Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Nefridio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Osnefridios[1] sonórganosexcretores dosanimaisinvertebrados cunha funciónanáloga á dosriles dosvertebrados, eliminando os refugallosmetabólicos do corpo do animal.

Encóntranse en moitosfilos animais, como nosmoluscos,artrópodos eanélidos, e disitínguense dous tipos,protonefridios emetanefridios.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termonefridio é a adaptación dolatín científiconephridium (pluralnephridia), usado desde 1877, e formado pola unión dos elementosnephr–, tirado dogrego antigo νεφρόσnephrós, 'ril' e o sufixo diminutivo–idium, adaptación do grego –ίδιον-ídion, usado na construción de numerosos termos anatómicos, biolóxicos, botánicos, químicos e zoolóxicos.[2][3]

Protonefridios e células flamíxeras

[editar |editar a fonte]
Célula flamíxera.

O protonefridios son un tramado de túbulos de extremos cegos conectados entre si, pero que lles faltan aperturas internas que os comuniquen ao condutor ou canal do protonefridio. Polo seu extremo distal ditos túbulos ábrense ao exterior a través doneuróporo ounefrostoma, e no seu extremo proximal ensánchanse para formaren unha ampola tapizadada internamente decélulas flamíxeras flaxeladas; cando ditas células flaxeladas tapizan a cara externa da ampola reciben o nome desolenocitos.

Os tabiques, as paredes dos túbulos, deixan paso porosmose. Cada célula ten un ou variosflaxelos e, cando baten no canal do protonefridio, crean unha corrente cara a fóra e, por extensión, un baleiro parcial no fondo do conduto. Debido a este baleiro parcial, os refugallos metabólicos e fluídos internos do animal son empuxados a través dos poros das células terminais do protonefridio. Os poros das células terminais teñen un diámetro tal que asmoléculas pequenas poden pasar, pero asproteínas, máis grandes, quedan retidas no organismo.

Desde o fondo do protonefridio, o fluído das dexeccións é transportado polo conduto (formado polas células do canal) e saen do animal polo nefrostoma.

O protonefridios son estruturasembrioloxicamenteectodérmicas principalmenteosmorreguladoras, xa que nos invertebrados inferiores (acelomados eblastocelomados) a excreción, na maioría dos casos, realízase a nivel da parede do cuerpo, pois a súa estrutura corporal o permite.

Os protonefridios aparecen nos organismos máis sinxelos, como osplatihelmintos, osnemertinos, osblastocelomados (tamén coñecidos como pseudocelomados) e en numerosas formaslarvarias, entre elas a larvatrocófora.

Hai dous tipos de protonefridios:

Células flamíxeras: son células grandes con cilios. Conectan unhas células do interior do corpo co exterior mediante un pequeno conduto. Os produtos nitroxenados pasan dunha célula a outra, até chegaren á célula flamíxera que o expulsa ao exterior, grazas á corrente que crea o movemento dos cilios.

Solenocitos: son células grandes, flaxeladas, cun colarete. Asocian unhas células con outras formando unha cámara na que se expulsan as substancias nitroxenadas, que salen ao exterior grazas á acción dos flaxelos.

Metanefridios

[editar |editar a fonte]
Esquema dunpoliqueto. Obrérvese o nefridio co seu nefrostoma.

Os metanefridios son un tipo deglándulasexcretoras presentes nosanélidos. Consisten nun tubo ou embude ciliado que se abre dentro da cavidade doceloma conectado a un conduto que pode ter unha variedade de glándulas, e pode ser pregado ou ensanchado, con vesículas, e que xeralmente evacúa ao exterior. Estes tubos ciliados transportan auga por bombeo e xunto con ela carrexan osións en exceso, refugallos metabólicos,toxinas ehormonas sobrantes, volcando todas estas substancias nun nefridióporo. Aurina primaria formada por filtración do sangue é transformada por reabsorción selectiva en urina secundaria por acción das células que tapizan o metanefridio.

En moitasmiñocas (anélidos) os tubos nefridiais verten noaparato dixestivo polo que leva o nome de enteronefridio.

Nosartrópodos e nostardígrados o sistema excretor leva o nome detubos de Malpighi.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010).Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.(PDF). Xunta de Galicia. p. 121.ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. nephridium en Dictionary.com
  3. nephridium en Online Etymology Dictionaty.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nefridio&oldid=5950104»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp