Amarelles (xéneroNarcissus) |
---|
 |
Clasificación científica |
---|
|
Especies |
---|
Véxase no texto |
Sinonimia |
---|
- AjaxSalisb. exHaw. (1812).
- Corbularia Salisb. (1812)
- Ganymedes Salisb. (1812)
- Hermione Salisb. (1812)
- Philogyne Salisb. (1812)
- Queltia Salisb. (1812)
- Schisanthes Haw. (1819)
- Diomedes Haw. (1823)
- Chloraster Haw. (1824)
- Assaracus Haw. (1831)
- Helena Haw. (1831)
- Illus Haw. (1831)
- Jonquilla Haw. (1831)
- Oileus Haw. (1831)
- Tros Haw. (1831)
- AutogenesRaf. (1838)
- Calathinus Raf. (1838)
- Codiaminum Raf. (1838)
- Moskerion Raf. (1838)
- AureliaJ.Gay (1858)
- Argenope Salisb. (1866)
- Chione Salisb. (1866)
- Cydenis Salisb. (1866)
- Panza Salisb. (1866)
- Patrocles Salisb. (1866)
- Plateana Salisb. (1866)
- Prasiteles Salisb. (1866)
- Tityrus Salisb. (1866)
- Veniera Salisb. (1866)
- StephanophorumDulac (1867)
- × NarcibulariaH.R.Wehrh.(1929).[1]
|
Osamarelles[2] ounarcisos[3] sonplantas bulbosas anuais pertencentes aoxéneroNarcissus, da familia dasamarilidáceas, da que existen distintas especies, con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas con forma de tubo.
Son orixinarios da conca mediterránea eEuropa. En Galiza atopamos varias especies;Narcissus cyclamineus é endémica de Galiza. A meirande parte das especies teñen floración primaveral, aínda que as hai que florean polo outono. Amarelle é o nome común galego xunto a narciso para o xénero[4]. A maioría das súas especies son nativas da rexiónmediterránea, porén unhas cantasespecies se atopan ao longo deAsia Central e aChina. A cantidade de formas cultivadas aumentaron grandemente, con novas variacións nos viveiros de cultivo practicamente cada ano.
Flores enumbela ou solitarias, cunhaespata membranosa dunha soabráctea.Perianto con tubo xeralmente moi desenvolvido. Coroa normalmente ben desenvolvida. Estames insertos no tubo do periantio ou na base da coroa. Anteras medifixas, introrsas.
O nome galego amarelle deriva do grego que dá nome á familia: Amaryllidaceae. Amarelle é tamén un apelido galego.
O nome xenérico e o galego narciso vén deNarciso, da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus ríoCephissus e da ninfaLeiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da verba grega ναρκὰο,narkào (= narcótico) referíndise ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da verba persianaنرگس que se pronunciaNargis, que indica que esta planta é embriagadora).
Os amarelles enAmérica do Norte denomínansejonquils, mais falando con propiedade este nome só se debe de aplicar á especieNarcissus jonquilla(L.)Pourr. exNyman1882 (xunquiños) e aos táxones semellantes que teñen as follas coma os xuncos.
É unha flor común e endémica deGalicia e oNorte de Portugal medrando á beira dos regatos. É a flor nacional doPaís de Gales. No primeiro de marzo, celébrase o día que coincide coa data do soterramento deSan David (Dewi Sant), levando os homes un allo porro e as mulleres un amarelle. A lenda di que nas vésperas dunha importante batalla contra os saxóns, o santo recomendou levar unallo porro para distinguirse dos inimigos aos que se infrinxiu unha importante derrota. Así, o allo porro pasou ser o símbolo do país. Pero en galés allo porro e narciso pronúncianse de xeito moi parecido:cenhinen ('allo porro') ecenhinen pedr ('narciso') e crese que houbo unha mala tradución que levou á confusión[5].
Os amarelles sonplantas bulbosas, confollas eescapo basais. As flores, solitarias ou en grupos, posúen seistépalospetaloides. Osestames, en número de seis, están insertados no tubo do perigonio. Osfroitos soncápsulas trilobuladas que conteñen xeralmente numerosas tripas.
Aínda que coñecidos dende tempos remotos poloshorticultores, foi a partir da segunda metade do século XIX cando comezou a selección e a produción masiva decultivares e híbridos; o número dos producidos actualmente é practicamente innumerábel.[6] Enhorticultura clasifícanse en 11 grupos[7] que se describen na táboa a seguir. Nalgunhas publicacións adóitase engadir o grupo 12 onde se inclúen os amarelles que non poden pertencer a ningún dos outros grupos.
Grupo | Nome | Descrición | Florecemento |
---|
1 | Amarelles trompeta | Flor grande e solitaria. A coroa ou trompeta é tan longa ou máis que ostépalos ou pétalos externos. | Primavera. |
2 | Narcisos de copa grande | De orixe cultivada con flor grande e solitaria. A copa mide máis dun terzo, mais igual ou menor á lonxitude do periantio. | Primavera. |
3 | Amarelles de copa pequena | De orixe cultivada con flor grande e solitaria. A copa máis curta que un terzo da lonxitude dos pétalos. | Primavera. |
4 | Amarelles de dupla flor | De orixe cultivada de flor dupla con moitos pétalos. Pétalos e copa non se distinguen claramente uns dos outros. En cada talo aparecen unha ou máis flores, ás veces recendentes. | Primavera. |
5 | Amarelles triandrus | De orixe cultivada a partir deN. triandrus, cuxas características posúen. Fornecen de dúas a seis flores de copa pequena, cuxos pétalos adoitan estar virados cara a atrás. | Primeira metade da primavera. |
6 | Amarelles cyclamineus | Posúen características moi marcadas doN. cyclamineus. Cada talo presenta unha flor con pétalos claramente virados cara a atrás e con copa xeralmente longa | Primavera. |
7 | Amarelles jonquilla | Posúen características evidentes doN. jonquilla. Os talos presentan dunha a cinco flores aromáticas, con pétalos planos e copas pequenas viradas cara a fóra. | Primavera. |
8 | Amarelles tazetta | De orixe cultivada con características predominantes doN. tazetta. Os de copa pequena poden ter até 20 flores por talo, mentres que os de copa longa só tres ou catro. Os seus pétalos son planos con flores a miúdo recendentes. | Entrada a primavera. |
9 | Amarelles poeticus | Con características facilmente recoñecíbeis doN. poeticus. talos cunha soa flor fragante con pétalos brancos e planos. Copa pequena, alaranxada, aberta e frecuentemente co bordo vermello. | Finais de primavera ou principios do verán. |
10 | Especies e híbridos | Todos os que medran de xeito silvestre. | Primavera. |
11 | Amarelles de coroa escindida. | Copa partida en dúas polo menos un terzo da súa lonxitude. Talos con flor única. | Primavera. |
Grupo 1,N. 'Mount Hood'
Grupo 2,N. 'Ice Follies'
Grupo 2,N. 'Flower Record'
Grupo 4,Narcissus 'Van Sion'
Grupo 4,Narcissus 'Cheerfulness'
Grupo 5,Narcissus 'Thalia'
Grupo 6,Narcissus 'Tete-a-Tete'
Grupo 8,Narcissus 'Grand Soleil d'Or'
Grupo 9,Narcissus 'Actaea'
Grupo 10,Narcissus bulbocodium subsp.graellsii
Grupo 11,Narcissus assoanus
Narcissus poeticus
- Especies:N. albimarginatus,N. calcicola,N. cuatrecasasii,N. marvieri,N. rupicola,N. scaberulus eN. watieri.
- Unha soa especie:N. broussonetii.
- Especies:N. blancoi,N. bulbocodium,N. cantabricus,N. hedraeanthus,N. obesus,N. romieuxii etc.
- Unha soa especie:N. cyclamineus.
- Unha soa especie:N. viridiflorus.
- Unha soa especie:N. triandrus.
- Especies:N. assoanus,N. cerrolazae,N. baeticus,N. fernandesii,N. gaditanus,N. jonquilla eN. willkommii.
- Unha soa especie:N. poeticus.
- Unha soa especie:N. perezlarae.
- Especies:N. bicolor,N. confusus,N. longispathus,N. minor,N. moschatus,N. muñozii-garmendiae,N. nevadensis,N. perez-chiscanoi,N. pseudonarcissus etc.
- Especies:N. elegans eN. serotinus.
- Unha soa especie:N. cavanillesii.
- Especies:N. dubius,N. papyraceus,N. tazetta,N. tortifolius etc.
- Narcissus x abilioi Fern.Casas
- Narcissus x araniensis Fern.Casas
- Narcissus x bakeri K.Richt.
- Narcissus x buxtonii K.Richt.
- Narcissus x dordae Fern.Casas, 1999
- Narcissus x incomparabilisMill.
- Narcissus x intermediusLoisel.
- Narcissus x laetusSalisb.
- Narcissus x magneniiRouy
- Narcissus x martinoae Nava & Fern.Casado, 1991
- Narcissus x medioluteus Mill.
- Narcissus x montielanus (Barra & G.López) Barra & G.López, 1992
- Narcissus x montserratii Fern.Casas & Rivas Ponce, 1988
- Narcissus x odorusL.
- Narcissus x paedagogorum Nava & Fern.Casado, 1991
- Narcissus x ponsii-sorollae Fern.Casas, 1983
- Narcissus x pyrenaicus Dorda, Rivas Ponce & Fern.Casas, 1991
- Narcissus x raianus A.Fernandes, T.Leitao & Aguiar, 1992
- Narcissus x romoi Fern.Casas, 1993
- Narcissus x sampaianus A.Fern. 1992 [1993]
- Narcissus x soulieiGuétrot
- Narcissus x susannae nm.montielanus Barra & G.López
- Narcissus x tenuior Curtis
- Narcissus x xaverii Fern.Casado, 1991