Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Neisseria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neisseria

Marcaxe con anticorpos fluorescentes deNeisseria gonorrhoeae.
Clasificación científica
Dominio:Bacteria
Filo:Proteobacteria
Clase:Betaproteobacteria
Orde:Neisseriales
Familia:Neisseriaceae
Xénero:Neisseria
Trevisan, 1885
Especies

N. bacilliformis
N. cinerea
N. cuniculi
N. denitrificans
N. elongata
N. flavescens
N. gonorrhoeae
N. lactamica
N. macacae
N. meningitidis
N. mucosa
N. pharyngis
N. polysaccharea
N. sicca
N. subflava

Neisseria é un granxénero debacteriascomensais que colonizan asmucosas respiratorias de moitos animais e só unhas poucas son patóxenas. AsNeisseria son bacteriasgramnegativas do filoProteobacteria. AsNeisseria sondiplococos (asociadas en parellas) que lembran a un gran de café vistas aomicroscopio. Das 11 especies que colonizan os humanos, só dúas sonpatóxenas e producengonorrea emeninxites.N. meningitidis eN. gonorrhoeae a miúdo causan infeccións asintomáticas, e compórtanse como comensais. A maioría das infeccións gonocócicas son asintomáticas e desaparecen por si soas, e as cepas epidémicas dos meningococos poden ser portadas por >95% dos individuos de poboacións nas que a enfermidade sistémica producida por elas só se dá con <1% de prevalencia.[1]

Especies

[editar |editar a fonte]

Patóxenas

[editar |editar a fonte]

Crecen por parellas e ocasionalmente en tétrades, a unha temperatura óptima de 37 °C no corpo animal ou medio sérico.

O xénero inclúe dúas especies patóxenas:

Non patóxenas

[editar |editar a fonte]

O xénero contén varias especies que se consideran comensais ou non patóxenas, como:

Porén, algunhas destas poden ser asociadas con doenzas.[2]

Historia

[editar |editar a fonte]

O xéneroNeisseria chámase así polo bacteriólogo alemánAlbert Neisser, que en 1879 descubriu a primeira especie do xénero,Neisseria gonorrheae, que causaba agonorrea. Este descubrimento foi posible polo desenvolvemento de novas técnicas de tinguidura que el axudou a desenvolver.

Características

[editar |editar a fonte]

Os membros do xéneroNeisseria son bacterias en forma de diplococos (crecen en pares), gramnegativos, non esporulados, e inmóbiles. O tamaño medio da bacteria é de 1 µm de diámetro e son aerobios estritos. SóN. elongata ébacilar. En termos xerais son sensibles aos axentes fisicoquímicos como as altas temperaturas, a desecamento e os metais pesados entre outros.

Todas as especies deNeisseria medicamente significativas son positivas para acatalase e aoxidase.As distintas especies deNeisseria poden identificarse polo conxunto de azucres a partir dos cales producen ácidos. Por exemplo,N. gonorrheae produce ácidos a partir deglicosa soamente, peroN. meningitidis prodúceos a partir de glicosa emaltosa.

N. meningitidis ten unhacápsulapolisacarídica que rodea amembrana externa da bacteria e protexe contra os mecanismos efectores inmunitarios solubles do soro. Considérase que é unfactor de virulencia esencial para esta bacteria.[3]N. gonorrhea non presenta cápsula.

N. sicca, N. flava, N. subflava, N. perflava eN. lactamicus forman parte da flora habitual das vías respiratorias altas e, a última delas, tamén integra aflora vaxinal de mulleres sas, polo cal debe terse coidado nas observacións microscópicas de non confundila con gonococos.

Vacina

[editar |editar a fonte]

As enfermidades causadas porN. meningitidis eN. gonorrhoeae, son un importante problema de saúde en todo o mundo, e o seu control depende en grande medida da utilización de vacinas. O desenvolvemento de vacinas para asNeisseria foi un verdadeiro reto para os investigadoress debido á natureza destes organismos, en especial pola heteroxeneidade, variabilidade e pobreinmunoxenicidade dos compoñentes da súa superficie externa. Como patóxenos estritamente humanos, están moi ben adaptados ao ambiente do seu hóspede pero tamén desenvolveron varios mecanismos para adaptárense aos microambientes cambiantes e evitaren ser eliminados polo sistema inmunitario do seu hóspede. Actualmente, as infeccións meningocócicas dosserogrupos A, C, Y e W-135 poden previrse con vacinas, pero non hai unha vacina para o meningococo do serogrupo B, e as perspectivas de desenvolver unha vacina gonocócica son remotas.[4]

Resistencia a antibióticos

[editar |editar a fonte]

As enfermidades causadas polasNeisseria patoxénicas (N. gonorrhoeae eN.meningitidis) veñen tratándose con éxito conantibióticos desde hai 70 anos. Porén, cada vez son máis frecuentes as cepas conresistencia aos antibióticos. Dada a natureza global das enfermidades gonocócicas e meningocócicas, a distribución mundial de antibióticos, diferentes usos dos mesmos, e diferenzas xeográficas nos réximes de tratamento, é probable que o problema global da resistencia a antibióticos continuará no futuro.[5]

Conferencia Internacional sobre asNeisseria Paroxénicas (IPNC)

[editar |editar a fonte]

Cada dous anos ten lugar aConferencia Internacional sobre as Neisseria Patoxénicas (IPNC), que é un foro onde se presentan investigacións de vangarda sobre todos os aspectos do xéneroNeisseria. Isto inclúe a inmunoloxía, vacinas e fisioloxía e metabolismo deNeisseria meningitidis,Neisseria gonorrhoeae e as especies comensais. A primeiraIPNC tivo lugar en 1978.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004).Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill.ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. Tronel H, Chaudemanche H, Pechier N, Doutrelant L, Hoen B (2001)."Endocarditis due toNeisseria mucosa after tongue piercing".Clin. Microbiol. Infect.7 (5): 275–6.PMID 11422256.doi:10.1046/j.1469-0691.2001.00241.x. 
  3. Ullrich, M (editor) (2009).Bacterial Polysaccharides: Current Innovations and Future Trends. Caister Academic Press.ISBN 978-1-904455-45-5. 
  4. Seib KL, Rappuoli, R (2010). "Difficulty in Developing a Neisserial Vaccine".Neisseria: Molecular Mechanisms of Pathogenesis. Caister Academic Press.ISBN 978-1-904455-51-6. 
  5. Shafer WM; et al. (2010). "Molecular Mechanisms of Antibiotic Resistance Expressed by the Pathogenic Neisseria".Neisseria: Molecular Mechanisms of Pathogenesis. Caister Academic Press.ISBN 978-1-904455-51-6. 
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Neisseria&oldid=6617603»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp