertéronse nun éxito nas radios. Dous dos seus discos recibiron premiosGrammy, chegando a vender uns 20 millóns de discos en todo o mundo, 10'5 deles só nosEstados Unidos[1]. No ano1997 Reznor apareceu na lista das persoas máis influentes do ano da revistaTime[2], e a revistaSpin describiuno como "o artista máis vital na música". No2004, aRolling Stone colocou a Nine Inch Nails no número 94 da súa lista de 100 mellores artistas de todos os tempos. A pesar destes feitos, a banda tivo varios enfrontamentos coa parte corporativa da industria discográfica. No ano2007 estes conflitos remataron co anuncio de Reznor de que Nine Inch Nails rompería co seu selo, Interscope Records, e editaría os seus futuros lanzamentos independentemente[3].

Dende1989, Nine Inch Nails leva editados oito álbums de estudio. Os dous máis recentes,Ghosts I–IV eThe Slip, ambos os dous aparecidos no2008, foron editados baixo licenzasCreative Commons. Os dous foron lanzados dixitalmente, aparecendo as súas edicións físicas posteriormente. A edición dixital deThe Slip estivo dispoñible de xeito totalmente gratuíto. NIN estivo nomeada doce veces aosGrammy e gañouno dúas veces, para os temas "Wish" e "Happiness in Slavery", nos anos1992 e1995 respectivamente[4][5].

Historia

[editar |editar a fonte]

Formación

[editar |editar a fonte]

En1987,Trent Reznor tocaba os teclados nunha banda de Cleveland chamada The Exotic Birds, xestionada por John Malm, Jr.[6] Reznor e Malm fixéronse amigos,[7] e cando Reznor deixou a banda para traballar na música el só, Malm informalmente converteuse no seumanager.[8] Nese tempo Reznor traballaba coma auxiliar de técnico e conserxe nos Right Track Studios,[9] e pediulle permiso ao dono dos mesmos, Bart Koster, para gravar algunhas demos do seu material nas horas no que o estudio non se usaba e Koster accedeu. Mentres montaba eses temas, as primeiras gravacións de Nine Inch Nails, Reznor foi incapaz de atopar unha banda que articulase ese material como el desexaba. Porén, inspirado porPrince, Reznor tocou todos os instrumentos agás as baterías. Na maioría das gravación da banda segue usando ese método, aínda que en ocasións teñen gravado outros músicos con el. En1988, despois de realizar o seu primeiro concerto como entrante de Skinny Puppy, as ambicións de Reznor para Nine Inch Nails pasaban por editar un sinxelo de 12 polgadas nun pequeno selo europeo. Varios selos responderon interesados pola demo, e Reznor asinou conTVT Records. Seleccionáronse dez temas que foron editados, despois de seren revisados, como o primeiro álbum da banda en1989,Pretty Hate Machine.

O logo de NIN deseñado porTrent Reznor e Gary Talpas.

Reznor dixo en1994 que elixira o nome de "Nine Inch Nails" porque era "doado de abreviar", en vez de por "un significado literal". Outras explicacións circularon, alegando que Reznor o elixiu para referenciar a crucifixión de Xesús con cravos de nove polgadas, ou as garras de nove polgadas de Freddy Krueger. O logo de Nine Inch Nails, que consiste nas letras "NIИ" dentro dun bordo, foi deseñado por Reznor e Gary Talpas. O logo apareceu xa na estrea da banda, o sinxelo "Down in It", e inspirouse na tipografía do deseñador gráfico Tibor Kalman do álbum deTalking HeadsRemain in Light. Talpas, nativo de Cleveland, continuou deseñando para NIN ata1997, facendo as portadas para os álbumsPretty Hate Machine,Broken,The Downward Spiral,Further Down the Spiral eClosure, ademais dalgún sinxelo[10].

Pretty Hate Machine

[editar |editar a fonte]

Escrito, arranxado e interpretado porTrent Reznor, o primeiro álbum de Nine Inch Nails,Pretty Hate Machine, apareceu o20 de outubro de1989 a través do seloTVT Records[11]. O traballo marcou a primeira colaboración de Reznor conAdrian Sherwood (que produciu o sinxelo principal, "Down in It", enLondres sen coñecelo persoalmente) e conMark "Flood" Ellis. A produción deFlood aparece na maioría das principais edicións de Nine Inch Nails ata o ano1994, e Sherwood fixo remesturas para a banda ata os anos 2000. Reznor e os seus co-produtores expandiron as demos do Right Track Studio engadindo os sinxelos "Head Like a Hole" e "Sin". Após pasarse 115 semanas na listaBillboard 200[12],Pretty Hate Machine converteríase nun dos primeiros discos independentes en conseguir a certificación de platino. AMTV emitiu os vídeos de "Down in It" e "Head Like a Hole", pero un explícito vídeo de "Sin" só sería editado en1997 no VHSClosure.

En1990, NIN comezou aPretty Hate Machine Tour Series, na cal xirou por Norteamérica e foi entrante de artistas comoPeter Murphy eThe Jesus and Mary Chain. Nine Inch Nails embarcouse posteriormente nunha xira mundial pasando tamén pola primeira edición doLollapalooza en1991. Despois dunha pobre recepción en Europa como entrante deGuns N' Roses, NIN volveu aosEstados Unidos no medio de presións por parte de TVT para producir a continuación dePretty Hate Machine. En resposta, Reznor comezou a gravar en segredo baixo varios pseudónimos para evitar as interferencias da compañía.

Broken

[editar |editar a fonte]

En1992 Nine Inch Nails editouBroken, un EP con seis cancións e dous temas extra. No libreto Reznor acreditou a banda de directo de1991 como unha influencia no son do EP. Reznor caracterizouBroken como un "estoupido de distorsión" baseado en guitarra e "moito máis duro quePretty Hate Machine". As cancións deBroken déronlle a NIN os seus dous premiosGrammy: unha representación do primeiro sinxelo do EP "Happiness in Slavery" de Woodstock '94, e o segundo sinxelo "Wish". Reznor posteriormente bromeou dicindo que o seu epitafio debería ser: "REZNOR: Morreu. Dixo 'fist fuck', gañou un Grammy".

Peter Christopherson das bandas Coil e Throbbing Gristle dirixiu o vídeo do tema "Wish", pero a canción do EP cun vídeo máis infame foi "Happiness in Slavery". O vídeo foi prohibido en case todos lados debido ás súas imaxes onde aparecía o artista Bob Flanagan nu deitándose nunha máquina que lle dá pracer, o tortura e finalmente o mata. Un terceiro vídeo para "Pinion", que parcialmente foi incorporado para a apertura do programa daMTVAlternative Nation, amosaba un váter que lanzaba auga á boca dunha persoa vestida de bondage. Reznor e Christopherson reuniron estes tres vídeos xunto con filmacións para "Help Me I Am In Hell" e "Gave Up" nun vídeo de máis duración tamén chamadoBroken. Este xira ao redor do asasinato dun mozo que é raptado e torturado mentres é obrigado a ver os vídeos. Nunca foi editado, aínda que apareceu de xeito encuberto nos círculos de venda ilegal.

Ademais gravouse un vídeo para "Gave Up" con Richard Patrick eMarilyn Manson filmado no 10050 de Cielo Drive (a casa onde foi asasinadaSharon Tate e renomeada coma "Le Pig studios" por Reznor). Tamén se filmou un directo de "Wish", e ambos vídeos aparecen no recompilatorioClosure de1997. ABroken seguiuno o EP de remesturasFixed a finais do ano1992. No canto de facer unha xira de promoción do novo material, Reznor comezou a vivir e a gravar a tempo completo en "Le Pig", traballando no seu seguinte disco libre de restricións por parte do selo discográfico.

The Downward Spiral

[editar |editar a fonte]

O segundo álbum de Nine Inch Nails,The Downward Spiral, foi lanzado o8 de marzo de1994[13] acadou o número 2 na listaBillboard 200, onde pasou 115 semanas[14], sendo o disco da banda máis vendido nosEstados Unidos. Influenciado polos disco de finais dos 70Low deDavid Bowie eThe Wall dePink Floyd,The Downward Spiral contén un amplo abano de texturas e atmosferas para ilustraren o progreso mental do personaxe central.Flood foi novamente co-produtor en varios temas do álbum, sendo esta a súa derradeira colaboración con Nine Inch Nails.Alan Moulder, colaborador habitual deFlood, mesturou a meirande parte deThe Downward Spiral, e após isto colaborou habitualmente nas futuras producións da banda. O álbum foi gravado en Le Pig Studios.

