A fonte máis afastada dolago Vitoria é orío Kagera, localizado ao oeste deTanzania. Se se considera este como fonte do Nilo, o seu nacemento sería o curso de auga máis longo dos que desembocan noMediterráneo, sendo o Nilo-Kagera o segundo río máis longo do mundo, cunha lonxitude de 6853 quilómetros.[1] Durante séculos foi considerado o río máis longo do mundo;[2] con todo, medicións dos anos2007 e2008 redefiniron o nacemento do Amazonas na conca dorío Apurímac ao sur doPerú, designándoo como o río máis longo do mundo.[3][4]
O Nilo está situado ao nordeste do continente africano e tomou a súa actual configuración o final daera terciaria. O Nilo ten doustributarios claros ou fontes principais: oNilo Branco e oNilo Azul dos cales o primeiro é máis longo. O primeiro atravesa osGrandes Lagos de África, tendo a súa fonte máis distante enRuanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E), e flúe cara ao norte por Tanzania, o lago Vitoria,Uganda, oSudán do Sur e oSudán. O Nilo Azul, chamado Abay polos etíopes, nace ao noroeste deEtiopía en Gish Abay;[5] ao pouco do seu nacemento abastece aolago Tana e continúa fluíndo cara ao sueste; uns 30 quilómetros despois forma asfervenzas do Nilo Azul e continúa o seu curso nesa dirección ata que toma a dirección noroeste, para entrar noSudán polo sueste deste país. Os dous ríos xúntanse xusto ao norte da capital sudanesa deKhartún.[6]
A parte do norte do río flúe case completamente polodeserto, entre Sudán eExipto, unha zona cuxa civilización dependeu do río desde hai milenios. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades —fóra das dodelta do Nilo e osoasis— atópanse ao longo do val do Nilo (ao norte deAsuán), e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do río conforma o delta do Nilo, que desemboca nomar Mediterráneo.
Enexipcio, osxeróglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran comoiteru. A palabraNilo provén dogregoNeilos (Νειλος), que significa "val do río".
Cunha lonxitude total de aproximadamente 6.650 km[n. 1] entre a rexión do lago Vitoria e o mar Mediterráneo, o Nilo é o río máis longo do continente africano. Aconca fluvial do Nilo comprende 3 254 555 quilómetros cadrados, aproximadamente o 10 % da superficie deÁfrica.[11][12] No entanto en comparación con outros ríos importantes, o Nilo leva pouca auga (por exemplo, tan so leva o 5% da dorío Congo).[13] A conca do Nilo é complexa, e debido a isto, a descarga en calquera punto ao longo doconduto principal depende de moitos factores, incluídos oclima, os desvíos, aevaporación e aevapotranspiración, e o fluxo deauga subterránea.
Arriba deKhartún, o Nilo tamén se coñece como Nilo Branco, un termo tamén utilizado nun sentido limitado para describir a sección entre oLago Non e Khartún. En Khartún, o Nilo Azul únese o Nilo Branco. O Nilo Branco comeza na África Oriental ecuatorial, e o Nilo Azul comeza en Etiopía. Ambas as ramas están nos flancos occidentais daGreta da África Oriental.
Aínda que habitualmente se considera que as fontes do Nilo están no Lago Vitoria o certo é que o lago é alimentado por moitos outros ríos, algúns deles dunha lonxitude e caudal considerables. A principal fonte do Nilo, o curso de auga máis distante ao Mediterráneo, é orío Kagera, un dos afluentes da parte central da beira occidental do lago, que desauga preto da cidade tanzana deBukoba. Dúas son as fontes máis afastadas do Kagera e, polo tanto, do propio Nilo:
A agora considerada fonte do Nilo, que se orixina preto do extremo setentrional do lago Tanganica, no corazón de bosque tropical de Nyungwe, naprovincia Occidental deRuanda. Esta cabeceira do Kagera, coñecida comorío Rukarara, segundo descende e vai incorporando afluentes, cambia varias veces de nome: primeiro leva o nome deMwogo, máis logo o deNyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, augas abaixo, ao recibir este pola dereita ao río Ruvubu, dá lugar finalmente ao río Kagera. O sistema fluvial Nilo-Nilo Branco-lago Vitoria-Kagera-Alkagera-Nyabarongo-Mwogo-Rukarara ten unha lonxitude total de 6756 km.
