Antes de formar a bandaJonas Brothers cos seus irmáns, el foi paraBroadway con tan só 6 anos de idade, participou nalgunhas pezas como "A Bela e a Besta" e "Un conto de Nadal", e gravou un álbum en solitario,Nicholas Jonas. Neste, fixo a voz principal xunto ao seu irmánJoe Jonas e toca a guitarra, piano e teclado nalgunhas pezas. Tamén tocou a batería para as pezas "Australia" e "Video Girl", alén de tamén compor as músicas con seus irmáns. Algunhas pezas da bandaJonas Brothers as compuso el soiño, como "S.O.S." do álbumJonas Brothers, "A Little Bit Longer" e "Got Me Going Crazy" do álbumA Little Bit Longer e "World War III" e "Black Keys" do álbumLines, Vines and Trying Times.
En 2010, Nick participou na peza teatral "Os Miserábeis", que comemoraba seu 25º aniversario. Nick interpretou a Marius, un dos personaxes principais da peza. Nick foi eloxiado pola crítica, que dicían que aínda non está a altura dos cantores de pezas musicais, mais que o fixo moi ben.
En 2013, Nick xunto aos seus irmáns, anunciaron o fin dosJonas Brothes, lanzándose así a unha carreira en solitario conIsland Records, tendo o seu primeiro sinxelo lanzado en setembro, titulado "Chains".
En novembro de 2014, Nick lanza o seu segundo álbum en solitarioNick Jonas.