Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Napoleone di Buonaparte ouNapoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado enAjaccio (Córsega) o15 de agosto de1769 e finado enSanta Helena o5 de maio de1821, foiemperador deFrancia a principios doséculo XIX e o home máis poderoso e influente deEuropa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia deEuropa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais daRevolución Francesa e oabsolutismo e tradicionalismo doantigo réxime. A súa pegada quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.
Procedente dunha familia da baixa nobreza deCórsega, o seu acento foi albo das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Foi alumno da Escola Militar deBrienne e deParís.
TralaRevolución Francesa Napoleón apoiou os revolucionarios, e en1791 comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En1792 retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura conPasquale Paoli. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón (1793).
Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París (5 de outubro de1795; 13 de vendimario). O9 de marzo de 1796, contraeu matrimonio civil conJoséphine de Beauharnais viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.
Napoleón atopou unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no momento e localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.
As súas fulminantes vitorias obrigaron oImperio Austrohúngaro a pedir a fin das hostilidades. Napoleón impuxo as súas propias condicións sen ter en conta o Directorio. O 17 de outubro de 1797, asinouse aPaz de Campoformio, que obrigaba aAustria a ceder a beira esquerda do Rin,Bélxica e Milán. Desaparece aRepública de Venecia que, como contrapartida, é outorgada a Austria.
No ano1798 o goberno francés, temendo a súa popularidade, enviouno aExipto co pretexto de intentar debilitar oReino Unido. O obxectivo teórico era interceptar a rota cara áIndia. Napoleón conquistouMalta e desembarcou enAlexandría. Sen sufrir apenas baixas, derrotou o exército mameluco na lendariabatalla das Pirámides. A hostilidade climática e xeográfica non compensou a táctica medieval dosmamelucos fronte á moderna formación do exército de Bonaparte.O Cairo abriulle as portas. A seguinte batalla enSalalieh permitiulle facerse dono de todo o país, pero a derrota da frota francesa enAbukir porNelson deixouno illado. A empresa de facer de Exipto unha colonia estable viuse abaixo, eTurquía declarou a guerra a Francia.
Co fin de disuadir oSultán, avanzou a través deSiria, tomou a gornición de El Arish (que non estaba nos seus mapas) e rendeuGaza eXaffa, onde un gromo depeste detivo o seu avance. Malia os éxitos iniciais, fracasou na toma de San Xoán deAcre, ben fornecida dende o mar polos británicos. Francia, que facía fronte xa a unha Segunda Coalición, seguía deixándoo á súa sorte.
Turquía pretendía tomar vantaxe da situación facéndose con Exipto. Opaxá deDamasco adiantouse a facer pinza sobre Napoleón, pero este desbaratou os 25.000 xinetes sirios noMonte Tabor sen apenas sufrir baixas. Decatándose do comprometido da súa avanzada posición, decidiu volver a Exipto onde a súa cabalaría varreu o exército otomán enAbukir. Tras esta vitoria, decidiu regresar a Francia. A recente noticia do seu último éxito militar permitiulle ser recibido como un heroe.
Os científicos dos que Napoleón se fixo acompañar deron lugar áexiptoloxía. Isto, especialmente tralo descubrimento dapedra Rosetta coa clave para descifrar osxeroglíficos, revolucionou os coñecementos arqueolóxicos e históricos da historia da humanidade.
Napoleón cruzando os Alpes, obra de Jacques-Louis David.
Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio:Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 de Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmenteEmmanuel Joseph Sieyès eRoger Ducos.Fouché como xefe de orde pública eTalleyrand en Asuntos Exteriores serán, non obstante, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos seránCambecérès, un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, eLebrun experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nasTullerías e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz aAustria e aInglaterra. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou aMilán, e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria deMarengo (14 de xuño de1800). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio.
En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana. En 1803, outorgou aos cantóns suízos un texto constitucional denominado Acta de Mediación que restablecía o réxime confederal nunha República Helvética satélite de Francia pero mantiña os avances revolucionarios importados desta como a supresión das aduanas interiores.
Os triunfos militares consolidaron a súa posición. No interior tanto a oposición xacobina como a realista organizaron varios complots. O24 de decembro de 1800, un estoupido ao paso da carruaxe do primeiro cónsul causou 22 mortos, pero o atentado non acadou o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao mesmo tempo en que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón foi elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría deu lugar ao paso definitivo: O2 de decembro de1804, coroouse como Emperador de Francia enNotre Dame de París baixo o nome deNapoleón I. Á solemne cerimonia asistiu como testemuña opapa Pío VII. Esvaíase así o ideal revolucionario.
Elaborouse unha Constitución redactada porSieyes: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
A Igrexa foi expulsada do ámbito educativo. A educación inculcaba a fidelidade ao novo réxime. O papa Pío VII, asinou oConcordato (1801) que evitaba a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado. En 1800 creouse o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.
Comezaba unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto deCherburgo eAnveres, novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da praza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias etc.
No ámbito do dereito garantíanse as liberdades civís mediante a promulgación doCódigo Civil, oCódigo Penal, oCódigo de Comercio e o Código de Instrución Criminal. Pero as liberdades políticas foron afogadas polacensura, a subordinación do poder xudicial e a hexemonía do aparello policial.
No ámbito social, parte da nobreza retornou e compartiu coa alta burguesía a configuración dunha nova clase dirixente. Co nacemento do Imperio francés, xurdiu un novo espírito cortesán.
En 1810, Napoleón casou coa filla deFrancisco I de Austria, María Luísa, co propósito de facer agromar unha nova dinastía imperial.
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Ao non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara a Austria. A principios de outubro os xeneraisMurat eSoult vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco enUlm. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso enAusterlitz e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou oTratado de Presburgo (25 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau.Prusia eAustria recoñeceron aConfederación do Rin, na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806,Francisco II de Austria foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia doSacro Imperio Romano Xermánico.
O poderío en Europa central era total, pero as derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder naterceira batalla do cabo Fisterra e de Nelson enTrafalgar, consolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luís Fernando enSaafeld. Napoleón venceu enIena eAuerstadt e entrou enBerlín. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas ao nada.
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzandoPolonia como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxicaDantzig, o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
Tras a dura vitoria deEylau, os franceses acubíllanse nos seus cuarteis de inverno. Na primavera, unha ofensiva rusa é rexeitada en Heilsberg, reiniciándose unha persecución na que Napoleón conseguiu derrotar con claridade o exército ruso enFriedland (xuño de 1807). Nesta batalla, con 20.000 baixas, por 8.000 das francesas, os rusos perderon máis do 30 % dos seus efectivos. O mariscal francésSoult apoderouse deKönigsberg.Murat ameazou as fronteiras naturais da Santa Rusia.
Os éxitos militares franceses forzaron o tsarAlexandre I a asinar aPaz de Tilsit, pola que Francia quedaba como dona da Prusia Oriental ePolonia. Napoleón creou dous novos estados satélites: o reino deWetsfalia que entregou ao seu irmánXerome Bonaparte e oGran Ducado de Varsovia, primeira experiencia dun estado polaco contemporáneo.
En 1807, decretouse o bloqueo continental contra Inglaterra. Ocupáronse os países que non o acataron: Portugal, Roma, Etruria, Holanda e Wetsfalia.Lois Bonaparte foi proclamado rei de Holanda, eXerome Bonaparte rei de Wetsfalia.
O27 de outubro de 1807 asinou con España o Tratado de Fontainebleau no que acorda a división de Portugal. Un exército de 100.000 homes ocupou España e, tras oMotín de Aranjuez, abdicouCarlos IV enFernando VII. Ámbolos dous renunciaron en Baiona e Napoleón proclamou rei de España o seu irmánXosé Bonaparte, recoñecido polo Consello de Castela. Porén aXunta do Reino de Galicia e outras xuntas subleváronse e apareceu unha resistencia de carácter popular. Iniciouse o que se coñece como aguerra da Independencia española.
O19 de agosto de1808 o xeneral francésDupont sufriu unha tremenda derrota nabatalla de Bailén: 18.000 soldados franceses rendéronse perante o xeneralCastaños. Arthur Wallesley (futuro duque deWellington) fíxose conPortugal e as tropas francesas batéronse en retirada.
Ante o desastre español, Napoleón púxose persoalmente á fronte do exército o 30 de agosto de 1808. En dous meses, tras derrotar as forzas españolas en Gamonal, Espinosa e Tudela, e acadar unha vitoria nabatalla de Somosierra, rendeuMadrid. Quedando abolidas en España a Inquisición e os privilexios feudais, creouse un mercado único e restableceuse a Constitución de Baiona. Napoleón avanzou ata o noroeste; dividindo as forzas británicas: Wallesley fuxiu a Lisboa; SirJohn Moore escapou a marchas forzadas ataA Coruña. Cando estaba a piques de alcanzalo, Napoleón tivo que volver a Francia debido ao levantamento de Austria. Poucos días despois Moore caeu nabatalla de Elviña.
A finais de 1810 toda a Península Ibérica estaba ocupada polo exército francés, agásLisboa,Cádiz e oReino de Galicia. AIgrexa alentaba aguerrilla contra osimpíos franceses. Convocáronse asCortes de Cádiz. Pero, co tempo, España converteuse nunha sangría de homes e recursos para Francia. O propio Napoleón decatouse de que se trataba dunha guerrasen fronte nin retagarda.
Austria pretendía aglutinar un levantamento popular alemán e o arquiduque Carlos reorganizou un poderoso exército de 340.000 homes inspirándose no modelo francés. Calculábase que Francia non podería enviar un grande exército debido á necesidade de controlar España e Portugal. O ataque austríaco desencadeouse o 9 de abril de 1809 sen mediar previa declaración de guerra.
Napoleón volveu de España, e tomando man dun importante recrutamento de mozos de substitución organizou un avance polo val dorío Danubio. Venceu enAbensberg eEckmühl facéndose con Baviera. Tras estas vitorias marchou sobre Viena e, tras a batalla deEbersberg, entrou na capital imperial. Esta última acción primou o criterio político sobre o militar e supuxo deixar de premer directamente as castigadas forzas inimigas. Estas, con tempo para reorganizarse, achegáronse a Viena e, aproveitando as enchentes do Danubio, atraparon as tropas napoleónicas na sanguenta batalla deAspern-Essling (arredor de 22.000 baixas en cada bando). Era a primeira vez que o Emperador de Francia era vencido á fronte das súas tropas.
Facendo gala dunha contundente capacidade de resposta e de sisuda destreza táctica, fíxose de novo coa iniciativa e derrotou as tropas austríacas nabatalla de Wagram (xullo de 1809), unha batalla de proporcións descoñecidas ata entón onde se enfrontaron directamente ao redor de 330.000 homes.
Austria viuse obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perdeu gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia, amais de renunciar a toda saída ao mar. Austria foi de novo humillada, pero Europa comprobou que Napoleón non é invencible.
Napoleón buscou selar unha alianza perpetua cos Habsburgo, e o1 de abril de1810 casou coa arquiduquesa de Austria María Luísa, filla deFrancisco II. Vencellábanse así as monarquías máis nova e máis vella de Europa. O herdeiro que Napoleón buscaba naceu o20 de marzo de1811. Outorgaríaselle o título deRei de Roma. ConMasséna controlando a axitada España, toda Europa volvía estar aos pés do Imperio francés.
O afogo económico fixo que Rusia abandonase o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón creu necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reuniu un exército de 600.000 homes para invadir Rusia. Acadou as vitorias deSmolensko en agosto de 1812. Os rusos empezaron unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscaban illar os franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofreceron resistencia ás portas deMoscova, onde foron vencidos na batalla deBorodino. Napoleón tomou Moscova, que tamén foi incendiada polos rusos. Agardaba en balde unha mensaxe de paz doTsar.
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso doBeresina, á custa de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O Grande Exército quedou reducido ao nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
As ideasnacionalistas, inspiradas no espírito revolucionario francés, prenderon entre os pobos de Europa. Os exércitos franceses perderon o apoio popular dende Varsovia ata Madrid. As grandes potencias puxeron a funcionar a súa maquinaria de guerra, pero non o tiveron doado.
Napoleón improvisou un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrotou os prusianos enLutzen eBautzen. Tiña á súa mercé todo o flanco sur deBerlín, pero ante a inferioridade numérica e o esgotamento das súas tropas novatas, optou por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante cualificaría comoa maior parvada da súa vida).
Os exércitos austríacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañaron tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volveu a vencer enDresde. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscaron embolsalo enLeipzig, onde en outubro de 1813 tivo lugar a denominadabatalla das Nacións. Na realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coligadas. Napoleón conseguiu retirar ordenadamente as súas tropas, pero á custa de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasou o exército bávaro que pretendía pecharlle o paso enHanau, e volveu a Francia onde pretendía reorganizar novamente o seu exército.
Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvéronse contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusianoBlücher e o austríacoSchwarzenberg entraron en Francia.
Con enorme rapidez Napoleón derrotou a Blucher en Brienne e asestou duros golpes aos aliados en Champaubert, Montmirail, Montereau e Vauchamps. Éxitos militares inexplicables pola inferioridade das súas tropas pero que impediron a rusos, prusianos e austríacos rodear París. PorénXosé Bonaparte, á fronte da capital francesa, entendeu que a situación non podía sosterse indefinidamente e preferiu capitular. Os aliados entraron o31 de marzo de1814.
Napoleón conservou a capacidade operativa do seu reducidísimo exército, pero foi deposto por un goberno provisional con Talleyrand á fronte que o destituíu. O6 de abril abdicou en Fontaneiblueau, e foi desterrado áilla de Elba.
A restauración borbónica conLois XVIII provocou un enorme descontento. Napoleón retornou en marzo de 1815. As tropas enviadas para detelo puxéronse ás súas ordes e foi aclamado en París. Fixo unha oferta de paz ás potencias europeas, mais non foi atendida. Os aliados organizaron un dobre ataque. Blucher entrou enBélxica e foi derrotado por Napoleón enLigny. Wellington, que avanzaba polo sur, recibiu durísimos ataques enWaterloo. A falta de iniciativa do xeneral francés Grouchy permitiu que Blücher acudise en auxilio de Wellington e as tropas napoleónicas foron finalmente derrotadas (xuño 1815).
As monarquías absolutas pretenderon recompoñer Europa noCongreso de Viena pero os seus pobos cambiaron para sempre. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, onde morreu en 1821.
Edwards, Catharine (1999). Cambridge University Press, ed.Roman Presences.ISBN0-521-59197-X.
Flynn, George Q. (2001). Greenwood Publishing Group, ed.Conscription and democracy: The Draft in France, Great Britain, and the United States.ISBN0-313-31912-X.
Fulghum, Neil (2007). University of númerorth Carolina, ed."Death Mask of Napoleon". Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o4 August 2008.