A chamada fonte sur ou meridional do Nilo, a primeira coñecida, que se orixina enBurundi e é a máis caudalosa e austral (e polo tanto máis afastada do Mediterráneo, que non a máis longa). Atópase no extremo oriental das altas montañas do sur de Burundi, aproximadamente 45 km ao leste do lago Tanganica, entre Bururi e Rutana, na fonte do río Luvyironza. O Luvyironza flúe no Ruvubu, e este no Ruvubu, que ao confluír co Akagera dá lugar finalmente ao Kagera. O sistema fluvial Nilo-Nilo Branco-lago Vitoria-Kagera-Ruvubu-Luvyironza ten unha lonxitude de 6671 km, algo máis curta que a fonte ruandesa.
O Nilo deixa o Lago Vitoria nasCataratas Ripon, preto deJinga, en Uganda como Nilo Vitoria.Flúe uns 500 km, atravesando oLago Kyoga, até oLago Alberte, onde toma o nome de Nilo Alberte. Pasa entón ao Sudán, onde se coñece comoBahr al Jebel. Na confluencia deste coBahr el Ghazal, que ten 720 km., o río pasa a denominarseBahr al Abyad ouNilo Branco, por causa daarxila en suspensión que arrastra. Desde aquí diríxese a Khartún.
O termo Nilo Branco é usado tanto nun sentido xeral, referíndose ao río antes de Khartún, como nun sentido limitado: a sección entre o lago No e Khartún. Desde o lago Vitoria ata a confluencia coNilo Azul en Khartún, é a rexión onde recibe todos os seus tributarios, excepto o Atbara, que é de corrente periódica e habitualmente denomínaselle Nilo Superior ata o lago Alberte, e a partir de aí ata Khartún, Alto Nilo.
Imaxe por satélite de onde se fusionan os Nilos Branco e Azul
ONilo Azul (Tiqur Abbay (río Abay Negro) para os etíopes;Bahr al Azraq para os sudaneses) parte desde olago Tana nasterras altas etíopes. Percorre 1.400 km até Khartún, onde se xunta co Nilo Branco. A maior parte da auga que arrastra o Nilo (80-85%) orixínase en Etiopía, pero esta cantidade só se dá no verán, cando caen as grandes choivas nameseta etíope. O resto do ano, os grandes ríos que percorren Etiopía e desembocan no Nilo (Sobat e Atbara) levan pouca auga ou están secos.
Esta zona do río esténdese desdeKhartún ataAsuán. É unha rexión seca e árida que atravesa unha meseta deserta xa que non posúe outros afluentes que non sexan orío Atbarah[n. 2] que xúntase co Nilo a 300 Km ao norte de Khartún. Esta é outra característica infrecuente do Nilo, que o seu derradeiro tributario se lle une a medio camiño do mar. A partir deste punto, o caudal diminúe por causa da evaporación. Este tramo ten unha lonxitude aproximada de 1800 quilómetros, e caracterízase polas seis cataratas que posúe. A primeira delas atópase en Asuán, a segunda enWadi Halfa, a terceira enKerma, a cuarta entreAbu Hamad eDongola, a quinta está a 45 quilómetros deBerber e a última, a sexta está a 80 quilómetros de Khartún.
O Nilo no Sudán ten dúas peculiaridades: flúe sobreseis grupos de cataratas, desde a primeira en Asuán até a sexta en Sabaloka (xusto ao norte de Khartún) e inverte a súa dirección durante boa parte do seu traxecto, dirixíndose cara ao suroeste antes de tomar dirección norte de novo. Isto chámase a "Gran Curva do Nilo".
Esta zona que abarca principalmente odelta do Nilo é o territorio conformado polos fértiles depósitos aluviais do Nilo desde Asuán até desembocar nomar Mediterráneo e está composto por canles que irrigan o val e a depresión deFayum, sendo posible navegar polo río. O delta está aonorte deExipto e ten forma de letra gregaDelta (Δ), de aí o nome dado polos antigos gregos.
Até a construción dapresa de Asuán, estímase que o delta aumentaba de superficie unha media dunquilómetro cadrado anualmente, ou uns catro metros de lonxitude, a causa do achegue delimos. Desde épocas da primeira dinastía o delta incrementou a súa superficie un tres mil quilómetros cadrados.
O uso do río Nilo foi asociado coa política africana durante moitas décadas. Varios países, incluíndoUganda,Sudán,Etiopía eKenya queixáronse da dominación exipcia dos recursos da auga do Nilo. A «Iniciativa da conca do Nilo» foi un dos programas máis importantes para promover o seu uso por igual e a cooperación pacífica entre os estados da conca do Nilo.[14]
O ríodesbordase cadaverán e deposita restos fértiis sobre o chan pero hai certas zonas onde existen cataratas que crean cursos de auga máis rápidos, dificultando e impedindo a navegación enbarco. Os pantanosSudd en Sudán tamén crean un obstáculo para a navegación e para o fluxo da auga, polo cal pensouse en crear unha canle, acanle Jonglei, para evitar a auga pantanosa.[15]
O Nilo foi a fonte de vida dosantigos exipcios. As súas beiras foron ocupadas desde aIdade da Pedra. Unha mudanza climática ou talvez a desertificación por exceso de pastoreo, desecaron as terras pastorís de Exipto para formar odeserto do Sáhara, posibelmente hai 10.000 anos, e os seus habitantes emigrarían cara ao río, onde desenvolveron unha sociedade agrícola e máis centralizada.
Estímase que o actual río Nilo é, polo menos, o quinto río que fluíu cara ao norte desde as terras altasetíopes. Asimaxes de satélite usadas para identificar cursos de auga secos no deserto ao oeste do Nilo, móstrannos un canón, Eonilo, agora recheo polo fluxo superficial. Isto representa un antigo Nilo chamado Eonilo que fluíu durante oMioceno (de 23 a 5,3 millóns de anos antes do presente). O Eonilo transportou sedimentos ata o Mediterráneo, e varios campos de gas foron descubertos dentro destes sedimentos.Durante o Mioceno tardío produciuse acrise salina do Messiniense, cando omar Mediterráneo quedou illado e se evaporou, e o Nilo baixou o seu curso a un novo nivel que estaba centos de metros baixo o nivel do océano en Asuán e 2400 metros por baixo doCairo.[16] Este enorme canón que se formou está agora repleto de sedimentos.
Hai dúas teorías en relación á idade do Nilo integrado: A primeira é que a drenaxe integrada do Nilo é de idade nova, que a conca do Nilo rompeu nunha serie de concas separadas e só a conca de máis ao norte tivo un río seguindo o curso actual do Nilo en Exipto.[17] Outra teoría proposta é que a drenaxe deEtiopía a través de ríos como oNilo Azul ou oAtbarah/Takazze fluíu ao mar Mediterráneo a través do Nilo exipcio desde aera terciaria.[18]
Salama, en1987, suxeriu que durante o Terciario houbo unha serie de concas continentais separadas, cada conca ocupando unha das principais gretassudanesas: agreta Mellut, a greta do Nilo Branco, a greta do Nilo Azul, a greta do Atbara e a greta Sag El Naam.[19] A conca da greta de Mellut é de case 12 quilómetros de profundidade na súa parte central e posiblemente aínda está activa. O sistema da greta do Nilo Branco, aínda que é máis baixo que oBahr El Arab, é aproximadamente de 9 quilómetros de profundidade.
A exploración xeofísica do sistema da greta do Nilo Azul estimou a profundidade dos sedimentos aproximadamente entre os 5 e os 9 quilómetros. Estas concas non foron interconectadas ata despois de que cesase o seu afundimento e a acumulación de sedimentos fose suficiente para encher as concas a tal nivel que permitise a conexión. Ao encherse as depresións conectáronse o Nilo exipcio e o sudanés que captaba as augas etíopes e ecuatoriais durante as últimas etapas das actividadestectónicas.[20] O río Atbara desbordouse e pechou a súa conca durante os períodos húmidos, fai entre 100 000 e 120 000 anos. O Nilo Azul conectouse ao Nilo principal fai entre 70 000 e 80 000 anos. A conexión do Nilo Vitoria produciuse aproximadamente fai 12 500 anos.
O sustento xogou un papel crucial na fundación da civilización exipcia e o Nilo foi unha fonte inesgotable do mesmo. O Nilo, cando se desbordaba cada ano, facía que as súas ribeiras fosen sumamente fértiles. Foi grazas a iso que os exipcios foron capaces de cultivartrigo,cebada eliño, ademais o río achegaba abundantespeixes epapiro. Todo isto posibilitaba obter alimento suficiente para toda a poboación e outros importantes recursos, co que se evitaban en xeral posibles fames negras, moi frecuentes noPróximo Oriente debido á irregularidade das colleitas. Así mesmo, a auga do Nilo atraeu osbúfalos de auga e, despois de que ospersas o introducisen noséculo VII a.C., ocamelo. Estes animais podían ser ser capturados, sacrificados a fin de consumir a súa carne, domesticados, usados para arar e mesmo para viaxar no caso dos camelos. O Nilo era tamén unha vía eficiente e cómoda de transporte de mercadorías e persoas: utilizábase como vía fluvial para transporte comercial ou recreativo.
