Nichiren
 |
Nome póstumo | 日蓮大菩薩, 立正大師 e 上行菩薩 |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1222 Tanjō-ji (Shogunato Kamakura) |
---|
Morte | 14 de novembro de 1282 (60 anos) Ikegami (Shogunato Kamakura) |
---|
Causa da morte | doenza gastrointestinal |
---|
Relixión | Budismo nichiren |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Filosofía |
---|
Ocupación | bhikkhu, mestre, escritor, filósofo |
---|
Alumnos | Toki Jōnin,Nisshō,Nichirō,Nikkō,Nikō,Nitchō,Nichiji,Yorimoto Shijō,Ikegami Munenaka,Nanbu Sanenaga eQ17213579  |
---|
Pseudónimo literario | 善日麿 薬王麿 是聖房蓮長 |
---|
Deporte | Go |
---|
Participou en |
---|
|
| Catro Grandes Persecucións de Nichiren |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Parentes | Soya Kyōshin,curmán entregue |
---|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
 |
Nichiren (enxaponés:日蓮), nado o16 de febreiro de1222 e finado o13 de outubro de1282, foi unmonxebudista efilósofoxaponés doperíodo Kamakura. As súas ensinanzas conforman a base dobudismo nichiren, unha rama domahayana.
Nichiren afirmou que oSutra do loto contén a verdade suprema necesaria para aterceira idade do budismo, polo que osoberano do Xapón e o seu pobo debería defender só esta forma do budismo e erradicar calquera outra.[1] Tamén defendeu que declamar repetidamente o título nipón deste texto,Nam(u)-myoho-renge-kyo, era o único camiño para alcanzar abudeidade; neste sentido, para Nichiren obuda shakyamuni e o resto dedeidades budistas non eran máis que extraordinarias manifestacións dunha natureza de buda chamadamyoho-renge, que era accesible tamén para todo o mundo. Así mesmo, declarou que os seguidores dosutra debería propagalo aínda cando fosen perseguidos.[2]
Foi un escritor prolífico e a súa vida e temperamento, así como a evolución das súas crenzas, pode apreciarse a partir dos seus escritos.[3] Afirmou ser a reencarnación dobodhisattva Jōgyō, e designou seis discípulos principais, aínda que existen dúbidas sobre a súa sucesión. Tras o seu pasamento, recibiu o título deNichiren dai-bosatsu (enxaponés:日蓮大菩薩; lit. "Granbodhisattva Nichiren") por parte doemperador Go-Kōgon en 1358,[4] así como o deRisshō-daishi (enxaponés:立正大師; lit. "Gran Mestre da Corrección") en 1922, mediante un edicto doemperador Taishō.[5]
Na actualidade, o budismo nichiren inclúe as escolas-templo tradicionais, como a das seitasNichiren-shu eNichiren Shōshū, e movementos laicos como oSoka Gakkai, oRisshō Kōsei Kai, oReiyūkai, oKenshōkai, oHonmon Butsuryū-shū, oKempon Hokke ou oShōshinkai, entre moitos outros. Cada un destes grupos interpreta as ensinanzas de Nichiren de diferentes modos, e moitos afirman que Nichiren foi a reencarnación do bodhisattva Jōgyō ou, incluso, obuda primordial ou auténtico buda (enxaponés:本仏,Honbutsu) da terceira idade do budismo.[6]
- Earhart, H. Byron (2013). "Value Creation Society (Sōka Gakkai)". En Huffman, James L.Modern Japan: An Encyclopedia of History, Culture, and Nationalism(eninglés). Routledge.ISBN 978-1-135-63490-2.
- Eliot, Charles (1935). Sansom, George Bailey, ed.Japanese Buddhism, 1862-1931(eninglés). Curzon Press.ISBN 0-7007-0263-6.
- Iida, Shotara (1987). "Nichiren 700 years later". En Nicholls, W.Modernity and Religion(eninglés). Wilfrid Laurier University Press.ISBN 978-0-88920-154-5.
- Matsunaga, Alicia; Matsunaga, Daigan (1974).Foundation of Japanese Buddhism(eninglés). Buddhist Books International.ISBN 0-914910-25-6.
- Neusner, Jacob, ed. (2009).World Religions in America: An Introduction(eninglés). Westminster John Knox Press.ISBN 978-1-61164-047-2.
- Rodd, Laurel Rasplica (1995). "Nichiren". En McGreal, Ian Philip.Great Thinkers of the Eastern World: The Major Thinkers and the Philosophical and Religious Classics of China, India, Japan, Korea, and the World of Islam(eninglés). HarperCollins Publishers.ISBN 0-06-270085-5.