Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Nauru

Coord.:0°31′39″S166°56′06″L / -0.5275,166.935
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNauru
Ripublik Naoero (na)
Naoero (na)Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

HimnoNauru BwiemaEditar o valor en Wikidata

Lema«God's will first»
«Първо Божията воля»
«Ewyllus Duw'n Gyntaf»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 0°31′39″S166°56′06″L / -0.5275,166.935
CapitalYarenEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.650(2017)Editar o valor en Wikidata (650hab./km²)
Lingua oficialLingua nauruana
lingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie21 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCommand Ridge (70 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación31 de xaneiro de 1968Editar o valor en Wikidata
Organización política
• PresidenteEditar o valor en WikidataDavid Adeang(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de NauruEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataRuss KunEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Nauru ,(Escano: 19)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal145.536.603 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar australianoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.nrEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+674Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia111,110 e112Editar o valor en Wikidata
Código de paísNREditar o valor en Wikidata

Facebook: republicofnauruTwitter: Republic_NauruBNE: XX458152Editar o valor en Wikidata

Nauru[1] (/nɑːˈr/[2] ou/ˈnr/;[3]nauruano:Naoero), oficialmenteRepública de Nauru (nauruano:Repubrikin Naoero) e antes coñecida comoPleasant Island, é unpaís insular e unmicroestado enOceanía, noPacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur doecuador. O seu veciño máis próximo é a illaBanaba enKiribati, a 300 km (190 mi) ao leste.[4] Atópase máis ao noroeste deTuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste dasIllas Salomón,[5] ao leste-nordeste dePapúa-Nova Guinea, ao sueste dosEstados Federados de Micronesia e ao sur dasIllas Marshall. Con só unha área de 21 km2 (8,1 sq mi), Nauru é oterceiro país máis pequeno do mundo por detrás daCidade do Vaticano eMónaco, converténdoa narepública máis pequena así como na nación insular máis pequena. A súa poboación duns 10.000 habitantes é asegunda máis pequena do mundo (sen incluír colonias nin territorios de ultramar), despois da Cidade do Vaticano.

É unatol de forma oval, elevado, escarpado na súa beira mariña e con areosas praias intercaladas con montículoscoralinos na súa beira interior, e cunha superficie de 21 km². Habitada por persoas deMicronesia cara ao ano 1000AEC, Nauru foianexionada e reclamada como colonia poloImperio Alemán a finais do século XIX. Despois daprimeira guerra mundial, Nauru converteuse nunmandato da Liga de Nacións administrado por Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido. Durante asegunda guerra mundial, Nauru foi ocupada polas tropasxaponesas, e foiobviado polo avance aliado polo Pacífico. Despois de rematar a guerra, o país entrou enTutela das Nacións Unidas. Nauru conseguiu a súa independencia en 1968 e converteuse en membro daComunidade do Pacífico (PC) en 1969.

Gran parte da súa prosperidade debeuse á explotación dos depósitos defosfato que se atopaban na illa e cuxo orixe é disputado: poderían ser depósitos deguano acumulados durante miles de anos ou poderían ser de orixe mariña. O fosfato utilízase comofertilizante e a maioría do producido na illa foi exportado cara a Australia durante máis dun século, aínda que a costa de danar seriamente o medio ambiente da illa. Coa extinción das reservas de fosfato na década de 1990, Nauru fai fronte a un futuro económico pouco claro. Parte da riqueza obtida coa explotación deste recurso foi colocada comofideicomiso para o futuro. Tras acumular ata 2.000 millóns dedólares estadounidenses, a mala calidade dos investimentos escollidos e a súa utilización para completar orzamentos deficitarios ano tras ano fixo minguar os aforros e en2004 o restante foi vendido para cancelar a súa débeda externa. Para obter ingresos, Nauru converteuse brevemente nunparaíso fiscal e nun centro ilegal debranqueo de capitais.[6] De 2001 a 2008, e de novo a partir de 2012, aceptou axuda doGoberno australiano a cambio de acoller oNauru Regional Processing Centre, unha controvertidainstalación de detención de inmigración offshore australiana. Como resultado da gran dependencia deAustralia, algunhas fontes identificaron Nauru como unestado cliente de Australia.[7][8][9] O estado soberano é membro dasNacións Unidas, daCommonwealth de Nacións e daGrupo de Estados de África, Caribe e Pacífico.

Historia

[editar |editar a fonte]

Os acontecementos anteriores a súa colonización a finais doséculo XIX son pouco coñecidos por falta de fontes escritas e a case ausencia de datos arqueolóxicos. Os feitos posteriores son estreitamente vinculados á historia da súa única riqueza: o fosfato.

Nauruanos e as súas casas tradicionais en Arenibek en1896.

Probablemente poboada inicialmente pormelanesianos emicronesios, sufriu unha segunda onda de migración con poboadores orixinarios do litoralchinés pasando polaFilipinas ao redor do ano 1200 adC. A illa foi descuberta para oseuropeos polo capitán británicoJohn Fearn. Foi colonizada e pasou a estar baixo o poder de varios países,Alemaña en1888, Australia en1920, oXapón entre1940 e1945 e de novo Australia en1947 tras asegunda guerra mundial. Nauru logrou a súa independencia de Australia en1968 e logrou ser aceptada como membro daOrganización das Nacións Unidas en1999 .

A partir de1903 o xacemento de fosfato da illa foi explotado por varias compañías coloniais ou estatais. Este fosfato constituíu case a única fonte de recursos da illa durante pouco menos dun século e asegurou aos nauruanos un nivel de vida moi elevado durante varias décadas. O esgotamento das reservas engadido ás malas políticas económicas levaron a Nauru á quebra e á inestabilidade política a partir dos anos 1990. Tratando de diversificar as fontes de recursos, Nauru intentou aumentar os seus ingresos pola vía dobranqueo de diñeiro, a venda de pasaportes e a venda dos seus votos nas organizacións internacionais. A chegada o2004 dunha novo goberno e dunha nova política económica pareceu levar unha mellor transparencia ás finanzas do estado nauruano.

Casa e piraguas en1896.
Nauru baixo o ataque de aviónsB-24 Liberator.

Durante a segunda guerra mundial, as forzasxaponesas ocuparon a illa o26 de agosto de1942.[10] O campo de aviación construído polo exército xaponés foi bombardeado polos aliados en marzo de1943, impedindo o abastecemento de víveres. Os xaponeses deportaron 1.200 nauruanos para traballar nasIllas Chuuk, onde faleceron 463 deles.[11] Ailla foi liberada o13 de setembro de1945 cando o buque de guerra australianoHMASDiamantina arribou á illa e as forzas xaponesas rendéronse. ABritish Phosphate Commission realizou as xestións oportunas para poder repatriar aos nauruanos de Chuuk, que foron trasladados a Nauru polo transporte BPC "Trienza" en xaneiro de1946.[12]

En 1947, un tratado foi aprobado polasNacións Unidas, eAustralia,Nova Zelandia e oReino Unido fixéronse outra vez coa illa. Nauru fíxose autónomo en xaneiro de 1966, e logo dunha convención constitucional de dous anos, fíxose independente en 1968, baixo a presidencia do fundadorHammer DeRoburt. En 1967, a xente de Nauru comprou os activos daBritish Phosphate Commission, e en xuño de 1970, o control pasou a mans da localCorporación de Fosfato de Nauru Os ingresos xerados pola explotación de fosfato deron aos nauruanos un nivel de vida dos máis altos doPacífico.

En1989, o país estableceu un preito contra Australia noTribunal Internacional de Xustiza sobre as accións de Australia durante a súa administración de Nauru, en particular, o fracaso de Australia de remediar o dano ambiental causado pola minería de fosfato. O asunto rematou cun acordo para rehabilitar as zonas mineiras.[13] A diminución de reservas de fosfato conduciu á crise económica en Nauru, e unha inestabilidade política crecente desde mediados dos anos 80. Nauru sufriu 17 cambios na administración entre1989 e2003.

Cronoloxía

[editar |editar a fonte]

Esta liña do tempo retrata o que pasou despois do descubrimento europeo.

Desde 1800 ata o 2000, esta liña do tempo relata os acontecementos máis importantes(enfrancés).

Política

[editar |editar a fonte]

O parlamento de 18 membros é elixido cada tres anos. O parlamento elixe un presidente entre os seus membros, quen designa un gabinete de entre cinco e seis ministros. O presidente é ao mesmo tempo o xefe do estado e do goberno. Existe un sistema multipartidista aínda que con poucas diferenzas nas súas organizacións. Os principais partidos son o Partido Democrático e o Partido Reformista.

Entre1999 e2004 houbo unha serie de votos desaprobatorios ao goberno que produciron eleccións que levaron de forma alterna aRené Harris e aBernard Dowiyogo á presidencia. Dowiyogo morreu sendo presidente o18 de marzo de2003 enWashington DC tras unha cirurxía do corazón.Ludwig Scotty foi elixido presidente o29 de maio de2003 e aínda que se pensou que terminarían os anos de inestabilidade, en agosto de 2003 houbo outramoción de confianza perdida polo goberno. Harris logrou novamente suficiente apoio para regresar á presidencia, na que estaría ata 2004, cando Scotty gañou as eleccións.

O19 de decembro de2007,Marcus Stephen converteuse en novo presidente tras unhamoción de censura presentada contra Ludwig Scotty. Scotty dimitiu en2011 eFreddie Pitcher accedeu á presidencia. Unha semana despois,Sprent Dabwido presentou unha moción de censura que saíu adiante, e el mesmo converteuse en presidente.[14] Despois das eleccións parlamentarias de2013,Baron Waqa pasou a ser o novo presidente de Nauru,[15] ata que perdeu o seu escano nas eleccións parlamentarias de 2019, tras as cales foi elixido presidenteLionel Aingimea.[16]

Artigo principal:Lista de presidentes de Nauru.

Organización territorial

[editar |editar a fonte]

Nauru ten 14distritos:

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Nauru é unha pequenailla defosfato rodeada dunarrecife que queda exposto coa marea baixa ao oeste do OcéanoPacífico, ao sur dasIllas Marshall, A maior parte da poboación vive nun estreito cinto costeiro. Unha planicie central cobre aproximadamente o 45% do territorio e elévase 65 m sobre o nivel do mar. Posúe unha pequena lagoa ao suroeste da illa chamadaLagoa de Buada.

A extracción intensiva de fosfato por parte de empresas inglesas afectou grandemente o ecosistema de Nauru, deixando o 90% da parte central de Nauru como unha planicie non cultivable, ademais de limitar os recursos actuais da illa. Por outra parte, e aínda que, segundo o goberno de Nauru, o 80% do territorio estea "ben elevado", non cabe dúbida de que a súa existencia corre grandes riscos, ao igual que a doutros atois, co cambio climático e a futura elevación do nivel do mar.

Unha imaxe aérea de Nauru en 2002 do Programa de Medida Atmosférica De radiación do Ministerio de Enerxía estadounidense. A vexetación rexenerada cobre o 63 % de terra que foi extraída.

Debido á súa proximidade coecuador o seu clima é cálido e húmido, estendéndose a estación de choivas desde novembro ata febreiro. A dispoñibilidade de auga é limitada, polo tanto, os poboadores dependen do uso de tanques para recoller a auga e dadesalinización.

Nauru era unha de tres grandes illas de fosfato no océano Pacífico (as demais son Banaba (Illa Ocean) enKiribati e Makatea naPolinesia Francesa); con todo, as reservas de fosfato case están esgotadas, logo de devastar o 80% da illa, deixando un terreo estéril de pináculos de calcaria dentados de ata 15 m de altitude. A minería tamén tivo un impacto sobre a vida marítima que se viu reducida nun 40%.

Hai só sesenta especies rexistradas detraqueófitas na illa, ningunha das cales éendémica. A actividade humana, tivo serias repercusións sobre a vida local. Non hai mamíferos propios na illa, pero se aves, ademais de insectos e moluscos. Especies como ratas polinesias, gatos, cans, porcos e polos foron introducidos recentemente na illa.

Hidrografía, clima e chans

[editar |editar a fonte]

No suroeste da illa atópase a lagoa de Buada. O clima de Nauru é predominantemente tropical, con constantes choivas e monzóns entre os meses denovembro efebreiro. A falta de auga potable e a extensa actividade mineira defosfato durante 90 anos, derivaron que os chans centrais da illa queden parcialmente inservibles para o cultivo e gandería dalgunhas especies, no bordo da illa cultívase:coco,manga eaméndoa.

Vexetación

[editar |editar a fonte]
Puntas de coral sobre a praia.

A vexetación tropical é frecuente sobre olitoral e ao redor dalagoa de Buada pero relativamente ausente no centro da illa en consecuencia da explotación mineira.

Hai algunhas especiesendémicas en Nauru cuxa supervivencia está comprometida poladestrución do seu hábitat por parte daexplotación mineira, acontaminación) e pola introdución deespecies invasorias (cans,gatos,galiñas,rata polinésicas etc.)

O medio ambiente mariño (en particular o cinto de coral que rodea a illa) foi degradado polas desestimacións vinculadas á explotación defosfato e áurbanización. Ultimamente se teñen detectado casos de perda de vitalidade na barreira de coral circundante, como branqueo de corais. O goberno da illa, que recoñeceu estes feitos perante as Nacións Unidas, lembra que calquera oscilación da temperatura superficie do mar afectará irremisiblemente a poboación de coral, que vive preto do seu límite de tolerancia á calor, entre 25 e 29 graos centígrados.

