National Institutes of Health (NIH), engalego,Institutos Nacionais da Saúde, é o nome dun grupo de institucións dogoberno dosEstados Unidos cuxos obxectivos céntranse nainvestigaciónmédica.
O grupo ten as súas oficinas centrais en 9000 Rockville Pike,Bethesda,Maryland.
O NIH leva a cabo a súa propia investigación científica a través do seuIntramural Research Program (Programa de Investigación Intramural, IRP) e subministra importantes fondos de investigaciónbiomédica a institucións de investigación non pertencentes aos NIH a través do seu Programa de Investigación Extramural.[1][2]
Este artigo ou apartado conténafirmaciónsnon neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de formasubxectiva sen achegarinformación neutral everificable. Por favor, axudemellorando este artigo.
Centro de Investigación Clínica "Mark O. Hatfield" (Edificio 10) dos INH, en Bethesda,Maryland.
As raíces dos NIH remóntanse aoMarine Hospital Service a finais da década de1790, que daba asistencia médica a homes enfermos e discapacitados daArmada dos Estados Unidos de América (USS Navy). Contra1870, a rede de hospitais navais desenvolvérase considerabelmente, e colocouse baixo o mando dun oficial médico dentro da Oficina do Departamento do Tesouro. A fins da década de 1870, oCongreso asignou fondos para investigar as causas deepidemias como ocólera e afebre amarela, e creu a Xunta Nacional de Saúde, facendo da investigación médica unha iniciativa oficial do goberno.[3]
Fundados en1887, os NIH representan hoxe en día un dos grupos de centros de investigación médica máis grandes do mundo, e son o referente federal dos Estados Unidos no ámbito dasaúde pública.
Comprenden un conxunto de 27 centros e institutos separados, e son, en conxunto, unha das oito[Cómpre clarificar] axencias do Servizo Público de Saúde que, á súa vez, forma parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos.