Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es)Nicolasa Añón Paz![]() 28 de febreiro de 1810 ![]() Boel, España ![]() |
Morte | 1 de novembro de 1887![]() Boel, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa,escritora![]() |
Familia | |
Irmáns | Francisco Añón Tomás Añón Paz ![]() |
![]() ![]() |
Nicolasa Añón Paz, nada enBoel (na parroquia deSan Pedro de Outes, concello deOutes), o28 de febreiro de1810 e finada no mesmo lugar o1 de novembro de1887, foi unha campesiña e poeta galega. Foi a irmá máis vella do poeta e xornalista galegoFrancisco Añón, precursor dorexurdimento cultural galego doséculo XIX.
Estos versos mal compostos —Última folla do manuscrito.[1] |
Naceu no seo dunha familia de labregos acomodados e dedicouse toda a vida ó traballo no campo e ás tarefas domésticas.
Casou o 23 de xuño de 1829 con Pedro Buján Coiradas, dePazos (Santa María de Entíns), tamén de Outes, e tivo tres fillos: Jesús, Eduardo e José.
Nicolasa eraanalfabeta, cousa habitual entre os campesiños e as mulleres do tempo, pero en1885, con 75 anos de idade, ditou ó mestre Jacobo Lema Fernández un feixe de poesías que hoxe constitúen a única mostra da súa poesía; omanuscrito resultante estivo parcialmente inédito ata2014.[3] Jacobo Lema era natural deOlveira (Dumbría), de onde era párroco o fillo de Nicolasa, Jesús.
O texto está formado por catro poemas en castelán e dous máis en galego, de certa extensión e de temática relixiosa; só un dos poemas, en galego, é que se aparta desta temática e recolle a visita que fixera o reiAfonso XII aSantiago de Compostela.
En1886, o xornalista noiésLisardo Rodríguez Barreiro foi coñecela a Boel e recolleu na reportaxe dúas poesías que Nicolasa lle recitou: unha era a dedicada a Afonso XII e outra inédita, dedicada á morte do seu irmán Francisco Añón.[4]
“ | Señor, non lle valen nada, porqu’eu maxinos así coma quen non quer a cousa, mentras debullo n’o millo ou acomerando as vacas | ” |
O 1 de novembro de 1887 faleceu a consecuencia dunha pulmonía, na mesma casa onde nacera, e da que só quedan as ruínas e unha placa que só lembra o poeta Francisco Añón.
O periodista e escritor españolManuel Ossorio y Bernard dedicoulle unha entrada na súa obraApuntes para un diccionario de escritoras españolas del siglo XIX, publicado en cinco capítulos na revista culturalLa España Moderna, entre setembro de 1889 e maio de 1990.[4]
Ninguén volve mencionar a Nicolasa ata 1963, candoRicardo Carballo Calero publica a súaHistoria da literatura galega contemporánea e contempla a súa obra "ao agarimo da sombra do seu irmán".[5]Xesús Alonso Montero dálle unha entrada naGran Enciclopedia Galega que, na edición de 2003, di que nacera "entre 1806 e 1810" e que da súa obra só se conservan "dúas composicións, en estrofas octosilábicas, que posúen toda a gracia e espontaneidade da poesía popular".[6] Lémbrese que o manuscrito de Jacobo Lema non se fixo público ata o ano 2014,[7] despois de que o escritorRamón Blanco Fernández o atopase casualmente en outubro de 2012 cando presentaba na Serra de Outes un libro seu sobre Francisco Añón.
Posteriormente, tamén foi reivindicada porXosefina López de Serantes,Carmen Blanco[8] eAurora Marco.[9]