Economía

[editar |editar a fonte]
Depositos de fosfato cerca á lagoa Buada.
Artigo principal:Economía de Nauru.

A economía de Nauru baséase nos xacementos de fosfatos, que ocupan boa parte da illa. A súa explotación iniciouna a principios do século XX a British Phospate Corporation, que en 1967 vendeu ao país os seus dereitos por 20 millóns de dólares australianos, 3 anos máis tarde, en 1970 creouse a Nauru Phospate Corporation, para xestionar tales recursos. O febril ritmo de crecemento nas últimas décadas, con máis de seis millóns de toneladas extraídas desde 1935, esgotaron rapidamente os xacementos, o cal unido á baixa demanda internacional e o aumento dos custos de produción fixo que o goberno inicie unha política urxente de diversificación da economía.

Os fosfatos deron a Nauru unha renda per cápita que a situou no limiar do mundo desenvolvido, ademais dunhas condicións de vida excelentes sen parangón en ningún outro lugar do mundo, xa que non existían nin o desemprego, nin os impostos e os servizos sociais eran totalmente gratuítos. Con todo, hoxe a rehabilitación dos campos de extracción de fosfato e a substitución dos ingresos producidos pola venda do mesmo son serios problemas a longo prazo. O goberno intentou cubrir o déficit fiscal a través da obtención de préstamos.

Outra fonte de ingresos eran os alugueres cobrados enNauru House, unha das máis altas edificacións enMelbourne a cal foi construída coas ganancias obtidas a través da venda dos fosfatos. Desafortunadamente, os malos manexos e a corrupción nos anos noventa levárono á ruína. Os grandes ingresos obtidos pola extracción de fosfatos desperdiciáronse. En novembro de 2004, nun esforzo por pagar aos acredores de Nauru, vendéronse os activos que a nación posuía enMelbourne, incluíndoNauru House, pola suma de 150 millóns de dólares.

Fábrica de refinado do fosfato, actualmente en ruínas.

Co fin de potenciar a súa economía, Nauru converteuse nunparaíso fiscal na década dos 90. Por entón, calquera podía establecer unha conta menor a 25.000$ sen tan sequera visitar a illa ou ter algún rexistro da súa identidade. Amafia rusa aproveitou ese escenario para o seu propio beneficio; coa política do silencio bancario os gánster rusos trasladaron ao redor de 70 mil millóns de dólares en activos, segundo unha estimación do Banco Central da Federación Rusa. Tal situación provocou que aFATF identificase a Nauru como un dos 15 países non cooperativos na loita contra olavado de diñeiro. A situación cambiou, con todo, a partir de outubro de 2005, cando se aprobou unha lei pola cal eliminábase a posibilidade do branqueo de diñeiro. Tras esta lei, aprobada grazas á presión da FATF, Nauru foi borrado da lista de países non cooperativos.

Nauru House en Melbourne.

Nauru actualmente está implicado nun preito australiano contra os Estados Unidos sobre un acordo fracasado. Segundo dise, os representantes dos Estados Unidos ofreceron mil millóns de dólares para a recuperación económica da illa. No cambio, Nauru promulgou a lexislación que limita a eficacia de lavado de diñeiro de ultramar e a evasión fiscal. Simultaneamente, estableceron unha embaixada Nauruana na China (en realidade funcionando no control dos Estados Unidos), axudando á deserción de científicos norcoreanos e funcionarios a través da fronteira. Supostamente saíu gañandoKyong Won-ha, o científico segundo dise responsable da maior parte do programa nuclear de Pyongyang. Esta iniciativa foi chamadaOperation Weasel ("Operación doniña").

Cando as noticias deste acordo despois de que Nauru fose levado a cabo coa lexislación necesaria e os preliminares da embaixada (que con xustiza debuxou a sospeita da China como foi provisto de persoal completamente por habitantes do oeste), osEstados Unidos responderon que os axentes que fixeron o trato con Nauru nunca tiveron a autoridade para facer tal contrato, e Nauru aínda non recibiu a axuda prometida. O caso de Nauru contra os Estados Unidos é un dos xuízos aínda pendentes, pero favorece á nación da illa sobre a superpotencia.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Nauru ten unha poboación de 13.048 habitantes (2005), dos cales un 58% eran de Nauru, un 28% eran doutras illas do Pacífico, un 8% eran chineses e un 8% europeos. O idioma oficial é onauruano. Oinglés tamén se fala e é a linguaxe do comercio e o goberno. A relixión maioritaria é ocristianismo, que se divide en protestante (66%) e católica (33%).

