Nicaragua, oficialmente aRepública de Nicaragua, é unEstado deCentroamérica que limita ao noroeste conHonduras, ao sur conCosta Rica, ao oeste coocéano Pacífico e ao leste comar Caribe. Nicaragua defínese como un estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.
Existen dúas teorías principais sobre a orixe do nome "Nicaragua". A primeira é que se trata dun nome dado polos conquistadores españois baseándose enNicarao,[1] que foi o xefe oucacique dunha poderosa tribo que se encontrou coconquistadorGil González Dávila durante a súa expedición polo suroeste de Nicaragua en 1522. Esta teoría sostén que Nicaragua está formado por Nicarao eagua ("auga"), en referencia ós dous grandes lagos e outros corpos de auga que atoparon no país.[2] Porén, en 2002 determinouse que o nome real do cacique era Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" nalingua náhuatl.[3][4][5][6]
A segunda teoría baséase en que o nome provén das seguintes palabras náhuatl:nic-anahuac, que quere dicir "Anahuac chegou tan lonxe", ou "osnáhuatls chegaron tan lonxe" ou "os que veñen de Anáhuac chegaron até aquí";nican-nahua, que quere dicir "aquí están os nahuas"; ounic-atl-nahuac, que quere dicir "aquí pola auga" ou "rodeados de auga".[1][2][7][8]
Coñécense asentamentosindíxenas na rexión que datan de polo menos 6.000 anos de antigüidade. Oasentamento de Acahualinca confirma estes datos xunto con outras evidencias arqueolóxicas, principalmente artigoscerámicos e estatuarios depedra volcánica como os atopados na illa deZapatera.
O 11 de outubro de 1821, aDeputación Provincial de Nicaragua e Costa Rica, reunida en León, proclamou a independencia absoluta de España e a unión aoPrimeiro Imperio Mexicano, aínda queGranada eCosta Rica separáronse da provincia, constituíndo gobernos propios. En1823, ao producirse a caída deAgustín I, Nicaragua uniuse áUnión Centroamericana, pouco despois transformada naRepública Federal de Centroamérica (1824). A Federación non sobreviviu moito tempo, e Nicaragua foi o primeiro Estado en separarse dela de xeito definitivo, en1838. Durante oséculo XIX aconteceron diversos intentos de reunificar América Central, mais sen éxito.
Nicaragua tivo unha convulsa vida política durante a primeira metade do século XIX. Ao ser a ponte entre os dous océanos, foi utilizada para o desprazamento de pasaxeiros da rota do tránsito propiedade de Cornelius Vanderbilt, pola que circulaban os aventureiros, comerciantes e emigrantes que viaxaban desde o atlántico dos Estados Unidos, até California, onde por 1848-49 se descubrira ouro, converténdoa nun punto máis ou menos estratéxico e importante. En 1854, os xenerais liberais Castellón e Jérez contratan a través de Vanderbilt os servizos de Byron Cole, en calidade de mercenario, posteriormente Cole cédelle o contrato a William Walker; Walker amparado baixo a doutrina Monroe, proclámase presidente de Nicaragua e intenta facer desta un novo membro dos EEUU. Os "filibusteiros" foron derrotados nunha campaña que contou coa participación de todos os países centroamericanos, e con respecto aos nicaraguanos, tivo o seu episodio máis soado nabatalla de San Jacinto. Ao concluír o conflito, Nicaragua atopábase gravemente debilitada economicamente, a cidade de Granada fora case totalmente incendiada e mantíñase a rivalidade entre os liberais de León e os conservadores granadinos. Entre as tantas batallas sostidas entre os liberais e os conservadores destaca a batalla do4 de outubro de1912 onde as forzas liberais deMasaya, xa sitiadas e derrotadas polos forzasconservadoras e norteamericanas, foron socorridas polo Xeneral Benjamín Zeledón xunto co seu estado maior, os XeneraisMarcelo Castañeda e Horacio Portocarrero. Non obstante, a partir de 1858 iniciouse unha etapa de recuperación non só económica senón sobre todo institucional, que constitúe un dos períodos máis sobresaíntes da historia de Nicaragua que se coñece como a época dos trinta anos ou de predominio conservador. A economía, a cultura e tamén, en menor medida, o social pola desigualdade de clases, converteron ao país no máis estable e rico de toda aAmérica Central e nunha das mellores economías do continente, cun sólido réxime constitucional e unha administración proba e austera das finanzas públicas. Todo isto provocou unha nova chegada de inmigrantes provenientes deEuropa, principalmente deAlemaña eItalia, o que beneficiou a economía, mentres que noSalvador,Honduras eGuatemala se vivían conflitos armados e enCosta Rica se daba unha época de golpes militares. Durante esta época ocuparon o poder:Tomás Martínez Guerrero (1858-1867),Fernando Guzmán y Solórzano (1867-1871),Vicente Cuadra y Ruy Lugo (1871-1875),Pedro Joaquín Chamorro y Alfaro (1875-1879),Joaquín Zavala Solís (1879-1883),Adán Cárdenas del Castillo (1883-1887),Evaristo Carazo Aranda (1887-1889) eRoberto Sacasa y Sarria (1889-1893). En 1885, Nicaragua uniuse aCosta Rica e aoSalvador nunha alianza militar para facer fronte ás pretensións do Presidente deGuatemalaJusto Rufino Barrios, apoiadas polo Presidente deHondurasLuis Bográn, de restablecer pola forza a unidade política centroamericana; aínda que as tropas de Nicaragua non tiveron ocasión de entrar en combate, xa que Barrios morreu na batalla deChalchuapa, pouco despois de ter invadido O Salvador.
O período dos trinta anos concluíu en1893, cando foi derrocado o PresidenteRoberto Sacasa y Sarria e ascenderon ao poder os liberais encabezados porJosé Santos Zelaya López. Aínda que Zelaya implantou un réxime ditatorial e se perpetuou no poder até1909, reprimindo aos seus adversarios e iniciando unha etapa de inestabilidade política; o seu goberno continuou co desenvolvemento do país sufragado pola ampla solvencia e os excedentes económicos existentes no país.
Un dos personaxes importantes da primeira metade doséculo XX foiAugusto Nicolás Calderón Sandino, máis coñecido como Augusto C. Sandino, xeneral de orixe labrega, que cando liberais e conservadores chegaron ao pacto do "Espino Negro", continuou a loita contra a intervención norteamericana. A última entrevista que deu o Xeneral Sandino foi o 3 de febreiro de 1933 ao periodista de LA PRENSA Adolfo Calero Orozco (1899-1980), un día despois de subscribir co presidente Juan B. Sacasa os “Convenios de Paz”, os cales implicaron a disolución do seu Exército e, na práctica, a sinatura da súa sentenza de morte. A morte de Augusto C. Sandino ordenouse ás sete da noite na oficina do Xefe Director da Garda Nacional e executouse aproximadamente ás 23.00 nun predio de barrio Larreynaga, daquela periférico da Vella Managua, o 21 de febreiro de 1934.Desde 1934 a 1979, Nicaragua vive unha era marcada pola sucesión no poder de distintos ditadores, pertencentes áfamilia Somoza.
Desde a súa Independencia, até a Revolución de 1979, Nicaragua estivo moi influenciada por tres poderosas familias: Os Chamorros, Sacasas e Somozas.
De novo o auxe económico aterra no país entre as décadas do 50 e 60, e a pesar de existir unha baixa estabilidade política, ese auxe causou que a capital Managua se desenvolvese extensamente; aínda que un terremoto provocou a destrución da cidade e a morte de máis de 10,000 persoas en 1972. Os gobernos dafamilia Somoza, apoiados militarmente porEstados Unidos, gobernaron o país durante varias décadas, até que estala aRevolución Sandinista en 1979. Pese a a curta duración que tivo o conflito armado, os continuos bombardeos nas cidades provocaron a morte de máis de 50,000 persoas. O FSLN logra derrocar a Somoza o19 de xullo de1979, aFronte Sandinista de Liberación Nacional, apoiado económica e militarmente porCuba e aUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), realizou cambios sociais, expropiando á clase alta do país en xeral. Non obstante, a etapa sandinista foi unha continuación do conflito leste - oeste entre as dúas potencias daguerra fría. Formáronse os contras armados e financiados poloGoberno dos Estados Unidos, incluso trala vitoria electoral do sandinismo en 1984. Moitos nicaraguanos emigraron aEstados Unidos,O Salvador,Guatemala,Costa Rica,Honduras,Canadá,México, países occidentais deEuropa eAustralia durante a guerra civil escapando da persecución política, oservizo militar obrigatorio e o mal estado económico do país.
En febreiro de 1990 celebráronse eleccións xerais baixo a supervisión de varios observadores internacionais.Violeta Chamorro, candidata antisandinista daUnión Nacional Opositora, gañou as eleccións. Esta iniciou un programa de reconstrución no que estabeleceu a reforma monetaria, a redución do exército e a desmobilización da contra. A altísima taxa de inflación diminuíu; o crecemento económico comezou a ser positivo, as exportacións creceron e o país comezou a rexurdir, aínda que o desemprego agudizouse polos miles de combatentes que se reintegraron na vida civil. Privatizáronse a Banca, as Minas, o transporte, a sanidade, a educación, dando en empobrecemento da poboación, aumento dos índices de analfabetismo, corrupción...
En 1996 celebráronse novas eleccións nas que gañouArnoldo Alemán, candidato doPartido Liberal Constitucionalista. Durante os meses de setembro e outubro de 1998 transcenderon, a través de distintos medios de comunicación e da oposición, tanto sandinista como liberal disidente, as presuntas prácticas de nepotismo nas altas instancias do Estado por parte de familiares e achegados ao presidente da República.
Todas as acusacións pasaron a segundo plano cando a finais de outubro de 1998 se produciu o paso doFuracán Mitch polo territorio nicaraguano. Só en Nicaragua morreron case 4 000 persoas, 5 000 resultaron desaparecidas e máis dun millón resultaron damnificadas. A todo isto uníronselle cuantiosos danos materiais e económicos que devastaron a xa de por si pobre economía nicaraguana.
Posteriormente ao desastre, o estado tivo que facer fronte a unha grave crise política e social en 1999. Isto produciuse pola depuración, iniciada polo goberno de Alemán, dos sectores vinculados ao sandinismo no Exército de Nicaragua. A isto uníronselle protestas de estudantes e traballadores en demanda das súas reivindicacións, que, dado o carácter violento que adoptaron en ocasións e á dura resposta das forzas da orde, colocaron ao país no bordo da guerra civil.
En novembro de 2008 celebráronse eleccións municipais, que produciron no país outra profunda crise política. A oposición rexeitou os resultados dos comicios, realizados sen observadores internacionais, que deron un balance oficial de 105 concellos para os sandinistas, fronte a 41 para os dous partidos opositores (ALN e PLC). A raíz das acusacións de fraude; osEstados Unidos de América e aUnión Europea conxeláronlle as axudas a Nicaragua.
Nicaragua é unharepública democrática, con separación de poderes. O poder executivo é desenvolvido polopresidente, elixido para un período de 5 anos. O Lexislativo está constituído polaAsemblea Nacional (unicameral), composta por 90 escanos elixidos para un período de 5 anos. Existe tamén unhaCorte Suprema de Justicia e unConsejo Supremo Electoral.
As últimas eleccións de Nicaragua foron o 5 de novembro de 2006. Foron observadas por un só organismo internacional, o CEELA. Os principais partidos políticos son:
Partido Liberal Constitucionalista (PLC).
Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).
Alianza Liberal Nicaraguana (ALN).
Partido Conservador (PC).
Movemento Renovador Sandinista (MRS).
Partido Liberal Independente (PLI).
O candidato sandinista,Daniel Ortega, resultou vencedor co 38% dos votos.
A República de Nicaragua é un país situado no centro xeográfico do istmo centroamericano. Limita ao norte conHonduras, ao sur conCosta Rica, ao oeste coocéano Pacífico e ao leste comar Caribe. Por razóns administrativas, Nicaragua divídese en 15 departamentos e dúas rexións autónomas. Estes, á vez, divídense enmunicipios, que actualmente son 153.
