Nasua | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Nasua é un xénero de pequenos mamíferos omnívoros americanos dasuperfamilia Canoidea e a familia dosprociónidos. Reciben o nome de coatís.[1]
Habitan enAmérica dende o sur dos Estados Unidos até as provincias arxentinas deCórdoba,Entre Ríos,Tucumán,Misiones e o noroeste do Uruguai. Están adaptados principalmente abiomas cálidos e tépedos nos que predomine unha foresta densa, sendo a poboación deArizona case unha excepción. Tamén se atopan nalgunhas zonas deMéxico comoQuintana Roo (Playa del Carmen),Iucatán (Costa) e Novo León (Sierra Madre).
Miden entre 40 a 140 cm de lonxitude, segundo a especie. O máis frecuente é que os exemplares adultos midan máis de 80 cm. Nesta medición cóntase a súa alongada cola que ten por si soa unha lonxitude equiparable á do resto do corpo. As súas alturas a nivel da cruz son moi reducidas (raramente máis de 30 cm). Posúen extremidades curtas concluídas en fortes unllas que lles permiten furar chans de terra bastante duros, fociño alongado e puntiagudo que lles facilita un excelente olfacto, ollos relativamente grandes e orellas curtas.
Apelame dos coatís ten cores que varían dende o castaño ó negro pasando polo avermellado.
![]() | Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nasua |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nasua![]() |