Do traballo saíron dous sinxelos, "March of the Pigs" e "Closer", que xunto a "Hurt" e "Piggy" foron difundidos polas radios aínda que destes dous últimos non houbo unha edición en sinxelo. O vídeo de "Closer" foi dirixido por Mark Romanek e apareceu frecuentemente naMTV, aínda que a canle editou bastante a versión orixinal argumentando que era demasiado gráfica. Unha versión para a radio que corta determinadas partes da letra do tema tamén puido ser escoitada na radio con asiduidade. O vídeoClosure amosa partes da xira de NINSelf Destruct, e inclúe as interpretacións en directo de "Eraser", "Hurt" e un clip de "March of the Pigs" feito para aMTV.

Trent Reznor nun concerto da xiraSelf-Destruct

As críticas sobreThe Downward Spiral polo xeral foron favorables: acadando o álbum no ano2005 o posto 25 na lista da revistaSpin dos "100 mellores álbums, 1985–2005", e no2003 o posto 200 da lista daRolling Stone doa "500 mellores álbums de todos os tempos". Despois da súa edición, Reznor produciu un álbum de remesturas tituladoFurther Down the Spiral, a única edición de NIN que non saíu cun gran selo en acadar o disco de ouro nosEstados Unidos. Conta coa colaboración do músico electrónicoAphex Twin, do produtorRick Rubin e do guitarrista deJane's AddictionDave Navarro entre outros.

A xiraSelf-Destruct para promocionar o álbum acadou o seu punto máis alto coa actuación no festivalWoodstock '94 que foi emitida na televisión por pago e vista nuns 24 millóns de fogares. A partir dese intre Nine Inch Nails acadou un considerable éxito nomainstream, mellorando as producións e incorporando elementos visuais aos seus concertos. Nese tempo, o perfeccionismo de Reznor no estudio, as súas adicións, e un bloqueo creativo prolongaron a produción do seu seguinte traballo.

En1997 Reznor produciu a música para a película deDavid LynchLost Highway. Do álbum tirouse o sinxelo "The Perfect Drug", sendo o vídeo do tema dirixido novamente por Mark Romanek. No ano2004 lanzouse unha edicióndeluxe deThe Downward Spiral.

The Fragile

[editar |editar a fonte]

Pasaron cinco anos entre a aparición deThe Downward Spiral e o seguinte álbum de estudio de Nine Inche Nails,The Fragile, editado como álbum dobre en setembro de1999. Debido ao éxiro dos seus anteriores traballos, os medios de comunicación comezaron a falar deThe Fragile un ano antes da súa edición. Cando o álbum foi finalmente lanzado estreouse no número 1 da listaBillboard 200[15], vendendo 228.000 copias a súa primeira semana e recibindo moi boas críticas. PorénThe Fragile sairía dos 10 primeiros postos da lista só unha semana despois da súa edición, polo que Reznor tivo que pagar a seguinte xira por Norteamérica cos seus propios cartos.

Segundo Reznor,The Fragile foi concibido facendo "da composición, arranxos, produción e deseño de son [...] unha mesma cousa. Unha canción podería comezar cunloop de batería ou un concepto visual e finalmente o tema xorde diso e xa está". O produtor canadense Bob Ezrin foi consultado para a listaxe de cancións do álbum; o libreto do mesmo di que "proporcionou fluidez" ao disco.

Logo da edición do álbum o tema "Starfuckers, Inc." provocou especulacións nos medios de sobre quen falaba a satírica letra composta por Reznor. A crítica deCinesexuality Patricia MacCormack interpreta a canción como un "ataque mordaz á escena musical alternativa", particularmente ao antigo amigo e protexido de ReznorMarilyn Manson. Os dous artistas deixaron de lado as súas diferenzas cando Manson apareceu no vídeo musical do tema, retitulado "Starsuckers, Inc." e actuou con NIN no Madison Square Garden no ano2000. Nine Inch Nails editou tres sinxelos comerciais do álbum en distintos sitios: "The Day the World Went Away" en Norteamérica; "We're in This Together" na Unión Europea e o Xapón; e "Into the Void" en Australia.

Reznor continuouThe Fragile con outro álbum de remesturas,Things Falling Apart, lanzado despois da xira do2000Fragility, na cal se gravou material que foi editado en CD, DVD e VHS no2002 co nomeAnd All that Could Have Been. Unha edicióndeluxe do CD en directo acompañado dun disco adicional chamadoStill.

With Teeth

[editar |editar a fonte]

Pasaron seis anos ata que apareceu o cuarto álbum de Nine Inch Nails,With Teeth foi editado no ano2005, aínda que se filtrou antes do seu lanzamento oficial. O álbum foi composto e gravado após a loita de Reznor contra o alcoholismo e o abuso de drogas. Ao igual queThe Fragile,With Teeth se estreou na cima da listaBillboard 200. O deseño do álbum suprime o típico libreto; no seu lugar só aparece unha lista dos temas, os co-produtores e un enderezo web dun PDF coas letras e todos os créditos do disco. O álbum púxose enstreaming noMySpace oficial da banda antes da súa data de edición. As críticas deWith Teeth foron en xeral boas.

Un vídeo promocional da canción "The Hand That Feeds" estreouse na páxina da banda en marzo do2005, en vez de nas canles musicais tradicionais. Reznor tamén editou os arquivos fonte do tema en formatoGarageBand, permitindo aos fans remesturaren a canción. De xeito semellante Reznor publicou arquivos do segundo sinxelo do álbum, "Only", en distintos formatos, incluíndoPro Tools eACID Pro. David Fincher dirixiu o vídeo de "Only" usando principalmente imaxes xeradas por ordenador. O terceiro sinxelo, "Every Day Is Exactly the Same", foi editado en abril do2006, aínda que o vídeo planeado para el foi rexeitado na posprodución do mesmo. A canción acadou a cima das listas da Billboard de cancións alternativas.

Nine Inch Nails comezou unha xira por Norteamérica no outono do ano2005, con entrantes comoQueens of the Stone Age,Autolux eDeath from Above 1979. Outro entrante da xira, o artista dehip hopSaul Williams, actuou coa banda no festivalVoodoo Music Experience enNova Orleáns, antiga residencia de Reznor, onde actuaron de cabeza de cartel. Para rematar a época deWith Teeth, NIN completou a xira norteamericana tocando en anfiteatros en verán do2006, xunto aBauhaus,TV on the Radio ePeaches. A finais dese ano, a páxina oficial da banda anunciou que un documental sobre a xira, tituladoBeside You in Time, sería editado en tres formatos: DVD, HD DVD e Blu-ray Disc.

Year Zero

[editar |editar a fonte]
Flier do xogo de realidade alternativaYear Zero.

O quinto álbum de estudio de Nine Inch Nails,Year Zero, foi editado só dous anos despois deWith Teeth, un cambio con respecto aos anteriores. Con letras escritas dende a perspectiva de múltiples personaxes, Reznor describe aYear Zero como un álbum conceptual que critica as políticas da época dosEstados Unidos e o impacto que terían no mundo nos seguintes 15 anos. As críticas do álbum foron en xeral positivas.

Un xogo de realidade alternativa xurdiu paralelamente ao concepto deYear Zero, ampliando a historia que conta o álbum. Pistas ocultas nomerchandise das xiras levou inicialmente aos seareiros a descubriren unha rede de páxinas web ficticias, web do xogo que describían "unha imaxe orweliana dosEstados Unidos cara ao ano 2022". Antes da edición do disco, algunhas cancións inéditas atopáronse en memorias USB ocultas en concertos da banda enLisboa eBarcelona, como parte do xogo de realidade alternativa. A participación dos seareiros no xogo chamou a atención de medios comoUSA Today eBillboard, que citaron a páxina de fansThe NIN Hotline, ao foroEchoing the Sound, ao club de fansThe Spiral e aNinWiki como fontes de novos descubrimentos.

O primeiro sinxelo da banda, "Survivalism", e outros temas deYear Zero foron editados como ficheiros de son multipistas para que os fans os remesturasen. Un álbum de remesturas tituladoYear Zero Remixed foi posteriormente lanzado, contendo remesturas deYear Zero feitas por outros artistas. O álbum de remesturas sería o derradeiro da banda cunha gran discográfica, xa que significou a fin do seu contrato con Interscope Records e NIN non o renovou. Este álbum acompañouse por unha páxina interactiva con descargas de audios e coa posibilidade de enviar as remesturas feitas polos usuarios.

Ghosts I–IV eThe Slip

[editar |editar a fonte]

En febreiro do2008 Reznor actualizou a web de Nine Inch Nails cunha mensaxe titulada "2 weeks" (2 semanas). O2 de marzoGhosts I–IV, un álbum instrumental de 36 temas, estaba dispoñible a través da páxina oficial da banda.Ghosts I–IV apareceu nun bo número de formatos e formas, dende a libre descarga do primeiro volume, ata a edición limitadaUltra-Deluxe de 300 dólares. A totalidade das 2.500 copias desta ediciónUltra-Deluxe esgotáronse en tres días. O álbum foi composto de xeito imporovisado nun período de 10 semanas e entre os seus colaboradores inclúenseAtticus Ross,Alan Moulder,Alessandro Cortini,Adrian Belew eBrian Viglione.Ghosts I–IV lanzouse baixo unha licenzaCreative Commons.

Semellante ao anuncio que precedeu á edición deGhosts I–IV, unha mensaxe na páxina da banda en abril do2008 rezaba "2 weeks!". O5 de maio Nine Inch Nails editouThe Slip a través da súa páxina sen ningunha campaña de promoción previa. O álbum estivo dispoñible coma descarga gratuíta, protexida coa mesma licenzaCreative Commons queGhosts I–IV, e as súas descargas superaron os 1,4 millóns.The Slip foi posteriormente lanzado en CD como unha edición limitada de 250.000 copias.

Após a edición deGhosts I–IV eThe Slip anunciouse unha xira de 25 datas chamadaLights in the Sky en cidades norteamericanas, e posteriormente foi ampliada para incluír máis datas en Norteamérica e Suramérica. Cortini e Freese volveron formar parte da banda en directo,Robin Finck uniuse novamente a eles eJustin Meldal-Johnsen foi contratado como baixista. A finais do2008 Freese e Coritini deixaron o grupo, e coa incorporación deIlan Rubin na batería a banda converteuse nun cuarteto. En xaneiro do2009 Reznor subiu material non editado de tres concertos que podía ser descargado víaBitTorrent.

Fin da xira

[editar |editar a fonte]

En febreiro do2009 Reznor falou na páxina da banda sobre o futuro de Nine Inch Nails, dicindo que "estiven pensando durante algún tempo que é momento de facer desaparecer a NIN durante unha tempada". Reznor dixo que o proxecto de Nine Inch Nails remataría como banda en directo despois da xiraWave Goodbye, que comezou en febreiro en Australia, pasou en maio e xuño por Norteamérica, e continuou por Europa nos meses de verán para rematar o10 de setembro nosÁnxeles no que sería o derradeiro concerto de Nine Inch Nails. No mes seguinte a banda comezou a vender parte do equipo de xira a través deEbay.

Trent Reznor indicou na páxina da banda que continuaría traballando como Nine Inch Nails e con outros proxectos despois da xira, e que pensara editar material novo co nome Nine Inch Nails no ano2010. Unha actualización noTwitter oficial do grupo aludiu a unha reedición deThe Fragile prevista para ese ano. O9 de febreiroTrent Reznor comezou a subir fotos do estudio de gravación á páxina principal de nin.com, acompañadas dun "?".

No ano2009 revelárase que Reznor estaba a traballar nun proxecto, xunto coa súa mullerMariqueen Maandig e o músico e compositorAtticus Ross, chamadoHow to Destroy Angels. A súa primeira edición, un EP de seis temas autotitulado, estivo dispoñible como descarga de balde o1 de xuño do2010.

Novamente con Atticus Ross, Reznor co-escribiu a música para a película deDavid FincherThe Social Network. Unha mostra de cinco temas apareceu como descarga dixital o17 de setembro do2010, e o álbum enteiro editouse dixitalmente o28 de setembro. No mes de outubro lanzáronse varios formatos físicos do disco. O16 de xaneiro de2011 Reznor e Ross gañaron oGlobo de Ouro á mellor banda sonora, e o27 de febreiro recibiron oOscar na mesma categoría pola súa música paraThe Social Network.

Despois da estrea da película editouse o22 de novembro unha versión remasterizada do seu primeiro álbum,Pretty Hate Machine.

Volta ás actuacións

[editar |editar a fonte]

En febreiro do ano2013Trent Reznor anuniou que a banda volvería ás estradas realizando unha gran xira a partir do verán dese ano, e que probablemente se estendería ata o ano2014. Tamén revelou os membros que formarían a banda para eses concertos. Ao propio Reznor se lle uniránEric Avery deJane's Addiction,Adrian Belew eKing Crimson eJosh Eustis deTelefon Tel Aviv, ademais dos anteriores membros da banda en directoAlessandro Cortini eIlan Rubin[16].

O15 de maio do2013Eric Avery anunciou que abandonaba a banda tras uns poucos concertos. No seu comunicado recoñecía que se sentía superado pola situación[17]. Dous días despois, o17 de maio,Trent Reznor facía público a través do Facebook da banda a inclusión na formación do guitarristaRobin Finck, colaborador habitual de Nine Inch Nails[18].

O3 de setembro de2013 Nine Inch Nails publicou o seu oitavo álbum de estudio,Hesitation Marks, que incorporaba ritmos que lembran aos seus primeiros traballos, pero máis extenso e cun caráctar máis teatral.

Actuacións ao vivo

[editar |editar a fonte]

Reznor é o único membro oficial de Nine Inch Nails. Porén, normalmente se rodea dun grupo de músicos para interpretar as cancións en directo. Esta banda, tamén coñecida como Nine Inch Nails, arranxa os temas de estudio do grupo para crear un son distinto ao dos discos de Reznor. Os membros do grupo ocasionalmente foron convidados a participar no proceso de gravación, pero o control creativo sempre o tivo Reznor.

O proxectoTapeworm foi creado en1995 como un proxecto paralelo de Nine Inch Nails entre Reznor e varios membros da banda ao vivo como un ambiente creativo máis "democrático". A banda inicialmente incluíu aDanny Lohner e aCharlie Clouser, pero expandiuse para que ingresasen os colaboradores de Nine Inch NailsJosh Freese,Atticus Ross eAlan Moulder. Porén, despois de 9 anos de sesións de estudio, ningún material foi oficialmente editado, e confirmouse que xa non estaba activo en2005.

A formación da banda ao vivo tende a cambiar drasticamente entre as grandes xiras do grupo: ademais de Reznor encargándose das voces, teclados e guitarra, ningún membro permaneceu dende a súa orixe. Reznor citou o longo período de xestación entre os álbums de estudio como parte das razóns para eses frecuentes cambios de persoal, ademais do seu desexo de refrecar a interpretación da súa música. En2009, a derradeira encarnación da banda ao vivo contou con Reznor,Robin Finck (á parte de Reznor, Finck tocou na meirande parte das xiras),Justin Meldal-Johnsen eIlan Rubin.

Discografía

[editar |editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSeloObservacións
Pretty Hate Machine1989TVT Records
Broken1992TVT/Nothing
EP
The Downward Spiral1994Nothing Records
The Fragile1999Nothing Records
With Teeth2005Interscope Records
Year Zero2007Interscope Records
Ghosts I–IV2008The Null Corporation
The Slip2008The Null Corporation
Hesitation Marks2013Columbia Records
Not the Actual Events2016The Null CorporationEP
Add Violence2017The Null CorporationEP
Bad Witch2018The Null Corporation
Ghosts V: Together2020The Null Corporation
Ghosts VI: Locusts2020The Null Corporation

Álbums de remesturas

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Further Down the Spiral1995Nothing Records
Things Falling Apart1995Nothing Records
Year Zero Remixed2007Interscope

Álbums en directo

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Artistas con máis vendas nos Estados Unidos". Arquivado dendeo orixinal o 25 de xuño de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  2. "25 estadounidenses máis influentes de 1997 da revistaTime". Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  3. "Nine Inch Nails rompe o seu comtrato con Interscope, Billboard.com". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  4. Grammys da categoría de rock de 1992
  5. Grammys da categoría de rock de 1995
  6. Weisbard, Eric (febreiro de 1996)."Sympathy for the Devil".Spin11 (11): 34–42, 96.ISSN 0886-3032. 
  7. Huxley 1997, p. 33
  8. Reznor v. J. Artist Management, Inc. et al., 365 F. Supp. 2d 565 (S.D.N.Y. 2005).
  9. "Nine Inch Nails | Biography & History".AllMusic(eninglés). Consultado o2019-11-23. 
  10. "Persoas da zona de Cleveland que colaboraron con Trent Reznor". Arquivado dendeo orixinal o 28 de agosto de 2007. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  11. http://www.ninwiki.com/Pretty_Hate_Machine
  12. Pretty Hate Machine nas listas daBillboard
  13. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 01 de marzo de 2011. 
  14. The Downward Spiral nas listas daBillboard
  15. The Fragile nas listas daBillboard
  16. Pitchfork Media - Trent Reznor Announces the Return of Nine Inch Nails: Extensive Touring for 2013 and 2014(eninglés)
  17. "rollingstone.es - Eric Avery deja Nine Inch Nails"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 14 de xuño de 2013. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  18. Anuncio no facebook da banda da inclusión de Robin Finck(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Álbums de estudio e EPs
Álbums de remesturas
Videos en directo
Sinxelos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nine_Inch_Nails&oldid=6710823»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp