Netlog (antigamente coñecida comoFacebox eBingbox) é unhaweb derede social, creada enBélxica e dirixida principalmente a mozos e mozas europeas. Tamén é o nome da empresa propietaria.
A web comezou a funcionar en2004, ideada polos empresarios belgasLorenz Bogaert eToon Coppens. É unha web baseada en perfís, que incorpora as ferramentas normais das webs de redes sociais: agrupamentos de individuos, compartición de vídeos e sons, mantemento da actualidade persoa con imaxes e textos etc. O rexistro é aberto (calquera pode crear un perfil en Netlog) e pódese acceder á información publicada de cada un dos membros sen necesidade de estar rexistrado. A rede é gratuíta, pero algunhas funcións son de pagamento.
A rede está localizada en dezanove linguas, entre as que non está o galego:alemán,árabe,afrikaans,búlgaro,catalán,checo,chinés,dinamarqués,eslovaco,esloveno,español,francés,finés,húngaro,inglés,italiano,lituano,neerlandés,noruegués,polaco,portugués,romanés,ruso,sueco eturco.