O crecemento anual da poboación estímase nun 2,7%. Para o ano 2015, estímase que a poboación alcance os 17.000 habitantes, cun crecemento anual levemente menor, dun 2,2%. A mortalidade infantil alcanza a 25 por cada 100 menores, e elévase a 30 por cada 1.000 menores de 5 anos. A cantidade de médicos por persoa ascende a 157 por cada 100.000 persoas (1995).

A taxa de alfabetización alcanza un 95%, sendo dun 93% entre os homes e un 96% entre as mulleres. A taxa de inscrición escolar primaria alcanza un 98%, un 99% para os homes e un 97% para as mulleres (2000).

Cultura

[editar |editar a fonte]
A gran final defútbol australiano.

A cultura de Nauru conserva algunhas das tradicións das tribos orixinarias da illa, pero é patente a introdución de influenciasoccidentais, que desprazaron en gran medida ás primeiras.

Os nauruanos descenden dospolinesios emicronesios, quen crían na deusa Eijebong e o espírito da terra chamado Buitani. Dous das doce tribos orixinais extinguíronse noséculo XX: na actualidade, o26 de outubro celébrase odía de Angam, que celebra a recuperación da poboación de Nauru logo das guerras mundiais, que reduciron á poboación indíxena a menos de 1500 habitantes. Algunhas tradicións, en relación por exemplo coa música, a arte e a pesca, mantéñense vixentes entre os habitantes, pero o desprazamento da súa cultura por tradicións foráneas é palpable.

Non hai noticias diarias, senón que hai publicacións cada quince días e boletíns. Hai unha estación de televisión, Nauru Television (NTV), que televisa programas desdeNova Zelandia, e unha estación estatal de radio non comercial, Radio Nauru, que emite programas deRadio Australia e aBBC. Ambas son de titularidade estatal.

O deporte máis popular é ofútbol australiano. Hai unha liga nacional con sete equipos e todos os partidos xóganse no único estadio da illa, oLinkbelt Oval. Outros deportes populares son osoftbol, ocrícket, ogolf, avela, otenis e ofútbol.

Festas
DataNome en galego
1 de xaneiroAno novo
31 de xaneiroFesta da Independencia
17 de maioDía da constitución
25 de setembroNational Youth Day
26 de outubroAngam Day
1 de novembroTodos os santos
25 de decembroNadal
26 de decembroBoxing Day

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definición denauruano noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
  2. "Nauru Pronunciation in English".Cambridge English Dictionary. Cambridge University Press. Arquivado dendeo orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015. 
  3. "Nauru – Definition, pictures, pronunciation and usage notes".Oxford Advanced Learner's Dictionary. Oxford University Press. Arquivado dendeo orixinal o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  4. "Nauru and Ocean Island".II(8) Pacific Islands Monthly. 15 de marzo de 1932. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  5. "Yaren | district, Nauru".Encyclopedia Britannica(eninglés). Consultado o 2 de setembro de 2019. 
  6. Hitt, Jack (10 de decembro de 2000)."The Billion-Dollar Shack".The New York Times. Arquivado dendeo orixinal o 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  7. "Pacific correspondent Mike Field".Radio New Zealand. 18 de xuño de 2015. Arquivado dendeo orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  8. "Nauru's former chief justice predicts legal break down".Special Broadcasting Service. Arquivado dendeo orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  9. Ben Doherty (28 de outubro de 2015)."This is Abyan's story, and it is Australia's story".The Guardian. Arquivado dendeo orixinal o 26 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2016. 
  10. Lundstrom, John B.,The First Team and the Guadalcanal Campaign, Naval Institute Press, 1994, p. 175.
  11. "Nauru: A Middle Ground During World War II - April 3, 2000".web.archive.org. 2012-02-08. Archived from the original on 08 de febreiro de 2012. Consultado o2020-04-06. 
  12. Garrett, J (1996).Island Exiles(en inglés). ABC.ISBN 0-7333-0485-0. 
  13. "Certain Phosphate Lands in Nauru (Nauru v. Australia)".Tribunal Internacional de Xustiza. Arquivado dendeo orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  14. "Cronoloxía de Nauru"(en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  15. "Baron Waqa, elixido novo presidente de Nauru"(en inglés). 11 de xuño de 2013. Arquivado dendeo orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  16. "Nauru's Parliament elects former human rights lawyer Lionel Aingimea as President"(eninglés). 27 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  NauruModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estado soberanos
Enteiros
En parte
Dependencias e
outros territorios
Australia
Estados Unidos
Francia
Nova Zelandia
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nauru&oldid=6996012»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp