Foi papa entre1277 e1280. Era membro da poderosa familia dos Orsini. Foi o primeiro papa que viviu regularmente enRoma, onde estableceu a residencia pontifical. Ténselle reprochado o seunepotismo.
Nicolao III sucedeu ao papaXoán XXI, en boa medida grazas á influencia da súa familia, despois dun período de seis meses nos que a Santa Sé estivera vacante. O seu breve pontificado estivo marcado por algúns acontecementos importantes. Político nato, reforzou notablemente a posición papal enItalia. Concluíu un concordato conRodolfo I de Habsburgo, en maio do 1278, polo cal a Romaña e máis oExarcado de Rávena foron concedidos ao papa; mentres, en xullo, promulgou unha constitución para o goberno de Roma, que faría época, pois nela vetábase aos estranxeiros a asunción de cargos civís. Nicolao III publicou a bulaExiit qui seminat, o14 de agosto de1279, para acalmar as contendas internas entre os franciscanos, divididos entre partidarios da observanza estrita e da laxa. Fixo reparar os pazos do Laterano e o do Vaticano, cun custoso prezo, e fixo erixir unha linda residencia de campo en Soriano, nos arredores de Viterbo. Aínda que era home de estudos, posuía un carácter forte, máis é tamén criticado por ter buscado principados para os seus sobriños e outros parentes.