Volcan Mombacho
En Nicaragua atópanse desdesabanas, atamontañas virxes con especies autóctonas, e goza de ter un doslagos máis grandes e belos do mundo, con especies exóticas como oquenlla de auga doce;mesetas aínda despoboadas con clima primaveral todo o ano no centro e pacífico do país, incluíndo zonas frías;praias aínda virxes e impresionantes, onde actualmente se está asentando unha onda de novos turistas provenientes principalmente deEuropa e oCanadá, aproveitando ademais os baixos custos dos terreos;volcáns activos;illas impresionantes e tamén pouco exploradas aínda comoOmetepe, Zapatera, os Illotes de Granada ou Corn Island, entre outras.
A Zona do Pacífico do país caracterízase por ser a rexión volcánica e lacustre de Nicaragua, nela esténdense aCordilleira Centroamericana e a máis elevada e ríspidaCordilleira Volcánica. O primeiro volcán é oCosigüina, situado na península homónima, dentro dogolfo de Fonseca (moi popular entre turistas e autóctonos por ser en realidade unha caldeira mergullada dun grancráter). Séguelle a cadea volcánica dos Marrabios ou Maribios, que termina coMomotombito; un illote no lagoXolotlán. Hai tamén outros volcáns, como oMasaya ou o Maderas e Concepción, formando estes dous últimos a illa deOmetepe noLago Cocibolca (tamén coñecido como o Lago de Nicaragua). Esta zona goza da presenza doutro gran lago: oLago de Managua.
A Zona Central do país dá fonte a outro gran río: o Escondido, que se alimenta da unión dos ríos Siquia, Mico e Rama. Ao longo desta rexión desprázase a cordilleira de Amerrisque ouChontaleña. O anterior probablemente deu orixe ao nome de América, segundo novos estudos feitos por historiadores e expertos. No norte desta, presenta rexións secas como Nova Segovia e montañosas e húmidas comoJinotega eMatagalpa. Estas zonas serven de fonte a dous grandes ríos: o Segovia ou Coco e o Grande de Matagalpa.Nova Segovia presenta as cordilleiras deDipilto eJalapa, que serven de fronteira con Honduras, mentres queJinotega á cordilleira de Isabelia e Matagalpa á cordilleira Dariense.
A Zona doCaribe do país é unha gran planicie cuberta de grandes bosques e enormes ríos corren polas súas terras. Entre os principais ríos desta rexión que desembocan nomar das Antillas están: o Segovia ou Coco, o Wawa, o Kukalaya, o Prinzapolka, o Bambana, o Grande de Matagalpa, o Kurinwás, o Escondido (e os seus afluentes Siquia, Mico e Rama), o Punta Gorda e o San Juan. Na parte norte desta zona atópase parte da cordilleira Isabelia e Dariense e cara ao sur un ramal da do Amerrisque ouChontaleña.
Oinverno dura desdemaio aoutubro, e overán, denovembro aabril. A época de choivas esténdese desde xuño até novembro. O clima deste país cambia moito dunha costa a outra, e pódense estabelecer tres tipoloxías climáticas bastante diferenciadas segundo a rexión do país de que se trate.
A zona situada entre os lagos Nicaragua eManagua e oocéano Pacífico adoita ser moi seca, con pouca choiva, e temperaturas que oscilan entre os 27 °C e 32 °C en inverno e os 35 °C e 40 °C durante o verán. A zona central e montañosa de Nicaragua ten un clima máis frío e húmido, sobre todo no leste, e pola costa caribeña o clima é moi húmido e tropical, con altas temperaturas e fortes precipitacións.
Ocafé é unha das exportacións máis importantes de Nicaragua.
Aagricultura é unha das principais actividades económicas. Destacan os cultivos dealgodón,café,cana de azucre,banana,maínzo esésamo. Agandaría é unha actividade puxante. Os principais recursos mineiros son oouro, ocobre, aprata e ochumbo. Os principais núcleos industriais están situados na zona occidental do país. Segundo oBanco Mundial, Nicaragua está aliñada como a 62 mellor economía para comezar un negocio, facéndoa a mellor posíbel en América Central, despois de Panamá.
Aeconomíaagraria nicaraguana baseouse historicamente na exportación das colleitas, tales comoplátanos,café,azucre,gando etabaco. A agricultura constitúe actualmente o 60% das súas exportacións totais que anualmente proporcionan aproximadamente 300 US$ millóns (2007). O ronFlor de Caña de Nicaragua é un dos mellores deAmérica Latina.
Durante a guerra entre oscontras esandinistas nos anos 80, moita da infraestrutura do país foi danada ou destruída. Ainflación estivo nunha media do 30% nos anos 80. Despois de que os Estados Unidos impuxeran unembargo comercial no 1985, a taxa de inflación de Nicaragua disparouse. O índice de 1985 segundo publicacións anuais era do 220%, triplicado ao ano seguinte e elevouse subitamente ao 13.000% en 1988, a tarifa máis alta para calquera país no hemisferio occidental nese ano. Despois do final da guerra, máis de 350 empresas do estado foronprivatizadas, reducindo a inflación a partir de 13.500% a 9.6%, e reducindo a débeda externa.
Nos comezos do século Nicaragua convertíase nun dos países coa economía de máis veloz crecemento en América Central e unha das que lideraba o crecemento enAmérica Latina. Mais a inflación elevouse e o crecemento dende o 2006 volveuse estancar. Segundo oLibro Mundial de Datos daCIA, a inflación fixo unha media global dun 8.1% entre 2000 a 2006. O Banco Mundial tamén indica un desenvolvemento económico moderado do 5% de media entre o ano 1995 e 2004. No 2005 a economía creceu ao 4,0%.
Durante o2007 a economía creceu un 3.2% e cunhainflación do 11.1% , a economía nicaraguana converteuse na que peor comportamento tivo de todas cantas hai na rexión centroamericana. A redución da inflación, ocrecemento económico e a privatización no resolveron os grandes problemas sociais de Nicaragua. O 48% da poboación en Nicaragua vive en pobreza extrema (menos de 1$ diario), outro 28% vive en pobreza relativa (menos de 2$ ao día), o 4.8% está desempregada e máis do 46% encóntrase subempregada, segundo oLibro Mundial de Datos.
A zona máis poboada é a doPacífico, normalmente habitada por mestizos e brancos, situándose aló as máis importantes cidades como a capitalManagua, con máis dun millón de habitantes,León,Chinandega,Masaya eGranada. Na zona norte concéntrase a maioría da poboación de orixe europea, en cidades como:Estelí,Matagalpa eJinotega. 47% brancos e 44% mestizos facer poboación de Nicaragua.
Só o 9% da poboación vive noAtlántico, habitada por completo por negros e mulatos (descendentes de europeos e africanos), esta rexión caracterízase por tropical e selvática, e os seus habitantes falaninglés.
A música nicaraguana é unha mestura de influencias das poboacións orixinarias e dos colonizadores españois. Entre os instrumentos musicais máis recoñecidos está amarimba que se executa co intérprete sentado cos instrumento nos xeonllos e, normalmente, acompáñao un violín baixo, guitarra e unha guitarra pequena semellante á mandolina que recibe o nome deguitarrilla. Esta música reprodúces como unha especie de música de fondo en acontecementos sociais. Na costa caribeña é típica unha forma animada e ruidosa de música de baile que se celebra durante o festivalPalo de Mayo en maio e que é popular por todo o país. É tamén moi coñecida a música popular dacomunidade garífuna, apunta.[9] Son tamén populares abachata, omerengue, asalsa e especialmente a cumbia con gran número de artistas locais recoñecidos.
O catolicismo romano é a relixión dominante en Nicaragua, profesada por máis de 70 por cento, o que seguramente se reflicte en case todas as tradicións e costumes do país. Outras tradicións cristiás non-católicas e tamén están ocorrendo na nación, son xeralmente chamados protestantes (antes pertencía á Igrexa Católica) de 24 por cento. A Nicaragua tamén ten algunhas outras tradicións xudías, islamitas, Maia e afro-caribeña.
↑Silva, Fernando (15 de marzo de 2003). El Nuevo Diario, ed."Macuilmiquiztli"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017.
↑Sánchez, Edwin (16 de setembro de 2002). El Nuevo Diario, ed. "No hubo Nicarao, todo es invento"(en castelán).