Logotipo chamado verme ("Worm") da NASA, usado entre 1975 - 1997.
ANational Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dosEstados Unidos de América e a súa investigaciónaeroespacial xeral a longo termo. Establecida no1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Ten por propósito mellorar a vida na Terra, estender a vida, e atopar vida máis aló. As súas misións son coñecer e protexer o planetaTerra, explorar oUniverso e investigar avida extraterrestre, e inspirar a seguinte xeración de exploradores.
Lanzamento da nave espacial 'Mercury-Redstone 3' con Alan Shepard a bordo, o primeiro voo espacial tripulado americano.
Seguindo o programa espacialsoviético, que lanzou ao espazo o primeiro satélite feito polo ser humano (Sputnik 1) o4 de outubro de1957, a atención dos Estados Unidos dirixiuse cara aos seus propios esforzos espaciais. O Congreso, alarmado pola perda de liderado percibido como unha falta de seguridade, urxiu unha acción forte e rápida. O PresidenteDwight D. Eisenhower e os seus conselleiros tomaron medidas máis precisas. Varios meses de debate concluíron co acordo de crear unha nova Axencia Federal para realizar actividades non militares no espazo.
O29 de xullo de1958, o Presidente Eisenhower asinou a "National Aeronautics and Space Act", establecendo a "National Aeronautics and Space Administration" (NASA). Comezou a operar o1 de outubro de1958, consistindo daquela en catro laboratorios e uns 8.000 empregados do goberno na axencia aeronáutica que contaba daquela 46 anos, oNational Advisory Committee for Aeronautics (NACA, Comité consultor nacional para a aeronáutica).
Os primeiros programas da NASA foron de investigación para o voo tripulado, e foron levados baixo a presión da competición entre os EUA e aURSS, a 'carreira espacial' que se realizou durante a chamadaguerra fría. OPrograma Mercurio (Mercury Program) foi iniciado no1958 pola NASA co fin de explorar o espazo con misións tripuladas, comezando por indagar sinxelamente se o home podía sobrevivir noespazo. O5 de maio de1961, o astronautaAlan Shepard foi o primeiro americano no espazo, pilotando a naveMercury-Redstone 3 nun voo suborbital de 15 minutos.John Glenn foi o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra o20 de febreiro de1962 durante o voo de 5 horas doMercury-Atlas 6 .
Unha vez que o programa Mercurio probou que os voos espaciais tripulados eran posibles, lanzouse oproxecto Apollo para facer traballos no espazo e poñer o home arredor dalúa (non sobre ela). A liña operativa do programa Apolo foi radicalmente alterada polo seguinte Presidente,John F. Kennedy, quen anunciou o25 de maio de1961 que osEstados Unidos se propoñían "aluar un home e retornalo a salvo áTerra" para1970. Así o programa tivo o obxectivo de levar un home á Lúa. OPrograma Gemini comezou prontamente para subministrar unha nave e probar técnicas para Buzz Aldrin camiñar sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.
Tras oito anos de misións preliminares, incluídas as primeiras perdas de astronautas coApollo 1, o programa Apolo conseguiu o seu propósito coApollo 11, que lanzou aNeil Armstrong eBuzz Aldrin á superficie da Lúa o20 de xullo de1969 e devolveunos á Terra o24 de xullo. As primeiras palabras tras a aluaxe doEagle foron: "É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade" ("That's one small step for [a] man, one giant leap for mankind.") Outros dez homes foron lanzados á Lúa ata a fin do programa Apolo en decembro de 1972.
A NASA gañou a carreira espacial, o que a deixou en certo sentido sen unha dirección concreta, ou polo menos sen a atención pública e interese, o que é necesario para ter fondos do Congreso. O desastre doApollo 13, no que unha explosión de osíxeno danou os tres astronautas, axudou a atraer de novo a atención, mais aínda que foron planeadas misións ata aApollo 20 e máis, aApollo 17 foi a derradeira da serie. Cortes orzamentarios (en parte a causa daguerra de Vietnam) planearon sobre o fin do programa, e contribuíron a crear a necesidade dun vehículo reusable.
O proxecto Apollo non tivo continuación durante moito tempo. No2019 a NASA estaba na procura de socios para o desenvolvemento de vehículos lunares reusables para usar a partir do2024, coa vista na volta de persoas á Lúa no2028.[1]
Aínda que a gran maioría do orzamento foi empeñado nos voos tripulados, houbo neste tempo moitas misións sen tripulación. En1962 lanzouse aMariner 2, primeira nave en sulcar os ceos doutro planeta; neste casoVenus. Despois, as dúasViking aterraron enMarte e enviaron imaxes en cor. Mais pode que o máis impresionante fose oprograma Pioneer e particularmente oprograma Voyager, misións que visitaronXúpiter,Saturno,Urano eNeptuno e enviaron datos científicos e imaxes a cor de todos eles.
Asemade, neste período cambiou a visión entre os programas espaciais americano e daUnión Soviética. O17 de xullo de1975 un propulsor Apolo (que atopou así un novo uso tras a cancelación doApollo 18) foi preparado para oSoiuz 19. Este foi un punto de inflexión histórica en plenaguerra fría, marcando unha era de cooperación internacional nova. A primeira estación espacial americana,Skylab, ocupou a actividade principal da NASA ata o final dos 70.
As lanzadeiras non representaron un éxito tan rotundo para a NASA: os voos foron moito máis caros do previsto ao inicio e aínda tras o desastre de1986 doTransbordador espacial Challenger, que amosou os riscos dos voos espaciais, o público perdeu de novo interese, tomando as misións un carácter ordinario.
A pesar diso, as lanzadeiras foron usadas para lanzar proxectos clave como oTeslescopio Espacial Hubble (HST segundo as súas siglas en inglés). O HST fíxose cun orzamento relativamente pequeno de 20 000 millóns de dólares, pero continúa en operación desde1990 e fixo as delicias dos científicos e o público. Algunhas das imaxes tomadas xa son case lenda, como as doCampo Profundo. O HST é un proxecto conxunto coaESA, e o seu éxito abriu a vía dunha maior colaboración entre ambas.
En1995 volveu a haber colaboración ruso-americana co comezo das misións Shuttle-Mir, e de novo houbo unha ensamblaxe entre unha nave americana e un aparello ruso. Esta cooperación non se volveu interromper ata o presente, participando ambas naEstación Espacial Internacional (ISS, siglas en inglés) xunto coa ESA e outras axencias. A notar que foron naves rusas as que mantiveron en servizo a ISS a continuación dodesastre do Columbia.
Cun custo de cen mil millóns de dólares, foi dificultoso para a NASA xustificar a ISS. A poboación estaba impresionada cos detalles científicos anteriores, pero nos novos tempos prefire outro tipo de noticias sobre grandes proxectos en lugares exóticos. Ninguén quer escoitar falar da ISS como a primeira instalación humana científica no espazo[Cómpre referencia], e aínda hoxe non pode albergar a varios científicos como foi planeado, especialmente co uso da lanzadeira fóra de cuestión ata marzo de2005. De feito, na década dos 2010, a NASA estaba incapacitada para enviar ós seus propios astronautas ó espazo, usando os Syuz rusos dende Baikonur, e tendo un contrato coa empresa privadaSpace X para doce misións á ISS de cara á fin da década.[2]
Durante parte dos1990, a NASA encarou cortes anuais de orzamento debido á contención de gastos do Congreso de Washington. En resposta, o noveno administrador da axencia, Daniel S. Goldin, lanzou a campaña "máis rápido, mellor, máis barato" que permitiu á NASA continuar cunha variedade de programas a pesar dos recortes orzamentarios. O método foi criticado e reavaliado tras as perdas xemelgas doMars Climate Orbiter e oMars Polar Lander en1999.
Florida, USA, collida desde a misión da Lanzadeira Espacial da NASA STS-95 o 31 de outubro de 1998.
Seguramente a misión máis publicitada nos últimos tempos foi aMars Pathfinder[3][4], lanzada no1997. Os xornais de todo o mundo difundiron imaxes da saída dorover Sojourner para explorar a superficie de Marte dun xeito nunca antes feito noutro planeta. Menos difundida foi a misión que abrangue dende 1997 á actualidade (2004)Mars Global Surveyor, misión de tipoorbital. Desde 2001, o orbitadorMars Odyssey procura a evidencia de auga no pasado ou presente marciano e pola actividade volcánica do planeta.
A NASA investiga noutros campos complementarios diferentes da astronáutica. No 2019 anuncia a captura das primeiras imaxes dende o aire ó aire dunha interacción en vó de onda de choque supersónica.[5]