![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2016.) |
O termoneodarwinismo foi acuñado porGeorge Romanes a finais doséculo XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos anos 1930.
Ateoría da evolución deDarwin pode ser vista como un caso especial dateoría da conservación do estable. Estatautoloxía establece que o que existe (polo menos o tempo suficiente para merecer un nome)tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis deNewton (parafraseando,todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado).
Porén, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo quesexa a súa réplica exacta.
Sen mencionar as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, chega con que se cumpran unha serie de condicións:
e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: alonxevidade, a fidelidade da copia e afecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies nonpretenden evolucionar: a evolución é oefecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade deadaptación provocada por eses erros de copia.
A teoríacanónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.
Despois do desenvolvemento dasíntese evolutiva moderna, entre 1936 e 1947, denominada agora xeralmentevisión ou teoría sintética da evolución ousíntese moderna, o termo neodarwinismo utilízase a miúdo para referirse á teoría evolutiva contemporánea.[1][2] Porén, algúns consideran ese uso como incorrecto;[3][4][5] eErnst Mayr escribiu en 1984 que "o termo neodarwinismo para a teoría sintética é incorrecto, porque o termo neodarwinismo foi acuñado por Romanes en 1895 para designar á teoría de Weismann."[6]
Con todo, malia todas estas obxeccións, o termo aparece en publicacións prestixiosas, como aEncyclopædia Britannica, usado para referirse á teoría evolutiva actual.[7]Richard Dawkins eStephen Jay Gould usan o termo nos seus escritos e conferencias.[8][9]