A estabilidade do Exipto antigo foi unha das mellor estruturadas da historia e dise que foi resultado inmediato da fertilidade do Nilo. O Nilo tamén proporcionabaliño para comerciar. Tamén se comerciaba co trigo, unha colleita crucial noOriente Medio, onde as fames eran frecuentes. Este sistema de intercambio asegurou a relación diplomática de Exipto con outros países e contribuíu á súa estabilidade económica. Tamén fornecía recursos como alimentos e diñeiro que permitían recrutar un exército, fose para a defensa ou para a expansión imperial.
No sistema ideolóxico-relixioso exipcio, ofaraón era o responsable das inundacións do Nilo e, en agradecemento pola auga e as colleitas, os labregos cultivaban o fértil solo e enviábanlle unha porción dos recursos obtidos o propio faraón, que se encargaba de usalos en ben da sociedade. A súa relevancia espiritual era tan grande que os exipcios crearon un deus dedicado á inundación anual do Nilo, o deusHapi, que xunto ao faraón controlaba a crecida. O río tamén se consideraba como o camiño da vida á morte e o alén. O leste era o lugar do nacemento e a vida e o oeste o da morte, segundo o deusRa, o sol, pasaba do nacemento á morte e a resurrección cada vez que cruzaba os ceos. Por esta razón, todas as tumbas se localizaban ao oeste do Nilo, porque os exipcios crían que, para entrar no alén, tiñan que ser enterrados no lado que simbolizaba a morte.[21]
O historiador gregoHeródoto escribiu que "Exipto é o regalo do Nilo", e non sen razón. Sen airrigación posibilitada polas augas do Nilo, a civilización exipcia probablemente sería efémera. O Nilo proporcionou os elementos que posibilitaron a eclosión e o desenvolvemento dunha gran civilización que perdurou tres mil anos. O comercio foi continuo no Nilo desde hai miles de anos, como podemos ver noóso de Ishango, posiblemente a proba máis coñecida damultiplicación por duplicación exipcia que foi descuberto preto dolago Eduardo, no nordés doCongo e que foi datado cara ao ano 20 000 a. C., noPaleolítico superior.
A pesar dos intentos dosantigos gregos eromanos (que non foron quen de penetrar oSudd), a bacía superior do Nilo permaneceu inexplorada na súa maior parte. Varias expedicións fracasaron en determinar as fontes do río, producindo as representacións clásicashelenística e romana do río como un deus home co seu rostro e cabeza cubertos por teas. O historiador e xeógrafo grego do século II a. C.Agatarcides rexistra que, en tempos deTolomeo II Filadelfo, unha expedición militar penetrara o suficiente no curso do Nilo Azul para determinar que as inundacións estivais se debían a tormentas estacionais nasTerras Altas etíopes, mais non se sabe de ningún europeo que chegase aolago Tana na Antigüidade, para canto máis alén da antiga cidade deMeroe.
Os europeos practicamente non conseguiron novos datos sobre as orixes do Nilo ata os séculosXV eXVI, cando viaxeiros porEtiopía visitaron o lago Tana e mesmo a fonte do Nilo Azul nas montañas ao sur do lago. A pesar de queJames Bruce declarou ser o primeiro europeo en visitar esa fonte, escritores modernos con mellores coñecementos danlle o crédito aoxesuíta españolPedro Páez. A descrición de Páez da fonte do Nilo (Historia de Etiopía, c.1622) non foi publicado integramente ata comezos doséculo XX. Este texto é unha longa e vívida descrición de Etiopía. Con todo o relato aparece reflectido en varios escritos contemporáneos á súa composición, como aHistoria geral da Ethiopia a Alta (Balthazar Telles, 1660),Mundus Subterraneus (Athanasius Kircher, 1664) ouO Estado Actual de Exipto (Johann Michael Vansleb, 1678). Os europeos viviran no país desde finais doséculo XV, e é posible que algún deles visitase a fonte anteriormente, pero foi incapaz de enviar un relato cos seus descubrimentos fóra de Etiopía. O portuguésJerónimo Lobo tamén describe a fonte do Nilo Azul, visitándoa pouco despois de Pedro Páez. O seu relato tamén aparece na obra de Balthazar Telles.
O Nilo Branco era máis misterioso e incomprendido, e os antigos pensaban, erroneamente, que orío Níxer representaba a bacía superior do Nilo.Plinio o Vello, por exemplo, escribiu que tiña as súas orixes "nunha montaña daMauritania inferior", fluía sobre a terra durante "moitos días", pasaba logo baixo terra, reaparecía como un lago grande nos territorios dosMasaesilos, tornábase subterráneo outra vez baixo o deserto "durante unha distancia de 20 días até chegar aos etíopes" (Naturalis historial 5.10). Un mercador chamadoDióxenes afirmaba que viaxara cara ao interior desdeRhapta, no leste de África, durante vinte e cinco días, até chegar ás fontes do Nilo nasMontañas da Lúa, aínda que se sospeita da veracidade desta historia.
As fontes do Nilo Branco ficaron ignotas até oséculo XIX, candoJohn Hanning Speke foi o primeiro en identificalas colago Vitoria cando alcanzou a súa beira sur durante a súa viaxe de exploración polo África central conRichard Francis Burton e cuxo obxectivo era localizar osGrandes Lagos. Crendo atopar a fonte do Nilo ao ver por vez primeira esta «gran extensión de augas abertas», Speke deulle o nome da soberana doReino Unido de entón. Burton, que se estivo recuperando dunha enfermidade descansando algo máis ao sur, nas esquinas dolago Tanganica, montou en cólera ao saber que Speke dera por demostrado que o seu descubrimento era a auténtica fonte do Nilo, cando Burton considerábao aínda como algo sen certificar. O que seguiu foi unha gran pelexa pública, que non só orixinou un intenso debate dentro da comunidade científica da época, senón que incitou a moitos outros exploradores para confirmar ou refutar o descubrimento de Speke. En virtude desta polemica, Speke, volveu uns anos despois (en outubro de1860) para demostrar que os seus cálculos eran correctos, e descubriu ascataratas Ripon, que intuíu eran onde nacía o Nilo. Esta vez volveu polo lado norte, aínda que non puido facelo seguindo todo o curso do Nilo por problemas coas tribos veciñas, seguiu a dirección norte ataGondokoro (Sudán) onde se atopou conSamuel Baker e a súa esposa que ían río arriba, e terminou de atravesarExipto para volver aInglaterra. O coñecido explorador e misioneiro británicoDavid Livingstone fracasou no seu intento de confirmar as aseveracións de Speke ao desprazarse demasiado ao oeste e entrar na conca doCongo. Finalmente foi o explorador galésHenry Morton Stanley quen confirmou a veracidade do descubrimento de Speke ao circunnavegar o lago Vitoria e describir a gran saída de auga das cataratas Ripon na beira norte. Foi durante esta viaxe no que se supón que Stanley saudou ao explorador británico coas palabras «O doutor Livingstone, supoño?» ao atopar ao escocés enfermo e abatido no seu campamento á beira do lago Tanganica.
A expedición o Nilo Branco, dirixida polosurafricanoHendri Coetzee e patrocinada polaNational Geographic Society, foi a primeira en navegar o Nilo na súa integridade. A expedición partiu da fonte do Nilo en Uganda o17 de xaneiro de2004 e chegou ao mar Mediterráneo exactamente enRosetta catro meses e dúas semanas máis tarde. National Geographic produciu unha película sobre esta expedición cara a finais de2005 e titulounaO río máis longo.[22][23]
O28 de abril de2004, oxeólogoPasquale Scaturro e o seu compañeiro, o practicante dekaiak ecineastadocumentalGordon Brown foron os primeiros en navegar o Nilo Azul, desde olago Tana enEtiopía áspraia s deAlexandría sobre o mar Mediterráneo. Aínda que a súa expedición incluíu a varios compoñentes estes dous foron os únicos que permaneceron a viaxe completa. Filmaron a súa aventura cunha cámara IMAX e emitírona nunha película denominadaO misterio do Nilo ademais de escribir un libro co mesmo título.[24]
Os ciclos anuais do Nilo foron moi importantes na Antigüidade. Durante a inundación, o Nilomisteriosamente mais predecibelmente, subía cada ano para anegar e fertilizar a terra, que se atopaba sen choiva e no momento máis quente do ano. Unha boa inundación aseguraba a prosperidade; unha inundación moi pobre ou excesiva garantía sufrimentos.
O misterio do ciclo suscitaba admiración e estimulaba adoración e o traballo de rexistrar o historial das inundacións, cando se esperaban e a localización dos terreos dos labregos unha vez se retiraban as augas estimularon a creación do primeiro instrumento científico, onilómetro, a astronomía e a agrimensura. A preocupación dos antigos exipcios por unha boa inundación estaba xustificada. Disque a súa ausencia reiterada e o nivel baixo xeral do río foron a causa do colapso doImperio Antigo de Exipto. Estas preocupacións figuran naBiblia, na que Xosé interpreta os soños do faraón relacionados con anos de abundancia e de pobreza.
Máis recentemente, unha seca durante os anos 1980 provocou fame en Etiopía e o Sudán, se ben Exipto estivo protexido pola auga retida noLago Nasser.
O Nilo aínda nutre moita da poboación que vive na súas beiras. Aínda se usa para transportar mercadorías a diferentes lugares do seu percorrido. Dado que os ventos no inverno sopran río arriba, os barcos de vela podían viaxar facilmente. A construción daGran Presa de Asuán (rematada en1970), que proporcionaenerxía hidroeléctrica, detivo as inundacións estivais e a súa renovación do fértil limo, facendo necesaria a utilización de adubos químicos.
No Nilo sitúanse as cidades deKhartún,Asuán,Luxor eO Cairo. A primeira catarata, a máis próxima á desembocadura do río, é a de Asuán, ao norte da Gran Presa. Entre esta e o norte existe unha importante ruta turística, con barcos de cruceiro e botes de vela tradicionais, asfalucas. Dúas paradas típicas sonEdfu eKom Ombo. Por problemas de seguridade, non se viaxa máis ao norte.
A importancia do río é moi alta dado que unha vez ó ano se desbordaba enchendo os terreos próximos de limo que fan desta terra unha das máis fértiles. Osantigos exipcios gabábano como a undeus e os seus protectores eran oscrocodilos -cando comían unha persoa considerábase como un castigo dos deuses.
O río actual é, polo menos, o quinto río que ten saído das Terras Altas etíopes. As imaxes de satélite mostran leitos secos no deserto ao oeste do Nilo. Un canón do Eonilo, hoxe cheo de terra, representa este río ancestral que fluíu noMioceno tardío. O Eonilo transportabasedimentos clásticos ao Mediterráneo, que alí se depositaron e nos que se teñen atopado varios campos degas natural.
Durante o Mioceno tardío, cando o Mediterráneo era un mar fechado e o nivel do mar baixou aproximadamente 1.500 m, o Nilo abriuse paso ao novo nivel até chegar a varias ducias de metros por baixo do nivel do mar en Asuán.
Anteriormente, olago Tanganica vertía cara ao norte no Nilo, até que os volcáns dasMontañas Virunga bloquearon o seu curso. Isto faría o Nilo moito máis longo, coa súa bacía superior enZambia.
↑A lonxitude do Nilo adoita ser aproximadamente 6650 km[8], pero os valores oscilan entre os 5499 km e os 7088 km[9]. As medicións da lonxitude de moitos ríos son só aproximacións e poden diferir entre si porque hai moitos factores que determinan a lonxitude calculada dun río, como a posición da fonte xeográfica e a desembocadura, a escala de medición e a técnica utilizada para medir a lonxitude (ver taménRíos máis longos do mundo).[9][10]
↑O río Atbarah, nace en Etiopía ao norte do lago Tana e mide uns 800 km.
↑Said, R. (1981).The geological evolution of the River Nile. Springer-verleg.
↑Williams, M.A.J. and Williams, F. (1980).Evolution of Nile Basin. In M.A.J. Williams and H. Faure (eds),The Sahara and the Nile. Balkema, Rótterdam, pp 207–224.
↑Salama, R.B. (1987). "The evolution of the River Nile, The buried saline rift lakes in Sudan".J. African Earth Sciences6 (6): pp 899–913.doi:10.1016/0899-5362(87)90049-2.
↑Salama, R.B. (1997).Rift Basins of Sudan. African Basins, Sedimentary Basins of the World. 3. Edited by R.C. Selley (Series Editor K.J. Hsu) p. 105–149. ElSevier, Ámsterdam.